1 / 15

INNOVACIÓN AGRÍCOLA, ACCIÓN COLECTIVA E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

INNOVACIÓN AGRÍCOLA, ACCIÓN COLECTIVA E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE. Alfredo Macías Vázquez Departamento de Historia e Institucións Económicas Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. CARACTERÍSTICAS ESTRUCTURAIS DO MEDIO RURAL.

ellard
Télécharger la présentation

INNOVACIÓN AGRÍCOLA, ACCIÓN COLECTIVA E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. INNOVACIÓN AGRÍCOLA, ACCIÓN COLECTIVA E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE Alfredo Macías Vázquez Departamento de Historia e Institucións Económicas Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

  2. CARACTERÍSTICAS ESTRUCTURAIS DO MEDIO RURAL • Actividade produtiva difusa no territorio (SIAL) • Predominio das PEMES • Presenza de coñecementos e saberes tácitos, non codificados • Resistencia social ao cambio • Envellecemento da poboación, emigración e perda de recursos humanos • Deterioro medioambiental, resultado da intensificación dos cultivos (erosión, contaminación,...) • Deficiencias nas infraestruturas de transporte e comunicación

  3. DINÁMICA DO DESENVOLVEMENTO AGRARIO • O sector agrario posibilita a integración dos demais compoñentes do mundo rural, o desenvolvemento rural non é unha alternativa á agricultura • A competitividade das explotacións agrarias basease na capitalización, no uso crecente de insumos • O crecemento das rendas agrarias en orixe presenta restricións medioambientais • As políticas agrarias deixan de basearse en criterios produtivistas e proteccionistas, e cobran maior relevancia a sostenibilidade e a seguridade alimentaria

  4. SITUACIÓN DOS MERCADOS AGROALIMENTARIOS • Saturación dos mercados, os prezos relativos e a renda perderon importancia na explicación do comportamento da demanda, fronte a factores de diferenciación do consumo de carácter sociocultural e dietéticos • Distribución comercial altamente concentrada, con gran poder de mercado • Dous tipos de estratexias competitivas desde o lado da oferta: liderazgo en costos e creación de valor, baseada na diferenciación en calidade

  5. INNOVACIÓN TECNOLÓXICA Agraria Agroindustrial INNOVACIÓN ORGANIZATIVA Calidade Comercialización FACETAS DAINNOVACIÓN AGROALIMENTARIA

  6. INNOVACIÓN TECNOLÓXICA AGRARIA • Sistemas de cultivo (laboreo tradicional, non laboreo, cuberta vexetal,...) • Tratamentos fitosanitarios • Fertilización • Semellas melloradas (OMX) • Regadío e plantacións intensivas • Recolección e transporte • Instrumentos de traballo agrario • Tracción mecánica

  7. INNOVACIÓN TECNOLÓXICA AGROINDUSTRIAL • Sistemas de producción (refinación, destilación, pasteurización, fermentación,…) • Maquinaria • Liñas de envasado • Laboratorios de análise • Almacéns, bodegas e depósitos • Sistemas de limpeza e hixiene • Tratamento de residuos • Obtención de subprodutos

  8. RESULTADOS TECNO-ECONÓMICOS • Crecemento da produtividade do traballo (mecanización) e da terra (insumos químico-biolóxicos) • Relacións máis asimétricas na cadea agroalimentaria, en prexuízo dos agricultores. Non sempre o incremento dos costos pódese trasladar a prezos, co conseguinte deterioro da renda agraria • Mellora na calidade organoléptica dos alimentos, aínda coa aparición de crises alimentarias e a detección de residuos químicos na produción final • Deterioro medioambiental

  9. DOUS PROBLEMAS • ¿Cómo captar unha maior marxe de valor agregado a nivel do SIAL? • Non parece que a estrutura asimétrica de mercado permita recompensar os esforzos en innovación. • ¿Cómo acadar un desenvolvemento sostible? • Non parece que coa difusión de innovacións tecnolóxicas dirixida polas casas comerciais cambie a dinámica.

  10. DÚAS ESTRATEXIASDE INNOVACIÓN ORGANIZATIVA • ORGANIZACIÓN COLECTIVA DA CALIDADE • Denominacións de Orixe • Indicacións Xeográficas Protexidas • Agricultura Ecolóxica • Producción Integrada • COMERCIALIZACIÓN EN COMÚN • Cooperativas de segundo e terceiro grao • Promocións conxuntas • Comercio electrónico • Comercio Xusto

  11. FUNCIONALIDADE INSTITUCIONAL DAORGANIZACIÓN COLECTIVA DA CALIDADE • Sistemas de aseguramento da calidade para os distribuidores, creando relacións máis estables na cadea agroalimentaria (trazabilidade) • Protección xurídica das rendas de diferenciación do produto • Fixación dos atributos organolépticos para que o produto obteña os estándares de referencia, protagonismo dos produtores rurais no control de calidade • Fomento dos procesos de cooperación entre os axentes rurais, e coas administracións públicas (centros de I+D+i, servizos de extensión agraria, ...)

  12. FUNCIONALIDADE ECONÓMICA DAORGANIZACIÓN COLECTIVA DA CALIDADE • Incrementar o valor agregado dos produtos agroalimentarios mediante a obtención de rendas de diferenciación • Fortalecer a captación territorial de valor agregado por parte dos sistema rurais de produción • Reducir os costos de transacción asociados ao mantemento da seguridade alimentaria e ao control de calidade (trazabilidade) • Mellorar o acceso directo aos liñais da grande distribución comercial, con etiquetado e marcas propias que permitan a obtención dun prezo máis elevado polos produtos

  13. DIFUSIÓN DE INNOVACIÓNS TÉCNICAS EORGANIZACIÓN COLECTIVA DA CALIDADE • Necesidade de vincular as estratexias de innovación tecnolóxica coas dinámicas de calidade na produción agroalimentaria • Tradicionalmente, a difusión de innovación técnicas no medio rural foi protagonizada polas casas comerciais • Mediante mecanismos de cooperación interinstitucional, liderados polas organizacións colectivas da calidade, pódese orientar a difusión de innovacións, intensificando a incorporación de novas tecnoloxías respectuosas do entorno ambiental e comprometidas coa seguridade alimentaria

  14. PROTAGONISMO INNOVADOR DA ORGANIZACIÓN COLECTIVA DA CALIDADE • As organizacións colectivas da calidade poden mobilizar iniciativas innovadoras, poden ser vectores de innovación propiamente ditos • E o máis importante, poden codificar o coñecemento tácito tradicional, permitindo a apropiación dos beneficios por parte dos produtores rurais e impedindo unha distribución desigual das ganancias entre os mesmos • Estas organizacións xogan un papel central na hibridación dos saberes tradicionais coas novas tecnoloxías e os novos coñecementos en materia de calidade, medio ambiente e produción agroalimentaria

  15. DESAFÍOS DOS PROCESOS DE INNOVACIÓN NO MUNDO RURAL • Continuar orientando a innovación tecnolóxica cara a mellora da produtividade, pero tendo en conta a súa sostenibilidade ambiental e a seguridade alimentaria • Tomar conciencia da existencia de procesos de innovación aínda pendentes en materia organizativa, pois parece claro que a innovación tecnolóxica como tal non representa unha condición suficiente desde o punto de vista da captación territorial dunha maior marxe de valor agregado

More Related