1 / 16

LA FIESTA DE JESÚS

LA FIESTA DE JESÚS. A FESTA DE XESÚS. ACOLLIDA. O sacerdote, representando aos fieis, Inclínase e bica o altar, que representa a Cristo. Xesús convidounos á súa festa. Vimos á comida preparada polo Señor e recíbenos así: CELEBRANTE: A gracia do noso Señor Xesucristo,

vidor
Télécharger la présentation

LA FIESTA DE JESÚS

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. LA FIESTA DE JESÚS A FESTA DE XESÚS

  2. ACOLLIDA O sacerdote, representando aos fieis, Inclínase e bica o altar, que representa a Cristo. Xesús convidounos á súa festa. Vimos á comida preparada polo Señor e recíbenos así: CELEBRANTE: A gracia do noso Señor Xesucristo, o amor do Pai e a comunión do Espírito Santo sexan con todos vós. Contestamos: E contigo tamén.

  3. Irmáns,para celebrarmos dignamente os santos misterios, recoñezamos que somos pecadores. Eu confésome pecador diante de Deus omnipotente e tamén diante de vós, meus irmáns, pois teño pecado moito de pensamento, de palabra, de obra e de omisión. Pola miña culpa, pola miña culpa, pola miña grandísima culpa. Por iso lle pido á benaventurada Virxe María, a tódolos Anxos e Santos do ceo e a vós tamén, meus irmáns, que roguedes por min a Deus, o noso Pai.

  4. Gloria a Deus no ceo, e paz ó seu pobo na terra. Noso Señor Deus, rei do ceo, Deus Pai todopoderoso; Louvámoste, bendecímoste, adorémoste, glorificámoste e dámosche gracias, pola túa inmensa gloria. Señor, Fillo único, Xesucristo, Señor Deus, Año de Deus, fillo do Pai. Ti, que quíta-lo pecado do mundo, ten piedade de nós, Ti, que quíta-lo pecado do mundo, escoita a nosa oración. Ti, que estás á dereita do pai, ten piedade de nós; porque Ti é-lo único Santo, Ti, o único Señor, Ti, o único Altísimo, Xesucristo, co Espírito Santo na gloria de Deus Pai. Amén.

  5. LECTURAS Sentámonos para escoita- la Palabra de Deus. DESPOIS DAS LECTURAS LECTOR Palabra do Señor POBO(Nós) Gracias a Deus.

  6. EVANXELIO CELEBRANTE : O Señor sexa convosco. NÓS, O POBO : E contigo tamén. CELEBRANTE : Lectura do santo Evanxelio según san… Facemo-lo sinal da cruz (persignamonos), escoitamos a lectura e contestamos ó final: CELEBRANTE : Palabra do Señor. NÓS, O POBO : Louvámoste, Cristo

  7. Creo en Deus, Pai Todopoderoso.Creo en Xesucristo, o seu único Fillo, o noso Señorque foi concebido por obrae gracia do Espíritu Santo,naceu de Santa María a Virxe.Padeceu baixo o poder de Poncio Pilato.Foi crucificado, morto e sepultado.Descendeu ós infernos,ó terceiro día resucitou de entre os mortos.Ascendeu ós ceos e está sentado á dereita de Deus, Pai Todopoderoso.Dende alí virá a xulgar a vivos e mortos. Creo no Espíritu Santo, a Santa Igrexa Católica,a comunión dos Santos, o perdón dos pecados, e a vida eterna. Amén.

  8. OFERTORIO O sacerdote lembra ós que necesitan da nosa oración, unímonos a el para rezar por eles : POBO : Pedímoscho, Señor. Despois presenta o pan e o viño E chega o momento máis importante da misa a CONSAGRACIÓN. E remata dicindo: CELEBRANTE: Velaquí o misterio da nosa fe. POBO: Anunciámo-la túa morte, proclamámo-la túa resurrección, ¡ven , Señor Xesús! C. Por El. con El e en El …por sempre eternamente. POBO. Amén

  9. PREGARIA EUCARÍSTICA CELEBRANTE: O Señor sexa convosco. POBO: E contigo tamén. C:Erguede os corazóns. POBO: Témolos postos no Señor C:Deámoslle gracias ó Señor, noso Deus. POBO: É digno e de xusticia.

  10. Santo, Santo, Santo es ti, Señor,Deus do universo.Enche-lo ceo e maila terra coa tua gloria¡Hosanna no ceo!Bendito o que vén no nome do Señor¡Hosanna no ceo!

  11. DESPOIS DA CONSAGRACIÓN CELEBRANTE: Velaquí o misterio da nosa fe. POBO: Anunciámo-la túa morte, Proclamámo-la túa resurrección, ¡ven , Señor Xesús! C. Por El. con El e en El … por sempre eternamente. P. Amén E agora é cando rezamos a oración que nos aprendeu Xesús:

  12. Noso Pai que estás no ceo, santificado sexa o teu nome.Veña o teu Reino e fágase a túa vontadeaquí na terra coma no ceo.Danos hoxe o noso pan de cada día;perdoa as nosas ofensas,como tamén perdoamos nósa quen nos ten ofendido;e non nos deixes caer na tentación,mais líbranos do mal.

  13. A PAZ C.Señor Xesucristo, Ti dixéche-los teus Apóstolos: “Déixovo-la miña paz, dóuvo- la miña paz”. Non míre-los nosos pecados senon a fe da túa Igrexa; dígnate darlle a paz e maila unión de acordo coa túa vontade. Pedímoscho a ti, que vives e reinas por sempre eternamente. P.Amén. C.A paz do Señor sexa sempre convosco. P.E contigo tamén. C.Dádevos a paz coma irmáns.

  14. AÑO DE DEUS Año de Deus que quíta-lo pecado do mundo Ten piedade de nós. Año de Deus que quíta-lo pecado do mundo Ten piedade de nós Año de Deus que quíta-lo pecado do mundo Dáno-la paz.

  15. COMUNIÓN C.Este é o Año de Deus que quita o pecado do mundo. Felices os convidados á cea do Señor.. POBO: Señor, eu non son merecente de que entres no meu fogar, mais unha palabra túa abonda para me salvar. É o momento da comunión, escoita a Xesús no teu corazón -------------------------------- C.O corpo e o sangue de Cristo. P. Amén.

  16. DESPEDIDA O Sacerdote dá os avisos da semana e remata a eucaristía C.O Señor sexa convosco. P.E contigo tamén. C.Bendígavos Deus Todopoderoso: Pai, Fillo e Espírito Santo. P.Amén. C.Podedes ir en paz, e que o Señor vos acompañe. P.Démoslle gracias a Deus.

More Related