1 / 34

UNIDADE 5 AS ACTIVIDADES DO SECTOR TERCIARIO

UNIDADE 5 AS ACTIVIDADES DO SECTOR TERCIARIO. Definición do sector terciario ou de servizos. O sector servizos , tamén coñecido como sector terciario, é un dos tres grandes sectores nos que se dividen as actividades económicas.

delu
Télécharger la présentation

UNIDADE 5 AS ACTIVIDADES DO SECTOR TERCIARIO

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. UNIDADE 5AS ACTIVIDADES DO SECTOR TERCIARIO

  2. Definición do sector terciario ou de servizos • O sector servizos, taméncoñecido como sector terciario, é un dos tres grandes sectores nos que se dividen as actividades económicas. • En xeral, podemos definilo como o sector que non produce bens materiais, senón que prové á poboación de servizos necesarios para satisfacer as súas necesidades. Este sector é moi variado e engloba unhaampla gama de actividades: comercio, transporte, comunicacións, servizosfinanceiros, servizossociais (educación, sanidade), turismo e un longo etcétera. • Terciarización: Proceso de cambio gradual da produción e da man de obra desde o sector primario e secundario ao sector terciario da economía.

  3. Esta heteroxeneidadevai desde a tenda da esquina ata as altas finanzas ou o Estado. É un sector que non produce bens, pero que é fundamental nunhasociedadedesenvolvida e comprende un sector público e un sector privado. O seu labor consiste en proporcionar á poboación todos os produtos que fabrica a industria, obtén a agricultura e ata o propio sector servizos. Grazas a eles, temos tempo para realizar as múltiples tarefas que esixe a vida en calquerasociedade: producir, consumir e ocupar o tempo de lecer.

  4. O sector terciario nos países subdesenvolvidos • Nos países subdesenvolvidos o sector terciario ten menos peso na economía e, xeralmente, consiste en servizospersoais, domésticos ou actividades mergulladas. Ademais non están sustentados nunha industria propia que sosteña o desenvolvementodestesservizos.

  5. Peso na economía do sector terciario

  6. A poboación ocupada no sector terciario Polo contrario, as rexións do mundo con menos do 40% da súapoboación activa ocupada no sector terciario son: África -excepto a República Sudafricana-, o sur de Asia - excepto Tailandia, Mongolia-, Centroamérica -Haití, Santo Domingo, Guyana, Surinam, Ecuador, Perú, Bolivia e Paraguay- e Albania no continente europeo. As rexións do mundo con máisporcentaxe de poboación activa ocupada no sector terciario son: América do Norte, Europa Occidental e Central, Israel, Kuwaitt, Qatar e os Emiratos Árabes Unidos -na Península Arábiga-, Corea do Sur, Xapón, Tawián, Australia e Nova Zelanda.

  7. Tendo en contaquenxestiona o servizo, podemos distinguir dous grandes grupos • Servizos públicos: prestados polasadministracións públicas cos ingresos obtidos polos impostos. Nalgúns casos, o Estado ten o monopolio dese servizo: administración (funcionarios), defensa (exércitos) e orde pública (policías). Noutros, o Estado é principal proveedor desesservizos: sanidade e educación. • Servizos privados: prestados por empresas privadas en busca dun beneficio económico. Aquí estarían os demaisservizos (transporte, turismo, lecer, comercio, actividades financeiras, etc).

  8. Clasificación dos servizos segundo a súa finalidade • Distribución e comercialización: • Almacenaxe • Transporte • Publicidade • Comercialización • Servizosáspersoas: • Transporte privado • Ocio turismo • Comercio minorista • Profesionaisliberais • Traballo doméstico • Reparacións a domicilio • Servizoscivís e sociais: • Sanidade • Educación • Policia • Xusticia • Asistencia social • Servizosásempresas: • Administración • Financiamento • Investigación • Informatización • Asistencia legal • Mensaxería

  9. O COMERCIO E A SÚA DISTRIBUCIÓN MUNDIAL O COMERCIO

  10. O comercio O comercio é o intercambio voluntario de servizos e mercancías a cambio dun pago que pode ser en especie (outra mercancía ouservizo, nese caso, o comercio denomínase trueque), en diñeirooucalqueraoutro medio de pago como tarxetas de crédito, cheques, etc. O comercio é a compraventa de mercaduríasouservizos e realízase nos mercados. Estes poden ser: • Concretos, cando está presente a mercancía que se vende e compra. Exemplos de mercados concretos son os mercados de abastos ou os mercados callejeros. • Abstractos, cando a mercancía ou o servizo non están presentes. A bolsa de valores, onde se compran accións das empresas, é o máiscoñecidoexemplo de mercado abstracto.

  11. En función da orixe e destino dos produtos comercializados, se clasifica en: Comercio interior, aqueles cuxa produción e venda coinciden no mesmo país; inclúe todas as actividades mercantís intermedias realizadas desde que o produtor vende o ben ata que chega a mans do consumidor (intermediarios). Este proceso inclúe: o comercio maiorista (compra aos produtores e distribúe entre os minoristas), o comercio minorista (compra aos mayoristas e vende ao consumidor). Comercio exterior, aquel no que a produción e o lugar de venda danse en distintos países; inclúe as actividades de venda de produtos nacionais a países estranxeiros (exportación) e compra de produtos no estranxeiro para a distribución no noso país (importación). Clasificación do comercio

  12. Así se denomina aos intercambios realizados entre distintos países. Nel, distínguese as importaciones, as compras que un país faiao exterior, e as exportacións, as vendas que ese país faioutros. Os intercambios de bens e servizosco exterior conforman a balanza de pagos, un documento contable onde se reflicten compras e vendas dun país co resto do mundo. Cando as compras exceden ás vendas fálase de déficitna balanza de pagos, cando as vendas son superiores fálase de superávit. O comercio internacional viviu un incremento moi significativo nas últimas décadas, sendo un dos factores do proceso de globalización. Basta visitar calquera gran superficie comercial para apreciar como consumimos bens procedentes de calquera parte do mundo. Creáronsediversos tipos de organizaciónsinternacionais coa finalidade de promover o comercio entre os países. O comercio exterior ou internacional

  13. Neste enderezo da internet tés información sobre as distintas OrganizaciónsInternacionais de Comercio http://recursostic.educacion.es/secundaria/edad/3esohistoria/quincena4/swf/q4_contenidos_2c/libro.htm

  14. A maior parte das operacións comerciais teñen lugar entre os países desenvolvidos. Segundo datos de 2008, o comercio entre eles representa un 69% do total. Non obstante, o intercambio con países pobres ascende só ao 25% , mentres que os intercambios entre estes representan o 6% restante. • A escala rexional, Europa é a maior potencia mundial en volume de intercambios, aínda que tres cuartas partes son vendas no interior. Por detrás Asia e Estados Unidos. • China é o primeiro exportador mundial de mercadorías desde 2009 • Os países emerxentes (BRIC) son os de máis rápido crecemento en volume de comercio. • As mercadorías representan a maior parte dos intercambios (81%, 19% servizos, en 2006) • Por volume de vendas en 1º lugar están os combustibles (15%en 2006) seguidos de equipos de oficina e telecomunicacións (12%), produtos químicos, compoñentes de automóbiles e os produtos agrícolas, téxtiles e de confección. • Máis do 40% do comercio mundial corresponde aos intercambios entre as empresas multinacionais e as súas filiais repartidas polos países pobres CARACTERÍSTICAS DO COMERCIO MUNDIAL

  15. Comercio interior Está configurado polo conxunto de intercambios que se realizan dentro das fronteirasdun país. Haidous tipos principais de comercio interior: • O comercio por xuntooumaiorista. É a primeira fase da actividade comercial. As empresas maioristas compran as mercadorías aos productores para posteriormente venderllasaos comerciantes minoristas. • O comercio polo miúdoouminorista. Estes comerciantes compran aosmaioristas para logo vender directamente aos consumidores. Son os comercios aos que acoden a maior parte dos cidadáns. O comercio interior adopta moi diversas formas segundo o desenvolvementoeconómico dos países e as súastradiciónsculturais: • Comercio ambulante • O pequeno comercio tradicional • Grandes superficies comerciais. Nesteenderezo tés información adicional sobre os distintos tipos de comercio interior http://recursostic.educacion.es/secundaria/edad/3esohistoria/quincena4/swf/q4_contenidos_2b/index.htm

  16. OS TRANSPORTES • O transporte é a actividade que traslada persoas e mercadorías entre dous ou máis lugares. • O modo en que se realiza o traslado orixina sistemas de transporte diferenciados, como o terrestre, o marítimo e o aéreo. • O transporte constitúe un sector estratéxico debido á súa importancia económica e social. Por iso os estados contrólano total ou parcialmente por distintos medios: Determinando o trazado das rutas terrestres, financiando os grandes proxectos de infraestructuras, etc.

  17. Os principais sistemas de transporte son os seguintes: • a) O transporte terrestre: por estrada e o ferroviario. • b) O transporte marítimo ou naval. • c) O transporte aéreo. • d) O transporte intermodal.

  18. O transporte terrestre por estrada • O transporte por estrada é o máis usado para o traslado de pasaxeiros e mercancías a distancias medias e curtas. • As vantaxes son: • o acceso directo desde o punto de partida ao de chegada • a flexibilidad horaria. • Os inconvintesson: • a sua pouca capacidade de carga, tanto de persoas como de mercadorías • a elevada densidade do tráfico, o que implica o risco de accidentes e a contaminación atmosférica provocada polos motores, coas consiguientes emisións de CO2 causantes do cambio climático

  19. As solucións a estes problemas son o uso de motores con catalizadores e gasolinas sen chumbo e o desenvolvemento de medios de transporte colectivos como o autobús, o metro e o ferrocarril. • Na actualidade, o transporte por estrada presenta diferenzas entre países: • Nos países desenvolvidos contan con redes de estradas, autovías e autopistas densas e ben acondicionadas, o que facilita o control do territorio, a actividade económica e a movilidad das persoas. • Nos países subdesenvolvidos existen redes insuficientes e mal acondicionadas, que contribúen a manter o atraso económico.

  20. O transporte terrestre ferroviario • O transporte por ferrocarril úsase para o traslado de pasaxeiros e mercadorías a distancias curtas e medias. É un medio moi utilizado para o transporte de mercadorías de gran volume e peso como a maquinaria ou os minerais. • As súas vantaxes son • a súa elevada capacidade de carga, • a súa seguridade, • a súa "rapidez" (por non atascos pero non por velocidade) • e a súa case nula contaminación si está electrificado. • Os seus inconvenientes son • a rixidez do trazado • o elevado custo de construción e mantemento das liñas, sobre todo as de alta velocidade.

  21. REDE DE FERROCARRÍS NO MUNDO

  22. Na actualidade o ferrocarril estase recuperando dunha crise motivada pola competencia da estrada e do avión. • No transporte de pasaxeiros: • os trens de alta velocidade compiten co avión e a estrada nas distancias medias • e os trens de proximidade compiten co automóbil e o autobús nas distancias curtas, sobre todo en entre a periferia e o centro urbano das grandes cidades evitando os atascos do tráfico.

  23. No transporte de mercadorías xeneralizouse o uso de contenedores: • axilizan as operacións de carga e descarga • abarata os custos • aumenta a súa competetividade

  24. O transporte marítimo ou naval. • O barco utilízase sobre todo para transporte de mercadorías por mar ou por ríos navegables e só nunha pequena porcentaxe para o transporte de pasaxeiros. • Adoitan ser mercadorías de gran volume e peso • materias primas (minerais), • combustibles (petróleo, gas natural...) • produtos alimenticios (cereais, peixe, carne...) • manufacturas (téxtiles, electrodomésticos, equipos informáticos e electrónicos, maquinaria industrial e agrícola, automóbiles, etcétera). • O transporte de mercadorías por barco é o máis idóneo para trasladar a longas distancias mercadorías pesadas e voluminosas (concentra as ¾ partes do tráfico internacional de mercadorías) • petróleo, • cereais, • minerais • carbón

  25. RUTAS MARÍTIMAS DO MUNDO

  26. As súas vantaxes son a gran capacidade de carga e o baixo custo. • Os seus inconvenientes son a lentitude e o risco de contaminación das augas • O transporte de pasaxeiros por barco é reducido na actualidade. • O de longa distancia case desapareceu, ante a competencia do avión, e céntrase nos cruceiros turísticos. • O de media e curta distancia limítase ao tráfico de ferris entre illas ou entre as beiras dos estreitos. O transporte fluvial ten unha longa tradición no transporte de produtos pesados polo interior dos continentes. É importante nos Grandes Lagos norteamericano e nalgúns ríos europeos, como o Rin e o Danubio.

  27. O transporte aéreo. • O avión utilízase para o transporte de: • pasaxeiros a longa distancia • transporte de mercadorías perecedoiras, urxentes ou de pouco volume e gran valor. • As súas vantaxes son: • rapidez • seguridade • independencia das características do relevo ou da distribución de terras e mares • Os inconvenientes son: • os altos gastos de explotación e mantemento, • o elevado prezo e consumo de combustible • a contaminacion acústica e atmosférica que provoca

  28. Na actualidade o transporte de pasaxeiros vese potenciado • coa creación de voos charters en zonas turísticas, • a proliferación de compañías aéreas de baixo custo • incremento de voos rexionais en avións máis pequenos. • O transporte de mercadorías, pola súa banda, intenta aproveitar a ubicación dos aeroportos en grandes áreas urbanas, industriais e de servizos. • Todo iso esixiu acondicionar os aeroportos, construíndo novas pistas, instalacións de embarque e desembarque de pasaxeiros, terminais de carga e enlaces co transporte terrestre

  29. O transporte intermodal. • O transporte intermodal é o que combina diferentes modos de transporte para o traslado de mercancías ou persoas. Para isocreáronseinstalacións específicas, como as plataformas logísticas, para o transporte de mercancías, ou os chamados intercambiadores, para o transporte de viaxeiros. No transporte internacional de mercadoríasutilízansegeneralmentecontenedores. Coniso, as operacións de traslados sonmáis rápidas e eficaces.

  30. COMENTARIO DE MAPAS TEMÁTICOS

More Related