1 / 1

DINÁMICAS DA AGRICULTURA ECOLÓXICA EN GALICIA 3 Evolución da superficie por tipo de cultivo

DINÁMICAS DA AGRICULTURA ECOLÓXICA EN GALICIA 3 Evolución da superficie por tipo de cultivo Grupo de Investigación Agricultura Ecolóxica e Agroecoloxía.

finnea
Télécharger la présentation

DINÁMICAS DA AGRICULTURA ECOLÓXICA EN GALICIA 3 Evolución da superficie por tipo de cultivo

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. DINÁMICAS DA AGRICULTURA ECOLÓXICA EN GALICIA 3 Evolución da superficie por tipo de cultivo Grupo de Investigación Agricultura Ecolóxica e Agroecoloxía Nos seguintes gráficos imos a analizar a evolución da Agricultura Ecolóxica galega atendendo á superficie por tipo de cultivo. Ademais observaremos como evolúe a superficie ecolóxica con respecto á Superficie Agraria Utilizada (SAU) Cando analizamos a superficie de Agricultura ecolóxica por tipo de cultivo, podemos observar como máis do 80% desa superficie corresponde a pastos, praderías e forraxes. Se ademais contamos co 9% de superficie de bosque e recolección silvestre, só queda un 10% restante de superficie para o resto de cultivos. A pesares de teren pouca superficie en comparación cos pastos, praderías e forraxes, resulta interesante observar a evolución a nivel de superficie de cultivos como as froiteiras, as hortalizas e tubérculos, cereais, leguminosas e outros, para poder ver as tendencias que seguen nos derradeiros anos. Fonte: Enquisa sobre a Estrutura das explotacións Agrarias e MAPA A importancia da superficie destinada a produción ecolóxica con respecto á Superficie Agraria Utilizada está a medrar nos derradeiros anos. Sen embargo en Galicia todavía non chega ós níveis da media estatal. En Galiza o valor sitúase en torno ó 1,5% namentres que no estado acada perto do 4%. Fonte MAPA A superficie de Agricultura Ecolóxica destinada a pastos, praderías e forrraxes en Galicia medrou dun xeito espectacular, pasando dunhas 1300 hectáreas no 2001 ate perto de 9000 no ano 2007. Este tipo de cultivo é o hexemónico en canto a hectáreas en Galicia e semella continuar coa súa tendencia crecente. Fonte MAPA O segundo cultivo en canto a sperficie é o de bosque e recolección silvestre. Como podemos observar o incremento é importante pasando dunhas 400 hectareas no 2001 ate case 1000 no 2007. Sen embargo, despois do grande aumento producido entre o 2004 e o 2005 parece que a superficie tende a crecer paseniñamente. Fonte MAPA Cereais, leguminosas e outros e hortalizas e tubérculos son cultivos ecolóxicos que semellan non despegar en Galicia. Os cereais e leguminosas tiveron un forte incremento do 2003 ó 2004, pero dende entón a superficie mesmo disminuiu. As hortalizas e tubérculos parece que dende o 2005 teñen unha tendencia lenta pero constante a medrar en superficie. Fonte MAPA A superficie destinada a árbores froiteiras medrou dun xeito importante nestes anos, pasando das 76 hectáreas do 2001 ate as 323 hectáreas do 2007. Fonte MAPA

More Related