1 / 48

vaca (Bos taurus) vaca cattle vache vaca

vaca (Bos taurus) vaca cattle vache vaca. A vaca é un mamífero artiodáctilo co corpo de aspecto macizo e pesado cuberto por pelo curto de cor variable segundo a raza. Xeralmente o macho é máis grande e máis forte, cos músculos e os cornos máis desenvolvidos.

osborn
Télécharger la présentation

vaca (Bos taurus) vaca cattle vache vaca

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. vaca (Bos taurus) vaca cattle vache vaca

  2. A vaca é un mamífero artiodáctilo co corpo de aspecto macizo e pesado cuberto por pelo curto de cor variable segundo a raza. Xeralmente o macho é máis grande e máis forte, cos músculos e os cornos máis desenvolvidos. Os machos máis grandes e pesados poden superar 1,50 m de altura e 1.000 quilogramos. As femias case nunca superan os 800 kg. Unha vaca pode vivir aproximadamente 20 anos. A maior parte das razas bovinas europeas proceden do uro (Bos taurus primigenius) un toro silvestre que se extinguiu no 1627, aínda que tamén as hai de orixe indoeurepeo e norteafricano.

  3. TRONCO: cilíndrico e groso. Rabo longo e fino rematado nunha borla de pelo longo e duro. Orellas de forma oval, grandes e situadas lateralmente, moi móbiles. Cornos curvados cara adiante e arriba As femias teñen na zona inguinal traseira as ubres (4 tetos) colgantes e os machos os testículos. Fuciño lampiño (sen pelos) húmido e rematado nun morro con dous grandes orificios nasais. PATAS: fortes. Os brazos e os muslos forman un todo co tronco. Pousan as punta dos dedos da man e o pé verticalmente contra o chan sobre unllas reforzadas (pezuños) (teñen catro dedos dos que só dous están apoiados) CABEZA en forma de tronco de pirámide, máis ancha na frente e máis estreita no fuciño. Pescozo forte cun repregue colgante, a papada.

  4. MÚSCULOS caudais trapecio glúteo dorsais bíceps femoral mastigadores deltoide triceps extensor abdominais xemelgo flexor

  5. ESQUELETO pelve cránio omóplato vértebras sacro fémur maxilar húmero cúbito radio costelas tibia esternón carpo tarso peroné metacarpo metatarso falanxes falanxes

  6. ÓRGANOS INTERNOS intestino groso cerebro médula espiñal intestino delgado fígado ril ano cavidade nasal uretra vexiga tráquea esófago pulmón corazón bandullo

  7. APARATO REPRODUTOR FEMIA MACHO músculo retractor vaxina vexiga ubre útero pene ovario tetos testículo

  8. MACHO FEMIA

  9. COMO SE RELACIONAN AS VACAS As vacas andan apoiándose nos pesuños que cobren os dous dedos centrais de cada pata. Os movementos son xeralmente lentos e pausados. Poden correr rápido, pero só distancias curtas -cando se asustan ou cando fuxen ou pelexan-.

  10. O sentido máis desenvolvido é o olfato. Ten e bo oído, pode mover as orellas para coñecer mellor a dirección da que veñen os sons. A vista é deficiente. Non distinguen as cores. A pel é bantante sensible, aprecia deseguida calquera contacto. A zona máis sensible é o fuciño.

  11. As vacas berran ou brúan para chamarse unhas ás outras, cando están en celo ou para pedir alimento. Diante dos ataques deféndense embestindo coa cabeza e cos cornos ou dando couces, sobre todo cando fuxen. O son que emiten as vacas chámase de moitas maneiras segundo as zonas de Galicia: berrar, bruar, muar, bradar, iñar, muñar ou esborrecar. Can está libre vive formando mandas.

  12. ALIMENTACIÓN: É herbívora: traga unha gran cantidade de alimento, xeralmente vexetais (herba verde ou seca). Máis tarde, nun lugar tranquilo devolve a comida á boca e remóea, por eso se di que é un animal ruminante.

  13. O tipo de alimentación das vacas depende do xeito de vida: As que viven en libertade comen vexetais verdes, xeralmente herbas, gromos novos de toxos e outras plantas. As que viven estabuladas aliméntanse de herba seca e pensos. Nalgunha zonas pastan de primavera a outono e os meses de inverno aliméntanse de herba seca ou ensilada.

  14. Vacas estabuladas

  15. A vaca ten un gran estómago dividido en catro partes, cada unha cunha función diferenciada: a primeira, de maior tamaño (bandullo), almacena a herba que tragan enteira, alí é atacada polas bacterias que empezan a súa transformación; desde o bandullo a herba, xa amolecida, volve á boca para ser remoída e dalí vai á segunda parte do estómago (retículo) onde é atacada polos ácedos, desta pasa á terceira parte (cenfollas) onde se absorben algunhas das substancias e dela ao calleiro onde continúa a transformación antes de pasar ao intestino. Con este estómago especializado os ruminantes aproveitan as substancias da herba mellor que os outros herbívoros. bandullo calleiro retículo cenfollas

  16. REPRODUCIÓN: A vaca é vivípara. Emparéllase unha vez no ano. Cando está en celo dise que anda ao boi ou que está de lúa. As crías desenvólvense dentro da nai durante 9 meses (de 280 a 300 días). Normalmente teñen unha cría e máis raramente dúas.

  17. As crías pesan ao nacer entre 30 e 40 quilos, están ben desenvolvidas e desguida érguense para dar os primeiros pasos e para mamar. Son iguais aos adultos, sen cornos e coas patas proporcionalmente máis longas A nai lámbeas para limpalas e recoñecelas polo seu olor. Os xatos ou cuxos maman entre 90 e 100 días dos diferentes tetos. Aos poucos días intégranse coas nais no rebaño e acompáñanas constantemente. A nai protéxeos e deféndeos dos perigos. Normalmente destétanse un pouco antes dos 100 días para aproveitar máis o leite da nai.

  18. AS VACAS E AS PERSOAS • A vaca é un animal ligado á vida e o traballo das persoas desde a antigüidade, especialmente nas comunidades agrícolas. • Das vacas obtense a maior parte da carne que se come, o leite e os seus produtos derivados (queixos, iogur, manteiga, ...). • A súa pel curtida, o coiro, úsase para facer roupa, calzado e outros obxectos. • Os seus cornos aprovéitanse para facer recipientes ou obxectos de adorno. • Os seus excrementos, a bosta, úsase nalgúns países como combustible e como material de construción. • O esterco das cortes úsase para abonar as terras.

  19. obxectos de coiro

  20. No mundo existen 1.200 millóns de vacas. En Galicia arredor de 1 millón

  21. COIDADOS QUE PRECISA: -Limpalas, manterlle a corte en condicións e proporcionarlle o alimento necesario. -Cando están en celo lévanse ao boi ou insemínaas o veterinario. -Hai que vacinalas contra as enfermidades infecciosas para manter a súa saúde e garantir que o leite e a carne non poidan transmitir enfermidades.

  22. A vaca múnxese diariamente. Algúns exemplares superan os 8.000 litros de leite ao ano.

  23. Xeralmente o leite é recollido por unha central leiteira onde é tratado, hixienizado, homoxeneizado e nalgúns casos engádenselle vitaminas ou minerais. Logo envásase e comercialízase. Unha parte do leite destínase á fabricación de queixos artesanais ou industriais.

  24. Case todas as crías machos son cebadas para carne. As de algunhas razas engordan máis de 1 quilo cada día. As tenreiras sacrifícanse entre os 4 e os 8 meses. A idade á que se obtén un maior rendemento e aos 14 meses de vida, cando acadan os 500 quilos aproximadamente.

  25. Cando se despeza a carne os músculos reciben outros nomes segundo as súas cualidades ou o lugar onde están situados. folla branda blanquita rabo agulla lombo ou raxo croca solombo pescozo man tapa folla dura corte redondo falda costelar xarrete peito xarrete

  26. O comercio de animais realízase en lugares especialmente axeitados: as feiras de gando. As feiras celébranse en moitos lugares de Galicia e nelas, ademais do gando, tamén se mercan e venden outros produtos relacionados co campo e a casa. Silleda Monterroso Santiago

  27. HISTORIA A domesticación comezou probablemente na India hai dez mil anos. Os primeiros restos atopados en Europa son aproximadamente de hai seis mil anos. A vaca e o touro deberon ser desde sempre animais importantes xa que aparecen representados en lugares de privilexio na maioría das culturas antigas (asirios, babilonios, persas exipcios e gregos). Pintura nunha parede dunha cova en Lascaux (Francia) de máis de 10.000 anos de antigüidade. Cabeza da deusa exípcia Hator

  28. Ata hai moi pouco tempo a vaca era a principal fonte de riqueza e a forza de traballo máis importante do agro. Asociadas ás vacas e ao traballo creáronse moitísimos aparellos que forman parte da historia e da cultura do noso país e que ao deixar de usar a estas como forza de traballo están a desaparecer: os carros, as grades, os arados.

  29. OS NOMES DA VACA: Macho: boi e máis raramente touro. Macho reprodutor: boi, almallo, boi de posto. Femia: vaca Crías: segundo a idade e a zona: xato ou xata, pocho ou pocha, cuxo ou cuxa , becerro ou becerra, tenreira. Femia nova: xuvenca, toura. Tradicionalmente as vacas duha casa teñen un nome propio xeralmente asociado á cor e ás formas: Aquelas nas que predomina a cor branca: “Palomas”. Ás de cor negra: “Mouras” Ás brancas e negras: “Pintas” Ás demais: “Roxas”, “Morenas”, “Marelas”, “Vermellas” ... xuvenca Xato Marela e Moura

  30. URO (Bos tauros primigenius) Especie europea primitiva da que descenden a maior parte das vaca europeas. Extinguiuse en 1627. Tiña unha altura media na cruz de ata 2 m (os machos) e 1,5 (as femias). Eran de cor escura, e os machos tiñan os cornos longos e curvados cara arriba. Vivían en mandas.

  31. RAZAS GALEGAS RUBIA, VACA DO PAÍS É a raza autóctona máis numerosa da Península Ibérica cuns 400.000 exemplares. De tamaño medio-grande. Os machos miden 1,45 m e poden pesar máis de 1.000 kg. Na actualidade críase sobre todo para producir carne (os becerros machos engordan máis de 1 kg cada día).

  32. CALDELÁ De temperamento tranquilo, moi apta para o traballo (especialmente os bois domados) e para a produción de carne. Zonas: Serras Orientais de Ourense (Castro Caldelas, Manzaneda, Maceda, ...).

  33. FRIEIRESA Moi mansa e apta para o traballo e a produción de carne. Zonas: A Frieira (A Gudiña, Vilardevós), Verín, Laza, Monterrei, ... É a máis escasa das razas autóctonas.

  34. VIANESA Moi adaptada á montaña, boa produtora de leite e apta para o traballo. Zonas: Viana do Bolo, A Veiga, Vilariño de Conso, ... É a raza morena galega máis abundante.

  35. CACHENA, PISCA É a raza máis pequena de Galicia. Os machos miden 1,30 e pesan 500 kg, as femias 1,20 m e non pasan dos 300 kg. Son boas produtoras de leite e carne e moi aptas para o traballo en medios difíciles. Zonas: Entrimo (parroquia de Olelas), Lobios, Padrenda, e nas zonas limítrofes de Portugal. É moi escasa.

  36. LIMIÁ É boa para producir leite e carne e para o traballo. Zonas: Xinzo de Limia, Vilar de Barrio, Allariz, Rairíz da Veiga, Baltar, Cualedro ...

  37. OUTRAS RAZAS FRISONA. Vaca de orixe holandés. Foi criada e seleccionada dende a antigüidade. É unha das vacas leiteiras máis extendidas. Produce unha media de 5.000 litros ao ano. En Galicia é a vaca máis abundante despois da rubia. É de cor branca con manchas negras irregulares repartidas por todo o corpo agás polo abdome. As femias poden acadar 1,50 de altura e pesar 700 kg. Os machos 1,70 e 1.100 kg.

  38. TOUROS DE LIDIA (Bos taurus ibericus). É unha raza típica do centro-sur de España. Considérase o descendente máis directo do uro. De cor maioritariamente negra ou escura, ben musculada, coa cabeza ancha, os cornos longos e afíados, abertos, dirixidos cara adiante e arriba. Críanse seguindo canons que combinan a perfección das formas coa bravura. Os machos lídianse aos cinco anos, cun peso aproximado de 500 kg. HEREFORD. De orixe inglesa. É a raza de vacúns de carne máis extendida polo mundo. Son típicos o pelo lixeiramente rizado, a súa cor vermella coa cabeza e o abdome brancos, o corpo macizo e as patas curtas. Os cornos tamén son curtos e faltan nun 10% dos exemplares. As femias poden acadar 1,35 m de altura e pesar 750 kg. Os machos 1,45 m e 1.100 kg.

  39. CEBÚ (Bos indicus) É de orixe india e está extendido como animal doméstico por todas as zonas tropicais e subtropicais do mundo pola súa resistencia á calor e ás enfermidades. O que máis destaca nel é a chepa de graxa enriba da cruz. Ten o pelo curto e a cor cor variable. Os machos poden acadar entre 1,50 e 1,70 de altura e pesar ata 1.000 kg. IAK (Bos grunniens). Vive no Tibet entre os 4.000 e os 6.000 m de altitude. Está cuberto dun pelo longo e espeso que o protexe das baixas temperaturas da zona. Úsase para cargar e transportar obxectos e persoas e para producir leite. O iak salvaxe é máis grande, pode acadar 1,50 m de altura e 700 kg de peso..

  40. GAUR (Bos gaurus). Vive en estado silvestre nos bosques do Nepal e da India. Os machos adoitan ser de cor escura e as femias roxas e coas patas brancas. BOI ESCOCÉS, VACA DAS HIGHLANDS Pequeno, de cor crara a marrón escura, co pelo longo e duro entre o que cría no inverno unha la espesa que lle permite soportar ben o frío ao aire libre. Críase pola súa carne. Aínda existe silvestre. As femias non superan 1,20 m de altura nin os 400 kg. Os machos poden chegar a 1,30 m e pesar 600 kg..

  41. BOIS CORNILONGOS AFRICANOS. Son descendentes dos cebús. Existen distintos tipos e críanse como animais produtores de leite ou de traballo. Algunhas tribus africanas (como os masai) sácanlles sangue que usan directamente como alimento. Os cornos de algúns exemplares de boi watusi poden acadar máis de 2,5 metros. BANTÉNG (Bos javanicus). Orixinario dos bosques de Indochina e Indonesia. É un animal de pequeno tamaño (entre 1,10 e 1,25 de altura e 250 e 400 kg de peso). Os que se conservan en estado silvestre son máis grandes.

  42. ESPECIES SEMELlANTES Búfalo de auga ou carabao (Bubalus bubalis bubalis). É o búfalo doméstico da India e do Sur de Asia. Úsase como animal de traballo e produtor de carne e leite. As femias teñen os cornos máis longos, acadan 1,40 m e 600 kg e os machos 1,70 m e 900 kg. O leite úsase para facer o queixo “mozarella”

  43. TRADICIÓN ORAL REFRÁNS: -A vaca é ouro, o porco tesouro -Sardiñas e tenreiras, as galegas as primeiras. -Boi marelo escuro ara no mol e ara no duro. -Vaca leiteira non vai á feira. -Á vaca vela ir, ao boi velo vir. -O boi ruín máncase na corte. -Boi que remoe nada lle doe. -Gando na cortes, pouco leite e queixo forte. -A vaca que non come a cando os bois, ou comeu antes ou come despois.

  44. DITOS: A onde irás boi que non labres. Se non é boi é vaca. Amiguiños sí, pero a vaquiña polo que vale. ADIVIÑAS: Dúas torres altas, dous miradores, un espantamoscas e catro andadores (A VACA) Catro pernas, catro fontes, un dalle-dalle e dous reviramontes (A VACA). Catro na cama, catro na lama, dous que lle aguzan e un que lle abana (A VACA). Catro na cama, catro na lama, dous parafusos e un que lle abana (A VACA).

  45. CANTARES: O que compra vaca cega pensando que sanará, ¡Aínda os sans se volven cegos! ¿E os cegos que farán?. San Antoniño garda o gando, San Xoán garda as ovellas, Santa Lucía ás costureiriñas que andan polas casas alleas.

  46. A vaca esquenceuse dos cornos e danos o seu traballo, o seu leite, a súa carne, o seu coiro e a carne e o coiro dos seus fillos. No-nos pode dar máis. O can será o amparo dos ricos, que defende a propiedade do amo e ladra ós probes que van polos camiños. En troques a vaca é o amparo dos probes libres. Os concursos de vacas leiteiras valen máis que os "concursos de belleza". A nosa vaca ten o pesebre en Galiza e os tetos en Madrid. E o que non lle dá de comer a unha vaca non ten dereito a muxila.   As "señoritas" que choran pola morte dun can ridículo non comprenden a door dunha familia labrega cando se lle morre unha vaca Se non fose polo leite das vacas a piolleira das cidades morreríase desnutrida. A vaca é a ama de cría da Humanidade. O día que seipamos o que val unha vaca, Galiza quedará redimida. A vaca é o símbolo da paz. Val máis o que siñifica unha vaca que o que simboliza un león rampante. Xa o dixo un dos nosos economistas: "O albre xenealóxico dunha vaca de leite é máis útil que o albre xenealóxico dun aristócrata”. CASTELAO O tesouro de Francisco Asorey

  47. Montaxe: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet, arquivo Corel. DEBUXOS: Mon Daporta

More Related