1 / 7

As eclipses solares son un dos fenómenos naturais que máis curiosidade provocan no ser humano.

As eclipses solares son un dos fenómenos naturais que máis curiosidade provocan no ser humano.

merlin
Télécharger la présentation

As eclipses solares son un dos fenómenos naturais que máis curiosidade provocan no ser humano.

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. As eclipses solares son un dos fenómenos naturais que máis curiosidade provocan no ser humano. Pero a súa observación, contrariamente ao que puidera pensarse, non é sinxela. A radiación que emite o Sol é tan intensa que, aínda estando este case totalmente oculto pola Lúa, pode provocar danos irreparables nos nosos ollos.

  2. Se mirases o Sol directamente durante unha eclipse, aínda que só fose uns instantes, a radiación solar queimaría a túa retina e provocaríache unha cegueira permanente antes incluso de que puideses sentir dor. Por esta razón a visión directa do Sol só pode facerse se se utilizan cristais especiais de protección, como veremos máis adiante, pero nunca a simple vista, nin con lentes de Sol, telescopios, prismáticos nin calquera outro instrumento óptico.  Pero isto non significa que mirar ao Sol durante unha eclipse sexa máis perigoso ca noutros momentos; o que sucede é que durante o resto do tempo, se intentas mirar ao Sol, a alta intensidade da radiación solar fará que retires a vista do astro antes de que poidas sufrir danos.  Vexamos algúns métodos seguros para observar o Sol: 1. Métodos de proxección 2. Métodos de observación directa con protección

  3. 1. Métodos de proxección Esta é a forma máis segura de observar o Sol, xa que os nosos ollos nunca mirarán directamente ao Sol senón a unha imaxe formada nunha pantalla. Algúns métodos son: Cámara escura Este método consiste en fabricar unha cámara escura, que é unha caixa de cartón na que fixemos un pequeno burato nunha das súas caras laterais. O burato ten que ser o máis pequeno e o máis regular posible. Así, ao orientar o orificio cara ao Sol, formarase unha imaxe deste na parede oposta.

  4. 1. Métodos de proxección Cartolina De forma semellante ao método anterior, faremos un pequeno burato cunha agulla na cartolina e colocarémola de modo que faga sombra sobre o chan. No centro da sombra observaremos a imaxe do Sol producida ao atravesar os raios solares o burato. Para facer máis visible a imaxe, podemos intentar escurecer o contorno, colocando un tubo de cartón arredor desta.

  5. 1. Métodos de proxección Telescopio ou prismáticos Podemos utilizar estes instrumentos ópticos para proxectar a imaxe do Sol sobre unha pantalla, pero nunca para mirar o Sol a través deles, nin sequera para orientalos ou para tratar de enfocar a imaxe, xa que a nosa retina se danaría en só unha fracción de segundo. En ambos os casos, orientaremos o instrumento de modo que o ocular proxecte unha imaxe do Sol nunha parede ou sobre unha cartolina. Pode ser conveniente colocar outra cartolina a modo de parasol, para poder observar a imaxe con facilidade (tamén podemos intentar proxectar a imaxe nunha zona de sombra).

  6. 2. Métodos de observación directa con protección Estes métodos son seguros sempre que manteñamos a precaución de non mirar ao Sol en ningún momento sen protección, con especial coidado no momento de poñela ou quitala. E, pese a contar con esta protección, lembra que non debes mirar ao Sol durante máis de medio minuto, para evitar danar os teus ollos. A continuación veremos as formas máis eficaces de protección, pero lembra que, en caso de dúbida, é preferible esperar uns anos para ver a próxima eclipse a arriscarse a quedar cegado de forma irreversible.

  7. 2. Métodos de observación directa con protección Filtro de soldador Trátase dun material de forma rectangular que colocamos diante dos nosos ollos. É fácil de conseguir, pero debemos asegurarnos de que o seu nivel de protección sexa, polo menos, de número 14. Mylar aluminizado O Mylar é un plástico moi utilizado na fabricación de envases de produtos alimentarios. Con todo, non podemos utilizar calquera envase de Mylar como protector na observación do Sol; debemos asegurarnos de que se trata de Mylar aluminizado preparado para a observación solar. Lentes de eclipse Estas lentes están fabricadas especificamente para a observación solar e adoitan encontrarse nas ópticas nas datas próximas a un evento deste tipo.

More Related