html5-img
1 / 36

Natureza e Medio Ambiente en Catoira

Natureza e Medio Ambiente en Catoira. Texto e Fotos: Alicia López Regueiro Montaxe Multimedia: Josep Girona Edita: Concello de Catoira. INTRODUCCIÓN.

Gabriel
Télécharger la présentation

Natureza e Medio Ambiente en Catoira

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Natureza e Medio Ambiente en Catoira Texto e Fotos: Alicia López Regueiro Montaxe Multimedia: Josep Girona Edita: Concello de Catoira

  2. INTRODUCCIÓN O medio ambiente é entendido hoxe en día coma un sistema, é dicir, un conxunto complexo de elementos que se inflúen mutuamente e dependen uns dos outros. Dando unha volta polas seguintes imaxes, verás cales son as características dos subsistemas ambientais en Catoira.

  3. XEOSFERA A xeosfera é o sustrato onde se asentan outros subsistemas. Ven definida pola forma do terreo, as estructuras e materiais xeolóxicos, mailos axentes externos (os ríos especialmente) que rematan de darlle forma.

  4. Depósitos de fondo de canal (QT) nas Barreiras (Catoira), con estratifica-ción cruzada Conglomerado ferruxinoso na zona das Lombas (Catoira) asociado a materiais QT Materiais Sedimentarios Depósitos na zona de praia antiga (Q1P-RL) no límite Abalo.Bamio Sedimentos típicos de xunqueira (QM), na marxe do río Ulla

  5. Rochas Plutónicas e metamórficas O granito de dúas micas é o material máis abundante en todo o concello, aparecendo nalgúns casos como xabre, e nos outeiros pode aparecer sen cuberta vexetal , e con pías debido ó ataque da auga. Os materiais metamórficos , xistos e gneis da mesma antigüidade ca dos granitos,son moi escasos e atópanse en zonas de difícil localización. Na foto queda ilustrado o aspecto dun gneis glandular. Foto recollida da px. www.monte.upm.es

  6. Os materiais xeolóxicos que aparecen hoxe en día en Catoira, maila característica forma dos vales que quedan enmarcados entre O Xiabre e o Ulla son froito dunha historia, que pode resumirse do seguinte xeito: A finais do Paleozoico( fai uns 300 millóns de anos) tódolos continentes que había entón, colisionaron. Formáronse grandes montañas por pregamento de materiais e sedimentos do fondo do mar nos seus bordes. Galicia formaba parte dunha especie de Himalaia, con rochas sedimentarias pregadas na superficie, e granitos e rochas metamórficas nas súas raíces. Durante o Mesozoico (entre 200 e 65 millóns de anos), os continentes separáronse novamente, quedando Galicia bañada polo Atlántico e despois o Cantábrico. Os rasgos xerais do relevo quedan xa perfilados ó final desta era.

  7. No Cenozoico(entre os 65 e 2 millóns de anos ) vaise definindo o perfil das Rías, por mor da erosión de sistemas fluviais aproveitando antigas fallas e vales. O Ulla e os seus afluentes circulaban 40 metros máis alto que agora, deixando con cada enchente depósitos de “recheo de canal” ás súas beiras. Nos últimos 200 millóns de anos do Cenozoico, é dicir, no Cuaternario, o nivel do mar varía por mor das glaciacións, o fondo da ría de Arousa sufre afundimento , O Ulla e os seus afluentes escavan nos seus antigos vales, quedando abandonados os seus depósitos, chegándose á actual situa-ción, represen-tada no corte xeolóxico da esquerda.

  8. Os depósitos de As Lombas e Borreiros son os sedimentos aluviais cuaternarios máis antigos do concello, a falta de máis datos, tamén da comarca. Quedan xa fora da acción de calquera dos ríos actuais, pero dannos pistas da historia pasada Así sabemos que por estes lugares, nalgún tempo circulaban ríos ricos en materiais grosos, con barras de grava e area no medio da canle cambiando de posición en cada enchente. Con cada seca, quedaría unha costra de arxilas na canle abando-nada, de tal xeito que cada nivel de arxilas marca un episodio no que a canle estivo sen auga , e foi logo erosionada na seguinte enchente.

  9. A HIDROSFERA A hidrosfera comprende todo o conxunto de augas superfi-ciais (ríos e regueiros) mailas augas subterráneas (acuí-feros). No mapa adxunto representamos as principais redes hidrográficas do concello, que van modelando a superficie. Tamén queda sinalada a posición dos manancias máis importantes, por onde saen ó exterior as augas acumuladas nas zonas onde o granito está fracturado. Ás veces na súa viaxe subterránea cárganse de partículas minerais, como as fontes de As Torres e Laxiñas, de augas sulfurosas, indicadas para problemas da pel .

  10. No tocante ás augas superficiais , hai que destacar que o propio territorio do concello queda delimitado pola divisoria de augas natural que son os cumios do Xiabre e Fontebecha. Entre estas zonas altas e o Ulla flúen un conxunto de ríos de curto precorrido, sendo o principal o río Catoira, de mais lonxitude e maior número de afluentes. No curso alto, coa súa erosión, marcan estreitos vales en V encaixados nas rochas graní-ticas. No curso medio os ríos modelan vales máis amplos nos que deixan depósitos en zonas planas: As chairas de inundación , (QI/Qal no mápa xeolóxico). Estas chairas son mais exten-sas en Oeste (no curso do Rego de Pozas) e en Dimo e Catoira (no curso do río Catoira e algúns afluentes). En Abalo, os ríos Freixeiro e Souto da Vila non chegan a crear chairas de inundación de superficie comparable.

  11. No curso baixo, a pendente pola que van estes ríos redúcese fortemente. As augas vense freadas ó confluir coas do Ulla e polo tanto a corrente perde enerxía . Nestas circunstancias deposítanse os materiais mais finos: limos e arxilas que dan lugar ás zonas de xunqueira (materiais QM no mapa xeolóxico). As máis importantes corresponden coa desembocadura do Rego de Pozas e do Río Catoira.

  12. A BIOSFERA A Biosfera comprende a capa de atmosfera, xeosfera e hidrosfera habitada por seres vivos e modificada por eles. Ou dito doutro xeito, sería o conxunto de ecosistemas que podemos atopar. No caso de Catoira temos os seguintes: As xunqueiras, os bosques de ribeira, as zonas de monte baixo, e os bosques autóctonos e de replantación. As xunqueiras que temos en Catoira son humedais de tipo esteiro ou estuario, incluidas na Rede Natura 2000 e catalogadas como LICs ou Lugares de Interese Comunitario dentro do Sistema Fluvial Ulla-Deza, debendo axustarse a súa xestión ás direc-trices europeas e auto-nómicas para este tipo de entidades protexidas.

  13. Estas zonas de “estuario” ca-racterízanse pola mestura das augas doces do río na súa desembocadura coas augas salgadas mariñas. A influencia da subidas e baixadas das mareas é forte. O complexo de sedimentos finos do seu substrato está cargado de bacterias e outro microorganismos que xogan un papel decisivo no reciclado da materia no ecosis-tema. Poderíamos afirmar que estas xun-queiras actúan como auténticos “riles”, que depuran as augas. De aí a importancia da súa protección e conservación. Fotos obtidas da px web da Universidade de Florida A vexetación dominante nestes ecosistemas son os xuncos e carrizos, ainda que tamén é posible observar especies como a Cotula coronopifolia (na foto da esquerda) florecendo nas zonas menos sometidas ás subidas da marea.

  14. Os bosques de ribeira forman franxas que bordean os distintos ríos do concello, especialmente no seu curso medio e baixo. A especies típicas é o ameneiro (Alnus glutinosa). Aparecen tamén manchas de carballo (Quercus robur) e freixos ,o que a veces aparece reflectido na toponimia (caso do río Freixeiro en Abalo). Cabe destacar a abundancia do fento Osmunda regalis.

  15. Os bosques autóctonos non pasan de ser pequenas manchas de pouca extensión, asociadas a bosques de ribeira, ou bordeando zonas de cultivo. As poucas carballeiras que quedan están situadas en zonas de uso comunitario, como en San Mamede de Abalo, ou a Carballeira da ermida de San Xibrán (na foto da dereita). Aszonas de mato ocupan case máis da metade da extensión do concello. Concéntran-se nas áreas de máis pendente e menos profundida-de do solo. A especie dominante é o toxo (Ulex europaeus e Ulex minor). Nos casos en que o terreo é moi probe poden aparecer intercalacións de carqueixa (Chamaespartium tridentatum).

  16. Os bosques de replantación forman realmente máis do 80% da masa forestal do concello, dominando o Pinus pinaster (piñeiro do pais) e o Eucaliptus glóbulus , que con frecuencia aparecen en masas mixtas. No estrato arbustivo abundan toxos(Ulex) , xestas e codesos(Sarotamus e Cytisus sp), sendo significativas tamén as carrouchas ou carrascos (dos xéneros Erica, Cayuna e Daboecia, respectivamente).É de destacar igualmente a presencia frecuente de plantas de carballo dominando este estrato, xa que na súa fase xuvenil medran mellor á sombra, competindo con vantaxe frente ós brotes de piñeiro, que precisan de zonas máis abertas. No estrato herbáceo é posible observar especies como a Arenaria sp (na foto da dereita) ou o ouropés (Simethis planifolia), na foto da esquerda.

  17. FAUNA DE VERTEBRADOS (I) Clase taxonómica Nome científico Nome galego Nome castelán Peixes Salmo salar Salmón Salmón Salmo trutta Reo Trucha asalmonada Pleuronectes platessa Solla Solla/platija Anguilla anguilla Anguila Anguila Petromyzum marinus Lamprea Lamprea Anfibios Salamandra salamandra Sarabanduxa Salamandra común Chioglosa lusitánica Sarabaduxa rabilonga Salamandra rabilarga Triturus boscai Limpafontes Triton ibérico Triturus marmoratus Limpafontes Tritón jaspeado Rana ibérica Rá patilonga Rana patilarga Rana ridibunda Rá verde Rana comun Discoglossus pictus Sapo pintojo Alytes obstetricans Sapo parteiro Sapo partero Bufo bufo Sapo común Sapo común Réptiles Lacerta viridis Lagarto arnal Lagarto verde Lacerta schreiberi Lagarto Lagarto verdinegro Podarcis bocagei Lagarta Lagartija de bocage Anguis fragilis Escáncer Lución Chalcides sp Eslizón tridáctilo Natrix natrix Cobrega /cobra Culebra de collar Natrix maura Cobrega/cobra Culebra viperina Coronella austríaca Cóbrega lisa Culebra lisa europea Coronella giróndica Cobra Culebra lisa meridional Vipera seoanei Vibora de Seonae Víbora de Seonae

  18. FAUNA DE VERTEBRADOS (II) Clase taxonómica Nome científico Nome galego Nome castelán Mamíferos Erinaceus europaeus Ourizo cacho Erizo Talpa europaea Toupa Topo Suncus etruscus Muraño Musaraña Ratus ratus Rata Rata Arvícola sp Rato de auga Rata de agua Microtus Rato do campo Ratilla agreste Apodemus silvática Rato do campo Ratón listado Genetta Genetta Xineta Gineta Lutra lutra Lontra Nutria Meles sp Porco teixo Tejón Mustela erminea Armiño Armiño Mustela nivalis Denociña Comadreja Putorious putorius Turón Hurón

  19. FAUNA DE VERTEBRADOS (III) Clase taxonómica Nome científico Nome galego Nome castelán Aves Phalacrocórax carvo Corvo mariñoCormorán Ardea cinerea Garza realGarza real Anas platirhincos Alabanco real Anade real Accipiter nissus Gabián Gavilan Buteo buteo MiñatoRatonero Falco subbutueo Azor Azor Falco peregrinus Falcón Halcón Falco tinunculus Falcon pequenoAlcotán Coturnix coturnix PaspallasCodorniz Gallinula chloropus Galiña de río Polla de agua Vanellus vanellus Avefría Avefría Tringa sp Pastoriña Andarríos Larus argentatus Gaivota craraGaviota argéntea Streptopelia turtur Rula Tórtola Columba palumbus Pombo Paloma torcaz Tyto alba Curuxa Lechuza

  20. Categoría taxonómica Nome científico Nome galego Nome castelán Aves Pica pica Pega rabuda Urraca Hirundo daurica Anduriña Golondrina Fringila coelebs Pinpín Pinzón Passer domesticus Pardal Gorrión Carduelis carduelis Xílgaro Jilguero Alcedo atthis Martiño peixeiro Martín pesacdor Cinclus cinclus Merlo rieiro Mirlo acuático Upupa epops Bubela Abubilla Cuculus canorus Cuco Cuco Erithracus rubecula Paporrubio Petirrojo Corvus corone Corvo Corvo Athene noctua Moucho Mochuelo Picus viridis Peto verdeal Pico real As táboas anteriores están elaboradas a partir de datos do “Proxecto Brañas”, realizado no ano 1985 pola Sociedade Galega de Historia Natural para os concellos da desembocadura do Ulla. Nelas quedaban reseñadas as especies que, en teoría, poderíamos atopar en ecosistemas como as xunqueiras, brañas e bosques lindantes. Pero hai que ter en conta que toda a zona está intensamente afectada polas actividades humanas, coa conseguinte perda de biodiversidade.

  21. Aínda asi, é posible engadir dúas especies máis a esa lista : O xabarín (Sus scrofa) , mailo esquío (Sciurus vulgaris) que tamén teñen medrado pola influencia humana. Piñas rilladas por esquíos e ratos de campo Marcas de xabarín despois de comer raíces Tampouco hai que esquence-la importancia da fauna de invertebrados. Como mostra, este exemplar de “Papilio machaon”, atopado nas inmediacións da Fonte Gaiteira.

  22. A EDAFOSFERA O solo é a capa superficial formada pola alteración da rocha e a interacción dos seres vivos, na que se desenvolve a vida vexetal, a vida animal asociada. A edafosfera , ou conxunto dos solos da zona, é a fronteira e intersección entre tódolos subsistemas, xa que entre os seus compoñentes teremos: • Atmosfera: formada polo aire nos poros máis grandes. • Hidrosfera: formada pola auga retida por capilaridade nos poro máis pequenos. • Xeosfera: Formada polos minerais e rochas dos distintos horizontes. • Biosfera: Formada pola flora, fauna e microorganismos que viven no solo.

  23. Tal e como se aprecia no mapa anterior, os principais tipos de solos que atoparemos no concello de Catoira serán: Fluvisoles e Gleysoles: Nas zonas de xunqueira, onde son de tipo “tiónico” por teren acumulación de sulfuros.Tamén están na beira dos ríos e teñen capas enchoupadas de auga case todo o ano. Antrosoles: Nome que se lle da ós solos alterados polos seres humanos (por compactación, recheos,etc) para facer construccións enriba (casas, estradas, industrias...). Coinciden coas zonas urbanizadas. Regosoles: Solos máis delgados e menos fértiles ca os cambisoles, en zonas de máis pendente, e normalmente sobre granito alterado. Leptosoles: Teñen un espesor de menos de 25 cm, ou presentan moi alta pedregosidade, pouco espesor do horizonte A (ou capa “abonada”). Estan normalmente nas zonas de cumios. Cambisoles/Umbrisoles: Nas zonas de cultivo ou onde hai pouca pendente e boa vexetación. Teñen unha capa de terra escura abonada (horizonte A) de mais de 25 cm, ou unha capa debaixo desta, chamada horizonte B.

  24. TIPOS DE SOLOS Leptosol Regosol Cambisol /Umbrisol

  25. FACTORES DE FORMACIÓN Rocha, clima,topografía, seres vivos,tempo dan como resultado TIPOS DE SOLOS Cambisoles, regosoles, leptosoles... van determinar USOS DO SOLO Cultivos, pasto,forestal, urbano, protección

  26. A SOCIOSFERA A sociosfera está formada por todo o conxunto de asentamentos e accións humanas sobre o entorno. Todas estas accións sempre van encamiñadas a explotación de recursos naturais. Na actualidade en Catoira hai recursos ,como a pesca artesanal, que xa non son relevantes. axuda a xestionar os Ordenación do territorio RECURSOS NATURAIS poden ser RENOVABLES NON RENOVABLES • BIOMASA • RECURSOS HÍDRICOS • Enerxía hidráulica • Pesca • ENERXÍA EÓLICA • ENERXÍA MAREMOTRIZ • ENERXÍA SOLAR • ENERXÍA XEOTÉRMICA • Augas termais SOLOS DE ORIXE MINERAL ELEMENTOSRADIACTIVOS COMBUSTIBLESFÓSILES METÁLICOS NON METÁLICOS • Minerais • Materiais de construcción: • Rochas ornamentais • Áridos e gravas • Caolín, arxilas, feldespatos, seixo • Cultivos • Pastos • Forestal • Gandería • Sedimentarios • (ouro, casiterita) • Magmáticos • (galena, pirita) • Meteóricos • (ferro) • Carbón • Petróleo

  27. RECURSOS MINERAIS Aínda que hai no concello empresas que traballan con recursos minerais para a fabricación de materiais de construcción, os recursos que as abastecen veñen de fora. Os recursos minerais que foron explotados no concello foron os granitos de dúas micas de Outeiro da Vila, e os sedimentos aluviais de A Balastrera (Borreiros) e As Barreiras, cun uso preferente para áridos. Hoxe estas explotacións están abandonadas, convertidas en lagoas ou aproveitadas para a construcción de instalacións deportivas.

  28. RECURSOS ENERXÉTICOS A excelente orientación dos outeiros da zona cara os ventos dominantes, fixo que a enerxía eólica fose aproveitada de xeito tradicional para a moenda de grans de cereal (trigo, millo). Os muíños de vento mellor conservados e nos que se fixeron restauracións nos últimos anos son os de Catoira (Outeiro da Vila) e Abalo (Cores). Pero aínda se conservan ruínas de antigos muíños en Monte Cabreira (preto do camiño de Vilar) mais en Oeste(nas cercanías de Fonte do Xeixo).

  29. Outra das singularidades é a existencia dun muíño de marea (Muíño do Cura) na desembocadura do río Catoira, no enclave coñecido como O Machón. É dos escasos exemplos de aproveitamento de enerxía maremotriz na ría de Arousa. Actualmente está en ruínas, ainda que se acometeron algunhas labores de acondicionamento e limpeza no entorno nos últimos tempos.

  30. A enerxía hidráulica tamén foi intensamente aproveitada de xeito tradicional nos diversos ríos do concello: 13 muíños no Río Patiño, 2 no Río Freixeiro, 2 no Rego de Gondomil e 1 no de Pozas, 25 en total no Río Catoira, 17 no Rego de San Xibrán, 1 no rego de Collariñas e 1 no regueiro de Beco. Un total de 62 muíños catalogados, dos que 48 atópanse en estado de abandono. Algúns foron parcialmente restaurados nos últimos anos, pero a meirande parte deles están en ruínas. Na actualidade só 11 funcionan normalmente.

  31. O SOLO COMO RECURSO No mapa, ademáis de representarse a explotación doutros recursos, como muíños e canteiras, quedan recollidos os principais usos do solo: • Urbano e industrial: non toda a zona marcada está dedicada plenamente a ese uso na actualidade, pero si está previsto nun futuro, pola calificación dos terrenos . • De protección Inclúe toda a zona de xunqueiras preto do Ulla, pero no futuro debería incluir tamén as canteiras abandonadas sobre materiais aluviais antigos, dada a súa peculiaridade. • Uso agronómico : O uso adicado a prado queda limitado a certas zonas das ribeiras dos ríos e non supera un 5% do total do concello. Os cultivos sitúanse sobre o 20% , e son dirixidos ó autoconsumo. O máis frecuente é a vide, e zonas de rotación millo-raigrás ou pataca-raigrás.

  32. Uso forestal : representa máis dun 60% do total, sendo ata os anos 80 máis importante o sector de monte baixo que de zona arborada . Como no resto de Galicia, o porcentaxe de árbores autóctonas nos supera o 20%. • As comunidades de montes veciñais en man común teñen levado a cabo nos últimos anos as seguintes actuacións: En xeral,a especie preferida para as repoboacións en montes veciñais é o Pinus pinaster, por adaptarse mellor ó clima e o solo, dando máis producción e menos risco de incendio que o eucalipto. Esta última especie aparece en montes privados principalmente, aínda que nos montes da parroquia de Catoira aparecen 3 Ha de eucalipto conservadas de talas anteriores.

  33. O COIDADO DO ENTORNO Unha xestión planificada dos recursos na sociosfera ten que contemplar sempre a corrección de impactos e o coidado do entorno. Ata o momento, os esforzos feitos neste campo no concello son a canalización e depuración de augas residuais, a incorporación á recollida selectiva de lixo, mailo acondicionamento das primeiras rotas de sendeirismo e puntos de observación de paxaros. Sen dúbida, os desafíos para o futuro serán a total eliminación de puntos de vertido incontrolado de lixo, a protección integral dos enclaves naturais catalogados de interese, e a ampliación e maior acondicionamento das rotas de sendeirismo, que permitan disfrutar e apreciar a riqueza ambiental do Concello de Catoira.

  34. BIBLIOGRAFÍA: Cartografía Militar de España. E=1:50.000. Hoja Nº 4-8(120)PADRÓN.” Servicio Geográfico del Ejército .Madrid.1980. Cartografía Militar de España. E=1:50.000. Hoja Nº 4-9(152) VILAGARCÍA.” Servicio Geográfico del Ejército .Madrid. 1981. Mapa geológico de España.E=1:50.000.Padrón. Hoja Nº 120. Servicio de Publicaciones del Ministerio de Industria y Energía.IGME.Madrid.1981. Mapa geológico de España .E=1:50.000. Villagarcía de Arosa . Hoja Nº 152”. Servicio de publicaciones Ministerio de Industria y Energía.IGME. Madrid.1978 Mapas de suelos, hojas 120 y 152 , escala 1:50.000. Servicio de publicacións da Coselleria de Medio Ambiente. Santiago 2000 Catálogo dos muíños de auga do Concello de Catoira, característica e estado de conservación Informe do “Proxecto Brañas” realizado pola Sociedade Galega de Historia Natural BLAS ARITIO,L (1984): “Guia de Campo de los mamíferos españoles”.Ed Omega.Barcelona FITZ-PATRICK,E.A.(1984): “Suelos”. Ed CECSA. México FONT QUER, P (1982): “Plantas medicinales”.Ed Labor.Barcelona MACIAS, F /CALVO DE ANTA,R (1992) :“Tipos de suelo” y “Usos del suelo en Galicia” Guía de la Naturaleza de Galicia. Fascículos nº 118 y 19. Ed. Faro de Vigo. Vigo NONN, H. (1966) : “ Les régions côtiéres de la Galice ( Espagne ).Étude géomorphologique. Pub. Fac. Lettres. Strasbourg. PANNEKOEK, A.J.(1966) : “The morfology of the surroundings of the Ría de Arosa (Galicia,NW Spain) Leidese Gologische Mededelingen.Vol 37 pp 7-32 PANNEKOEK, A.J (1970) : “ Additional data on the ría area of western Galicia” Leidese Gologische Mededelingen.Vol 37 pp 185-194 READING, H.G. (1986 e 1996) : “Sedimentary environments: Processes, facies and stratigraphy” .Blackwell Science.Hd Oxford .Massachusetts. VARIOS AUTORES (1986) : “O meio natural galego.Cadernos do Seminario de Sargadelos.Nº 47”. Edicións do Castro. Sada (A Coruña) VARIOS AUTORES (2002): “Ciencias de la Tierra y medio ambiente” .Editex .Madrid VARIOS AUTORES (2002): “Geología” .Editex .Madrid

  35. FOTOS E ILUSTRACIÓNS: • Fondos persoais de A.L. López Regueiro (Portada e perfil do Machón) • Fondos persoais da autora (solos, materiais xeolóxicos, historia xeolóxica, rastros de seres vivos, vexetación herbácea e de bosque, e mapas) • Fondos do Concello de Catoira: Vistas aéreas e panorámicas, ríos e muíños, canteira, depuradora , cultivos e carteis de observación de aves AGRADECEMENTOS: • Ó Concello de Catoira, polo material e facilidades para levar a cabo este traballo • Á profesora Marta Pérez Arlucea da Universidade de Vigo, á profesora Carlota García Paz , e persoal do Museo Luis Iglesias da USC, pola bibliografía e mapas proporcionados • Ás persoas representantes das Comunidades Veciñais de Montes en Man común de Abalo, Catoira, Dimo e Oeste pola información facilitada Rematado de redactar e montar o 1 de Maio de 2003

More Related