1 / 6

A ESCOLA DE ATENAS

A ESCOLA DE ATENAS. FICHA ANO: 1509-1510 ESTILO ARTÍSTICO: Renacemento TÉCNICA PICTORICA: pintura ao fresco LONXITUDE: 500 cm ANCHURA: 770 cm LOCALIZACIÓN: Museos Vaticanos, Roma, Cidade do Vaticano. BIOGRAFÍA DO AUTOR Rafael Sanzio, nace en Urbino, Italia, o 6 de abril de 1483 e

benoit
Télécharger la présentation

A ESCOLA DE ATENAS

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. A ESCOLA DE ATENAS

  2. FICHA • ANO: 1509-1510 • ESTILO ARTÍSTICO: Renacemento • TÉCNICA PICTORICA: pintura ao fresco • LONXITUDE: 500 cm • ANCHURA: 770 cm • LOCALIZACIÓN: Museos Vaticanos, Roma, Cidade do Vaticano

  3. BIOGRAFÍA DO AUTOR Rafael Sanzio, nace en Urbino, Italia, o 6 de abril de 1483 e morre en Roma o 6 de abril de 1520. En 1504 ,cando chegou a Florencia, tiña só 21 anos, e aínda así non tardou en gozar de igual consideración que os outros dous xigantes do 1º renacemento: Miguel Anxo, que por entonces contaba con 29 anos, e Leonardo da Vinci, de 52. Beneficiouse do mecenazgo do papa Xulio II e do seu sucesor, León X, que o nomeou arquitecto do papado en 1514. por desgracia o artista morreu a causa dunhas febres o día 6 de abril de 1520. DESCRICIÓN DA OBRA Nun rasgo de inspirada osadía, Rafael foi o artista elixido polo papa para decorar a chamada Stanza Della Segnatura, no vaticano. Esta sala servia de biblioteca e era o sitio onde Xulio II (1443-1513) firmaba os decretos do tribunal eclesiástico. Os temas son 4 (1 por parede): filosofía, teoloxía, poesía e dereito. A presente obra ilustra a filosofía e representa algúns dos seus máximos Expoñentes , enumerados na seguinte imaxe.

  4. 1. Zenón de Citio ou Zenón de Eleo. 2. Epicuro. 3. Federico II Gonzaga. 4. Boecio ou Anaximandro ou Empédocles. 5. Averroes. 6. Pitágoras. 7. Alcibíades ou Alejandro Magno. 8. Antístenes ou Jenofonte. 9. Hipatia ou o xoven Francesco Maria della Rovere. 10.Esquienes ou Jenofonte. 11.Parménides. 12.Sócrates. 13.Heráclito (pintado coma Miguel Anxo). 14. Platón sostendo o Timeo (pintado coma Leonardo da Vinci). 15. Aristóteles sostendo a Ética. 16. Diógenes de Sinope. 17. Plotino. 18. Euclides ou Arquímedes xunto a un grupo de estudantes (pintado como Bramante). 19. Estrabón o Zoroastro. 20. Claudio Ptolomeo. 21. O Sodoma como Protóxenes. R. Rafael como Apeles.

  5. EXPLICACIÓN • Epicuro (imaxe 2). Esta figura mofletuda coroada de pámpanos é Epicuro, filósofo grego para o cal a felicidade residía na búsqueda dos praceres do espíritu. • Alexandro Magno e Sócrates (imaxes 7 e 12). Alexandro Magno, rei de Macedonia e discípulo de Aristóteles, escoita a Sócrates. O filosofo grego rubrica cós seus dedos as súas afirmacións. A duda e o análise son a esencia da filosofía socrática. • Pitágoras (imaxe 6), o célebre matemático grego, demostra unha das súas teorías a un grupo que o escoita embelesado, un dos cales sosten unha pizarra. Pitágoras personifica tamén a Aritmética e a Música. • Miguel Anxo coma Heráclito (imaxe 13). O personaxe que se senta nos peldaños non estaba incluído nos debuxos preliminares. Representa a Heráclito, filósofo melancólico que choraba pola insensatez humana. A figura, vestida de canteiro, é en realidade un retrato de Miguel Anxo, ao cal Rafael, maravillado ante a forza da súa obra, quixo rendir tributo.

  6. EXPLICACIÓN • Platón e Aristóteles (imaxes 14 e 15). O centro deste marco ocúpano Platón e Aristóteles, os dous grandes filósofos do mundo clásico. Platón, que representa a filosofía abstracta e teórica, sinala hacia arriba. Aristóteles, representante da filosofía natural e empírica, abarca có seu xesto máis próximo e terreo. • Diógenes (imaxe 16). A figura enxunta dos escalóns é Diógenes, filósofo cínico que aborrecía as posesións terrenais e vivía nun tonel, o que lle valeu o apodo de o Can. O seu estoicismo quedou patente cando declinou a invitación para asistir á coroación de Alexandro Magno. O xoven rei fíxolle unha visita para saber se había algo que puidese facer polo ancián filósofo, ao cal este respondeu: “Apártate, que me tapas o sol”. • Euclides (imaxe 18). Euclides, matemático grego do século III a.C. e discípulo de Sócrates, expón un dos seus postulados xeométricos. O grupo de estudantes que o rodea parece estar a punto de entender algún concepto difícil. • Retrato do artista (imaxe R). Rafael plasma o seu autorretrato na figura do xove situado xunto a Ptolomeo e míranos directamente aos ollos pere captar a nosa atención. Moitas das restantes figuras son famosos da época: Platón recorda a Leonardo e Euclides parecese a bramante. De este xeito, unindo pasado e presente, Rafael rinde homenaxe aos grandes homes do seu tempo.

More Related