1 / 41

IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA

IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA. Vigo 8 de Marzo de 2007. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA. SELECCIÓN, CONTRATACIÓN Os sistemas de selección de persoal deberán ser obxectivos.

komala
Télécharger la présentation

IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA Vigo 8 de Marzo de 2007

  2. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA SELECCIÓN, CONTRATACIÓN • Os sistemas de selección de persoal deberán ser obxectivos. Art. 10º.- As empresas, previamente ao ingreso poderanlles realizar ós interesados as probas de selección, prácticas e psicotécnicas, que consideren precisas para comprobar se o seu grado de aptitude e a súa preparación son axeitadas á categoría profesional e posto de traballo que vaian desempeñar. (Construcción. Carpintería, ebanistería e actividades afíns)

  3. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA SELECCIÓN E CONTRATACIÓN • Eliminar posíbeis discriminacións indirectas. Aptitudes e actitude. Dispoñibilidade horaria e xeográfica. Forza física. Antigüidade. Desempeño de postos similares,...

  4. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA SELECCIÓN E CONTRATACIÓN • Acción positiva. Art.6. Terán dereito preferente para o ingreso, en igualdade de méritos, quen desempeñe ou desempeñase funcións na empresa con caracter eventual en calquera das súas modalidades. Terán preferencia as persoas do xénero menos representado no grupo profesional que se trate. Art. 17 A empresa comunicará aos representantes dos traballadores o posto ou postos de traballo que se vaian a cubrir e condicións que deberán reunir os aspirantes. Os representantes dos traballadores poderán emitir informes ao respecto e velarán pola súa aplicación obxectiva, así como pola non discriminación da muller no ingreso ao cadro de persoal. (Aludec Ibérica art.6)

  5. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA SELECCIÓN E CONTRATACIÓN • Acción positiva. (Art. 43. De acordo có establecido legalmente, mediante a negociación colectiva poderanse establecer medidas de acción positiva para acceder ás mulleres ao emprego e a aplicación efectiva do principio de igualdade de trato e non discriminación nas condicións de traballo entre homes e mulleres)

  6. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA SELECCIÓN E CONTRATACIÓN • Contratación temporal e a tempo parcial Regular a obriga de completar a xornada das persoas a tempo parcial ou converter contratos definidos en indefinidos sempre que haxa necesidade de persoal na empresa.

  7. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA SELECCIÓN E CONTRATACIÓN • Contratación temporal e a tempo parcial Prever a conversión de temporais en indefinidos. O Art. 31 de Viza automoción 1. Conversión de contratos eventuais de Viza en contratos indefinidos. Durante a vixencia deste convenio colectivo procederase á conversión de contratos temporais de Viza en indefinidos, de acordo cos pactos acadados durante as negociacións deste convenio, e que supoñen pasar dun 65% a un 70% de emprego indefinido, sempre que se cumpran as circunstancias acordadas e reflectidas nas actas das negociacións deste convenio

  8. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA SELECCIÓN E CONTRATACIÓN • Contratación temporal e a tempo parcial Establecer limites á contratación temporal. Art.8.- As partes asinantes do presente convenio, en aras dunha maior estabilidade no emprego, acordan fomentar a contratación indefinida, establecendo como plantilla fixa mínima das empresas para o ano 2006 dun 35% da plantilla total para o 2007 dun 45% e para o ano 2008 dun 50% entendendo por plantilla total a media dos últimos 24 meses. Metal sen convenio propio provincia de Pontevedra.

  9. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA SELECCIÓN E CONTRATACIÓN • Contratación temporal e a tempo parcial Mellorara as indemnizacións para finalización dos contratos non indefinidos. Art.23º.- A empresa aboará aos traballadores con contratos non indefinidos polo concepto de indemnización unha compensación de eventualidade equivalente ao importe de 20 días de salario por ano traballado. Esta indemnización será percibida cando finalice o seu contrato eventual aínda que cese voluntariamente ou fose despedido. Asientos de Galicia S.L.

  10. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA PROMOCIÓN • Non deixar nas mans da patronal o sistema de promocións e ascensos. Art 5ª.Rexeranse por este convenio colectivo o persoal que preste servizo no centro de traballo coas excepcións seguintes: a)Cargos de alta dirección e servizo Nestlé Pontecesures Art. 28º. Ascensos. Procedemento 1.Os ascensos dos traballadores a tarefas ou postos de traballo que impliquen mando ou confianza especial, serán de libre designación e renovación pola empresa. Construcción

  11. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA PROMOCIÓN • Revisar que os criterios non constitúan discriminacións indirectas • Incluír representación porcentual obrigatoria nos postos de responsabilidade (30%)

  12. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA RETRIBUCIÓNS Evitar que as categorías peor pagadas aparezcan en femenino: • Dalphimetal España S.A.: LIMPIADORAS. • Derivados del cemento: MUJERES DE LA LIMPIEZA. • Sai Automotive Lignotock S.A.: Cocineras e secretarias.

  13. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA RETRIBUCIÓNS • Recoller de forma expresa o principio de igualdade retributiva. -Art. 72. “Plena paridade do home e a muller nos aspectos salariais”. Caberías conductoras • Complementos salariais: Antigüidade; nocturnidade; turnicidade; xefatura, dirección e mando; dispoñibilidade. • Garantir que as normas abranguen a todas as categorías Art.4. c) Os pertencentes aos grupos técnicos, administrativos e subalternos no relativo exclusivamente a retribucións.... Nestle España, S.A. • Sistemas de retribución transparentes. Acceso a dados de retribución desagregados por sexos e categoría profesional.

  14. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA FORMACIÓN • As persoas con persoas ao seu cargo teñen peor acceso á formación • As formación non sempre vai ligada ao ascenso Art.19. Potenciarase a política de formación para posibilitar: un mellor desenvolvemento profesional do posto de traballo, a adecuación de recursos humans aos cambios organizativos e tecnolóxicos, o desenvolvemento dun mando e unha toma de decisións máis participativa, a creación de novas expectativas de as censo ou adaptación de novos empregados. Copo Ibérica

  15. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA CONCILIACIÓN:Permisos retribuídos • Recoller os permisos existentes: Art.37. 4 Bis. Nos casos de nacementos de fillos prematuros ou que por calquera causa, deban permanecer hospitalizados a continuación do parto, a nai ou pai terán dereito a ausentarse do traballo durante unha hora. Así mesmo terán dereito a unha redución de xornada de traballo ate un máximo de dúas horas, coa diminución proporcional do salario Estatuto dos traballadores

  16. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA CONCILIACIÓN:Permisos retribuídos • Mellorara os días de permisos retribuídos: Art.32º. B) Tres días laborais no caso de nacemento de fillo/a (adopción ou acollemento). Empresas do metal sen convenio propio da provincia de Pontevedra. Art. 26º b) Parto esposa: 3 días naturais. Nestlé España S.A. Art. 22º 2. a) Nacemento ou adopción de fillos, enfermidade grave de cónxuxe ou fillo: 4 días. No caso de complicacións no parto 5 Días. Carpintería, Ebanistería e actividades afíns.

  17. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA CONCILIACIÓN:Permisos retribuídos • Permitir o gozo de certos permisos de forma discontinuada: Art. 49... En todos os supostos de licencias contempladas neste artigo o inicio do desfrute da licenza debe coincidir co inicio do feito causante agás nos casos de hospitalización nos que a licenza poderá ser desfrutada posteriormente, pero sempre o cando nese momento persista o feito causante, é dicir, a hospitalización do parente ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade, podendo desfrutarse neste último caso, a elección do traballador, en días sucesivos ou non sempre que medie o suficiente preaviso. Estatal industrias químicas.

  18. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA CONCILIACIÓN:Permisos retribuídos • Incluír novos permisos: Art. 10 h)Consulta médica: Polo tempo indispensábel, sempre que estean suficientemente documentados polo servizo médico correspondente, debendo aparecer no parte de asistencia a hora de consulta alén da sinatura e selo do correspondente Centro de Saúde, Hospital, etc. Asemade serán consideradas horas de médico 8 horas sempre que sexan documentadas con un P10 estendido polo Centro Sanitario. Estas horas de ,médico serán tamén para acompañar a familiares a cargo do traballador. Neste caso as horas deberanse documentar do mesmo xeito descrito anteriormente. Dalphimetal España

  19. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA CONCILIACIÓN:Permisos retribuídos • Equipara os dereitos do matrimonio ás parellas de feito: Art. 23....As referencias ao cónxuxe contidas neste artigo esténdense ás parellas de feito, se hai un coñecemento previo por parte da empresa garantido mediante un certificado de convivencia expedido polo concello de residencia. Envases metálicos de Vigo, S.A.L.

  20. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA CONCILIACIÓN:Lactación • Acumulación das horas de lactación. Propostas da Lei de igualdade que modifica o art. 37 b) no ET As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas faccións. A duración do permiso incrementarase proporcionalmente nos casos de parto múltiple. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha redución da súa xornada en media hora coa mesma finalidade ou acumulalo en xornadas completas nos termos previstos na negociación colectiva ou no acordo ao que chegue có empresario respectando no seu caso, o establecido naquela.

  21. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA CONCILIACIÓN:Lactación • Acumulación das horas de lactación. Art. 9. i)... As traballadoras e traballadores, por lactación dun fillo menor de nove meses, poderán optar por acoller ao réxime anteriormente descrito por este motivo ou por ter dereito a acumular o permiso de maternidade, ao rematar o mesmo, un período de dúas semanas que, en caso de acollerse a esta posibilidade gozaranse inmediatamente despois da baixa maternal na súa totalidade. Provincial de limpeza de edificios e locais.

  22. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA CONCILIACIÓN:Lactación • Aumentar a suspensión até os 12 meses. Art. 12.10. Por lactación: as traballadoras, por lactación dun fillo menor de doce meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderán dividir en dúas fraccións. A/O traballador/a pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha redución de xornada normal nunha hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai no caso de que os dous traballen. COPO Ibérica S.A.

  23. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA CONCILIACIÓN:Reordenación do tempo de traballo A lei de igualdade propón engadir ao Art. 34 no apartado 8 que contemple esta materia. 8. O traballador terá dereito a adaptar a duración e distribución da xornada de traballo para facer efectivo o seu dereito á conciliación da vida persoal, familiar e laboral nos termos que se establezan na negociación colectiva ou no acordo que se chegue có empresario, no seu caso, o previsto naquela.

  24. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA CONCILIACIÓN:Reordenación do tempo de traballo Art. 13º. 2.Tamén lle corresponde á dirección da empresa combinar e cambiar postos de traballo, establecer e modificar quendas, adoptar novos métodos de traballo, utilización de máquinas e motorización de funcións, etc. Nestlé España

  25. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA CONCILIACIÓN:Reducción de xornada Modificacións da lei de igualdade no Art. 37. 5. • Amplíase a idade máxima de 6 a 8 anos. • Redúcese a 1/8 o límite mínimo de redución. • A indemnización por extinción do contrato ou despedimento será a que corresponda no xornada completa • Ampliación até 12 anos.

  26. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA CONCILIACIÓN:Excedencias • A lei de igualdade contempla: • Posibilidade de desfrute de xeito fraccionado da excedencia por coidado de fillo/a ou familiares. • Amplíase de un a dous anos a excedencia por coidado de familiares (podéndose ampliar na NC). • Redúcese a 4 meses a duración da excedencia voluntaria para o coidado de fillos/as. • Garantir que o período de excedencia compute a efectos de antigüidade como promocionais ou na xeración de complementos retributivos. • Garantir o dereito a reserva de posto de traballo.

  27. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA CONCILIACIÓN:Paternidade • A lei de igualdade introduce. • Un permiso de 13 días (que se suman aos días de licenza contemplados no convenio), é independente ao de maternidade.

  28. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA ACOSO SEXUAL E LABORAL • ACOSO SEXUAL: Calquera comportamento, verbal, físico, de natureza sexual que teña o propósito ou produza o efecto de atentar contra a dignidade dunha persoa, en particular cando se crea un entorno intimidatorio, degradante ou ofensivo. • ACOSO POR RAZÓN DE SEXO: Calquera comportamento realizado en función do sexo dunha persoa có propósito ou o efecto de tentar contra a súa dignidade e crear un entorno degradante, intimidatorio e ofensivo. • A aceptación dunha situación constitutiva de acoso sexual ou de acoso por razón de sexo considerase tamén discriminación por razóns de sexo.

  29. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA ACOSO SEXUAL E LABORAL Art. 57.Así, pódense identificar uns comportamentos concretos que, a título de exemplo, constitúen acoso sexual: • Insinuacións e comentarios molestos e/ou humillantes de contido sexual. • Comentarios obscenos e proposicións de carácter sexual, directas ou indirectas. • Cartas ou notas con contido sexual, que propoñan, inciten ou presionen para manter relacións sexuais. • Insistencia en comentarios despectivos ou ofensivos sobre a aparencia ou condición sexual do traballador/a. • Tocamentos, xestos obscenos ou rozamentos innecesarios. • Toda agresión sexual. Convenio estatal de grandes almacéns

  30. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA ACOSO SEXUAL E LABORAL Medidas específicas de prevención 1.As empresas deberán promover condicións de traballo que o eviten e arbitrar procedementos. 2. Poderanse establecer medidas que se deberán negociar coa representación de traballadoras e traballadores: • Códigos de boas prácticas • Campañas informativas • Accións de formación. 3.A representación sindical deberá contribuír a previr o acoso, informando a empresa das condutas que detecte e sensibilizando a traballadoras e traballadores. 4.É unha causa de despido disciplinario

  31. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA ACOSO SEXUAL E LABORAL Medidas específicas para a prevención do acoso. 1.Definilo e tipificalo nos convenios. 2.Establecer canles de denuncia e procedemento dentro da empresa coa participación da representación sindical. Garantindo sempre a confidencialidade do proceso.

  32. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA AXUDAS SOCIAIS • Premio a nupcialidade e natalidade. • Axuda familiar 8axuda minusvalía, protección familiar) • Axuda ao falecemento ou defunción e repatriación • Asistencia sanitaria 8gafas, lentillas, próteses e órteses) • Axuda escolar • Prestamos para adquisición de vivenda. • Planes e fondos de pensión e axuda a xubilación.

  33. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA AXUDAS SOCIAIS Axudas a creación ou pagamento de servizos para a conciliación: • Garderías. DISPOSICIÓN TRANSITORIA PRIMEIRA: A dirección da empresa apoiará a construción dunha gardería infantil, para a utilización dos fillos/as das traballadoras/es da empresa instaladas no polígono industrial, onde se atopa emprazada ADG. Asientos de Galicia, S.L. • Centros de día. • Residencias.

  34. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA AXUDAS SOCIAIS Art. 39º Contraprestación. Os traballadores en compensación as vantaxes económicas e sociais dimanantes do presente convenio colectivo, comprométense a seguir cumprindo o seu contido coa maior disciplina, óptima dilixencia e lealdade á empresa. Nestlé España.

  35. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA LINGUAXE SEXISTA • “As referencia a traballador que teñen ao longo do texto convido teñen carácter xenérico, no sentido que deben entenderse referidas a persoas da traballadora como do traballador” Peugeot Citroen Automóviles España S.A. • Regulan cuestións como: Dereito a intimidade, acosos, matrimonio, lactación, ou nos permisos en xeral. • O termo persoal no convenio de “Construcciones Navales Paulino Freire, S.A.” NO 50%. • Uso nas profesións feminizadas. No convenio de “Sector de mármores e pedras” recollemos secretaría de dirección fronte a enxeñeiro, piloto,...

  36. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA LINGUAXE SEXISTA Disposición adicional (Onde se fale do idioma) Introducir a utilización dunha linguaxe non discriminatoria ou non utilización dunha linguaxe sexista

  37. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA VIOLENCIA DE XÉNERO Introducir e desenvolver as modificacións que introduce no ET a Lei de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero: • Redución do tempo de traballo e posibilidade de cobro de desemprego no tempo reducido. • Reordenación do tempo de traballo. • Dereito preferente para a mobilidade xeográfica. • Non se computan as faltas de asistencia derivadas do feito e xustificadas con informe médico ou social. • Posibilidade de solicitar suspensión de contrato con reserva do posto.

  38. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA PLANS DE IGUALDADE Art. 45. Lei de igualdade As empresas están obrigadas a respectar a igualdade de de trato e de oportunidades no ámbito laboral, con esta finalidade deberán adoptar medidas dirixidas a evitar calquera tipo de discriminación laboral entre mulleres e homes, medidas que deberán negociar, e no seu caso acordar, coa representación sindical.

  39. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA PLANS DE IGUALDADE Empresas de máis de 250 persoas. Elaborara e implantar plans de igualdade: • Diagnóstico previo. • Conxunto ondeado de medidas. • Obxectivos, estratexias, practicas, temporalización e avaliación.

  40. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA PLANS DE IGUALDADE Empresas de menos de 250 persoas • Pactar na negociación colectiva a elaboración dun plan. • Introducir na Negociación colectiva medidas especificas para promover a igualdade de oportunidades:

  41. IGUALDADE PARA HOMES E MULLERES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA SAÚDE LABORAL

More Related