1 / 23

F I L Ó S O F O S P R E S O C R Á T I C O S

F I L Ó S O F O S P R E S O C R Á T I C O S. FÍSICOS. POLÍTICOS. MONISTAS. PLURALISTAS. XONIOS Milesios Tales Anaximandro Anaxímenes Efesios Heráclito. Empédocles Anaxágoras Demócrito. SOFISTAS Protágoras Gorxias. MÍSTICOS (Itálicos) Pitagóricos Pitágoras Eléatas

miriam
Télécharger la présentation

F I L Ó S O F O S P R E S O C R Á T I C O S

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. F I L Ó S O F O S P R E S O C R Á T I C O S FÍSICOS POLÍTICOS MONISTAS PLURALISTAS XONIOS Milesios Tales Anaximandro Anaxímenes Efesios Heráclito Empédocles Anaxágoras Demócrito SOFISTAS Protágoras Gorxias MÍSTICOS (Itálicos) Pitagóricos Pitágoras Eléatas Parménides

  2. F I L Ó S O F O S F Í S I C O S Fisis significa Natureza. Os primeiros filósofos trataron de temas físicos (o movemento dos astros, a chuvia, o vento...) e matemáticos (medición de terreos, cálculos para construír edificios e templos...). Afrontaron o problema de xeito metafísico. Quixeron atopar calidades das cousas que non se podían apreciar a simple vista senon razoando, pensando que os sentidos non son fiables, e a apariencia non é a realidade. Dise que os filósofos físicos fixeron o paso do Mito ó Logos. Os dous problemas clásicos son 1. O cambio (¿Por que unha cousa que cambia segue sendo a mesma? ¿Que é o que permanece cando un ser cambia?). 2. A multiplicidade (Todos os seres son distintos. ¿Que é o que permite que a razón os agrupe como se fosen iguais?). Coa sofística, o tema da Fisis perde interese ante o da Polis. ESCOLAS Xonia (Mileto, Éfeso), itálicas (pitagórica, eleática), pluralistas.

  3. F I L Ó S O F O S P O L Í T I C O S ( S O F I S T A S ) TEMAS Polis (sociedade). A filosofía que se fai en Atenas no s. V aC xa non se centra no estudio da natureza (Fisis) senon na vida en sociedade, e os seus temas son a lei, a xustiza, a ética... Os principais autores desta época son os chamados sofistas, aínda que o propio Sócrates foi un filósofo claramente político, e probablemente foi por este motivo que o consideraron un sofista na súa época. Pero xa no pensamento de Platón vólvese reunir a teoría política co estudio da natureza e as matemáticas AUTORES Protágoras, Gorxias.

  4. F I L Ó S O F O S M O N I S T A S Os primeiros filósofos propuxeron un único elemento material como arxé para explicar os problemas do cambio e a multiplicidade. Por exemplo, Tales di que todos os seres naturais se comportan igual porque están feitos de auga. No pensamento de Parménides chégase a unha dificultade insalvable: se todo está feito do mesmo material, entón non hai cambio posible, porque non ten sentido cambiar para chegar a ser o mesmo que se era antes. Por isto, todas as propostas posteriores (filósofos pluralistas) non falarán dun arxé único senon múltiple ESCOLAS Xonia (Mileto, Éfeso), itálicas(pitagórica, eleática).

  5. F I L Ó S O F O S P L U R A L I S T A S A derradeira filosofía monista é a de Parménides. Os autores posteriores falarán xa de que os seres da Natureza están formados por varios elementos que en si mesmos non cambian nunca (como o Ser do que fala Parménides), pero que están mesturándose e remexéndose constantemente dando lugar a unha multiplicidade de seres en constante cambio. AUTORES Empédocles, Anaxágoras, Demócrito.

  6. F I L Ó S O F O S X O N I O S TEMAS Fisis(Natureza). A filosofía nace como un intento de explicar o mundo físico: ¿por que os procesos naturais suceden sempre do mesmo xeito? Arxé (principio). A primeira resposta é que tódolos seres físicos están feitos dun mesmo material (uns dirán que de auga, outros que de aire…) e por iso se comportan sempre do mesmo xeito. Aínda que os seguintes filósofos seguirán falando do arxé, xa non todos lle darán un caracter material tan claro como o dos autores milesios. Logos (explicación racional). O tipo de explicación baseada no razonamento chamouse Logos, e contrapónse ó Mitoou explicación relixiosa que era a que se daba con anterioridade. Dise que cos filósofos xonios dáse o paso do mito ó logos. AUTORES Milesios (Tales, Anaximandro, Anaxímenes), efesios (Heráclito).

  7. F I L Ó S O F O S I T Á L I C O S ( M Í S T I C O S ) TEMAS Fisis (Natureza). Ven a Natureza dun xeito máis abstracto cós xonios. Pitágoras engade a alma á materia, e Parménides non ten en conta as propiedades físicas senon o feito metafísico de que as cousas existen (Ser). Arxé (principio). A súa forma de entender o arxé non é exactamente a dun principio material senon unhas propiedades (Número, Ser) que dan ós seres as súas características. Coñecemento. Formúlase claramente, sobre todo en Parménides, a pregunta por un coñecemento anímico, racional, superior ó coñecemento sensible. Esta pregunta queda como clásica da filosofía, estará presente en toda/o autor/a posterior e está na base das diferencias entre calquera dous sistemas filosóficos. É imposible dar demasiada importancia a este tema. Mística: O seu pensamento xorde de motivacións relixiosas. AUTORES Pitagóricos (Pitágoras), eléatas (Parménides, Zenón de Elea).

  8. M I T O E L O G O S Mito e Logos son dúas formas de explicación da Natureza, a primeira de tipo relixioso e a segunda de tipo racional. Caracterízanse polas presuposicións que fan sobre o comportamento da Natureza: MITO Personificación, divinización da natureza Arbitrariedade Fonte de autoridade: a tradición LOGOS Obxectivación da natureza Necesidade Fonte de autoridade: a razón

  9. M I T O O Mito é unha forma de explicación da natureza que presupón que hai unha persoa ou divindade detrás de cada obxecto ou proceso natural. O seu comportamento é arbitrario, polo que o mesmo proceso terá resultados distintos cada vez que se realice: a frecha dará ou non no branco segundo que o deus que a guíe nos sexa favorable ou desfavorable. O motivo polo que se cre unha explicación mítica é a tradición: sabemos que a frecha coa que Paris matou a Aquiles ía guiada polo deus Apolo porque o dixo Homero. O Mito é o tipo de explicación da natureza anterior ós filósofos xonios, que introducen a explicación racional ou Logos. Pero o Mito non desaparece de todo, senon que pervive ó longo do tempo.

  10. L O G O S O Logos é unha forma de explicación da natureza que presupón que a obxectividade dos seres e procesos naturais: a chuvia, os astros, etc. son obxectos, todo o mundo os ve igual, e non dependen de ningún suxeito, nin da persoa que os contempla nin de hipotéticos deuses que se agocharían detrás deles. O seu comportamento é necesario: sempre suceden igual, seguindo leis fixas que se poden desentrañar. Por exemplo, unha frecha lanzada coa mesma forza e ángulo sempre caerá á mesma distancia, que depende das leis da física e non dos deuses que a guíen. O motivo polo que se cre unha explicación mítica é a razón: Cada persoa ten que entender e aceptar a explicación que se ofrece. Por exemplo, aceptamos o Teorema de Tales (de Proporcionalidade de Triángulos) porque entendemos a demostración. O Logos é o tipo de explicación da natureza que introducen os filósofos xonios en substitución do Mito.

  11. P E R V I V E N C I A D O M I T O As explicacións míticas non desaparecen inmediatamente ó aparecer o Logos. Hai moitos mitos na filosofía de Platón, que teñen a función de despertar coñecementos que as persoas xa teñen, posto que para el a auténtica realidade non se pode expresar mediante palabras. Un deses mitos ou relatos imaxinarios é a construcción dunha cidade xusta rexida polas persoas máis sabias. Este mesmo tema reaparece no pensamento utópico renacentista na que Moro, Campanella e F. Bacon imaxinan tamén cidades maravillosas rexidas polo coñecemento científico. No s. XX, Freud descubre que os mitos como o de Edipo transmiten de xeito inconsciente emocións presentes nas vidas de tódalas persoas. En fin, en moitos temas a ciencia aínda non deu respostas satisfactorias ás nosas preguntas, o que nos obriga a aceptar, quizais provisionalmente, explicacións non suficientemente fundadas na razón.

  12. T A L E S D E M I L E T O (ca. 640/639 - 546/545 a.C.) ARXÉ: A auga Filósofo xonio (milesio). Foi un dos sete sabios: Matemático (Teorema de proporcionalidade), astrónomo (Predixo un eclipse)... Introduce a idea de arxé ou principio constitutivo das cousas. Outros filósofos xonios Anaximandro, Anaxímenes, Heráclito.

  13. A N A X I M A N D R O D E M I L E T O (ca. 610 - 547 a.C.) ARXÉ: O ápeiron (o indefinido) Filósofo xonio (milesio). Á idea de arxé introducida por Tales engade o movemento rotatorio de tódalas cousas polo que se diferencian os contrarios ou opostos. Neste movemento hai orde, harmonía. Outros filósofos xonios Tales, Anaxímenes, Heráclito.

  14. A N A X Í M E N E S D E M I L E T O (ca. 588 - 524 a. C.) ARXÉ: O aire Filósofo xonio (milesio). Matiza a proposta de Anaximandro dun movemento constante citando dous procesos explicativos: condensación e rarefacción. Outros filósofos xonios Tales, Anaximandro, Heráclito.

  15. H E R Á C L I T O D E É F E S O (ca. 544 a.C. - ?) ARXÉ: O lume Filósofo xonio (efesio). Coñeceu as teorías de Pitágoras.O lume representa o incesante devir das cousas. Ademais, Heráclito fala do "gran ano" (Eterno Retorno): A historia do universo repítese en ciclos. Todo parte do lume e se destrúe finalmente no lume, rexurdindo despois para repetir todo o proceso Cambio constante da natureza: Só aparentemente algunhas cousas non cambian. Logos: este cambio non é errático, senón harmónico e dirixido por unha intelixencia. Outros filósofos xonios Tales, Anaximandro, Anaxímenes.

  16. P I T Á G O R A S D E S A M O S (ca. 582 - 500 a.C.) ARXÉ: O número Filósofo itálico (nado en Samos, establece a súa escola en Crotona). Coñece o pensamento de Tales. Viaxa por Asia e Exipto, aprende matemáticas e a relixión órfica. Establécese en Crotona, e funda unha especie de secta, que cre en ideas como a transmigración das almas e a necesidade de purifica-lo corpo. É o primeiro en falar dun cosmos estructurado matematicamente, cunha harmonía semellante á da música. As/os pitagóricas/os introduciron a idea do eterno retorno, aínda que quizais non o propio Pitágoras (o traballo da escola seguíuselle atribuíndo a el trala súa morte, facendo de Pitágoras un persoaxe case mitolóxico). Outros filósofos itálicos Parménides, Zenón de Elea.

  17. P A R M É N I DE S D E E L E A (ca. 540/539 a.C. - ?) ARXÉ: O ser Filósofo itálico (eléata). Nega a mutabilidade e multiplicidade: O ser é, o non ser non é. Inmutabilidade: non hai cambio porque a cousa é despois do cambio o que "non era" antes. Unicidade: non é posible que existan cousas distintas, xa que implicaría que unhas "non son" as outras. É o primeiro en distinguir entre verdade e apariencia, diferenciando dúas vías de coñecemento: a vía da sabedoría (episteme) e vía daopinión (doxa): o coñecemento racional e o coñecemento sensible. Outros filósofos itálicos Pitágoras, Zenón de Elea

  18. Z E N Ó N D E E L E A (ca. 490 - 430 a.C.) ARXÉ: O ser (segue en todo a Parménides) Filósofo itálico (eléata). Discípulo de Parménides. Non aporta nada novo ó seu pensamento, pero dá gran cantidade de exemplos (chamados aporías) para amosa-lo absurdo que sería que o ser fose múltiple ou mutable. Outros filósofos itálicos Pitágoras, Parménides

  19. E M P É D O C L E S D E A G R I X E N T O (ca. 483/2 - 430 a.C.) ARXÉ: Os catro elementos: Terra, Auga, Aire, Lume Filósofo pluralista. Describe o universo como un ente esférico no seu conxunto e movido por dúas forzas cósmicas (Amor, Odio) que causan e gobernan o cambio na natureza. Este cambio dáse en ciclos (eterno retorno). O ser humano coñece "o igual polo igual": Coñece a terra que hai nas cousas pola terra que hai nel, a auga pola auga, etc. Asume a tradición mística dos pitagóricos e a necesidade das purificacións, ata o punto de facer finaliza-la súa vida nunha derradeira purificación, lanzándose ó crater do volcán Etna. Outros filósofos pluralistas Anaxágoras, Demócrito

  20. A N A X Á G O R A S D E C L A Z O M E N E (ca. 499 - 428 a.C.) ARXÉ: As sementes (Aristóteles chámaas homeomerías) Filósofo pluralista. É herdeiro da tradición dos antiguos xonios. As cousas están formadas por "sementes" (spérmata), ou pequenas copias de si mesma, mesturadas con copias das demáis cousas (incluídos os seus contrarios). No coñecemento estas copias entran polos sentidos. Homeomerías, quere dicir “semellantes ó Todo”. O movemento é o constante remexerse destas sementes, como nun torbeliño gobernado por un Nous (mente, intelixencia, alma, algo que pode ser entendido ou principio vital). Outros filósofos pluralistas Empédocles, Demócrito

  21. D E M Ó C R I T O D E A B D E R A (ca. 460 - 370 a.C.) ARXÉ: Os átomos Filósofo pluralista Os seres están formados de partículas pequenísimas que non se poden dividir. Son distintos segundo a figura, orde e posición dos seus átomos. O idea do vacío é necesaria para explicar o movemento dos átomos, e contradí a Parménides, xa que é unha forma de non-ser. É o primeiro mecanicista: Os átomos móvense constantemente con movemento propio e sen dirección, formando os distintos seres cambiantes. Prantéxase a relación corpo-alma, o coñecemento e a ética: os átomos das cousas penetran no corpo polos sentidos e moven os átomos da alma que, chocando entre si, provocan a resposta dos átomos do corpo. Outros filósofos pluralistas Empédocles, Anaxágoras

  22. P R O T Á G O R A S D E A B D E R A (ca. 460 - 370 a.C.) O ser humano é a medida de tódalas cousas: das que son en canto que son, das que non son en canto que non son Filósofo sofista Ten unha escola de retórica e leis en Atenas. Coñece moitas cidades-estado e sabe que cada unha organiza o seu sistema legal de forma distinta. A frase citada debe entenderse en dous sentidos: 1) Entendemos e explicamos a Natureza dende o noso punto de vista segundo a relación que ten con nós (Relativismo). 2) As persoas, non os deuses, crean as leis (Convencionalismo), E estas só teñen sentido se son beneficiosas para os seres humanos. Pero precisamente por iso é necesario obedece-las leis. Outros filósofos sofistas Gorxias

  23. G O R X I A S D E L E O N T I N I (? - antes de 380 a.C.) Nada é. Se algo fose non podería ser coñecido. Se poidese ser coñecido non poderías ser expresado Filósofo sofista. A frase citada resume o escepticismo sofista. Enténdese a tres niveis: 1) Escepticismo ontolóxico: Tódalas cousas están en constante cambio, nada permanece (Gorxias foi discípulo indirecto de Heráclito). 2) Escepticismo gnoseolóxico: Non coñecemos ideas abstractas senon cousas concretas: múltiples e mutables. 3) Escepticismo lóxico: As palabras, son aire expulsado pola boca, e non poden conter toda a riqueza das ideas nin tampouco dos seres materiais. Outros filósofos sofistas Protágoras

More Related