1 / 28

MANCOMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN CASTROVE-SALNÉS

MANCOMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN CASTROVE-SALNÉS “Proxecto Integral dos Montes Veciñais do Castrove-Salnés”. PRODUCCIÓN DE MADEIRA Avaliación da productividade madereira actual das matas forestais existentes nos montes implicados

ailani
Télécharger la présentation

MANCOMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN CASTROVE-SALNÉS

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. MANCOMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN CASTROVE-SALNÉS “Proxecto Integral dos Montes Veciñais do Castrove-Salnés”

  2. PRODUCCIÓN DE MADEIRA • Avaliación da productividade madereira actual das matas forestais existentes nos montes implicados • Propostas de productividade forestal que melloren o medrío das árbores actuais e das novas plantacións

  3. TAREFAS SILVÍCOLAS • Estudio das tarefas silvícolas necesarias para o correcto desenvolvemento das matas forestais • Posibilidades de realización das tarefas silvícolas mediante cuadrillas ou maquinaria contratada de xeito conxunto entre as comunidades do plan

  4. TAREFAS SILVÍCOLAS • Posibilidades de realización das tarefas de vixiancia de xeito conxunto (vixiancia contraincendios e de control das matas, control da caza, os cogumelos, o gando,…)mediante persoal conxunto das comunidades do plan e un Plan Integral para a Prevención de Incendios en toda a zona.

  5. Avaliación do estado sanitario actual das matas forestais existentes • Propostas silvícolas sobre as matas existentes para loitar contra as patoloxías forestais e optimizar o medrío das plantas e das novas plantacións

  6. Organización do aproveitamento do gando silvestre no monte mediante a identificación das cabezas existentes e a potenciación de actividades silvopastorais e o consumo de carne de gando ceibe.

  7. Organización do aproveitamento turístico e lúdico das actividades relacionadas nos montes co gando silvestre e a hípica(feiras de consumo, rutas ecuestres, curros,...)

  8. Posibilidade de conseguir incluir os productos secundarios dos montes no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia • Posibilidade de conseguir unha Denominación de Orixe para as razas autóctonas de cabalo e vaca galega existentes nos montes

  9. Revalorización do entorno mediante plantacións de castiñeiros híbridos micorrizados enfocados ás diferentes utilidades: • -Soutos mansos: inxertados con variedades típicas de castaña do pais e señalizadas coas súas características de producción de froito (negral, longal, xudía, mourisca, parede...) • -Soutos bravos: con clons específicos para a producción de madeira de calidade en rápidas quendas de corta

  10. Aproveitamento das plantacións de castiñeiros híbridos micorrizados e inxertados para a creación dun turismo enfocado á castañicultura, mediante unha ruta formativa da historia do castiñeiro e a súa importancia para a nosa economía e as diferentes técnicas silvícolas e variedades existentes nos nosos soutos

  11. Posibilidades de exemplificar nunha zona o uso de plantas medicinais, plantas aromáticas e froitos silvestres • Integración de colmeas e posibilidade de crear un aula de formación sobre o manexo do mel e as súas aplicacións

  12. Revalorización da micoloxía forestal aplicada mediante a: Avaliación da potencialidade productiva dos montes implicados no plan Proxectos de micorrización e de aumento de producción Proxecto de aproveitamento experimental da biomasa forestal para o cultivo de fungos ou compostaxe

  13. Revalorización do turismo micolóxico e a comercialización de cogumelos mediante a: Creación dun couto micolóxico para complementar o turismo de praias en outono e primaveira Organización dunha feira ou lonxa micolóxica Instalación dun museo de micoloxía forestal aplicada

  14. Revalorización de cursos de auga ou ecositemas acuáticos adaptados á pesca e ó desfrute de actividades fluviais • Recuperación de muiños e patrimonio histórico e creación de carreiros fluviais que potencien o turismo rural na zona • Creación de piscinas ou lagoas naturais para desviar o turismo de praias a espacios verdes dentro dos montes

  15. Inclusión no plan da catalogación do patrimonio cultural existente nos nosos montes (colaboración ca Universidade de Vigo) • Recuperación dos restos arqueolóxicos e etnolóxicos mediante a participación do Instituto de Conservación e Restauración de Bens Culturais (Consellería de Cultura)

  16. Estudiar as posibilidades de creación dunha zona de campismo e un espacio natural con fins recreativos como alternativa ó turismo de praia • Creación dunha ruta de ecoturismo dos miradoiros naturais das rías con espacios de lecer

  17. Integración da caza no proxecto • Implicación das asociacións de cazadores na conservación e xestión dos montes • Alternativas para a ordenación e potenciación do turismo cinexético

  18. Sistemas de xestión forestal sostibel e certificación forestal da madeira procedente dos montes • Aula da naturaleza demostrativa dos plans de xestión elaborados nos montes implicados

  19. Identificación mediante carteis informativos dos límites dos montes veciñais e a importancia histórica e actual destas superficies para a subsistencia da poboación e a defensa medioambiental en contra dos intereses especulativos • Propostas de cada unha das comunidades implicadas

  20. “Proxecto Integral dos Montes Veciñais do Castrove-Salnés” En resumo, preténdese conseguir a creación dun plantexamento global do territorio dos montes veciñais, que sirva como proxecto piloto demostrativo para toda Galicia dunha política forestal sostible e integral.

  21. “Proxecto Integral dos Montes Veciñais do Castrove-Salnés” Partindo da potenciación da principal fonte de ingresos: a producción de madeira, preténdense integrar as distintas posibilidades de producción secundaria e atractivo turístico. O fin principal é o de contribuir ó desenvolvemento da economía e a creación de alternativas laborais para a poboación rural, ó tempo que se defende un aproveitamento ecolóxico das superficies forestais.

  22. “Proxecto Integral de Valorización do Territorio dos Montes Veciñais do Castrove-Salnés” Para conseguir estes obxectivos preténdese desenvolver un proxecto participativo por tódolos montes implicados, mediante a creación de: -mesas redondas que contribuan a un mellor coñecemento de todo o referinte o proxecto -xestión diante das Unidades de Desenvolvemento Rural da comarca de Pontevedra e máilo Salnés, Consellería de Medio Ambiente (está solicitada unha entrevista), Alcaldes (xa se tivo unha conversa co alcalde de Meis que ve con bos ollos o proxecto).

  23. “Proxecto Integral dos Montes Veciñais do Castrove-Salnés” Proxecto participativo mediante a : -Posibilidade de subvencións por riba do 75% con cargo ó Proder -ser un proxecto froito da sociedade civil: froito da vontade das comunidades. -estudio dunha forma xurídica que encarreire solventemente a continuidade. -enquisas para coñecer as ideas de tódalas Comunidades e integralas no proxecto común.

  24. “Proxecto Integral dos Montes Veciñais do Castrove-Salnés” Proxecto participativo mediante a : -Criación dunha asesoría externa que poidera se chamar “Amigos do Proxecto Integral dos Montes Veciñais do Castrove-Salnés”, ca vinculación de persoas de recoñecido prestixio(persoas da nosa confianza: técnicos nas diferentes materias (cogumelos, gando, selvicultura, ordenación, temas xurídicos e económicos, ...) profesores de universidade, periodistas, historiadores, escritores, ...

  25. Na actualidade atópanse interesadas en participar no proxecto as seguintes comunidades:

  26. Na actualidade atópanse interesadas en participar no proxecto as seguintes comunidades:

  27. O calendario de actuacións comezará cun inventario e avaliación previa do estado dos montes integrantes: 1- PLANOS DE ORDENACIÓN E DASOMÉTRICOS EXISTENTES 2- SITUACIÓN PRODUCTIVA DAS MATAS FORESTAIS 3- ESTADO SANITARIO DAS MATAS PRODUCTIVAS 4- A PRODUCCIÓN MICOLÓXICA NA ZONA 5- AS NECESIDADES E POTENCIALIDADES SOCIAIS 6- OS POTENCIAIS TURÍSTICOS E A PRODUCCIÓN SECUNDARIA

  28. Despois formularanse propostas SILVÍCOLAS e medidas de actuación concretas para cada monte buscando os medios de financiación necesarios para acometer as diferentes propostas realizadas en cada comunidade implicada

More Related