1 / 10

Algúns datos dos planetas do sistema solar

Algúns datos dos planetas do sistema solar. XÚPITER. MERCURIO. VENUS. SATURNO. URANO. NEPTUNO. TERRA. MARTE. Distancia media ao Sol (UA). 0,39. 0,72. 9,54. 19,18. 30,06. 1,00. 1,52. 5,20. Período de translación (años) . 0,24. 0,62. 29,46. 84,01. 164,79. 1,00. 1,88. 11,86.

marli
Télécharger la présentation

Algúns datos dos planetas do sistema solar

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Algúns datos dos planetas do sistema solar XÚPITER MERCURIO VENUS SATURNO URANO NEPTUNO TERRA MARTE Distancia media ao Sol (UA) 0,39 0,72 9,54 19,18 30,06 1,00 1,52 5,20 Período de translación (años) 0,24 0,62 29,46 84,01 164,79 1,00 1,88 11,86 Masa (Terra = 1) 0,06 0,82 95,1 14,5 17,2 1,00 0,11 317,8 Raio (Terra = 1) 0,38 0,95 9,42 4,10 3,88 1,00 0,53 11,2 Densidad media (auga = 1) 5,4 5,2 0,7 1,2 1,7 5,52 3,9 1,3 Período de rotación (días) 58,6 --243* 0,426 --0,72* 0,671 1 1,03 0,414 Satélites coñecidos 0 0 47 27 13 1 2 63 Lenda da táboa • Os anos referidos son terrestres. • A masa da Terra que se tomou como referencia é de 5,9736 . 1024 kg. • O raio da Terra tomado como referencia é de 6378 km. • A densidade da auga é de 1 g/cm3. • O asterisco indica que o sentido de rotación é horario. Actividades Terminar Nota: para ver algunhas características de cada planeta, fai clic sobre o seu nome.

  2. Características de Mercurio É o planeta máis cercano ao Sol; se miráramos ao Sol desde Mercurio, pareceríanos dúas veces e media máis grande que visto desde a Terra. A súa superficie parécese á da Luna, xa que está chea de cráteres e fendas, marcas ocasionadas polos impactos dos meteoritos. Como non ten atmosfera que poida dispersar a luz, se estivéramos sobre a súa superficie veríamos sempre negro o ceo. Esta falta de atmósfera fai que Mercurio teña moitos contrastes de temperatura. Cando lle dá o Sol, alcanza os 425 ºC, e nas zonas de sombra baixa ata os --170 ºC. Volve á táboa premendo o rato sobre este texto.

  3. Características de Venus É o terceiro obxecto máis brillante do ceo, despois do Sol e da Lúa; por iso se denominou luceiro da alba ou luceiro da tarde. É similar ao noso planeta en tamaño, masa, densidade e volume, pero non ten océanos. Ten moitos volcáns, ríos de lava e montañas. A súa densa atmósfera (CO2), provoca un gran efecto invernadoiro que incrementa a súa temperatura superficial ata os 480 ºC; por iso, non hai auga en forma líquida. Xira sobre o seu eixe moi amodo, en sentido contrario ao dos outros planetas, polo que nel, o Sol sae polo oeste e ponse polo leste. Volve á táboa premendo o rato sobre este texto.

  4. Características da Terra É o único planeta do sistema solar que ten as condicións necesarias para o desenvolvemento da vida: temperaturas medias de 15 ºC, auga líquida e unha atmosfera con osíxeno. A atmósfera, ademais de permitir a vida, protéxenos do impacto de meteoritos e das radiacións solares prexudiciais. Xira sobre o seu eixe cada 24 horas, e cada 365 días, aproximadamente, ao redor do Sol, o que provoca o día e a noite e as estacións respectivamente. Ten catro capas, das que obtemos os recursos naturais que necesitamos. Volve á táboa premendo o rato sobre este texto.

  5. Características de Marte Denomínase planeta vermello pola súa cor. A súa superficie parécese a algúns desertos da Terra, e posúe algunhas formacións xeolóxicas espectaculares, como o canón Valles Marineris, de 4000 km de lonxitude, ou o volcán Monte Olimpo, de 24 km de altura. Ten una atmosfera moi fina, composta de CO2 principalmente, que se conxela alternativamente en cada un dos polos. Crese que no pasado houbo auga ou algún outro fluído sobre a superficie de Marte. Os seus dous satélites, Fobos e Deimos, son dos máis pequenos do Sistema Solar. Volve á táboa premendo o rato sobre este texto.

  6. Características de Xúpiter É o planeta máis grande do Sistema Solar, ten máis materia que todos os outros planetas xuntos, e o seu volume é mil veces o da Terra. Ten moitos satélites, e catro deles (Io, Ganímedes, Calisto e Europa) foron descubertos por Galileo en 1610. A súa espesa atmosfera eés complexa e está composta de hidróxeno (90%) e helio (10%). Ten nubes e tempestades, polo que mostra franxas de diversas cores e algunhas manchas, como a Gran Mancha Vermella. Ten aneis formados por material rochoso, pero menos brillantes que os de Saturno. Volve á táboa premendo o rato sobre este texto.

  7. Características de Saturno Saturno é o único planeta con aneis visibles desde a Terra. Os seus aneis están formados por partículas cuxos tamaños van desde a medida microscópica ata anacos como unha casa. A súa atmosfera está composta por un 75% de hidróxeno, e un 25% de helio. É o único planeta que ten unha densidade menor que a auga. Se encontrásemos un mar suficientemente grande para poñer a Saturno enriba, flotaría. Ten moitos satélites, pero Titán é o maior deles, cun diámetro de 5150 km. Volve á táboa premendo o rato sobre este texto.

  8. Características de Urano É o terceiro planeta máis grande do Sistema Solar. A súa atmosfera está formada por hidróxeno, metano e outros hidrocarburos. Vese azul porque o metano absorbe a luz vermella. Rota en sentido horario, e o seu eixe de rotación é case paralelo ao plano da súa órbita. Así, Urano está inclinado de maneira que o ecuador fai case ángulo recto coa traxectoria da órbita. Posúe aneis, como os demais planetas gasosos, pero moi tenues. Os seus satélites máis grandes son Titania e Oberón, de tamaño similar (1580 e 1520 km de diámetro, respectivamente). Volve á táboa premendo o rato sobre este texto.

  9. Características de Neptuno É o máis exterior dos xigantes gasosos. O seu interior é rocha fundida con auga, metano e amoníaco líquidos, e o exterior é hidróxeno, helio, vapor de auga e metano, que lle confire a cor azul, ao igual que Urano. Ten os ventos máis fortes dos planetas do Sistema Solar; de feito, ao redor da Gran Mancha Escura acadan os 2000 km/h. Como o resto dos planetas gasosos, rodéano aneis. Ten varios satélites naturais, e o maior deles é Tritón, que ten máis do 99,5% da masa en órbita ao redor de Neptuno nos seus 2700 km de diámetro. Volve á táboa premendo o rato sobre este texto.

  10. Actividades 1 Responde as preguntas: 3 Fai un esquema cos satélites mostrados no texto • Que planeta é o luceiro da alba? • Cal é chamado planeta vermello? • Cal posúe os ventos máis fortes? • Cal ten menor densidade que a auga? • Onde está a Gran Mancha Vermella? • E o volcán Monte Olimpo? • Cal deles non ten atmósfera? 4 Infórmate acerca das dimensións do canón Vallis marineris e do Monte Olimpo. Pertencen ambas formacións xeológicas ao mesmo planeta? 5 A Gran Mancha Vermella é unha tormenta maior que o diámetro da Terra. Pescuda desde cantos anos vai que se observa e a velocidade dos ventos que é capaz de provocar. 2 Ordena os planetas de maior a menor: • Masa. • Densidade. • Tamaño. 6 As veces, a parte máis quente de Urano é un dos seus polos. A que cres que se debe?

More Related