1 / 60

Luis Seoane

Presentación orixinal de HSEXTO

Curtis
Télécharger la présentation

Luis Seoane

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. LUIS SEOANE 1910-1979

  2. CRONOLOXÍA

  3. CRONOLOXÍA

  4. Fotografía da familia de Luís Seoane (1916). Luís tiña daquela seis anos. É o que está a carón do seu pai.

  5. Orla da licenciatura da Facultade de Dereito. 1933. Seoane é o primeiro da cuarta fila

  6. Caricatura de Carlos Maside. Quizais sexa o artista que máis influíu na súa formación inicial. Colabora na súa mocidade na publicación de revistas. Resol

  7. Ilustra libros

  8. Cartelista. Colabora activamente na campaña do Estatuto de 1936

  9. A OBRA • Pertence á xeración dos renovadores da arte galega, xunto a un grupo de artistas que nacen ao redor de 1900 como: Carlos Maside (1897-1958), Arturo Souto (1901-1964), Manuel Torres (1901-1995), Manuel Colmeiro (1901-1999), Fernández Mazas (1902-1942) e Laxeiro (1908-1996) • Introducen as vangardas artísticas, das que teñen un coñecemento directo a través de publicacións. • De tódolos ismos quizais sexa o expresionismo o que máis asuman. • Todos eles trataron de conciliar unha temática galega coas búsquedas europeas de renovación da arte.

  10. ILUSTRADOR • Deseña ilustracións para publicacións, carteis propagandísticos e revistas de vangarda. • Na mocidade ilustra, entre outros, poemas de Cunqueiro e Lorenzo Varela. Fai exposicións no Café Españolde Santiago. • Realiza carteis propagandísticos. Resaltando o que realiza para o estatuto de autonomía de 1936: O Estatuto Libertará á Nosa Terra. • Chegado ao exilio publica Trece estampas de la traición. Fustigando aos militares que se levantaron contra a República, con caricaturas que lembran a George Grosz.

  11. O xeneral locutor O mulo Mola

  12. ILUSTRADOR • Durante este período ilustra libros. • En 1944 recibe o primeiro grande recoñecemento internacional con Homenaje a la Torre de Hércules. • Deseña as tapas da revista Galicia emigrante. Mulleres campesiñas cun debuxo rotundo que harmoniza cunha cor plana dotada de símbolo estacional. • Deseñou carteis publicitarios para as firmas comerciais (Cinzano e Dupuy). • A influencia é moi grande: Grosz, Léger, Matisse, Picasso, Castelao ou Maside. • O esplendor da ilustración galega (e o cómic) non é alleo á súa obra.

  13. HOMENAXE Á TORRE DE HÉRCULES

  14. O GRAVADOR • Seoane combina o traballo dun artesán coa difusión industrial. • Gravar é un rito: Gravan os labradores os xugos dos bois e as propias zocas. Gravan os nenos nos pupitres das escolas. • Durante a mocidade xa utiliza o gravado como forma de difusión propagandística. • Aínda que traballou gravado en metal, o linóleo, a serigrafía, a litografía e o estarcido a estampación que máis frecuentou foi a xilografía. • Collendo como referencia o grupo expresionista alemán Die Brücke (A Ponte) (1905) e os seus angulosos gravados influídos polas tallas da arte primitiva africana, os gravados da Baixa Idade Media e pola obra de Durero. A xilografía ou gravado en madeira é unha técnica antiga, popular e profundamente enraizada na tradición alemana que Seoane vai recoller. • Fixo máis de corenta libros de gravados para ilustrar libros seus e doutros autores (Lorenzo Varela, Federico García Lorca, Rafael Alberti, Pablo Neruda, Franz Kafka, Unamuno)

  15. ROI XORDO. 1944 MARÍA PITA E TRES RETRATOS MEDIEVAIS. 1944

  16. CAMPESIÑOS. SERIGRAFÍA. 1954

  17. CAMPESIÑOS. SERIGRAFÍA. 1954

  18. GRAVADO. JULIO CORTÁZAR E DURERO. 1967

  19. PAUL KLEEMIGUEL HERNÁNDEZ. 1967

  20. MULLER CON SOMBREIRO. SEN DATA O CONDE ASASINO DE SOBRADO. 1972

  21. O PINTOR • Seoane faise pintor no exilio. • Nos seus primeiros óleos (segunda metade dos anos corenta) predominan os grandes volumes, grandes pinceladas de cor. Máis que a liña perfilan as figuras. Na súa temática predominan as personaxes populares (emigrantes, campesiños) e nus femeninos. • Despois da súa viaxe por Europa, en 1949, a pintura evoluciona nun proceso de síntese (influenciado principalmente por Henry Moore e Picasso) cara un cubismo sintético. • Durante os anos cincuenta as liñas en negro van aparecendo rotundas, xeometrízanse e definen os contornos das figuras. As cores son vivas e planas. O espacio ocupado polas cores non coincide cos contornos marcados polas liñas, o que provoca superposicións nunhas zonas e espazos brancos noutras.

  22. O PINTOR • Nos anos sesenta a evolución na síntese provoca a esquematización das liñas. A cor deixa de estar subordinada á liña e ten un forte protagonismo. Dá sensación de “collage” onde as cores semellan trozos de papel cortados e pegados na superficie do lenzo. Neste proceso chega a raiar o abstracto pero sin perder o valor da figura humana. • En 1968 o artista proclama as súas influencias: • Matisse no vitalismo. (importancia das cores) • Léger no xenio risoño, a vea popular. • Picasso nas formas cúbicas e a expresividade. • Paul Klee na fantasía expresiva. • Torres García na disciplina formal.

  23. Torso nu nunha pena na praia. 1945

  24. Muller pelando patacas. 1950 Vello e o paxaro. 1950

  25. Campesiño 1950

  26. Mozo campesiño 1950

  27. O gaiteiro 1950

  28. Muller con cesto 1952

  29. Figuras 1956

  30. Muller con vara de rosquiñas 1958 Muller con rodete 1959

  31. Figura sentada en ocres e vermellos 1957 Figura en verde con fondo ocre 1957

  32. TRES MULLERES. 1963

  33. O MECO. 1963

  34. CORPIÑO VERDE CON FONDO AMARELO. 1973 MANTÓN VIOLETA. 1973

  35. A CONVERSA. 1975

  36. CARTÓNS PARA TAPICES A sega, 1979 Leiteira, 1979

  37. COMENTAR UN CADRO É unha historia que sucedeu de certo e que lin nos xornais, unha historia de emigrantes. Unha mulleriña galega que na súa vida saíra da súa aldea viaxou ata Suíza para ver ós seus fillos que traballaban aló. Ela aquí vivía soa, os veciños escribiron o enderezo dos seus fillos en Xenebra, peduráronllo do pescozo nun letreiro e metérona no tren: no letreiro dicíase onde tiña que chegar a muller. A pobre íalle amosando a todo o mundo o seu letreiro co enderezo escrito para que lle dixeran que tren tiña que coller, a que ventaniña tiña que se dirixir, en que cola poñerse... Non falaba máis ca galego e ficou completamente tola despois dunha viaxe que non remataba nunca. Cando chegou a Xenebra non sabía quen era nin recoñecía a ninguén: soamente amosaba o seu letreiriño e xemía, que xa non falaba. Non a deixaron entrar si quera. Aló, como en todas partes sonche moi cucos e moi asépticos: unha muller naquelas condicións, doente, trasvariada non podía entrar no país, non é rendible, non serve, e os seus fillos tampouco puideron facer cousa ningunha. Aquí remata a historia: puxéronlle un calmante, metérona no tren, sen conciencia, e mandárona de volta para a aldea. Lin a historia nos xornais e axiña pintei o cadro que ves: co letreiro case que abonda. A traxedia coméntase a si mesma.

  38. EMIGRANTE 1963

  39. COMENTARIO SOBRE A PINTURA DE SEOANE

  40. MAR DE ORZÁN. 1973

  41. O MURALISTA • A guerra civil frustrara moitas iniciativas de muralismo por parte dos renovadores galegos. Arturo Souto, Maside entre outros, desexaban pintar nas paredes dos edificios públicos galegos, como facían os mexicanos Orozco, Rivera, Siqueiros en México. Episodios do pasado histórico de Galicia e o traballo da clase traballadora galega na terra e no mar. • Seoane coñece a pintura mural dos mexicanos e os europeos (Matisse, Léger, Miró...). • A súa pintura non é ocasional. Pinta máis de trinta murais que fixo en Arxentina (bares, bancos, teatros, corredores e vestíbulos de edificios privados, durante os anos cincuenta e sesenta. • A pintura mural permite superar o elitismo da arte e comunicarse directamente co público.

  42. Esbozo de mural para un banco da provincia de San Xoán

  43. O MURALISTA • O pintor que sobe a un andamio non é o mesmo home que pechado no seu taller. Completa a súa vida. A súa vida será verdadeiramente pública e xulgada por unha extensa maioría. Está na rúa. • Está interesado na integración das artes e a arquitectura. • Co seu traballo Galicia aparecerá nos muros (xentes medievais, músicos, labores campesiños e mariñeiros). • Ademais da pintura utiliza outros materiais industriais: porcelana, lousa, mosaico, cerámica, pedra picada, mármore, resinas sintéticas, metais recortados ou vitrais. • Á volta a Galicia realiza dous murais na fábrica de Sargadelos e outro no Castro de Sada.

More Related