1 / 146

CURSO ONLINE DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

CURSO ONLINE DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES. Índice. Módulo I: Marco conceptual da igualdade de oportunidades. 1.1. O sistema sexo / xénero 1.2.A construcción social da identidade de xénero 1.3. Os roles e os estereotipos. 1.4. A socialización diferencial de xénero.

liv
Télécharger la présentation

CURSO ONLINE DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. CURSO ONLINE DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

  2. Índice Módulo I: Marco conceptual da igualdade de oportunidades. 1.1. O sistema sexo / xénero 1.2.A construcción social da identidade de xénero 1.3. Os roles e os estereotipos. 1.4. A socialización diferencial de xénero. 1.5. A identidade de xénero. Módulo II: A igualdade de oportunidades para as mulleres. 2.1. As políticas e plans de igualdade de oportunidades para as mulleres. 2.2. As accións positivas. 2.3. O enfoque transversal de xénero ou “mainstreaming” 2.4. Concepto de discriminación: discriminacións directas e indirectas. 2.5. o acoso sexual e moral por razón de xénero. Módulo III: Situación actual da participación das mulleres. 3.1. Unha lenta historia de conquistas 3.2. A participación económica: a actividade productiva e a reproductiva. 3.3. A participación socioeducativa 3.4. A participación política 3.5. O “teito de cristal” 3.6. A corresponsabilidade. 3.7 As políticas de conciliación 3.8 As políticas de iguladade nas empresas

  3. 1.1. O sistema sexo – xénero 1.1. O concepto de sexo e o concepto de xénero. • Cando dicimos SEXO referímonos ás características biolóxicas que diferencian a femias de machos en calquera especie, e na humana a homes e mulleres. A unhas e outros atribúensenos crenzas, actitudes, valores, conductas, virtudes e defectos que son diferentes dependendo do noso sexo. • Ao conxunto destas atribucións sociais e culturais denomínaselles XÉNERO e varían no tempo e no espazo, dunha cultura e sociedade a outra.

  4. 1.1. O sistema sexo – xénero

  5. 1.1. O sistema sexo – xénero Na nosa sociedade, e na sociedade occidental dos derradeiros séculos, as mulleres teñen vivido unha situación de desigualdade en todas as áreas: • non acceden á educación ata o século XX. • non teñen dereitos políticos ata o século XX (dereito ao voto). • non acceden ao mercado de traballo de maneira xeneralizada ata despois da Segunda Guerra Mundial. • non acceden a determinados postos ata hai moi poucas décadas (xudicatura, medicina, exército, cargos políticos, etc.). Todo elo porque existía unha identificación sexo/xénero que as facía seren consideradas como un grupo de seres humans que non podían ou debían desenvolver determinadas tarefas, reservadas aos homes.

  6. 1.1. O sistema sexo – xénero Por elo, o sistema sexo- xénero determina a posición social diferenciada para mulleres e homes. Determinou a adicación das mulleres ao eido PRIVADO, esfera DOMÉSTICO-FAMILIAR, e a súa desigualdade política, económica, social e cultural. Destinou aos homes á ESFERA PÚBLICA, ao EMPREGO (traballo remunerado, a diferencia do realizado polas mulleres, non remunerado), á POLÍTICA.

  7. 1.1. O sistema sexo – xénero Pero o xénero varía e variou dependendo do momento histórico e dos valores e crenzas da cultura concreta. Podemos ver algúns exemplos: Non sempre as mulleres foron consideradas fundamentalmente como nais, incapaces de desenvolver determinadas tarefas: • as amazonas foron un lexendario pobo de mulleres guerreiras, que vivían nun reino independente habitado só por mulleres. A maternidade para elas era só una cuestión necesaria para evitar a extinción do seu pobo: unha vez ao ano visitaban a unha tribu veciña, co obxectivo de enxendrar fillas. Os nenos eran enviados de volta cos seus pais ou sacrificados, as nenas quedaban coas súas nais e eran adestradas na caza e na guerra. Tampouco existiu sempre a crenza de que a maternidade limitase ás mulleres en ningún aspecto: • en certos pobos antigos, cando a muller daba a luz, quen se metía na cama a descansar e reporse era o home…a muller atendíao, tanto ao pai como á criatura recén nacida. Este curioso costume, chamado covada, deuse en pobos prerromans como o galaico e o astur e os escritos constátano cara o século I d.C.

  8. 1.1. O sistema sexo – xénero Na actualidade, vivimos un profundo proceso de transformación social que fai que queden xa moi poucos eidos, no político ou no laboral, vetados ás mulleres. Cada vez é mais frecuente atopar mulleres en postos tradicionalmente ocupados por homes: • política, • xerarquía eclesiástica…

  9. 1.1. O sistema sexo – xénero Resumindo: • Xénero non ten que ver só coas mulleres. • Xénero non é sinónimo de MULLER. • É un concepto que fai referencia a características sociais, tanto dos homes como das mulleres.

  10. 1.2. A construcción social da identidade de xénero Cómo aprendemos a ser mulleres e homes. Desde que nacemos, vemos que fan e como viven homes e mulleres: • Na nosa familia, • na escola, • nos medios de comunicación, particularmente na televisión • No noso contorno máis próximo, • e como se comunican os seres humáns mediante a linguaxe. Estes modelos interiorizámolos, asumímolos, incorporándoos á nosa vida e reproducíndoos. Non nos paramos a pensar se están ben ou mal, se teñen sentido ou non, simplemente concebímolos como algo “natural”. Este proceso denomínase SOCIALIZACIÓN

  11. 1.2. A construcción social da identidade de xénero A socialización de mulleres e homes é diferente desde que nacemos, a pesares dos esforzos que se fan para que se reduzan as diferencias en todos os eidos: Esta socialización diferencial dase en cada eido no que se produce. Na familia: • Antes de nacer, as nais preparan a roupa do bebé, que será rosa se é nena e azul se é neno. • Aos nenos se lles animará desde moi pequenos a ser deportivos, a realizar actividade física; ás nenas, pola contra, se lles anima a realizar actividades mais sedentarias –a lectura, os traballos manuais, a pintura-.

  12. 1.2. A construcción social da identidade de xénero No xogo prodúcense tamén grandes diferencias na socialización: Mentres os nenos xogan á guerra de maneira tradicional (espadas, pistolas) ou sofisticada (videoxogos), as nenas prepáranse para a súa función coidadora e maternal xogando con monecas, cociñas e vasoiras.

  13. 1.2. A construcción social da identidade de xénero • Na escola, nenos e nenas reciben estímulos diferentes a pesares de que a escola mixta –a chamada coeducación- está implantada a nivel xeneral. • Diferentes estudos indican que o profesorado trata de maneira distinta a rapaces e rapazas, orientando a uns cara a formación de tipo técnico e a outras cara ás ciencias sociais e humanidades.

  14. 1.2. A construcción social da identidade de xénero Os medios de comunicación e a publicidade inciden unha e outra vez nesa estricta segregación por sexos, proporcionando imaxes tradicionais do que deben facer mulleres e homes, nenos e nenas e mantendo imaxes estereotipadas das mulleres que non se corresponden coa súa posición na sociedade actual.

  15. 1.2. A construcción social da identidade de xénero A linguaxe supón un importante mecanismo de transmisión de ideas eestereotipos en torno ás mulleres. A linguaxe reflicte o sistema de pensamento colectivo e a través del transmítese a forma de pensar, sentir e actuar da sociedade.

  16. 1.2. A construcción social da identidade de xénero • En español utilízase o xénero masculino plural para referirnos conxuntamente a mulleres e homes, pero dese xeito ignoramos a presencia das mulleres en moitos casos (¿por que non se elixiu o feminino para amosar o xenérico, podemos preguntarnos?) • Tamén utilizamos o masculino como xenérico en moitas profesións, evidenciando que houbo un tempo en que eran desenvolvidas por homes, e non tendo en conta que en moitos casos agora a maioría son mulleres as que as levan a cabo, agachando a súa participación (a avogado, a arquitecto…).

  17. 1.2. A construcción social da identidade de xénero Vexamos un par de exemplos: Un pai e un fillo van en coche cando, de súpeto, o pai perde o control do veículo e chocan contra un poste telefónico. O pai morre no acto e o seu fillo queda moi maltreito e é levado ao hospital, onde lle diagnostican lesións importantes que precisan dunha intervención urxente. Foi chamado o médico de guardia e cando chegou á sala de operacións, ao examinar ao rapaz, dixo: “Non podo operar a este rapaz!: é meu fillo! (“o médico” de guardia é unha médica)

  18. 1.2. A construcción social da identidade de xénero Norwak tiña un irmán. O irmán de Norwak morreu. Mais o home que morreu nunca tivera un irmán. (de maneira subconsciente e sen ningunha pista ao respecto, asumimos por defecto que Norwak é un home)

  19. Exercicio 1 A linguaxe sexista agacha ás mulleres, o as asocia a imaxes pexorativas.

  20. 1.2. A construcción social da identidade de xénero O refraneiro e os contos populares son exemplos moi válidos para ilustrar o machismo imperante na sociedade por séculos e o papel negativo e pasivo que se outorga habitualmente ás mulleres. O refraneiro español é particularmente contrario ás mulleres, suliñando a necesidade de controlalas, de evitar a súa autonomía impedíndolles calquera exercicio da súa personalidade. Ao mesmo tempo, os contos populares e os romances propagan a figura do héroe (masculino), valente e esforzado, e a muller, pasiva e sumisa (Cincenta, Brancaneves, A Bela Durminte)

  21. 1.2. A construcción social da identidade de xénero Debemos ser conscientes de que a utilización de lenguaxe sexista, co mantemento de imaxes e prexuizos antigos, non axuda á creación dunha sociedade mais igualitaria, senón todo o contrario.

  22. Exercicio 2 O refraneiro, como expresión de ideoloxías, crenzas e tradicións populares, é particularmente expresivo no que se refire aos estereotipos de xénero que se transmiten ao longo dos séculos. Identifica ás mulleres co mal, coa tentación e denigra a aquelas que non son sumisas: Algúns exemplos: • A muller, se é fermosa pegarache, se é fea cansarache, se é pobre arruinarache e se é rica gobernarache. • Mulleres xuntas, nen difuntas. Incorpora tres exemplos máis de estereotipos de xénero, masculinos e femininos, procedentes do refraneiro.

  23. 1.2. A construcción social da identidade de xénero A Historia como rama do saber non se ten ocupado nunca das mulleres, ata moi recentemente. O eido do privado, da familia, da vida cotiá non ten sido obxecto de interese dos historiadores e das historiadoras ata moi recentemente. A maioría das mulleres desenvolvían a súa actividade nese campo. De maneira xeral, as mulleres quedaban fora da educación reglada e tan so de xeito privado podían recibir formación se a súa familia o consideraba convinte. Aqueloutras que si exercían actividades profesionais, culturais ou artísticas foron sistemáticamente relegadas.

  24. 1.2. A construcción social da identidade de xénero Certas mulleres escritoras optaron por elixir pseudónimos masculinos para que as súas obras literarias fosen publicadas e tomadas en serio, xa que se consideraba que as obras escritas por mulleres non pagaban a pena: Por exemplo: as novelistas George Elliot (inglesa) e George Sand (francesa), a española Fernán Caballero ou a mais recente Isak Dinesen, de nacionalidade danesa, autora de Memorias de Africa.

  25. 1.2. A construcción social da identidade de xénero Pero moitas mulleres racharon os moldes existentes e se adicaron ao que querían, conquerindo logros importantes no desenvolvemento da actividade elixida, no mundo occidental, en Europa e tamén en España: Na política: Clara Campoamor, avogada e parlamentaria que loita case en solitario pola consecución do dereito ao voto para as mulleres no Parlamento español en 1931; ou Concepción Arenal, nacida en Ferrol e reformadora do sistema de prisións español do século XIX. Na pintura: Maruja Mallo, artista galega que no exilio en Arxentina desenvolveu unha obra fundamental da avangarda española. Na literatura: Emilia Pardo Bazán, que na súa extensa obra –mais de 500 títulos- denuncia o sexismo existente na sociedade española e galega do XIX. Na filosofía: María Zambrano, a maior figura do existencialismo español. Na ciencia: María Sklodowska Curie, descubridora do radio e dobre premio Nobel, en Física e Química.

  26. 1.2. A construcción social da identidade de xénero Na actualidade, non se trata só de figuras individuais e excepcionais as que rachan cos moldes tradicionais, senón unha gran porcentaxe de mulleres as que desenvolven tarefas que tradicionalmente non podían ou non debían desempeñar.

  27. 1.3. Os roles e os estereotipos A socialización diferencial de xénero da lugar á creación e mantemento de ROLES DE XÉNERO: Son funcións que se atribúen a homes e mulleres de maneira diferenciada, manifestados en determinadas conductas socialmente esperadas. • O rol femenino por excelencia: nai e esposa ou compañeira, coidadora das personas que viven no fogar. • O rol masculino por excelencia: profesional recoñecido socialmente, con éxito, estudos, emprego, coche, vivenda…

  28. 1.3. Os roles e os estereotipos A imaxe que temos de mulleres e homes inflúe de forma definitiva nas nosas expectativas cara a eles e elas, nos nosos xuizos sobre os seus comportamentos e nas nosas decisións tanto sobre nós mesmos/as como sobre o resto das personas. Ser capaz de ver en que maneira os roles, estereotipos e prexuizos se utilizan na nosa concepción do mundo e das personas é importante á hora de entender a situación de desigualdade das mulleres. Os conceptos de ROLES, ESTEREOTIPOS E PREXUIZOS… … axúdannos a entender a realidade cambiante do mundo no que vivimos.

  29. Texto “Cuando yo apenas empezaba a crecer, mi madre, que estaba muy ocupada con su trabajo, me llevó a quedarme con mis abuelos en Shanghai. Viví con ellos y con una tía abuela que nunca se casó. Naturalmente, las dos mujeres se encargaron de convertirme en una 'verdadera niña'. Mi abuela me enseñó con su propio ejemplo. Ella asumía todas las tareas del hogar sin una sola queja: se levantaba a las cuatro de la mañana y salía a hacer fila para comprar la comida ; regresaba a las seis con una gran canasta de alimentos, preparaba el desayuno para toda la familia, luego lavaba la ropa, limpiaba, cocinaba y lavaba los platos. Mi abuelo, entonces jubilado, se quedaba en la casa prácticamente sin hacer nada, más allá de encargarse de las finanzas de la familia. Aun así, mi abuela nunca expresó una sola queja. Ge Youli relata como se lle ensinou a ser unha “verdadeira nena” na China da década dos 70:

  30. Texto Mi tía abuela me enseñaba con mandatos. No me permitía hacer nada de ruido durante las comidas. Me daba instrucciones explícitas sobre las conductas que eran apropiadas. A veces, cuando me sentía muy restringida, me aventuraba a preguntarle, '¿Por qué no le aplicas tu disciplina a mi hermano mayor?' Ella respondía fríamente, '¡Porque eres una niña!‘ Cada día mi hermano jugaba afuera después de la escuela, pero a mí frecuentemente se me confinaba a la casa para aprender a coser, ayudar a mi abuela en la a preparar las comidas o hacer la limpieza. En la mesa, mi abuela escogía lo más delicioso para mi hermano, mientras que a mí me enseñaba la virtud de la autodisciplina y la tolerancia” (Ge, 1995:6-7). En Jolly, Susie, BRIDGE Development – Gender. Género y Cambio Cultural. Institute of Development Studies, 2002. En http://www.bridge.ids.ac.uk/reports/spanish-culture-or.pdf

  31. 1.3. Os roles e os estereotipos ESTEREOTIPOS: Son xuizos de valor e crenzas, relacionados coa atribución de capacidades e actitudes a mulleres e homes, sen criterios obxectivos que os demostren. Son: • Cambiantes no tiempo e nos espacios xeográficos. • non son innatos, senon que se aprenden. • Xeneralizadores, proporcionando unha imagen mental simplificada compartida socialmente. • Compartidos por moita xente, por reflectir os valores que tenta transmitir a sociedade. Se os valores cambian, os estereotipos modifícanse.

  32. 1.3. Os roles e os estereotipos • En xeral, estereotipos e roles dan unha imaxe mais positiva de homes que de mulleres. • Algúns dos estereotipos que funcionan na nosa sociedade sobre mulleres e homes son:

  33. 1.3. Os roles e os estereotipos Según os estereotipos imperantes, os homes son e deben ser (identidade masculina): Autoritarios, silenciosos, activos, decididos, fortes, valentes, racionais, reflexivos, adustos… E as mulleres son (identidade feminina): Impulsivas, faladoras, extrovertidas, cariñosas, emocionais, débiles, delicadas, temerosas, pacientes, familiares…

  34. Exercicio 3 Timidez – Acatamento – Sacrificio – Decisión –- Autonomía – Autoridade – Valor – Competitividade – Dozura – Beleza – Sacrificio – Resignación – Dependencia – Abnegación – Agresividade – Forza – Sinceiridade – Poder – Ordea estas competencias e valores en virtude do que tradicionalmente se considerou como axeitado ou propio das mulleres e dos homes.

  35. 1.3. Os roles e os estereotipos Pero na nosa sociedade, as profundas modificacións sufridas no derradeiro século, teñen transformado de maneira moi sustancial os roles predeterminados que mulleres e homes asumían, e agora mesmo a posibilidade de elección de vida, tanto para unos como para outras, é moito mais amplo. Os homes asumen un papel mais importante no eido privado, particularmente exercendo a paternidade, e as mulleres teñen cada vez mais posibilidades no mundo educativo e laboral de exercer todo tipo de profesións, oficios e carreiras.

  36. 1.4. A socialización diferencial de xénero. • Nos derradeiros cen anos, a nosa sociedade tense decatado das escasas opcións de vida que se concedían ás mulleres simplemente polo feito de seren mulleres. • Actualmente aspírase a que as personas non se vexan perxudicadas nas súas oportunidades pola pertenza a un ou outro sexo, igual que se pretende que tampouco se vexan perxudicadas por pertenceren a unha ou outra raza, relixión, opción sexual, etc. • A desigualdade por razón de sexo está prohibida na nosa Constitución de 1978, pero a verdade é que existe aínda moito por facer, xa que as condicións para acceder a diferentes oportunidades na vida e no mundo do traballo son diferentes para homes e mulleres.

  37. 1.4. A socialización diferencial de xénero. A pesar dos grandes esforzos realizados a través da escola, destinados a conquerir que nenos e nenas teñan iguais oportunidades no seu futuro, a verdade é que o proceso de socialización no ámbito educativo leva consigo a asunción por parte de nenos e nenas de moitos estereotipos e roles prefixados, que terán gran importancia á hora de enfocar as súas vidas profesionais e personais.

  38. 1.4. A socialización diferencial de xénero. Ese proceso de socialización diferencial –a construcción cultural do “feminino” e do “masculino” comeza xa na escola e na familia. Un grave problema é o feito de que as nenas asumen, a través da educación escolar e familiar, o rol de coidadoras como algo natural e propio, mentres que os nenos non reciben o mesmo tipo de estímulos para asumir un rol similar. A falla de reparto deste tipo de tarefas dará lugar a que as mulleres teñan que asumir o que se chama “a dobre presencia”, é dicir, ter un emprego e asumir ao mesmo tempo a totalidade do traballo familiar e doméstico, coa conseguinte carga de estrés e perda da posibilidade de ter tempo propio.

  39. 1.4. A socialización diferencial de xénero. • A sociedade tradicional no mundo occidental estaba ata mediados do século XX conformada por familias nas que home era “proveedor”, no sentido de que se encargaba de aportar o salario para o sustento da familia, e a muller se encargaba do coidado e educación de nenos e nenas e de todo o traballo no fogar. • Este modelo desapareceu progresivamente ao longo do século XX a medida que as reinvindicacións das mulleres ían conquerindo forza. A partir do remate da segunda Guerra Mundial (1945) o proceso de incorporación das mulleres ao mercado de traballo foi maioritario. • En España este proceso dase en torno aos anos sesenta e setenta do século XX, e continúa imparable.

  40. 1.4. A socialización diferencial de xénero Pero mentres as mulleres se incorporaban de maneira xeneralizada ao ámbito laboral –formación e emprego- non se producía o mesmo fenómeno no sentido contrario: os homes non se incorporaban ao traballo no eido doméstico ao mesmo ritmo. Existe un deficit importante agora mesmo en case todas as sociedades occidentais de corresponsabilidade, é dicir, na maioría dos casos son as mulleres as que continúan realizando a maioría do traballo familiar e doméstico.

  41. 1.4. A socialización diferencial de xénero Pero existen tamén outros prexuizos vencellados á socialización diferencial que afectan ás mulleres no eido da formación, da educación e do emprego: Por unha banda existe aínda moita segregación por ramas profesionais: as mulleres son maioría naquelas especialidades formativas vencelladas ás ciencias sociais, ás humanidades e á relación coas personas en xeral, e os homes son maioría naquelas especialidades técnicas e científicas. Un exemplo claro témolo na formación profesional: nas ramas profesionais de fogar, moda e confección, perruquería e estética e sanitaria, as mulleres rozan en España o 85%-90% das personas matriculadas, mentres que nas ramas mineira, do metal, da madeira ou da autmoción os homes son mais do 90% das personas matriculadas.

  42. 1.4. A socialización diferencial de xénero Este feito terá unha gran importancia á hora de avaliar as posibilidades de emprego duns e doutras, e incidirá no mantemento dos estereotipos profesionais vencellados a un e outro sexo. Ademais, existe unha forte segregación vertical no emprego feminino tamén vencellado a esa socialización diferencial: As mulleres están maioritariamente empregadas nos postos mais baixos do escalafón das empresas, xa que os estereotipos as vencellan a postos de categoría inferior, minusvalorando as súas cualidades intelectuais, e considerando que non teñen capacidades para exercer postos de responsabilidade.

  43. 1.4. A socialización diferencial de xénero As mulleres ademais son maioría naqueles postos de traballo nos que se desenvolven aquelas aptitudes aprendidas a traves desa socialización diferencial –postos subordinados, empregos que remiten a súa tradicional faceta como esposas e/ou nais (hostelería, restauración, coidado de personas, servicio doméstico, auxiliares, secretarias, etc.). En xeral, estes postos de traballo teñen salarios mais baixos e ademais están menos valorados socialmente.

  44. Relaciona os seguintes xogos e xoguetes co sexo feminino ou masculino, e reflexiona nunha liña sobre o seu valor na socialización diferencial e o rol que pretenden fomentar nos nenos e nenas Mecanos Monecas Cociñas Caixas rexistradoras Balones de futbol Coches teledirixidos Maquillaxes Videoxogos Exercicio 4

  45. 1.4. A socialización diferencial de xénero • A socialización diferencial ten tamén as súas consecuencias nun dos problemas mais graves que ten a nosa sociedade actualmente: a violencia de xénero. • Debido ao mantemento da crenza da superioridade dun sexo –o masculino- sobre o outro –o feminino- moitos homes consideran natural e xustificado a utilización da violencia no seo da parella e moitas mulleres consideran admisible ser obxecto desa violencia

  46. 1.5. A identidade de xénero A través do proceso de socialización diferencial de xénero, vaise creando a chamada “identidade de xénero”, un conxunto de desexos, percepcións, actitudes e accións pertencentes a cada sexo e excluíntes entre sí. A identidade de xénero maniféstase no ámbito familiar e escolar nas situacións cotiás: as tarefas que se asignan a cada un dos sexos –labores domésticas e cuidado de criaturas ás nenas; reparacións aos nenos-.

  47. 1.5. A identidade de xénero A identidade de xénero daas mulleres adoita estar relacionada coa súa capacidade reproductiva, de seren nais: así todo o relacionado co coidado, a alimentación e educación das criaturas é básico. Este feito inflúe na valoración que as propias mujeres teñen de sí mesmas, sempre preocupándose polas outras personas, atendéndoas e cunha escasa autoestima.

  48. 1.5. A identidade de xénero • En cambio, a identidade de xénero masculina adoita estar relacionada coa capacidade de: • interactuar co mundo, • de descubrir, • de ser aventureiro, • de traballar e esforzarse no mundo público, un traballo que ten un valor recoñecible monetariamente –o salario-.

  49. 1.5. A identidade de xénero • Cando se producen problemas entre o sexo da persona e a súa identidade de xénero –un home que sinte ou actúa como unha mujer- prodúcese un “transtorno de identidade de xénero”. • Algunhas personas con características sexuais dun sexo identifícanse máis co xénero contrario. Algúns deles poden cambiar a súa identidade e outros poden incluso recurrir á cirurxía para cambiar de sexo.

  50. Módulo II: A igualdade de oportunidades para as mulleres Desde o século XVIII, co Pensamento Ilustrado e a posterior Revolución francesa (1789), unha corrente de pensamento propugnou a necesidade de dar aos cidadáns (naquel momento só os homes) igualdade de oportunidades. O que se prantexaba era a necesidade de construir unha sociedade baseada no mérito dos individuos, sen importar cal fose a súa orixe socioeconómica: a todos íanselles dar as mesmas oportunidades de amosar as súas capacidades, que a través do estudo, o esforzo individual, serían as que lles proporcionarían o seu lugar na sociedade.

More Related