1 / 33

Parque Natural Fragas do Eume

Parque Natural Fragas do Eume. DATA: 30-7-1997 PROTECCIÓN; Parque Natura, LIC-ZEPVN. Sempre figurou no catálogo de lugares de interese natural de Galicia, no primeiro inventario feito polo ICONA e nas Normas de Planeamento Provincial. Está proposto para Reserva da Biosfera.

adair
Télécharger la présentation

Parque Natural Fragas do Eume

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Parque NaturalFragas do Eume

  2. DATA: 30-7-1997 PROTECCIÓN; Parque Natura, LIC-ZEPVN. Sempre figurou no catálogo de lugares de interese natural de Galicia, no primeiro inventario feito polo ICONA e nas Normas de Planeamento Provincial. Está proposto para Reserva da Biosfera. CONCELLOS: Cabana, A Capela, As Pontes de García Rodríguez, Monfero, Pontedeume. VALORES NATURAIS: canóns, fragas, ríos, monte baixo, fentos, brións, anfibios, insectos...

  3. Espazo situado nos vales do Eume e algúns dos seus afluentes, lindando coa Serra do Queixeiro e parte da vertente coruñesa da Serra da Loba. O Eume e os seus afluentes forman vales profundos nos que se conservan áreas de bosque atlántico de gran pureza cunha gran diversidade de especies de animais, vexetais e fungos, algunhas moi raras ou únicas.

  4. Na área do parque podemos atopar diversidade de ecosistemas: bosques de ribeira, fraga atlántica caducifolia, monte baixo e algunha zona repoboada con piñeiros e eucaliptos. Á riqueza e diversidade biolóxica hai que engadirlle a beleza da paisaxe con boas vistas panorámicas sobre a fraga e o río, vales encaixados e fervenzas, e monumentos etnográficos (muíños, pontes) e artísticos (mosteiro de Caaveiro).

  5. O río Eume, eixo do parque natural, nace na vertente sur da Serra do Xistral, atravesa a Depresión das Pontes e logo encáixase entre rochas graníticas e xistos con fortes pendentes para finalmente formar a ría de Ares.

  6. A orografía do terreo polo que discorre o curso do río Eume convérteo nun lugar idóneo para o aproveitamento da enerxía hidráulica. Os encoros modifican o caudal do río afectando ás especies que viven nel.

  7. Encoro do Eume ou da Capela. Antiga central Ventureira.

  8. O Eume augas abaixo da presa.

  9. Encoro do Eume e serra do Queixeiro

  10. Central do Parrote no río San Bartolomeu.

  11. Canón do Eume, nunha das zonas declaradas reserva integral. A vexetación de folla caediza da fraga do Eume múdase en todas as cores no outono.

  12. Fraga do Eume no Verán.

  13. Interior da Fraga

  14. Fervenza no Canón do Eume Fervenza de Teixido

  15. Fervenzas no Sesín, en Caaveiro.

  16. Río Sesín. Os monxes de Caaveiro construíron para o servicio do mosteiro unha ponte e un muíño no río Sesín afluente do Eume.

  17. Mosteiro de Caaveiro, fundado no século X, cunha igrexa románica do século XII.

  18. FLORA As fragas do Eume son uns dos bosques atlánticos mellor conservados de Galicia e un dos máis importantes de Europa pola riqueza e variedade de especies. Hai catalogadas 25 especies de árbores, entre elas os teixos –que teñen aquí o límite occidental da súa distribución en Galicia- e as sobreiras –que teñen no parque o límite norte de distribución da especie-; 21 de fentos –algúns únicos-, 250 de liques –máis de 20 moi raros na flora española-, 100 de fungos e 220 de brións e hepáticas.

  19. Fentos no rego do Parrote. As especiais condicións microclimáticas das Fragas do Eume favorecen a supervivencia de varias especies relictas do Terciario, fentos catalogados como vulnerables pola UICN e moi raros na Península: Culcita macrocarpa (especie de interese mundial en perigo de extinción), Hymenophyllum tunbrigense, Vandenboschia speciosa, Woodwardia radicans...

  20. Culcita Macrocarpa, unha especie de fento de interese mundial en perigo de extinción que precisa dunha elevada humidade no solo e na atmosfera e umbría permanente. É un endemismo íbero-macaronésico que na Península so se atopa nas Fragas do Eume, na serra de Alxeciras e nalgunhas localidades asturianas.

  21. Woodwardia radicans, outro fento pouco común presente nas Fragas do Eume. Os seus frondes poden acadar os 2,5 m de lonxitude.

  22. Cubrindo o solo e as rochas e sobre os toros das árbores podemos atopar máis da metade das especies de musgos ou brións presentes en Galicia. Brións e hepáticas.

  23. Fento (Hymenofilium) Hipérico

  24. Libeliña (Calopterix splendens) FAUNA A fauna das fragas do Eume combina as especies típicas do bosque atlántico caducifolio, do mato e especies acuáticas, entre as que destaca a presenza de varias especies únicas de invertebrados.

  25. Hai catalogadas 103 especies de aves entre as que destacan o gabián, o falcón peregrino, o miñato común, o voutre, a avelaiona, a curuxa común, o moucho, o bufo real, o lagarteiro peneireiro, o pombo torcaz, as lavandeiras (branca e real), o merlo rieiro, o picapeixes, e numerosos paxaros de bosque. Ferreiro abelleiro (Parus major). Aniña nos ocos das árbores e aliméntase da ampla variedade de arañas e insectos que viven nos bosques. Picapeixes (Alcedo Athis). Pousa en ponlas enriba da auga desde as que mergulla para pillar peixes e insectos acuáticos. Bufo real (Bubo bubo).

  26. Gato algario (xeneta) Gato bravo Entre as 40 especies de mamíferos os máis salientábeis son o gato bravo, a xeneta, o lobo, o corzo, o porco teixo, a marta, o raposo, os morcegos, a lontra... Lontra (Lutra lutra)

  27. Nas Fragas do Eume hai unha moi rica presenza de anfibios (e entre eles destaca a poboación máis importante de Galicia de saramaganta –Chioglossa lusitanica- endemismo do noroeste da Península Ibérica.).

  28. Entre os invertebrados atópanse varias especies únicas, ou moi raras, como a lesma manchada (Geomalacus maculosus) a caracola plana Elona quimperiana, o escarabello Pyrochroa coccinea, o lepidóptero Endromis versicolora (moi raro na Península Ibérica) e a albariña galega, un carábido visto por primeira vez nestas fragas. Albariña galega (Ctenocarabus galaicus) Caracola plana (Elona quimperiana) Lesma manchada (Geomalacus maculosus)

  29. Escarabello rinoceronte (Oryctes nasicornes). Un escarabello de gran tamaño que pode medir máis de 4 cm de longo. Pouco visible por ser de costumes nocturnos. As larvas aliméntanse durante varios anos nos toros das árbores podres. Bacaloura, macho e femia (Lucanus cervus). As larvas viven durante varios anos no interior das árbores.

  30. Limenitis camilla, unha bolboreta que vive en zonas de arboredo e ribeiras dos ríos. A eiruga aliméntase de Loniceras (herbas salgueiras ou chuchameles).

  31. MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, DEBUXOS: Mon Daporta

More Related