1 / 54

o medio natural

o medio natural. OS ECOS ISTEMAS. A vida na Terra está organizada arredor da situación de equilibrio que se produce entre as condicións ambientais e a capacidade dos seres para sobreviviren e prosperar nelas. ORGANIZACIÓN DA VIDA NA TERRA.

nardo
Télécharger la présentation

o medio natural

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. o medio natural OS ECOSISTEMAS

  2. A vida na Terra está organizada arredor da situación de equilibrio que se produce entre as condicións ambientais e a capacidade dos seres para sobreviviren e prosperar nelas.

  3. ORGANIZACIÓN DA VIDA NA TERRA BIOSFERA: zona do planeta na que se desenvolve a vida. BIOMA: conxunto de seres adaptados a unhas características climáticas semellantes. ECOSISTEMA: conxunto formado polos seres vivos, o lugar onde viven e as condicións ambientais propias dese lugar. COMUNIDADE: conxunto de seres diferentes que viven nun lugar determinado. POBOACIÓN: conxunto de seres da mesma especie. INDIVIDUO: exemplar de cada especie de seres vivos.

  4. Os ecosistemas son a comunidade que forman os seres vivos e o espazo onde viven e se relacionan. Son sistemas organizados que teñen un equilibrio estable, mantéñense en funcionamento, sen intervención allea. Os ecosistemas son unha unidade formada por partes relacionadas de tal xeito que a modificación de un dos seus componentes implica, necesariamente, a alteración de todos os demais.

  5. ECOSISTEMA : poza ou lagoa BIOTOPO substrato mergullado e exterior (rochas e solo), auga dóce, aire, luz, calor... BIOCENOSE Animais (ras, lagartiño da auga, carpas, insectos, miñocas…). Vexetais (algas, espiga de auga, espadaina, ambroíño…).

  6. Cada biotopo presenta unhas características ambientais uniformes (determinadas polo clima) pero dentro del podemos atopar lugares que posúen características diferentes, que reúnen as condicións necesarias para a vida dunha especie determinada: son os hábitats.

  7. Dentro dos ecosistemas prodúcense modificacións provocadas polo movemento de individuos que chegan ou se van del, como consecuencia da reproducción dos seus poboadores ou o desprazamento de individuos procedentes doutras zonas. Para que un ecosistema se manteña en equilibrio é necesario que funcionen correctamente as relacións entre os seus elementos.

  8. RELACIÓNS ENTRE SERES DA MESMA ESPECIE Os individuos da mesma especie poden vivir íllados ou formar grupos (familias, manadas, colonias, sociedades). INDIVIDUOS SOLITARIOS. Abellón Lagarto Polbo

  9. Formigueiro SOCIEDADE: individuos entre os que se establece unha distribución de funcións. Vesporeiro

  10. Albatros. Colonia de cría. Colonia de miñocas de area.

  11. Manadas, rebaños, bandos, mandas, cardumes...

  12. Iguanas mariñas.

  13. Lobos mariños. Grupo familiar polígamo.

  14. Abatros Parella. Grupo familiar monógamo. Cegoñas

  15. Parella de corvos mariños coidando á cría.

  16. SIMBIOSE: relación de beneficio mutuo entre dúas especies alga fungo Lique. Agrupación simbiótica dun fungo e dunha alga

  17. COMPETENCIA: relación que se establece entre seres que conviven nun mesmo lugar e teñen necesidades semellantes. Para evitala os individuos marcan dalgún xeito o seu territorio (con sinais olfativas, sonoras ou visuais) Ave marcando o territorio co seu canto. Can marcando o territorio cos ouriños.

  18. DEPREDACIÓN: relación entre unha especie (depredador) e outra, (presa) da que se alimenta. Araña cazando. Corvo mariño pescando Araña cazando unha mosca

  19. PARASITISMO: é un xeito de depredación moi especializado no que o depredador explota á víctima. Os parásitos adoitan fixarse sobre os tecidos da víctima para extraerlle sustancias nutritivas (sangue dos animais, zumes dos vexetais...) Pulgóns. Aliméntase da saiba das plantas. Saculina carcini. Parásito dos cangrexos. Barba de raposo (Cuscuta epithymum). Unha planta que parasita ás outras alimentándose do seu zume.

  20. ALELOPATÍA: algúns vexetais producen substancias que impiden ou dificultan o desenvolvemento de outros seres. As follas dos eucaliptos producen unha substancia que non deixa medrar aos competidores.

  21. Fiúncho. Alonxa aos insectos do solo. Alcanforeiro. Produce substancias que alonxan aos insectos.

  22. COMENSALISMO: especies que utilizan como alimento restos do alimento do patrón e ás veces restos do seu corpo (mudas, descamacións...) Peixes piloto e tiburón.

  23. TANATOCRESE: cando un individuo aproveita restos doutro como refuxio, protección, camuflaxe... O cangrexo ermitán mete o seu corpo nunha caracola baleira.

  24. FORESIA: uso doutro ser vivo como medio de transporte. As rémoras apéganse aos peixes grandes.

  25. ANTIBIOSE: relación antagónica que presentan certas especies que, ao viviren no mesmo medio producen algún mecanismo polo que se elimina unha delas. É característica dalgúns microorganismos. Penicillium. Algúns fungos producen antibiótico quebloquean ou matan ás bacterias.

  26. PIRÁMIDE ALIMENTARIA CADEAS ALIMENTICIAS Relacións de dependencia que se crean entre diferentes individuos polas súas necesidades alimentarias. No punto de partida de todas as cadeas alimenticias atópanse os vexetais, os únicos seres capaces de utilizar a enerxía do sol para transformar as substancias minerais en orgánicas.

  27. Cadea alimenticia no mar

  28. CADEA ALIMENTICIA. RÍO

  29. AS RELACIÓNS ENTRE OS SERES VIVOS (BIOCENOSE) E O MEDIO (BIOTOPO) Para desenvolverse con éxito nun ambiente determinado os seres vivos precisan adaptarse, dispor de mecanismos tanto fisiolóxicos como morfolóxicos e modificacións do comportamento que lle permitan medrar e reproducirse baixo as condicións que se dan nesa zona. Estes caracteres comúns a todos os membros dunha poboación foron herdados dos seus proxenitores e trasmítense aos descendentes. O oso polar (Thalarctos marítimus). Un exemplo de adaptacións ao medio: a súa cor é a mesma que a do xeo e a neve; ten o pelo moi espeso, o que impide o intercambio de calor co ambiente; ten os pes moi anchos, o que lle proporciona unha ancha base de sustentación e axúdalle na natación; hiberna e pode pasar máis de tres meses sen comer.

  30. ADAPTACIÓNS MORFOLÓXICAS: modificacións do aspecto exterior (formas, cores) que lles permiten realizar con éxito unha función nun ambente determinado: locomoción, alimentación, defensa ... Toupeira (Talpa occidentalis). A forma do corpo e a posición e a estructura das patas están dispostas para a vida subterránea. Xirrio. Paxaro especialmente adaptado á vida no aire. Ten as ás longas e as patas curtas.

  31. Crías de avenoiteira (Caprimulgus europaeus). A cor do seu plumón mimetízaas co entorno. Ra. As patas traseiras longas e palmeadas permítenlle saltar e nadar. A dentadura do gato é a típica dun carnívoro, cos incisivos pequenos e os dentes cairos moi desenvolvidos.

  32. Xacinto de auga (Eichhornia crassipes). Unha planta que vive aboiando grazas a que os peciolos das súas follas teñen unha estrutura esponxosa que almacena aire. As flores son adaptacións das plantas para chamar a atención dos insectos para que as polinicen.

  33. ADAPTACIÓNS DE CONDUTA: modificacións do comportamento necesarias para enfrentarse aos distintos factores ambientais e aos outros seres vivos: aparición de hábitos relacionados coa obtención de alimento, coas condicións ambientais, coa defensa do medio (refuxios, abrigos, mecanismos reguladores...) e dos depredadores (camuflaxe, fuxida, imitación, secreción de velenos, órganos especializados...). A facilidade con que é posible atopar algo comestible fixo que estas gaivotas cambiasen a busca no entorno pola busca no lixo. As caixas niño ofrecen a mesma ou máis seguridade que os buratos nas árbores.

  34. ADAPTACIÓNS BIOLÓXICAS: modificacións internas e externas que lle permiten axustar as súas actividades aos cambios de temperatura, aos ritmos naturais: noite-día, ciclos lunares, estacións. Adaptación á calor e á seca: -Actividade nocturna e descanso nas horas de calor. -Vida subterránea. -Grandes orellas para ventilarse (lebre, raposo e lagartos do deserto) -Cubertas que impiden a transpiración ou reflicten a luz (reptís, artrópodos, plantas). -Retención da auga do corpo (plantas crasas, dromedario, camelo…) Camelo Víbora do deserto

  35. As plantas almacenan auga, teñen cubertas coirentas ou veludas para illarse, sen poros para impedir a perda de auga, cores craras para impedir o quecemento, ou entran en período de descanso.

  36. Carrasca de San Xoán Herba coral

  37. ADAPTACIÓNS AO FRÍO: -Substancias anticonxelantes no sangue (colémbolos, peixes). -Acumulación de grandes reservas de graxa que actúan como illante. -Pelaxe mesto e longo que impide a circulación do aire entre a pel e o exterior. -Redución de funcións vitais: hibernación, perda das follas nas plantas.... -Construción de refuxios. -Migracións. -Morte deixando asegurando a descendencia coa posta de ovos ou dispersión de sementes. O leirón pasa ata seis meses ao ano en hibernación.

  38. Moitas limícolas pasan o inverno en Galicia fuxindo do frío do norte de Europa.

  39. As cores marelas das follas das árbores prodúcense pola alteración da clorofila como consecuencia do acurtamento dos días e o descenso das temperaturas. Indican a súa próxima caída e son sinal da chegada do inverno.

  40. ADAPTACIÓNS AOS CICLOS DA NATUREZA A terra está sometida a fenómenos que orixinan fluctuacións e ritmos diferentes: movementos de rotación e translación, mareas, ciclos lunares... Os seres vivos responden con cambios rítmicos no seu comportamento. Morcego, animal de vida nocturna

  41. CICLOS DIARIOS A sucesión do día e a noite cos cambios ambientais (luz, temperatura, humidade...) correpóndese con rimos de actividade ou descanso dos seres. Diurnos: desenvolven a súa actividade principalmente polo día. Pardal Nocturnos: desenvolven a súa actividade principalmente pola noite. Avelaiona.

  42. Aurorais: carriza, coello, achicoria

  43. Vespertinos: avenoiteira, dondiego

  44. CICLOS MENSUAIS Relacionados coa Lúa. Inflúe no ciclo reprodutor de algúns animais, especialmente nos acuáticos de fecundación externa. Cangrexos da illa de Chrysmas.

  45. CICLOS ANUAIS Seguindo aos cambios nas estacións. Nas plantas afecta á caída da folla, floración maduración do froito... Nos animais afecta aos ciclo reprodutivos, hibernación, muda, cambios na prumaxe, nas migracións e no cambio de actividade en xeral. As ras pasa o inverno enterradas na lama do fondo das pozas e na primavera reanudan a actividade.

  46. RITMOS DA MAREAS Os movementos periódicos (cada seis horas aproximadamenre) de ascenso e descenso do nivel do mar deixa unha gran área costeira exposta á seca e ao cambios de temperatura. Os animais mariños que viven nas rochas apéganse e péchanse almacenando auga: mexillón, lapa, percebe, caramuxo, arneirón... Outros refúxianse nas fendas e pozas. Moitos animais mariños entérranse no substrato e almacenan auga para resistir durante a marea baixa: cangrexos, moluscos bivalvos, miñocas...

  47. CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA NOS ECOSISTEMAS

  48. A ONDE VAN PARAR OS RESIDUOS DA NATUREZA? O equilibrio nos ecosistemas mantense pola circulación “pechada” dos materiais dos mesmos que empeza co aproveitamento da auga, o dióxido de carbono (CO2) e os minerais do solo por parte das plantas grazas á enerxía luminosa que chega do sol. Continúa a través dos diferentes animais dos que sae en forma de excrementos e outros restos (incluídos eles mesmos ao morrer) e volve ao comezo coa axuda dos organismos descompoñedores.

  49. DESCOMPOÑEDORES Larvas de insectos Fungos

More Related