E N D
Introducción Cristovo Colón foi un descubridor, navegante, explorador e mercader de orixe humilde (os seus pais eran artesáns); non se sabe moito da súa infancia e desde moi xoven foi un aficcionado á navegación, comenzando as súas andadas no servicio de casas mercantís xenovesas. Chegou a descubrir un novo continente ao longo das súas navegacións, que provocou un cambio na sociedade abrindo un camiño a novas formas de vida (S. XV-XVI), xurdindo un cambio histórico.
Biografía 1451- nace en Xénova(aínda que non hai certeza sobre o seu nacemento) 1476- dirixindose a Flandes, o seu barco naufraga no cabo S. Vicente e consigue salvarse nadando ata a costa. Foi levado a Lisboa. 1478- casa con Felipa moniz de Perestello e introdúcese na corte portuguesa. 1484- ofrece o ofrece o seu proxecto de chegar ás Indias por mar ao rei de Portugal (Juan II) o cal acepta o proxecto; pero negase a que Colón pasara polas Illas Canarias( tratado de Alcaçovas) mandandolle ir por outra zona máis septentrional cousa que Colón non acepta.
1485- trasládase a España, chega ao Monasterio da Rábida e morre a súa dona. 1486-ten a primeira entrevista cos Reis Católicos. Instálase en Salamanca co seu fillo Diego. 1492- firma as capitulacións de Santa Fe cos Reis Católicos, xurdindo a primeira viaxe e con el o descubrimento de América. 1493- retorna a España e ten unha entrevista en Barcelona cos Reis Católicos. Inicia a súa segunda viaxe. 1494-exploración de Cuba e La Española. Empezan os problemas cos indíxenas. 1496-retorna da segunda viaxe. 1499- fai a terceira viaxe. Foi sustituido por Francisco de Bobadilla no goberno das indias. 1502- inicia a cuarta viaxe. Descubre o istmo centroamericano. 1504- retorno definitivo a España. 1506- redacta o seu testamento e morre o 20 de maio.
Causas do descubrimento Dise que son varias as causas: as máis coñecidas foron o descubrimento da brúxula(xa non se perdían), o descubrimento da pólvora e tamén o da imprenta. Isto fixo que xurdiran de novo as actividades marítimas e que aumentara a sede de novas aventuras e riquezas. Outras causas foron: -A extensión do comercio europeo con Oriente. -O desexo de ir ás Indias por un novo camiño menos perigoso e sen piratas. -O movil aventureiro. -A sede de conquistas. -búsqueda do ouro.
O proxecto de Colón Xurdiu do seu xenio que durante anos madurou no seu cerebro. Colón encamiñouse a realizar unha viaxe a occidente no cal tivo que estudar, peregrinar e suplicar de porta en porta. Pide axuda moral e económica para realizar o seu proxecto, primeiro a Xénova, Portugal e Inglaterra (fóronlle denegadas); máis tarde aos Reis de España que ao principio (despois de estudialo) dixéronlle que non. Máis tarde aceptárono.
Colón ante os Reis Colón non se da por vencido e coa negativa de España encamiñase a pedir axuda a Francia, pero dousfrailes impídenlle chegar ao seu destiño presentándolle o seu proxecto á Raíña Isabel. Desta vez foi aprovado pero as arcas do reino español estaban medias baleiras debido ás guerras cos moros. Recaudaron duns e doutros pero a súa viaxe non iba ser en balde e polo tanto facían falta uns convenios cos reis para que a súa chegada non se quedara sen nada.
As capitulacions de Santa Fe Colón firma un convenio cos reis o 17 de abril do ano 1492 obtendo da Coroa de Castela as seguintes capitulacións firmadas en Santa Fe: -Titulo de Almirante do Mar Océano por vida. -Dereito a legar o titulo aos seus descendentes. -Titulo de virrei e gobernador de todas as illas e terra firme que descubrise.
As viaxes de Colón 1ª VIAXE: O DESCUBREMENTO Colón sae do porto de Palos o 3 de agosto de 1492 as tres calaberas, coa misión de descubrir novos mundos, cun capital duns poucos reales, unha tripulación de 120 homes e víveres para tres meses. O 12 de octubre con 2 meses e medio de navegaren atopan terra(illa Guaranini) que Colón bautiza co nome de San Salvador, que sin saber estaba descubrindo un novo continente
2ª VIAXE: A COLONIZACIÓN Colón zarpou de Cádiz o 25 de setembro de 1493. Contou con 17 navíos e 1200 homes ben preparados. O obxectivo era ver que descubrira e debuxalo e enseñarllelo aos Reis Católicos. Quería facer unha carta náutica. Esta expedición foi de conquista, pois levaban relixiosos, animais domésticos, e todo tipo de plantas para colonizar.
3ª VIAXE: O PARAÍSO Colón parte de san Lucas de barrameda( Cadiz) o 30 de Maio de 1498. Nesta viaxe faltaban tripulantes voluntarios para poder zarpar e os Reis Católicos deciden conceder o perdon á maioria de delincuentes que tiñan presos e desa maneira poder zarpar. Descubre as Illas Trinidad e o Golfo de Paria, a desenvocadura do rio Orinoco, lugar no que Colón descubre o paraíso. A viaxe remata sen encontrar Japón nin a costa de China. Xurden revelións contra a autoridade de Colón que fixo que os reis se sentiran enganados por Colón sobre as riquezas do novo mundo. En agosto de 1500 Bobadilla arresta a Colón; en novembro chegan a Cádiz. A Colón sacáronlle os poderes e privilexios que tiña.
4ª VIAXE: A ÚLTIMA A saída tivo lugar o 21 de maio de 1502 dende Cádiz, con 4 navíos e 150 homes partiron co obxetivo de descubrir o paso a Asia(illas das Especias). Non atopou o que buscaba, despois de varios intentos e perdas de navíos o 12 de setembro de 1504 veñen de volta a España sen cumprir o obxectivo. Arriban a San Lucar en novembro moi enfermo e fracasado; Colón reclama na corte os seus dereitos sen ningún éxito.
As naves de Colón Cando Colón sae de Palos na súa primeira viaxe leva tres caravelas: a Pinta, a Niña, e a Santa María. A Santa María era a nave capitana e Colón estaba ao mando dela. Alonso Pinzón encargábase do mando da Pinta, mentres que Yañez pinzón era o encargado da Niña. As naves tomaban o seu paso á marcha dos ventos; eran enbarcacións de madeira a velas. Foi desde a Pinta dende onde divisaron ‘’terra’’ por primeira vez ao chegaren a América.
Morte e testamento Colón morreu o 20 de maio de 1506 en Valladoliz, sen conseguir o seu obxectivo e sin saber que descubrira para os europeos un novo mundo. Un día antes da súa morte redacta o seu testamento deixando como herdeiros a: o seu fillo Diego(primoxénito), ao seu irmán Bartolomé e a Juan de Porras. Neste mesmo testamento aparece dictado como almirante, virrei e gobernador das illas e terra firme da India.
Traballo de historia feito por: Raquel Pérez Caaveiro 4º ESO A