130 likes | 327 Vues
CIENCIA MODERNA-ILUSTRACIÓN. DESCRICIÓN DA REVOLUCIÓN CIENTÍFICA POR D´ALEMBERT, 1759
E N D
CIENCIA MODERNA-ILUSTRACIÓN • DESCRICIÓN DA REVOLUCIÓN CIENTÍFICA POR D´ALEMBERT, 1759 • NUESTRO SIGLO SE LLAMA EL SIGLO DE LA FILOSOFÍA POR EXCELENCIA. EL DESCUBRIMIENTO Y LA APLICACIÓN DEL NUEVO MÉTODO DE FILOSOFAR, EL TIPO DE ENTUSIASMO QUE ACOMPAÑA A LOS DESCUBRIMIENTOS, UNA CIERTA EXALTACIÓN DE IDEAS QUE NOS PRODUCE EL ESPECTÁCULO DEL UNIVERSO... TODAS ESTAS CAUSAS HAN PROVOCADO UNA VIGOROSA FERMENTACIÓN DE LAS MENTES QUE SE EXTIENDE POR LA NATURALEZA EN TODAS LAS DIRECCIONES, COMO UN RÍO QUE HA DESBORDADO SUS PRESAS.
CONTINÚA D´ALEMBERT NA ENCYCLOPÉDIE • “UNA VEZ SENTADOS LOS CIMIENTOS DE UNA REVOLUCIÓN, CASI SIEMPRE ES LA GENERACIÓN SIGUIENTE LA QUE COMPLETA ESA REVOLUCIÓN”. • Así pois, o século XVII comezou a revolución referida ás matemáticas e á astronomía. O XVIII será quen de ampliala a todas as ciencias naturais.
D´Alembert, Fontenelle e o poder da revolución científica • “Si se pudieran pasar matemáticos de contrabando a España, la influencia de sus pensamientos claros y racionales se extendería hasta minar la Inquisición” • A revolución científica podía cambiar toda a actividade humana:
Razón e natureza na Ilustración • Louvanza de razón e natureza procede da Inglaterra do XVII, da teoloxía natural: verdades que só se poden achar polo uso da razón, partindo dun exame da creación, sen necesidade da Biblia. Locke (1632-1704); Boyle (1627-1691) • As leis da razón=as da natureza escollidas por Deus, só podían coñecerse pola experiencia.
Natureza e razón • Newton, 1704, Óptica: “Perfeccionando la filosofía natural [...] los designios de Dios serán revelados por la luz de la Naturaleza” • Voltaire (1649-1778) non precisa da Biblia para recoñecer a existencia de Deus • Spinoza (1632-1677) e Toland (1670-1722) equiparaban a Deus coa Natureza (panteísmo) • Diderot (1713-1784), La Mettrie (1709-1751), D´Holbach(1723-1789) negan a existencia de calquera deus espiritual, pois a razón e a natureza abondan por elas mesmas.
As ciencias na Ilustración • Fontenelle eloxia ós membros finados da Académie francesa como persoas que buscan desinteresadamente a verdade, humildes, austeras, faltas de ambición persoal, amantes da natureza e “homes de letras” ou pertencentes á “república literaria”. • Condorcet (1743-1794) sostén a virtude de crear unha ciencia do “home” capaz de destruír o prexuízo e a superstición e de construír unha nova sociedade sobre principios científicos “obxectivos”, a través da razón.
AS CIENCIAS NO SÉCULO XVIII • Estaban organizadas de maneira diferente á actual • O significado dos termos científicos varía ó longo do tempo • Os campos de estudio das ciencias, aínda que tivesen o mesmo nome que as actuais, eran diferentes
As ciencias e os seus contidos • Ciencia identificada con filosofía natural • A filosofía natural formaba parte da filosofía e ocupábase de cuestións tales como a existencia da alma, o libre albedrío, a pasividade ou actividade da materia e a existencia de Deus. • Maupertius (1689-1759): “mi principio de la acción mínima demuestra la existencia de Dios” • Mdme du Châtelet (1706-1749) apoiaba a teoría mecánica de Leibniz porque explicaba mellor o libre albedrío
Máis sobe as ciencias do XVIII • Física era a ciencia que ensina as razóns e as causas de todos os efectos que a natureza produce. Isto inclúe os fenómenos animados e os inanimados. A medicina, a fisioloxía, o estudo da calor e do magnetismo formaban parte dela. O médico e o físico eran a mesma persoa
Matemática mixta no XVIII • Máis próxima á física actual, incluía: • Astronomía, óptica, estática, hidráulica, gnomónica (reloxos de sol), xeografía, reloxería, navegación, topografía e fortificación
A química no XVIII • Practicada por médicos: ciencia auxiliar da medicina • Estudiaba o reino mineral e analizaba vexetais, campos onde chocaba coa historia natura • Mesturábase coa física no estudio da calor e dos gases • Asociada coa física na aceptación dos catro elementos aristotélicos • Non será disciplina independente ata a segunda metade do XVIII
A historia natural • Ciencia que describía e clasificaba todas as formas da natureza, desde os minerais ata o ser humano, excluíndo os obxectos artificiais e os creados pola “intelixencia”. • O seu método era descritivo e, ademais, clasificaba as formas da natureza (os treis reinos) pero non buscaba as causas. • A fisioloxía vexetal e a animal formaban parte da física • Comezou sendo practicada por médicos , estando asociada á medicina e á farmacia
A finais do XVIII e comezos do XIX • As disciplinas comezan a independizarse: • A química sepárase da medicina • Xorde a botánica independente das necesidades farmacolóxica e, máis tarde, a bioloxía e a xeoloxía • A fisioloxía apártase da física • As ciencias comezan a ser máis cuantitativas e predictivas