1 / 15

Tamén pedía que se fixesen presentes con eles o máximo de tempo posible.

Nunha xunta de pais de familia de certa escola, a directora resaltaba o apoio que os pais deben darlle aos fillos. Tamén pedía que se fixesen presentes con eles o máximo de tempo posible.

arnold
Télécharger la présentation

Tamén pedía que se fixesen presentes con eles o máximo de tempo posible.

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Nunha xunta de pais de familia de certa escola, a directora resaltaba o apoio que os pais deben darlle aos fillos.

  2. Tamén pedía que se fixesen presentes con eles o máximo de tempo posible. Ela entendía que, aínda que a maioría dos pais do centro fosen traballadores, deberían encontrar un pouco de tempo para dedicar e convivir cos nenos.

  3. Con todo, a directora sorprendeuse cando un dos pais se levantou e lle explicou, en forma humilde, que el non tiña tempo de falar co seu fillo durante a semana. Cando saía para traballar era moi cedo e seu fillo aínda estaba a durmir.

  4. Cando regresaba do traballo era moi tarde e o neno xa non estaba esperto. Explicou, ademais, que tiña que traballar desa forma para o sustento da familia.

  5. Dixo tamén que o non ter tempo para seu fillo angustiábao moito e intentaba redimirse indo a bicalo todas as noites cando chegaba á súa casa e, para que seu fillo soubese da súa presenza, el facía un nó na punta da saba. Iso sucedía relixiosamente todas as noites cando ía bicalo.

  6. Cando o fillo espertaba e vía o no, sabía, a través del, que seu papá estivera alí e o tiña bicado. O nó era o medio de comunicación entre eles. A directora emocionouse con aquela singular historia e sorprendeuse aínda máis cando constatou que o fillo dese pai era un dos mellores alumnos da escola.

  7. O feito fainos reflexionar sobre as moitas formas nas que as persoas poden facerse presentes e comunicarse con outras. Aquel pai encontrou a súa forma, que era simple pero eficiente. E o máis importante é que seu fillo percibía, a través do nó afectivo, o que seu papá lle estaba dicindo.

  8. Algunhas veces preocupámonos tanto coa forma de dicir as cousas que esquecemos o principal, que é a comunicación a través do sentimento. Sinxelos detalles como un bico e un nó na punta dunha saba, significaban, para aquel fillo, moitísimo máis que regalos ou desculpas baleiras.

  9. É válido que nos preocupemos polas persoas pero é máis importante que elas o saiban, que poidan sentilo. Para que exista a comunicación, é necesario que as persoas "escoiten" a linguaxe do noso corazón, pois, en materia de afecto, os sentimentos sempre falan máis alto que as palabras.

  10. Por ese motivo, un bico, revestido do máis puro afecto, cura a dor de cabeza, a raspadura no xeonllo, o medo á escuridade. As persoas tal vez non entendan o significado de moitas palabras, pero saben rexistrar un xesto de amor. Aínda e cando o xesto sexa soamente un nó. Un nó cheo de afecto e agarimo.

  11. “VIVE DE TAL MANEIRA QUE CANDO OS TEUS FILLO PENSEN ENXUSTIZA, AGARIMO, AMOR E INTEGRIDADE, PENSEN EN TI.” (autor descoñecido)

  12. Eu atrévome a engadir algo máis a esta presentación... Estes xestos de amor son aínda máis significativos cando non é posible a comunicación directamente entre familiares amigose parellas, por que hai situacións na vida que non nos permiten estar cerca dos nosos seres amados, incluíndo os nosos amigos.

  13. Por esa razón, establecer estes lazos ou nós como xestos de amor e como un indicador de que estás alí, de que pensas nesa persoa, de que a amas, de que a recordas, fortalecen aínda máis as relacións.

  14. Unha chamada perdida, un texto de móbil a móbil, sen tantas palabras, só un “ola”, “quérote”, “unha frase cun bo desexo”, unha mensaxe no msm, unha postal, unha rosa, un detalle en calquera día do ano…estes detalles e xestos, que representan ese nó na saba, fortalecennos, énchennos de amor, de seguridade, de enerxías e de calquera outro nobre sentimento a tal punto que erguería un enfermo dunha cama.

  15. …o amor é o sentimento máis nobre e máis forte que posúe o home, é unha poderosa arma para conquistar o mundo. A cantos reciben este correo deséxolles un día cheo de bendicións e ateigado de enerxías.

More Related