1 / 76

Alexandre Bóveda: vida, paixón e morte por Galiza

Alexandre Bóveda: vida, paixón e morte por Galiza. VIDA: Nacemento. Naceu en Ourense o 4 de xuño de 1903 Pai carpinteiro e nai costureira Pai : Xoán Bóveda Valcárcel, despedido nunha folga de 1901, emigrou a Bilbao e Arxentina, voltou e montou carpintería. Nai: Luísa Iglesias.

july
Télécharger la présentation

Alexandre Bóveda: vida, paixón e morte por Galiza

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Alexandre Bóveda: vida, paixón e morte por Galiza

  2. VIDA: Nacemento • Naceu en Ourense o 4 de xuño de 1903 • Pai carpinteiro e nai costureira • Pai : Xoán Bóveda Valcárcel, despedido nunha folga de 1901, emigrou a Bilbao e Arxentina, voltou e montou carpintería. • Nai: Luísa Iglesias. • Sete fillos, el é o terceiro.

  3. VIDA: Pais e irmáns O Pai A Nai, cos seus netos Enrique e Ánxeles Cuña, fillos de Xela Alexandre coa súa irmá Pilar retratados por un fotógrafo ambulante (1932)

  4. VIDA: Estudos • Estudia Primaria na anexa a Maxisterio. • Cursos de peritaxe mercantil no colexio dos irmáns Villar • Ía á Coruña aos exames de Comercio. • Estudaba francés e debuxo noutros centros ourensáns.

  5. VIDA: Estudos e lecer • Estudos musicais na Coral de Ruada e no Orfeón a Unión Ourensá. • Estudos de debuxo no Círculo Católico. • Participaba no “Oratorio festivo” dos Salesianos. • Foi capitán do Remedios F.C. e estivo ligado ao Royal e ao Galicia F.C.

  6. VIDA: Siareiro do fútbol Bóveda co Royal F.C. Agrupación Cultural Alexandre Bóveda

  7. VIDA: Integrante de coros Bóveda co Orfeón Unión Ourensá Agrupación Cultural Alexandre Bóveda

  8. VIDA: Momento importante • Anécdota: burgués que ve ao seu pai lendo e di “Ata os obreiros len!” Agrupación Cultural Alexandre Bóveda

  9. VIDA: Oposicións • Púxose a preparar as oposicións de Madrid. • Fracasa no primeiro intento. • Prepáraas na Academia Reus (Madrid) e aproba. • Obtén o nº1 da oposición a Auxiliares de Contabilidade do Estado.

  10. VIDA: Preparando as oposicións en Madrid Bóveda cos compañeiros da Academia Reus

  11. VIDA: Oposicións • Está catro anos na Delegación de Facenda de Ourense. • Obtén o nº5 da oposición para dez prazas do Corpo Pericial de Contabilidade do Estado. • José Calvo Sotelo (ministro de Facenda daquela) ofrécelle traballo nos ministerios. • Pide destino en Pontevedra (1927) como Xefe de Contabilidade de Facenda.

  12. VIDA: Funcionario en Pontevedra Bóveda cos compañeiros da Delegación de Facenda de Pontevedra Agrupación Cultural Alexandre Bóveda

  13. VIDA: Casamento • Cantaba na Coral Polifónica. • Amalia Álvarez Gallego e tres irmáns dela (Felipe, Xosé María e Lolita) tamén cantan alí. • Ennoivan en 1929. • Casan o 29 de outubro de 1930 na igrexa do mosteiro dos Mercedarios (Poio).

  14. VIDA: Familia • Abre casa en Poio en 1934. Antes viviran noutros tres domicilios. • Vive coa familia unha relixiosidade ilustrada e de practicante responsable. • Tivo cinco fillos: Xela, Alexandro, Xosé Luís, Lola e Amalia (póstuma).

  15. VIDA: Casa familiar Casa familiar en Poio

  16. VIDA: Muller e fillos Amalia e os cinco fillos

  17. VIDA: A Pontevedra adoptiva • 1928: Daniel de la Sota (presidente da Deputación) pídelle axuda para poñer en marcha o Servicio de Cédulas da Deputación, e en 1930 encárgalle unha mellora dese mesmo Servicio. • 1930: Pon a funcionar a Caixa de Aforros de Pontevedra (como director fundador). • Anima a Sociedade Filharmónica. • Simpatiza co Eiriña F.C.

  18. VIDA: A Pontevedra adoptiva • Participa nas actividades do Museu de Pontevedra e da Misión Biolóxica de Cruz Gallástegui. • 1935: Funda xunto co farmacéutico Rubira e o médico Ramón Obella o Instituto Bioquímico Miguel Servet en Vigo, co obxectivo de explotar dez patentes farmacéuticas fornecidas por Obella. Obella e parte do seu equipo fuxen a Portugal e voltan en 1939, e co apoio dos irmáns Fernández López fundan Zeltia.

  19. VIDA: O matrimonio Amalia de cativa Bóveda antes dos 20 anos

  20. VIDA:O matrimonio Nas Palmeiras de Pontevedra Camiño do fútbol en Pontevedra

  21. VIDA: O matrimonio Na fonte da Ferrería En Pontevedra

  22. VIDA: O matrimonio Nun barco na ría de Pontevedra En Pontevedra

  23. VIDA: Os fillos Cunha das fillas no colo Diante da capela do Santiaguiño do Burgo

  24. VIDA: A familia Con familiares en Baión (Vilanova de Arousa)

  25. VIDA: Fotografías varias

  26. PAIXÓN: Galeguismo en Pontevedra • Ao comezo dos anos 20, coñece a Risco e as súas teorías do nacionalismo e escribe un artigo sobre a liña de ferrocarril Ourense-Zamora en “La Zarpa” de Basilio Álvarez. • Chega no ano 27 á Pontevedra intelectual e de emerxente actividade política • Coñece a Castelao e Losada Diéguez. • Alterna con Filgueira Valverde, Xerardo Álvarez Gallego, Iglesias Vilarelle, Álvaro Xil, Evaristo Mosquera.... • Tertulias no Méndez Núñez (A Peregrina) e no Café Moderno (Praza San Xosé)

  27. VIDA: Tertulia do Café Moderno Estatuas en Pontevedra

  28. PAIXÓN: O xerme do PG • O 25 de xullo de 1930 na Barxa (Vigo) xúntanse uns 300 simpatizantes do nacionalismo galego para deseñar unha campaña de sensibilización. Están Otero Pedrayo, Gómez Román, Enrique Peinador, Ánxel Casal, Castelao, Ramón Cabanillas, Núñez Búa.... • Xuntanzas en Lestrove e Barrantes artellaron pactos e proxectos • 1930: O Seminario de Estudos Galegos pídelle colaboración no proxecto de Estatuto galego

  29. PAIXÓN: Xantares galeguistas Xantar galeguista da Barxa (Vigo)

  30. PAIXÓN: A chegada da II República • Chega a República o 14 de abril de 1931. • Obteñen escano os galeguistas Castelao (Pontevedra) e Otero Pedrayo (Ourense) e Suárez Picallo e Antón Villar Ponte (ORGA). • A Constitución de 1931 é republicana e progresista, pero NON federal.

  31. PAIXÓN: Fundación do PG • Entre o 5 e o 6 de decembro de 1931 fúndase o Partido Galeguista. • Na Asemblea constituínte, xuntáronse en Pontevedra representantes de 32 agrupacións que reunían uns 700 asistentes, que acordan unha Declaración de Principios.

  32. PAIXÓN: Declaración de Principios do PG (I) • Autodeterminación política de Galicia • Antiimperialismo • Igualdade de dereitos políticos para a muller • Supresión das Deputacións provinciais e recoñecemento da parroquia • Concerto económico co Estado e reforma tributaria

  33. PAIXÓN: Declaración de Principios do PG (II) • Cooficialidade do galego • Reinstauración do dereito foral • Creación dun Tribunal Superior de Xustiza de Galicia • Reforma agraria: supresión dos foros, melloras e fomento do cooperativismo • Recoñecementos dos dereitos sindicais

  34. PAIXÓN: A Dirección do PG • A dirección do Partido Galeguista: • Voz sen voto (Castelao, Otero Pedrayo, Suárez Picallo) • Secretario Xeral (Pedro Basanta) • Secretario Técnico (Filgueira Valverde) • Secretario de Organización (Alexandre Bóveda sempre, agás un ano que foi Secretario Xeral) • Secretario de Propaganda (X. Núñez Búa).

  35. PAIXÓN: Bóveda no PG • A preocupación máxima de Bóveda era o PG, era o “motor de explosión” do PG, segundo Castelao. • O PG pasou de minorías (700) a masas (3.000), con grupos en Madrid, Bos Aires e Barcelona. • No 1932 impulsa a creación das Mocidades Galeguistas, e no 34 a Federación. • A Nosa Terra convértese no boletín do PG.

  36. PAIXÓN: Distribución profesional dos afiliados do PG • Labregos: 27% • Artesáns e autónomos: 13% • Estudantes: 8,5% • Empregados e dependentes de comercio: 8,5% • Obreiros e xornaleiros: 8% • Empresarios medios e pequenos: 6% • Menor presenza de mariñeiros, artistas e intelectuais, aínda que estes últimos moi importantes cualitativamente

  37. PAIXÓN: Ponencia para a redacción do Estatuto • A 1ª Asemblea pro-Estatuto foi convocada o 4 de xuño de 1931 na Coruña; presentáronse tres anteproxectos e dúas ponencias, o mellor foi o do SEG. Pero a Asemblea non aceptou ningún, e encargou unha ponencia. • A Asemblea de Concellos de Galiza, celebrada o 3 de maio de 1932, en Santiago, creou unha comisión para redactar o Estatuto. • Estaba formada por nove poñentes, cinco deles galeguistas, que traballaron durante 5 meses, reuníndose os sábados en Santiago.

  38. PAIXÓN: Asemblea pro-Estatuto • Foi aprobado na Asemblea de Concellos de Galiza do 17 ao 19 de decembro de 1932. • Bóveda defendiu Economía e a cooficialidade do galego, e dixo o discurso final. • Foi aprobado polo 77% dos delegados (representaban ao 85% da poboación). • A preparación da Campaña do Estatuto supuxo: revitalización das parroquias, PG máis interclasista, pedirlle á intelectualidade e á Igrexa a cooficialidade do idioma.

  39. PAIXÓN: Mitins e homenaxes Homenaxe a Castelao en Lugo (1932) Nun mitin galeguista

  40. PAIXÓN: Desterro no “Bienio Negro” • Chega o bienio negro de Lerroux (P. Radical) e Gil Robles (CEDA). • A finais de outubro de 1934, Castelao é desterrado a Badaxoz e Bóveda a Cádiz, é censurada ANT, hai inspección de locais, destitucións. • Alexandre Bóveda perde ingresos secundarios, sufre soidade, un expediente. • PG: Filgueira Valverde crea Dereita Galeguista, Álvaro das Casas tamén marcha.... • O 12 de xuño de 1935 é enviado a Madrid; o 19 de outubro de 1935 a Vigo; finalmente en febreiro de 1936 volve a Pontevedra de novo despois de permutar o traslado cun compañeiro a Vigo.

  41. PAIXÓN: Desterro en Cádiz Única foto de Bóveda no desterro andaluz

  42. PAIXÓN: Eleccións do 36 • Lerroux deixara o posto a Portela Valladares. • Bóveda pactara alianza con Azaña para ir na FP • En xaneiro do 36, na II Asemblea do PG acórdase iso, non ir co P. Centro de Portela Valladares. • Lista do PG: Castelao, Suárez Picallo, Antón Villar Ponte e Bóveda. • Bóveda pugna en Ourense con Calvo Sotelo. Gana éste, hai “pucheirazo”, pero parece que iso garante a paz republicana.

  43. PAIXÓN: Obra fiscal de Bóveda • Convenio económico co Estado, maltrato fiscal, creación do Banco de Galiza , dirixido e avalado pola Xunta. • Banco de Galiza: • Ordenaría o creto mariñeiro, agrícola, industrial e mercantil • Faríase cargo de servizos recaudatorios galegos • Desempeñaría as funcións de Caixa da Administración Galega • Prestaría outros servizos de banca pública

  44. PAIXÓN: Campaña pro-Estatuto • En febreiro do 36, o triunfo da FP fai posible o referendum do Estatuto. • Campaña: • Castelao (Pontevedra) • Suárez Picallo e Antón Villar Ponte (A Coruña) • Xerardo Álvarez Gallego (Lugo) • Alexandre Bóveda (Ourense) • O 3 de marzo de 1936 morre Antón Villar Ponte, supón un duro golpe.

  45. PAIXÓN: Referendum do Estatuto • Referendum o 28 de xuño de 1936. • Nos 15 días anteriores: carteis de Castelao, Luís Seoane, Camilo Díaz Baliño e Carlos Maside; traballo das Mocidades Galeguistas, Xuventudes Socialistas, Dereita Galeguista. • Aprobado con máis do 99% dos votos emitidos. Quorum é sobrepasado en case 100.000 votos.

  46. PAIXÓN: Plebiscito do Estatuto Mitin polo plebiscito do 36 en Lugo

  47. PAIXÓN: Adversarios ao Estatuto • Os adversarios buscaban a abstención • Prensa: • a prol (Pueblo Gallego, de Portela Valladares) • neutral (La Voz de Galicia) • en contra (Faro de Vigo, La Región, El Ideal Gallego)

  48. PAIXÓN: “Sorte” do Estatuto • O Estatuto atíñase á Constitución do 31: refunde as catro deputacións provinciais, recoñece a parroquia, presidente elixido por sufraxio universal, cooficialidade do galego, vixencia do Dereito Civil galego. • Foi presentando en Cortes o 15 de xullo de 1936 por alcaldes, presidentes da Deputación e deputados (Bóveda non). • En 1945 o Goberno Republicano no exilio mexicano aproba a “Comisión do Estatuto galego”.

  49. PAIXÓN: Caricaturas de Maside

  50. PAIXÓN: Caricaturas de varios autores Maside Zeus Maside

More Related