1 / 7

Novelamos os sentimentos

UNIDADE 10. Novelamos os sentimentos. Contidos Literatura 1. O xénero narrativo. A novela Lingua 1. Complementos do verbo. 1º ESO | UNIDADE 10 | LINGUA GALEGA E LITERATURA. 1.1. A novela. Novelamos os sentimentos.

berget
Télécharger la présentation

Novelamos os sentimentos

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. UNIDADE 10 Novelamos os sentimentos Contidos Literatura 1. O xénero narrativo. A novela Lingua 1. Complementos do verbo 1º ESO | UNIDADE 10 | LINGUA GALEGA E LITERATURA

  2. 1.1. A novela Novelamos os sentimentos Unha novela é unha narración longa de sucesos ficticios que lle ocorren nun marco espazo-temporal a uns personaxes. A acción Vén marcada pola historia. Normalmente aparece: -Presentación. -Nó. -Desenlace. O espazo O espazo responde á situación física onde transcorre a historia. Normalmente pode haber varios espazos nunha novela. Pode ter varias funcións: -Referencial. -Narrativa. -Simbólica. 1º ESO | UNIDADE 10 | LINGUA GALEGA E LITERATURA

  3. Novelamos os sentimentos O tempo O tempo nunha novela non ten que ser lineal, pode haber saltos cara adiante (prolepses) ou cara atrás (analepses). -Tempo da historia: o propio da historia. -Tempo do discurso: organización narrativa da cronoloxía do que sucede. Os personaxes Son aqueles que realizan a acción. Hai diversos tipos, como axentes da acción (principais e secundarios), elementos decorativos ou portavoces da ideoloxía do autor. O narrador O narrador é a voz que conta o que sucede na novela. Existen tres tipos de narrador en función do punto de vista: • En primeira persoa. • En segunda persoa. • En terceira persoa: obxectivamente ou subxectivamente. 1º ESO | UNIDADE 10 | LINGUA GALEGA E LITERATURA

  4. Novelamos os sentimentos A tipoloxía da novela Segundo a súa forma: Autobiográficas. Dialogadas ou epistolares. Segundo o ton: Satíricas. Humorísticas. Didácticas. Se tomamos en conta o destinatario ou o xeito de distribución falamos de novelas triviais, supervendas, por entregas, xuvenil, infantil,… Segundo o estilo: Realista. Naturalista. Existencial. Segundo o contido: • De aventuras. • De ficción científica. • Negra, policial. • De terror. • Histórica. • Cabaleiresca. • Picaresca. • Sentimental. • Social. • Costumista. 1º ESO | UNIDADE 10 | LINGUA GALEGA E LITERATURA

  5. Novelamos os sentimentos 2. Os complementos do verbo O complemento directo Función sintáctica mediante a que se indica sobre quenou que cousa recae a acción expresada polo verbo. Esta función sintáctica pode estar desempeñada por: • Un substantivo. • Un pronomepersoal átono. • Unha frase nominal. • Unha frase substantiva. • Unha cláusula. 1º ESO | UNIDADE 10 | LINGUA GALEGA E LITERATURA

  6. Novelamos os sentimentos O complemento indirecto Función sintáctica mediante a que se indica sobre quen recae a acción expresada polo verbo. Esta función sintáctica pode estar desempeñada por: • Unha frase preposicional. • Un pronomepersoal átono de dativo. O complemento circunstancial É a función sintáctica que indica unha serie de circunstancias en que se produce a acción designada polo verbo. Esta función sintáctica pode estar desempeñada por: • Unha frase preposicional. • Unha frase nominal. • Un adverbio. • Unha frase adverbial. • Unha cláusula adverbial. 1º ESO | UNIDADE 10 | LINGUA GALEGA E LITERATURA

More Related