1 / 8

UNIDADE 7

UNIDADE 7. A dinámica da Terra. VOLCÁNS HISTÓRICOS. Ciencias da Natureza 2.º ESO. UNIDADE 7. Volcáns históricos. Preme sobre cada volcán para saber máis. Ciencias da Natureza 2.º ESO. UNIDADE 7. Volcáns históricos. O volcán de Santorini.

elsu
Télécharger la présentation

UNIDADE 7

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. UNIDADE7 A dinámica da Terra VOLCÁNS HISTÓRICOS Ciencias da Natureza 2.º ESO

  2. UNIDADE7 Volcáns históricos Preme sobre cada volcán para saber máis. Ciencias da Natureza 2.º ESO

  3. UNIDADE7 Volcáns históricos O volcán de Santorini • Este volcán entre 1650 e 1500 a.C, provocou a maior erupción da Antigüidade. • O actual arquipélago de Santorini (Grecia) son os restos dunha grande illa que se destruíu por unha erupción explosiva do volcán que había nela. Cando o volcán estourou, o centro da illa derrumbouse no mar, e só quedaron pequenos illotes cunha caldeira no centro. • A erupción lanzou grandes cantidades de materiais á atmosfera e o derrumbe da illa orixinou grandes tsunamis. • As consecuencias foron desastrosas para civilización minoica de Creta. O tsunami devastou poboacións enteiras, sobre todo nas costas. O clima do planeta enteiro, pero sobre todo do mediterráneo oriental, sufriu cambios que levaron a malas colleitas e fames. • Existen escritos dos exipcios que afirman que, nunha data que coincide con esta erupción, o ceo escureceuse durante meses, sen verse luz solar ningunha. O mito da Atlántida ou as doce pragas de Exipto foron asociados con esta erupción. Volver ao menú inicial Ciencias da Natureza 2.º ESO

  4. UNIDADE7 Volcáns históricos O Vesubio • O 24 de agosto do ano 79, o Vesubio (Nápoles) entrou nunha das súas máis violentas erupcións, sepultando as cidades dos arredores (Pompeia e Herculano). • As nubes de gases tóxicos e unha coada piroclástica ardente arrasaron todo ao seu paso. • Moitos dos habitantes das cidades refuxiáronse nos seus fogares. Co paso das horas, o aire facíase irrespirable e moitos morreron asfixiados ou enterrados polas cinzas do volcán. • Tras varios séculos enterradas, hoxe en día, as ruínas de Pompeia e Herculano ofrecen un testemuño inigualable de como eran as cidades daquela época. Volver ao menú inicial Ciencias da Natureza 2.º ESO

  5. UNIDADE7 Volcáns históricos O Timanfaia • O 1 de setembro de 1730 produciuse a primeira das erupcións do volcán Timanfaia en Lanzarote. • Durante o século XVIII, producíronse numerosas erupcións no arquipélago canario, pero este volcán, permaneceu en activo durante un período de seis anos, durante os cales sepultou dez poboacións e cubriu de lava e cinzas boa parte do sur da illa. • As erupcións do Timanfaia expulsaron entre tres e cinco quilómetros cúbicos de materiais, e configuraron boa parte do relevo actual da illa. Volver ao menú inicial Ciencias da Natureza 2.º ESO

  6. UNIDADE7 Volcáns históricos O Tambora • En abril de 1815, na illa de Sumbawa (Indonesia), tivo lugar a erupción do volcán Tambora, coñecida como “a erupción do milenio”. • A erupción sentiuse a 5000 quilómetros. A chuvia de cinzas alcanzó espesuras de tres metros en Indonesia, e chegou ata Francia. No océano, formáronse verdadeiras illas de piroclastos, cinzas, pedra pómez..., que dificultaron a navegación da zona durante anos. • Esta erupción alterou notablemente o clima e o ano 1816 pasou á historia como “o ano sen verán”, xa que as temperaturas foron tan baixas que estragaron as colleitas e provocaron fames. Volver ao menú inicial Ciencias da Natureza 2.º ESO

  7. UNIDADE7 Volcáns históricos O Krakatoa • O 20 de maio de 1883 o Krakatoa comezou unha serie de pequenas erupcións que non alertaron aos seus habitantes. Ninguén sospeitaba que o 26 de agosto un enxordecedor son daría comezo a unha das maiores erupcións volcánicas da historia. • A erupción durou varias horas ata que, na mañá do 27 de agosto, unha descomunal explosión volaría gran parte da illa en anacos. O son producido foi considerado o son máis forte xamais rexistrado, que enxordeceu aos poucos superviventes que se encontraban en distancias de ata 40 km. Os materiais expulsados chegaron ata os 80 quilómetros de altitude, alterando o clima da Terra por algúns anos. • A erupción, así como os devastadores tsunamis, arrasaron centos de aldeas das costas de Indonesia e mataron a máis de 36000 persoas. Na illa de Sebesi, a 13 quilómetros de Krakatoa, non sobreviviu ningún dos seus 3000 habitantes. • Hoxe en día, pequenas erupcións están, pouco a pouco, levantando un novo cono volcánico na caldeira que quedou tras aquela gran erupción. Volver ao menú inicial Ciencias da Natureza 2.º ESO

  8. UNIDADE7 Volcáns históricos O Monte Pelée • O 8 de maio de 1902, tras un tempo mostrando signos de actividade, produciuse a mortífera erupción do Monte Pelée, na illa de Martinica. • A erupción provocou unha nube ardente chea de gases e cinzas que alcanzou unha temperatura de máis de mil graos centígrados e que se desprazou sobre a cidade de St. Pierre a máis de 670 quilómetros por hora. • A nube ardente acabou coa vida da maior parte dos 30000 habitantes de St Pierre. • O 20 de maio, unha segunda erupción destruíu o que quedaba de St. Pierre, e o 30 de maio, unha última erupción provocou outra nube ardente que acabou coa vida de máis de mil persoas de poboacións próximas. Desde entón, o Monte Pelée non volveu mostrar actividade. Volver ao menú inicial Ciencias da Natureza 2.º ESO

More Related