20 likes | 129 Vues
Tardes de lecer na Fundación W. Fernández Flórez. Mes de Marzo de 2007. Mes de Marzo de 2.007. Sábado, día 3: Contaremos coa presenza de Estanislao Fernández de la Cigoña , quen impartirá unha charla sobre “A fauna no espazo natural de Cecebre”. Ás SETE do serán en Villa Florentina .
E N D
Tardes de lecer naFundación W. Fernández Flórez Mes de Marzo de 2007
Mes de Marzo de 2.007 • Sábado, día 3: Contaremos coa presenza de Estanislao Fernández de la Cigoña, quen impartirá unha charla sobre “A fauna no espazo natural de Cecebre”. Ás SETE do serán en Villa Florentina. • Domingo, día 4: Té con historias. Tertulia adicada á figura do ilustre Alfredo Brañas. Será ás CINCO da tarde en Villa Florentina. • Sábado, día 10: Día adicado aos máis pequenos da casa coa lectura dramatizada de textos infantís. Será a cargo dos integrantes do grupo Fas-que-fas, da FWFF. Ás SETE do serán en Villa Florentina. • Sábado, día 17: Contra o que estaba previsto, este día contarmemos coa presencia de Lino Braxe, Miguel Ladrón de Guevara, Xosé Luis Saques e Rómulo Sanjurjo. Presentarán o seu traballo A CARICIA DA SERPE, unha mistura creativa de música, poesía, humor, etc. Será ás sete do serán en Villa Florentina. . • Sábado, día 24: Conmemoración do Día Internacional da Árbore e da Poesía. Ás 13:30 terá lugar, na Fraga de Cecebre, un recital poético no que intervirán Xoan Xosé Abella e David Otero. Actuará o grupo A Quenlla e Raúl Galego. Acto conducido polo director da FWFF, Antonio Montero. Ás SETE do serán en Villa Florentina, haberá unha charla onde falarán sobre a obra poética de Xoan Xosé Abella. • Sábado, día 31: Mesa redonda. 25 ILUSTRADORES GALEGOS falarán da súa actividade arredor do mundo do conto. Esta actividade está coordinada por Suso Cubeiro. Será a partir das SETE TRINTA en Villa Florentina. • Entrada gratuíta.