1 / 13

Un fermoso conto de Paulo Coelho

Un fermoso conto de Paulo Coelho. Un Home, o seu cabalo e o seu can ían por unha estrada. Cando pasaban cerca dunha árbore enorme caeu un raio e os tres morreron fulminados. Pero o home non se decatou de que xa abandonara este mundo, e proseguiu o seu camiño cos seus dous animais.

cisco
Télécharger la présentation

Un fermoso conto de Paulo Coelho

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Un fermoso conto dePaulo Coelho

  2. Un Home, o seu cabalo e o seu can ían por unha estrada. Cando pasaban cerca dunha árbore enorme caeu un raio e os tres morreron fulminados.

  3. Pero o home non se decatou de que xa abandonara este mundo, e proseguiu o seu camiño cos seus dous animais

  4. A estrada era moi longa e costa arriba. O sol era moi intenso, e eles estaban sudados e sedentos • Nunha curva do camiño viron un magnífico portal de mármore, que conducía a unha praza pavimentada con adoquíns de ouro.

  5. O camiñante dirixiuse ao home que custodiaba a entrada e entablou con él, o seguinte diálogo: • Bo día. • Bo día - Respondeu o garda • ¿Como se chama este lugar tan bonito?. • Isto é o ceo.

  6. Que ben que teñamos chegado ao Ceo, porque estamos sedentos! • Vostede pode entrar e beber tanta auga como queira. E o garda sinalou a fonte. • Pero o meu cabalo e o meu can tamén teñen sede… • Síntoo moito – Dixo o garda – pero aquí non se permite a entrada aos animais.

  7. O home egueuse con gran pesar, pois tiña moitísima sede, pero non pensaba beber só. Deu as gracias ao garda e seguiu adiante. • Despois de camiñar un bo rato costa arriba, ben cansados os tres, chegaron a outro sitio, cunha entrada marcada por unha porta vella que daba a un camiño de terra rodeado de árbores..

  8. Ao abeiro dunha das árbores había un home deitado, coa cabeza cuberta por un sombreiro. Posiblemente durmía. • Bó día – dixo o camiñante. • O home respondeu cun xesto da cabeza. • Temos moita sede, o meu cabalo, o meu can e máis eu. • Hai unha fonte entre aquelas rochas – dixo o home, indicando o lugar.

  9. Podedes beber toda a auga que queirades. • O home, o cabalo e o can foron á fonte e calmaron a súa sede. • O camiñante volveu atrás para dar gracias ao home • Podedes volver sempre que queirades – Respondeulle este.

  10. A propósito ¿Como se chama este lugar? – preguntou o home. • CEO. • ¿O Ceo? Pero se o garda do portal de mármore díxome que aquelo era o Ceo!

  11. Aquelo non era o Ceo. Era o Inferno – respondeu o garda. • O camiñante quedou perplexo. • Deberíades prohibir que utilicen o voso nome! ¡ Esta información falsa debe provocar grandes confusións! – advertiu o camiñante.

  12. De ningunha maneira! – resolveu o home • En realidade, fannos un gran favor, porque alí quedan tódolos que son capaces de abandoar aos seus mellores amigos… Paulo Coelho.

  13. Xamais abandones aos teus verdadeiros Amigos aínda que eso che produza inconvenientes persoais. • Se eles estiveron dándoche o seu amor e compañía tes contraída unha deuda: Non abandonalos nunca”. • Porque: Facer un Amigo éunhaGracia,Ter un Amigo éun Don,Conservar un Amigoé unhaVirtude,Ser o Teu Amigo!É un Honor…

More Related