1 / 57

LEXISLACIÓN APÍCOLA Producción e tecnoloxía do mel

LEXISLACIÓN APÍCOLA Producción e tecnoloxía do mel Marta Diéguez Pérez 3º ITIA. 1. Introducción 2. Normativa estatal Real Decreto 1049/2003 Real Decreto 209/2002 Real Decreto 608/2006 Real Decreto 519/1999 3. Normativa autonómica

afram
Télécharger la présentation

LEXISLACIÓN APÍCOLA Producción e tecnoloxía do mel

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. LEXISLACIÓN APÍCOLA Producción e tecnoloxía do mel Marta Diéguez Pérez 3º ITIA

  2. 1. Introducción 2. Normativa estatal Real Decreto 1049/2003 Real Decreto 209/2002 Real Decreto 608/2006 Real Decreto 519/1999 3. Normativa autonómica Decreto 339/2009 Orden de 14 de agosto de 2009

  3. 1. Introducción A apicultura, como actividade pecuaria, acadou nos últimos anos unha considerable importancia e un crecente interese, que, mais alá da súa repercusión económica no sector da producción do mel e outros productos da colmea, ten unha importancia fundamental para o desenvolvemento rural, o equilibrio ecolóxico e constitúe a base para a conservación e a diversidade das plantas que dependen da polinización, o que contribúe a eleva-la productividade de gran parte dos cultivos, aproveitando recursos non utilizados por ningunha outra actividade productiva. Por iso, para que a apicultura se desenvolva adecuadamente é moi importante regular este sector mediante unha serie de normas.

  4. Normativa estatal

  5. Real Decreto 1049/2003 polo que se aproba a Norma de calidade relativa ó mel Artigo único. Aprobación da Norma de calidade relativa ó mel cuio texto se inserta neste Real Decreto.

  6. Norma de calidade relativa ó mel 1.Obxeto 2.Ámbito de aplicación 3.Descrición, definición e denominación dos productos 4.Características da composición do mel 5.Etiquetaxe

  7. 1.Obxecto Esta norma de calidade ten por obxecto defini-lo que se entende por mel e fixa-las condicións ecaracterísticas que debe cumpri-lo dito producto para a súa presentación, comercialización e consumo no mercado interior. 2.Ámbito de aplicación Esta norma de calidade aplicaráse ós productos definidos no punto 3, que deberán cumpri-los requisitos de composición establecidos no punto 4.

  8. 3. Descrición, definición e denominación dos productos 3.1. O mel é a substancia natural doce producida pola abella Apis mellifera a partir do néctar de plantas ou de secrecións de partes vivas de plantas ou de excrecións de insectos chuchadores presentes nas partes vivas de plantas, que as abellas recolectan, transforman combinándoas con substancias específicas propias, depositan, deshidratan, almacenan e deixan en colmeas para que madure. 3.2. As principaisvariedades de mel son: 3.2.1. Segundo a súa orixe: mel de flores ou mel de néctar e mel de melada. 3.2.2. Segundo a súa elaboración ou a súa presentación poden ser: mel en panal, mel con anacos de panal ou panal cortado en mel, mel escorrido, mel centrifugado, mel prensado e mel filtrado. 3.3. Mel para uso industrial.

  9. 4. Características da composición do mel 4.1. O mel está composto esencialmente de diferentes azucres, ácidos orgánicos, enzimas e partículas sólidas derivadas da súa recolección. A cor do mel pode ter desde un ton case incoloro a un ton pardoescuro. Pode ter unha consistencia fluída, espesa ou cristalizada. O sabor e o aroma poden variar, pero derívanse da orixe vexetal. 4.2. Cando se comercialice o mel como tal, ou cando se utilice nun producto calquera destinado ó consumo humano, non se lle poderá engadir ningún ingredientealimentario, incluídos os aditivos alimentarios, nin ningunha outra substancia á parte de mel, e debe estar exento, na medida do posible, de materias orgánicas e inorgánicas alleas á súa composición.

  10. 4.3. Non debe ter un gusto ou un olor estraños nin ter comenzado a fermentar, presentar un grao de acidez modificado artificialmente, nin terse quentado de maneira que as enzimas naturais se destrúan ou resulten pouco activas. 4.4.Non se poderá retirar do mel o pole nin ningún dos seus compoñentes específicos, excepto cando resulte inevitable no proceso de eliminación de materia orgánica ou inorgánica allea ó mel. 4.5. No momento da súa comercialización, o mel debe responder ás características de composición (contido en azúcares, contido de auga, contido de sólidos insolublesen auga, conductividade eléctrica, ácidos libres, índice diastásico e contido en hidroximeteil- furfural) establecidazas neste Real Decreto.

  11. 5. Etiquetaxe 5.1. A Norma xeral de etiquetaxe, presentación e publicidade dos productos alimenticios será aplicable ós productos definidos no punto 3 precedente, conforme as seguintes condicións: 5.1.1. O termo «mel» aplicaráse soamente ó producto definido no punto 3.1 e deberá usarse no comercio para designa-lo dito producto. 5.1.2. As denominacións a que fan referencia o punto 3.2, e o punto 3.3, reservaránse ós productos que neles se definen e deberánse utilizar no comercio para designalos.

  12. 5.1.3 Cando o mel para uso industrial se utilizáse como ingrediente nun alimento composto, o termo «mel» poderáse empregar na denominación do dito alimento composto en lugar do termo «mel para uso industrial». 5.1.4. Deberán mencionarse na etiqueta o país ou os países de orixe en que o mel fose recolectado. 5.2. No caso do mel filtrado e do mel para uso industrial, os contedores para granel, as embalaxes e a documentación comercial deberán indicar claramente a denominación completa.

  13. Real Decreto 209/2002, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas (Modificado polo Real Decreto 448/2005) Artigo 1.Obxecto e ámbito de aplicación Artigo 2.Definicións Artigo 3.Clasificación zootécnica das explotacións apícolas Artigo 4.Identificación das colmeas. Código de explotación Artigo 5.Inscrición rexistral das explotacións apícolas Artigo 6.Rexistro xeral das explotacións apícolas Artigo 7.Documento de explotación apícola e transhumancia Artigo 8.Condicións mínimas das explotacións apícolas Artigo 9.Medidas de protección animal Artigo 10.Control sanitario Artigo 11.Transhumancia Artigo 12.Inspección Artigo 13.Infraccións

  14. Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación Este Real Decreto establece as normas básicas polas que se regula a aplicación de medidas de ordenación sanitaria e zootécnica das explotacións apícolas, así como as condicións de localización, asentamento e movemento de colmeas, infraestructura zootécnica, sanitaria e equipamentos. Artigo 2. Definicións Para efectos deste Real Decreto serán aplicables as seguintes definicións: enxame, colmea (fixista ou mobilista), asentamento apícola, alvariza, alvariza abandonada, colmea morta, explotación apícola (transhumante ou estante), titular de explotación apícola e autoridade competente.

  15. Artigo 3. Clasificación zootécnica das explotacións apícolas De producción, de selección e cría, de polinización, mixtas. Artigo 4. Código de identificación das colmeas e asignación do código de explotación 4.1. Os titulares das explotacións apícolas deberán identificar cada colmea, en sitio visible e de forma lexible, cunha marca indeleble, en que figurará o código de identificación das colmeas, único para cada explotación. 4.2. O código de identificación das colmeas estará composto pola seguinte secuencia alfanumérica: a) Tres díxitos, correspondentes ao número do municipio b) As siglas da provincia c) Un máximo de sete díxitos para o número que se asigne a cada explotación

  16. 4.3. Todas as colmeas que se incorporená explotación, xa sexa por substitución de material vello, por ampliación do tamaño da explotación ou por nova incorporación, identificaránse no mesmo momento en que entren a formar parte da explotación. 4.4. Ademáis da identificación das colmeas, a cada explotación apícola serálle asignado un código de identificación. Artigo 5. Inscrición rexistral das explotacións apícolas 5.1. O rexistro das explotacións apícolas corresponderálle á autoridade competente da comunidade autónoma en que radique o domicilio fiscal do titular. 5.2. Os titulares das explotacións apícolas deberán presentar ante a citada autoridade competente a correspondente solicitude, para os efectos do rexistro da explotacióná cal se xuntará a documentación acreditativa seguinte:

  17. a) Datos do titular da explotación b) Datos doutros titulares relacionados coa explotación c) Tipo de explotación d) Datos da localización principal e) Indicación de se se trata dunha explotación de autoconsumo ou non f) Clasificación segundo o sistema produtivo g) Clasificación segundo criterios de sustentabilidade ou autocontrol h) Censo e data de actualización 5.3. As resolucións favorables darán lugar ás conseguintes inscricións nos correspondentes rexistros. 5.4. O titular de explotación deberálle comunicar os cambios nos datos consignados no rexistro á autoridade competente no prazo que esta determine, que non poderá exceder dun mes desde que se produzan.

  18. Artigo 6. Rexistro xeral das explotacións apícolas O Rexistro xeral das explotacións apícolas queda integrado no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (REGA). Artigo 7. Libro de rexistro de explotación apícola 7.1. Para os efectos zootécnicos e sanitarios, todo titular dunha explotación apícola deberá estar en posesión dun libro de rexistro da explotación apícola facilitado ós apicultores pola autoridade competente do rexistro. 7.2. Este libro de rexistro deberá estar á disposición da autoridade competente da Comunidade Autónoma onde estea rexistrada a explotación e daqueloutras comunidades autónomas onde as colmeas circulen ou se asenten por razóns de transhumancia ou outras. Así mesmo, o libro de rexistro deberá ser validado anualmente pola autoridade competente da comunidade autónoma expedidora.

  19. 7.3. Os titulares das explotacións apícolas deberán actualizar en cada momento os datos contidos no devandito libro de rexistro. 7.4. O libro de rexistro constitúe un requisito indispensable para calquera traslado das colmeas por razóns de transhumancia ou outras. 7.5.Os titulares de explotacións apícolas comunicarán, ante a autoridade competente expedidora do libro de rexistro, antes do 1 de marzo de cada ano, o censo das súas colmeas.

  20. Artigo 8. Condicións mínimas das explotacións apícolas 8.1. A disposición e natureza das construccións e instalacións, útiles e equipo posibilitarán en todo momento a realización dunha eficaz limpeza, desinfección e desparasitación en caso necesario. 8.2. Os asentamentos apícolas deberán respecta-las distancias mínimas seguintes respecto a: 1º. Establecementos colectivos de carácter público e centros urbanos, núcleos de poboación: 400 metros. 2º. Vivendas rurais habitadas e instalacións pecuarias: 100 metros. 3º. Estradas nacionais: 200 metros. 4º. Estradas comarcais: 50 metros. 5º. Camiños veciñais: 25 metros. 6º. Pistas forestais: as colmeas instalaránse nas beiras sen que obstrúan o paso.

  21. 8.3. Para o establecemento de distancias mínimas entre asentamentos apícolas, non se considerarán os asentamentos de menos de 26 colmeas como referencia. 8.4. A distancia establecida para estradas e camiños poderá reducirse nun 50 por 100 se a alvariza está en pendente e a unha altura ou desnivel superior a dous metros coa horizontal destas estradas e camiños. 8.5. As distancias establecidas no número 2 poderán reducirse, ata un máximo do 75 por 100, sempre que as alvarizais conten cunha cerca de, polo menos, dous metros de altura, na fronte que estea situada cara á estrada, camiño ou establecemento de referencia para determina-la distancia.

  22. Artigo 9. Medidas de protección animal O titular da explotación deberá velar pola satisfacción das necesidades fisiolóxicas e de comportamento das abellas, para favorecer o seu bo estado de saúde e de benestar. Artigo 10. Control sanitario 10.1. Os titulares das explotacións apícolas deberán aplicar e mante-los programas e normas sanitarias contra as enfermidades que se establezan, suxeitas a control oficial. 10.2. En caso de que se advirta unha alteración patológica que puidese poñer en perigo a explotación, o seu titular comunicarállo urxentemente á autoridade competente. 10.3. No marco da loita coordinada contra as enfermidades das abellas, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente elaborará e coordinará a aplicación do Plan Nacional de loita integral contra a varroose, a execución do cal lles corresponderá ás autoridades competentes.

  23. Artigo 11. Transhumancia 11.1. Poderán practicar a transhumancia en todo o territorio nacional, aqueles apicultores cuxa explotación fose inscrita como transhumante e que cumpran os requisitos sanitarios e de documentación regulados neste Real Decreto. 11.2. Os apicultores que realicen transhumancia fóra do ámbito da súa Comunidade Autónoma poderána realizar comunicándolle á autoridade competenteda Comunidade Autónoma onde radique o rexistro da súa explotación, cunha antelación mínima dunha semana sobre a data de comezo do primeiro movemento de colmeas, o programa de traslados previsto para os tres meses seguintes, indicando municipio ou comarca, provincia e data prevista en que aqueles se van producir.

  24. 11.3. Esta comunicación, unha vez visada pola autoridade competente, deberá xuntarse ó libro de rexistro de explotación apícola e acompañar as colmeas nos seus desprazamentos. Conterá, polo menos, os seguintes datos: a) Data prevista de inicio dos traslados. b) Número de colmeas trasladadas. c) Lugar de orixe das colmeas. d) Lugar de destino das colmeas. e) Conformidade con sinatura do veterinario oficial e selo da unidade veterinaria. 11.4. Calquera alteración posterior á comunicación do programa de traslados previsto, que supoña un cambio na Comunidade Autónoma de destino, será comunicada polo apicultor, á autoridade competente de orixe, inmediatamente ou, como máximo de 48 horas . 11.5. As autoridades competentes do lugar de orixe transmitiránlle, no prazo máis breve posible, á autoridade competente do lugar de destino os programas de traslados que as afecten, así como as incidencias ou alteracións ao programa que se producisen.

  25. 11.6. Durante o transporte as colmeas deberán ir coa piqueira cerrada, e se van coa piqueira aberta, cubertas cunha malla ou calquera outro sistema que impida a saída das abellas. Artigo 12. Inspección As autoridades competentes levarán a cabo inspeccións zootécnicas e sanitarias, para comproba-lo cumprimento das condicións e requisitos esixidos nesta normativa. Artigo 13. Incumprimentos O incumprimento deste Real Decreto será sancionado de acordo co establecido na Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal.

  26. Real Decreto 608/2006, polo que se establece e regula un programa nacional de loita e control das doenzas das abellas do mel CAPÍTULO I. Disposicións xerais CAPÍTULO II. Medidas específicas en función do tipo de doenza CAPÍTULO III. Laboratorios e réxime sancionado ANEXO I.Doenzas exóticas ou de alta patoxenicidade que afectan ás abellas do mel ANEXO II. Tratamento da varroose ANEXO III. Laboratorios nacionais de referencia

  27. CAPÍTULO I. Disposicións xerais Artigo 1.Obxecto e ámbito de aplicación Artigo 2.Definicións Artigo 3.Identificación, rexistro e movemento Artigo 4.Obxectivo do programa e administracións competentes Artigo 5.Medidas de control en colmeas CAPÍTULO II. Medidas específicas en función do tipo de doenza Artigo 6.Varroose Artigo 7.Outras doenzas Artigo 8.Programas de erradicación CAPÍTULO III. Laboratorios e réxime sancionador Artigo 9.Laboratorios nacionais de referencia e laboratorios oficiais das comunidades autónomas. Artigo 10.Infraccións e sancións.

  28. CAPÍTULO I. Disposicións xerais Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación 1.1. Este Real Decreto ten por obxecto o establecemento e a regulación, dun programa nacional de loita e control das doenzas das abellas do mel. 1.2. As doenzas susceptibles de seren incluídas no programa nacional son todas aquelas que afecten as abellas do mel incluídas na lista do Código Sanitario para os Animais Terrestres da Organización Mundial da Saúde Animal, ou, se fose o caso, outras que afecten as abellas do mel, en función das propostas ou acordos que ao respecto se adopten no Comité Nacional do Sistema de Alerta Sanitaria Veterinaria.

  29. Artigo 2. Definicións Serán de aplicación as definicións incluídas na Lei 8/2003 e no Real decreto 209/2002. Artigo 3. Identificación, rexistro e movemento 3.1. A identificación, o movemento das colmeas e o rexistro das explotacións apícolas, realizaránse de acordo co disposto no Real decreto 209/2002. 3.2.Cando nunha zona o órgano competente da comunidade autónoma ou das cidades de Ceuta e Melilla declare a existencia dunha doenza exóticaou de alta patoxenicidade non se poderán efectuar movementos de saída respecto das colmeas situadas nesa zona, ou de todas aquelas que teñan entrada nesta.

  30. Artigo 4. Obxectivo do programa e administracións competentes 4.1. O programa ten como obxectivo que as explotacións apícolas manteñan as colonias de abellas do mel cun nivel sanitario adecuado. 4.2.Corresponde os órganos competentes das comunidades autónomas e das cidades de Ceuta e Melilla o desenvolvemento e a execución, no seu respectivo ámbito territorial, do programa nacional. 4.3. A coordinación será realizada polo Comité Nacional do Sistema de Alerta Sanitaria Veterinaria.

  31. Artigo 5. Medidas de control en colmeas 5.1. Cando a colonia de abellas do mel morra, o propietario da explotación levará a cabo as actuacións que eviten o risco de propagación da doenza. 5.2. O disposto no número anterior será tamén de aplicación ás colmeas de abellas do mel abandonadas, para o cal o propietario da explotación deberá levar a cabo as actuacións precisas de limpeza e desinfección ou, se fora o caso, de destrución hixiénica das colmeas e/ou cadros. 5.3. Se o propietario non realizara as actuacións previstas en cada, o órgano competenteprocederá a executalas cos seus propios medios ou utilizando servizos alleos, á custa do citado propietario, cuxo importe poderá exixírselle por vía de constrinximento, con independencia das sancións ou multas coercitivas a que derá lugar.

  32. CAPÍTULO II. Medidas específicas en función do tipo de doenza Artigo 6. Varroose As actuacións que se deben realizar, no caso da varrose, son as seguintes: a) Realizaráse, ao menos, un tratamento obrigatorio ó ano. b) En caso necesario poderáse realizar un novo tratamento noutras épocas debendo, neste caso, efectuarse coas mesmas pautas indicadas no tratamento obrigatorio e con notificación previa por parte do apicultor. Artigo 7. Outras doenzas No caso de doenzas de abellas do mel distintas davarroose organizaráse, como mínimo, unha vixilancia permanente que permita coñecer a prevalencia das doenzas e a súa variación, co fin de, unha vez detectada a doenza, se adoptaren as medidas sanitarias adecuadas no referente a tratamento e profilaxe, que variarán en función da patoloxía diagnosticada.

  33. Artigo 8. Programas de erradicación 8.1. As comunidades autónomas ou as cidades de Ceuta e Melilla poderán establecer programas de erradicación contra determinadas doenzas exóticas ou de alta patoxenicidade, para o cal poderán definir aquelas áreas, cuxas dimensións mínimas serán o ámbito xeográfico dunha agrupación de defensa sanitaria. 8.2. A destrución obrigatoria das colonias de abellas e, se fora o caso, das colmeas, imposta pola autoridade competente, dará dereito á correspondente indemnización por sacrificio obrigatorio. Non obstante, únicamente terán dereito a indemnización aqueles propietarios de gando que cumprisen coa normativa vixente en materia de sanidade animal e de rexistro e identificación apícola.

  34. CAPÍTULO III. Laboratorios e réxime sancionador Artigo 9. Laboratorios nacionais de referencia e laboratorios oficiais das comunidades autónomas 9.1. Os laboratorios nacionais de referencia fronte ás doenzas obxecto deste programa son os establecidos no anexo III. 9.2. Os órganos competentes das comunidades autónomas ou das cidades de Ceuta e Melilla poderán designar, no seu ámbito territorial, os laboratorios públicos ou privados responsables das análises de laboratorio. Artigo 10. Infraccións e sancións En caso de incumprimento do disposto neste Real Decreto será de aplicación o réxime de infraccións e sancións establecido previstas na Lei 8/2003.

  35. ANEXO I.Doenzas exóticas ou de alta patoxenicidade que afectan ás abella do mel - Loque americana das abellas melíferas (Paenibacillus larvae). -Tropilaelapsose (Tropilaelaps spp). - Aethinose (pequeno escaravello da colmea, Aethina tumida). ANEXO II. Tratamento da varroose O tratamento realizaráse no período setembro-novembro. Este tratamento levaráse a cabo cun medicamento veterinario baixo a supervisión do veterinario de explotación e realizaráse por zonas canto máis amplas mellor, sendo a área mínima de tratamento a que dispoña a autoridade competente. Realizado o tratamento, anotaránse no libro de rexistro de explotación apícola, ao menos, os seguintes datos: 1.º Data de inicio e de finalización do tratamento 2.º Tipo de tratamento 3.º Dose 4.º Número de colmeas tratadas 5.º Denominación comercial do produto administrado

  36. ANEXO III. Laboratorios nacionais de referencia O laboratorio nacional de referencia fronte á varroose é o Laboratorio Central de Sanidade Animal do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, sito en Algete (Madrid). ORDE APA/735/2008, polo que se modifica o Anexo II do Real Decreto 608/2006

  37. Real decreto 519/1999, polo que se regula o réxime de axudas á apicultura no marco dos programas Artigo 1. Obxecto Artigo 2.Financiación ó sistema Artigo 3.Actividades e inversions subvencionables Artigo 4.Beneficiarios Artigo 5.Solicitudes e tramitación. Criterios obxectivos de outorgamento da subvención e ponderación destes Artigo 6.Resolución e pago Artigo 7.Deber de información. Plan de control Artigo 8.Concurrencia con outras axudas Artigo 9.Seguimento e avaliación do Programa nacional de medidas de axuda á apicultura

  38. Artigo 1. Obxecto Este real decreto ten por obxecto establecer a regulación dun réxime de axudas para aquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura. Artigo 2. Financiación ó sistema As axudas establecidas no presente Real Decreto teñen o carácter de ser confinanciadas en virtude do establecido no Reglamento (CE) 1221/97. O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente contribuirá á financiación do sistema mediante un réxime de axudas hasta un máximo do 25 por 100 do coste total das mediadas a realizar e dentro das posiblilidades presupostarias.

  39. Artigo 3. Actividades e inversións subvencionables Poderán ser obxeto de axudas aquelas actividades encamiñadas a :a) Prestar información e asistencia técnica b) Loitar contra a varrose c) Racionalizar a transhumancia d) Establecer medidas de apoio para o análise do mel e) O apoio á repoboación dos efectivos apícolas Artigo 4. Beneficiarios 4.1. Poderán solicitar axudas: a) As persoas físicas ou xurídicas titulares de explotaciónsapícolas. Será requisito para a obtención das axudas levar realizando a actividade apícola con anterioridade ó 1 de xaneiro do ano anterior ao da presentación da solicitude. As alvarizas abandonadas e as colmeas mortas non darán dereito ao cobramento de axudas polo seu titular. b) As cooperativas apícolas e organizacións representativas con personalidade xurídica propia.

  40. 4.2. Os beneficiarios poderán ser tamén os laboratorios que efectúen ou podan efectuar as análises das características fisicoquímicas do mel. 4.3. Un mesmo apicultor só poderá ser beneficiario de axuda por unha mesma actuaciónde forma única para cada unha das súas explotacións, ben a título individual, ben como integrante dunha cooperativa ou organización representativa. Artigo 5. Solicitudes e tramitación. Criterios obxectivos de outorgamento da subvención e ponderación destes 5.1. As solicitudes presentaránse, ante o órgano competente 5.2. As solicitudes incluirán, como mínimo: a) A identificación do solicitante, cando se trate de solicitudes presentadas por cooperativas ou organizacións representativas, a relación de persoas físicas integrantes. b) O número de colmeas das cales o solicitante é titular ou, no caso de solicitudes presentadas por entidades asociativas, o número total de colmeas que lles corresponde aos integrantes. c) Copia das follas do libro de rexistro de explotación apícola en que figure a documentación referente ao número de colmeas, tipo e clase de explotación.

  41. Artigo 6. Resolución e pago 6.1.Correspóndelle ós órganos competentes das Comunidades Autónomas a resolución e pago das axudas a que se refire a presente disposición. 6.2. As resolucións de concesión de axudas dictadas polos órganos competentes das Comunidades Autónomas deberán especificar o desglose das mismas en función das cantidades con fondos estatales, comunitarios e da propia Comunidade Autónoma. 6.3. O fondo Español de Garantía Agraria, no ámbito das súas competencias, remitirá ás CCAA os fondos que correspondan ás actuacions de axuda efectuadas.

  42. Artigo 7. Deber de información. Plan de control 7.1.As Comunidades Autónomas remitirán á Dirección Xeral de Gandería a información que en relación co cumplimento de anteditas obligacións lles sea solicitada. 7.2. O programa nacional de medidas de axuda á apicultura incluirá un plan de control do programa. Este plan, elaborado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente coa colaboración das Comunidades Autónomas, recollerá as medidas de control que se consideren necesarias para garantir o cumprimento das condicións de concesión das axudas sobre a base do programa presentado. 7.3. Correspóndelles ós órganos competentes das comunidades autónomas a realización das actividades de control das axudas.

  43. Artigo 8. Concurrencia con outras axudas A obtención concurrente de subvencións ou axudas otorgadas por outras Administracions ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión. Artigo 9. Seguimento e avaliación do Programa nacional de medidas de axuda á apicultura As organizacións representativas e cooperativas do sector apícola intervirán a escala nacional e autonómica, e xunto á autoridade competente en cada caso, no seguimento e avaliación do Programa nacional de medidas de axuda á apicultura.

  44. Normativa autonómia

  45. Decreto 339/2009, sobre ordenación sanitaria e zootécnica das explotacións apícolas na Comunidade Autónoma de Galicia Artigo 1. Obxecto Artigo 2. Ámbito de aplicación Artigo 3. Definicións Artigo 4. Creación do Rexistro Galego de ExplotaciónsApícolas Artigo 5. Solicitude de rexistro da explotación apícola Artigo 6. Libro de rexistro de explotación apícola Artigo 7. Código de identificación das colmeas e asignación do código da explotación Artigo 8. Condicións dos asentamentos apícolas das explotacións de autoconsumo Artigo 9. Condicións adicionais para a transhumancia Artigo 10. Actuacións sanitarias na loita contra a varroose

  46. Artigo 1. Obxecto É obxecto deste Decreto: a) A creación do Rexistro Galego de Explotacións Apícolas. b) A determinación dos requisitos do libro de explotación apícola. c) Regular a codificación do sistema de identificación das colmease os asentamentos apícolas nas explotacións de autoconsumo. d) O establecemento de requisitos adicionais para a realización da transhumancia na comunidade autónoma. Artigo 2. Ámbito de aplicación Este Decreto será de aplicación a todas as explotacións apícolas de Galicia, así como aos asentamentos de explotacións que realizan a transhumancia nesta comunidade. Artigo 3. Definicións Para os efectos do establecido neste decreto, serán de aplicación as definicións Real decreto 209/2002. Ademais, establécense as seguintes definicións: vivenda rural habitada, camiño veciñal, pista forestal e núcleo de población.

  47. Artigo 4. Creación do Rexistro Galego de Explotacións Apícolas 4.1. Integrado no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega), créase o Rexistro Galego de Explotacións Apícolas (Rgeap), no cal figurarán inscritas a totalidade das explotacións apícolas da Comunidade Autónoma de Galicia. 4.2. Os órganos competentes para o mantemento do Rgeap son os departamentos territoriais da consellería competente en materia de sanidade e produción animal. 4.3. No Rgeap figurarán cando menos os seguintes datos: a) Código de identificación da explotación asignado pola consellería competente en materia de sanidade e produción animal. b) Datos da persoa titular da explotación c) Datos doutras persoas titulares relacionadas coa explotación ou cotitulares

  48. d) Clasificación das explotacións apícolas. e) Datos do asentamentoprincipal da explotación f) Datos dos asentamentos secundarios g) Censo de colmeas e data da súa actualización. h) Categoría da explotación segundo o número de colmeas i) Clasificación segundo o sistema produtivo j) Clasificación segundo criterios de sustentabilidade ou autocontrol 4.4. Os datos correspondentes ó Rexistro Galego de Explotacións Apícolas serán incluídos na base de datos da consellería competente en materia de sanidade e produción animal denominada Sistema Integrado.

  49. Artigo 5. Solicitude de rexistro da explotación apícola 5.1. As persoas titulares de explotacións apícolas deberán solicitar a alta da súa explotación no Rgeap, logo do pagamento da taxa correspondente. 5.2. As solicitudes de rexistro presentaránse nas oficinas agrarias comarcais en cuxo ámbito se atope o enderezo do titular da explotación apícola. 5.3. No prazo máximo de 3 meses desde a entrada da solicitude no Rexistro deberá ser ditada a resolución pola/o xefa/e territorial correspondente. A inscrición no Rgeap implica a concesión da autorización da explotación solicitada e comporta a asignación de código de identificación da explotación.

  50. 5.4. Para os efectos de garantir en todo momento a rastrexabilidade dos movementos das colmeas e a congruencia das bases de datos oficiais coa localización real actual dos animais presentes en explotacións en trámite de rexistro, no inicio desta tramitación procederáse á asignación dun código de rexistro provisional, que poderá ser confirmado unha vez rematado o procedemento de inscrición ou, de ser o caso, anulado. 5.5. A persoa titular da explotación, deberá comunicar á consellería competente animal os cambios nos datos consignados no Rgeap no prazo dun mes desde que estes se produzan. 5.6. As persoas titulares de explotacións apícolas comunicaránlle á dirección xeral que corresponda da consellería competente antes do 1 de marzo de cada ano, o censo das súas colmeas no ano anterior.

More Related