1 / 18

Uxío Novoneyra

Uxío Novoneyra. Día das Letras Galegas 2010. Qué é o día das letras galegas.

mizell
Télécharger la présentation

Uxío Novoneyra

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Uxío Novoneyra Día das Letras Galegas 2010

  2. Qué é o día das letras galegas • Esta data exalta as letras e a lingua galega. Comezou a celebrarse en 1963. A primeira autora distinguida foi Rosalía de Castro. O último é Uxío Novoneyra. Mira a lista íntegra de autores distinguidos enwww.diadasletrasgalegas.com. Podes saber máis cousas sobre o día das letras aquí. • Actividades: • ¿Qué nomes, dos citados na lista que acabas de ver, son para ti máis coñecidos? • ¿Podías falar ou escribir sobre algún deles, algo da súa vida ou da súa obra ou de ámbolos dous aspectos? Inténtao.

  3. ¿Quen foi Novoneyra? • É un dos grandes poetas galegos de todolos tempos • É á literatura galega o que García Lorca ou Juan Ramón Jiménez foron á castelá • Naceu en 1930 na aldea de Parada de Moreda, no Courel... (preme aquí para ler a súa biografía) Actividade complementaria:¿Podes citar algún escritor do grupo ourensán formado polas mesmas datas que o lugués o que pertenceu Novoneyra?

  4. Novoneyra, o poeta do Courel Localiza en Google Maps a Serra do Courel. E busca información do seu entorno e as súas características históricas e sociais

  5. A súa poesía e a súa terra Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!Eiquí síntese ben pouco o que é un home... Terras érmedas do Freixeiro!Montes irados!Pobos pobresque se foron quedando nos ósos!

  6. A súa poesía e a súa terra (2) Pola Lomba polas vagoadas e os cousos da Seara pola Serra do Rebolo e o Carreiro do Sono vai o José de Parada cara Viana do Bolo e Val di Orras subindo e baixando as costas nun soño de idas e voltas.Diante e tras del a serra longa... Cumes mouros das aigas! Montes do sol e a auga! Serras! Terras solas ó sol e as nebras! O sol baixa de cara como un pai á flor da braña…

  7. A súa poesía e a súa terra (3) COUSOS do lobo!Caborcos do xabarín!Eidos solosonde ninguén foi nin ha de ir!O lobo! Os ollos o lombo do lobo!Baixa o lobo polo ollo do boscomovendo nas flairas dos teixosruxindo na folla dos carreirosen busca de vagoada máis sola e máis medosa…Rastrexa párase e ventafinca a pouta ergue a testa e oula cara o ceocon toda a sombra da noite na boca.

  8. A súa poesía e a súa terra (4) Lor ruxindo polo val pecho!Ucedo e ucedo! Fontiñas outaspenedoscarrozos escurosfragas agros soutos e devesas! Terras altas e solasTerras outas e solas!Serras longas mouras!Eu son esta coor de soidá…Ancares soñados co lonxe!Penas de Marco de Medio Mundo en ringuileira do/ Candedo ás MoásCimo da Devesa!Alto da LucenzaFormigueiros Montouto Pía-Páxarotesos cumes do Courel! Pobos pobresardidos de tristura mouros de queimados!

  9. A súa poesía e a súa terra (5) Labregos e pastorasQue sólo vistesEstes tesos e estes vales!Aturula a curuxa e canta o cucomedindo o tempo quedo que se para no cor etornándosecontra un vén cravarse no sitio onde máis sesente... *Estes poemas pertencen a o libro de referencia de Novoneyra: Os Eidos

  10. 1955. Os Eidos 1966.Elegías del Caurel y otros poemas (edición bilingüe) 1974.Os Eidos II 1979.Poemas caligráficos 1985.Os Eidos. Libro do Courel 1988.Do Courel a Compostela. 1956-86 1991.Tempo de elexía 1994.Poemas da doada certeza i este brillo premexido entre as pálpebras 1998. Dos soños teimosos 1999. Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas A súa obra poética básica

  11. Un poeta comprometido O Courel non é o único tema poético na obra de Novoneyra. É un poeta comprometido coa realidade social e política de Galicia, que denuncia a miseria moral da realidade coa que se atopa, tanto aquí como noutros lugares do mundo. • Escoita ao poeta recitar o seu Vietnam canto

  12. A letanía de Galicia • Escoita ao poeta recitar a Letanía de Galicia • ¿Queredes recitalo vos? GALICIA digo eu ún di GALICIA GALICIA decimos todos GALICIA hastr’os que calan din GALICIA e saben sabemos GALICIA da dor chora á forza GALICIA da tristura triste á forza GALICIA do silencio calada á forza GALICIA da fame emigrante á forza GALICIA vendada cega á forza GALICIA tapeada xorda á forza GALICIA atrelada queda á forza 

  13. libre pra servir libre pra servir libre pra non ser libre pra non ser libre pra morrer libre pra morrer libre pra fuxir libre pra fuxir GALICIA labrega GALICIA nosa GALICIA mariñeira GALICIA nosa GALICIA obreira GALICIA nosa GALICIA irmandiña GALICIA viva inda recóllote da TERRA estás mui fonda recóllote do PUEBLO estás n’il toda recóllote da HISTORIA estás borrosa recóllote i érgote no verbo enteiro no verbo verdadeiro que fala o pueblo recóllote pros novos que vein con forza pros que inda non marcou a malla d’argola pros que saben que ti podes ser outra cousa pros que saben que o home pode ser outra cousa sabemos que ti podes ser outra cousa sabemos que o home pode ser outra cousa

  14. Un poema caligráfico Cántoche aposta pra ter os teus favores deusa gran cousa é abondar o teu seo a vrao vido namais chegarlle terte a sola ti por beira xa señas nova e noiva de en por hoxe xa señas diaria miña sola sempre longuismo labiolingua lambe lua sal quente e nembro a nembro atopa todo pra perdelo a volver de novo novamente clameando chamando en chama pedindo un novo intre aquíl tan prometido cando eramos nenos do sol soltos polos soutos perdido e certismos de atoparte oh núa

  15. n o n d d o d a d a cómo cómo d s d o a s o bl a bl debrocas pra miña boca pasas on ora por toda a miña pel e s b a r a s oc roch axustas como un broche roch oc

  16. TODO floxo e sin á m e t o m m e e t t o o compría romper principiando por todo compría xirar xirar i espallar e xuntar a ver que saía pois fora non hai orden algún que valia de imaxen entrou o INVERNO toda a PRIMAVERA XANEIRO ou MAIO? a tua rara beleza crebeina entr’os brazos i era a máis rara fago ademán de erguirme e xa veis escureceu tral’a fiestra e sin noite tampouco … non non é así como somos nin ti nin eu nin todo é a peste da HISTORIA ou tamén esto é disculparse e ún non sólo non é ún nin foi o que foi?

  17. Rasgos da súa poesía • Se a súa poesía foi sempre austera e directa, lingüísticamente, co paso do anos esa labor de depuración foise acrecentando ata chegar a unha austeridade expresiva sorprendente. • No poeta prevalece a importancia dada á reflexión conceptual sobre beleza formal do poema, de ahí esa criba e depuración constante do material lingüístico e formal. As palabras, poucas, precisas, exactas, van sempre moito máis alá do que semánticamente describen ou nomean. Evocan ou invocan unha realidade eterna e universal que subiace por debaixo delas. • Na súa poesía, ademais, destácase a oralidade, a beleza envolvente dos seus versos ó seren recitados en voz alta. Aspecto que quedaba absolutamente claro cando quen os recitaba era o propio Novoneyra, un consumado rapsoda. • A poesía de Novoneyra, profunda e directa, foi ganando recoñecemento, ano tras ano, entre o público galego e a crítica versada, ata o punto de ser considerado, xa en vida de el, un clásico das nosas letras. Polo seu nome e prestixio, foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega ata a súa morte, en 1999.

  18. Actividades finais(para respostar oralmente) • Lugares xeográficos nos que viviu algún tempo da súa vida Uxío Novoneyra. • ¿Como se imaxina un a serra do Courel despois de ler eses versos de Novoneyra? • Nomea algunha das obras do poeta. • ¿Por qué volve Novoneyra ó Courel despois de marchar a primeira vez para Madrid? • Dicíase que Novoneyra, ademais de ser un intérprete espiritual da súa terra, á que cantou reiteradamente, tamén escribiu unha poesía social. ¿Que se entende por eso? • Podías comentar algo sobre a Asociación de Escritores en Lingua Galega. Buscádeo en Internet para máis información, e apuntade o nome dos dous presidentes que seguiron a Novoneyra. • ¿Por qué se afirmaba, ó principio, que Novoneyra era un poeta tradicional e vangardista? ¿Podes razoalo? XOSÉ A. PONTE FAR

More Related