1 / 31

En IROSA (Industrias de Rocas Ornamentales, S.A.)

Visita do alumnado de Economía da Empresa ás instalacións de IROSA e SAMACA (Reportaxe fotográfico).

season
Télécharger la présentation

En IROSA (Industrias de Rocas Ornamentales, S.A.)

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Visita do alumnado de Economía da Empresa ás instalacións de IROSA e SAMACA(Reportaxe fotográfico)

  2. O pasado día 9 de novembro de 2009, o alumnado de Economía da Empresa do IES Lauro Olmo, dentro do programa de actividades organizadas polo Departamento de Economía do instituto, visitou as instalacións de dúas importantes empresas valdeorresas do sector da lousa:Industrias de Rocas Ornamentales, S.A. (IROSA), adicada á elaboración de lousa para a cubrición de edificios, e Pizarras SAMACA,S.A., que comercializa a lousa producida polas empresas do seu grupo (entre as que se atopa IROSA) e outros produtos obtidos en explotacións da propia empresa. Don Salvador González, director de produción de IROSA, don Javier Rodríguez, director comercial de SAMACA para Inglaterra e Irlanda, e don Salustiano Vázquez, director de calidade de SAMACA foron as persoas que amable e eficazmente acompañaron ao alumnado e profesorado, e os que explicaron, dunha forma amena e dinámica, todo o relativo aos procesos de produción, comercialización e requisitos de calidade esixidos para poñer no mercado a mercancía. Grazas a todos eles e á xerencia das empresas, polo seu interese e por todas as facilidades dadas para que a actividade puidérase realizar e levar a bo termo con aproveitamento para os nosos alumnos e alumnas. Departamento de Economía do IES Lauro Olmo, 11/11/2009

  3. En IROSA(Industrias de Rocas Ornamentales, S.A.)

  4. Recepción do alumnado por parte de don Salvador González, director de produción de IROSA. Ao fondo ás instalacións de SAMACA, S.A.

  5. Explicando o proceso de serrado do rachón para o seu posterior paso á zona de labrado

  6. Un operario engancha unha pedra de pizarra para que poida ser elevado pola ponte-guindastre e trasladado á serra, onde será cortado coas medidas precisas para o seu posterior labrado

  7. Alumnas e alumnos observan o proceso de labrado dos paralepípedos de lousa procedentes das serras

  8. Tomando notas, ...que nunca se sabe

  9. Observando aos labradores de lousa

  10. Os labradores en plena faena

  11. A calidade é importante, explica o Sr. González, é unha avantaxe competitiva da pizarra de Valdeorras

  12. Atendendo as explicacións do noso cicerone e observando os procesos de cortado e embalaxe

  13. Explicando os procesos de cortado e empaquetado, así como as medidas de extracción de po

  14. Cortando, seleccionando e embalando. O noso alumnado observa con curiosidade

  15. As dimensións, consistencia e o perforado na lousa si importan

  16. Á saída dunha das naves, os nosos alumnos e alumnas seguen atentos ás explicacións

  17. Continúa a interesante explicación... e a lóxica atención

  18. Camiñando por IROSA cara ás instalacións de depuración das augas residuais

  19. Salvador Vázquez explica o proceso de depuración das augas residuais para reducir o impacto ambiental da explotación. Explícanos tamén a forma na que reutilizan, na urbanización das instalacións industriais, parte dos refugallos que de non ser así estarían depositados nas escombreiras

  20. Observando a balsa de decantación das augas residuais, ao tempo que observan a instalación depuradora

  21. Balsa de decantación de augas residuais

  22. En SAMACA, S.A.

  23. O alumnado é recibido en SAMACA por don Javier Rodríguez, director comercial para Inglaterra e Irlanda, e por don Salustiano Vázquez, director de calidade da empresa

  24. Entrando na praza de almacenamento e carga de SAMACA

  25. Explicando as características de calidade do produto e a súa constancia no embalaxe

  26. A calidade dos produtos é un aspecto enormemente importante, parece dicir don Salustiano Vázquez

  27. Detalle dun rótulo que indica que o produto contido no embalaxe pasou o control de calidade

  28. Don Javier Rodríguez, explica a importancia dos caracteres identificadores das canteiras das que procede a lousa. É imprescindible que a trazabilidade de cada peza de lousa que se comercializa estea perfectamente controlada

  29. Atendendo á explicación sobre organización comercial, mercados e a loxística utilizada para poñer o produto ao dispor dos clientes

  30. Un operario de SAMACA poñendo protección plástica a un palet de lousa

  31. Mentres os señores Vázquez e Rodríguez explican a necesidade, e o “por que” da mesma, de embalar en plástico a lousa que se destina a certos mercados o alumnado escoita con atención e toma nota

More Related