1 / 23

Un conto de galiñas Mon Daporta

Un conto de galiñas Mon Daporta. 10. Vinte patas, dez peteiros, dez cristas coloradiñas. Que ben loce o galiñeiro coas súas dez galiñas. 10. 9. Unha foi detrás dun galo polo camiño do Grove. Foise para non volver. Eran dez e xa son nove. 9. 8.

devon
Télécharger la présentation

Un conto de galiñas Mon Daporta

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Un conto de galiñas Mon Daporta

  2. 10 Vinte patas, dez peteiros, dez cristas coloradiñas. Que ben loce o galiñeiro coas súas dez galiñas.

  3. 10 9 Unha foi detrás dun galo polo camiño do Grove. Foise para non volver. Eran dez e xa son nove.

  4. 9 8 Outra saiu a un recado. Disque foi mercar biscoito. Nunca máis se soubo dela. Eran nove e xa son oito.

  5. 8 7 Outra seica foi cagar e caeu polo retrete. Nunca máis a volvín ver. Eran oito e xa son sete.

  6. 7 6 Outra non sei que foi dela, porque por máis que a busquei, Nunca puiden atopala e agora só teño seis.

  7. 5 6 Outra vestiuse de novo para saír o domingo. Debeuse perder no baile. Eran seis e xa son cinco.

  8. 4 5 Das cinco que me quedaban, a unha roubouma un gato. Antes aínda tiña cinco, mais agora teño catro.

  9. 4 3 Outra saíume de troula e marchouse cun inglés. Xa só me quedaban catro e agora quédanme tres.

  10. 2 3 Outra saíu de paseo e perdeuse polas rúas. Das tres galiñas que tiña xa só che me quedan dúas.

  11. 1 2 Da parella que aínda tiña unha fuxíu cara á Lúa. Antes tiña dez galiñas e agora teño só unha.

  12. 1 0 A galiña que quedaba marchome para o extranxeiro. Antes tiña o curral cheo e agora está baleiro.

  13. 1 0 Pero daba tanta pena ver a eira tan soíña que cuns cartos que gardaba fun mercar unha galiña.

  14. 2 1 Ter unha galiña soa case é como ter ningunha. Collín cartos para outra e, xa logo, tiven dúas.

  15. 3 2 Como tiña tan pouquiñas, regaloume outra Andrés, E de ter dúas galiñas, pasei logo a tervos tres.

  16. 4 3 Fun de paseo unha tarde e atopeina nun burato. Que galiña máis bonita! E coas tres xa fixo catro.

  17. 5 4 Outra deuma de regalo un veciño moi amigo. Como medra o galiñeiro! Eran catro e xa son cinco!

  18. 6 5 Tiven sorte e, por ser boa, deixáronme outra os Reis. Antes tiña cinco pitas e agora xa teño seis.

  19. 7 6 Outra chegoume unha tarde, metidiña nun paquete. Antes tiña media ducia e agora xa teño sete.

  20. 8 7 Polo aire, revoando, cousa que me extrañou moito, entrou no curral outra pita, e con ela xuntei oito.

  21. 9 8 E polo meu cumpleanos, trouxéronme unhas amigas, unha pola de regalo. Teño xa nove galiñas.

  22. 10 9 Onte déronme unha nova e con ela xuntei dez. O galiñeiro baleiro… volve a estar cheo outra vez!

  23. fin Cousiñas feitas na casa Mon Daporta

More Related