1 / 9

A miña esposa recomendoume saír con outra muller. - “Ti sabes que a amas”,

A miña esposa recomendoume saír con outra muller. - “Ti sabes que a amas”, díxome un día, tomándome por sorpresa. A vida é moi curta, dedícalle tempo. - “Pero eu ámote a Ti”, protestei. - Seino. Pero tamén a amas a ela.

pomona
Télécharger la présentation

A miña esposa recomendoume saír con outra muller. - “Ti sabes que a amas”,

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. A miña esposa recomendoume saír con outra muller. - “Ti sabes que a amas”, díxome un día, tomándome por sorpresa. A vida é moi curta, dedícalle tempo. - “Pero eu ámote a Ti”, protestei. - Seino. Pero tamén a amas a ela.

  2. A outra muller, a quen a miña esposa quería que eu visitase, era miña nai, viúva desde había anos, pero polas esixencias do meu traballo e dos meus fillos facían que só a visitase ocasionalmente.

  3. Esa noite chameina para invitala a cear e ir ao cine. - “Que che ocorre? Estas ben?” Preguntoume. Miña nai é unha muller a quen unha chamada tarde, na noite, ou unha invitación sorpresiva é indicio de malas noticias. - “Crin que sería agradable pasar algún tempo contigo”, respondinlle. “Os dos soíños”... Que opinas? Reflexionou sobre iso un momento. - “Gustaríame moitísimo”, dixo.

  4. Ese venres mentres conducía para recollela, despois do meu traballo, encontrábame nervioso, era o nerviosismo que antecede unha cita... e, abofé, cando cheguei á súa casa, vin que ela tamén estaba moi emocionada! Esperábame na porta, co seu vello abrigo posto, rizara o cabelo e usaba o vestido co que celebrou o seu último aniversario de voda, o seu rostro sorría, irradiaba luz coma un anxo. - “Díxenlles ás miñas amigas que ía saír co meu fillo e amosáronse moi emocionadas”, comentoume mentres subía ao meu auto.

  5. ¨ Non poderán esperar a mañá para escoitar algo acerca da nosa velada". Fomos a un restaurante non moi elegante, pero si moi acolledor, miña nai aferrouse ao meu brazo como se fose “a Primeira Dama da Nación”. Cando nos sentamos tiven que lerlle o menú. Os seus ollos só vían grandes figuras.

  6. Cando ía pola metade dos entrantes, levantei a vista; miña nai estaba sentada ao outro lado da mesa e só me miraba. Un sorriso nostálxico deliñábaselle nos beizos. - “Era eu quen che lía o menú cando eras pequeño, lembras?” - “Daquela é a hora de que te relaxes e me permitas devolverche o favor”, respondinlle.

  7. Durante a cea tivemos unha agradable conversación, nada extraordinario, só poñernos ao día un coa vida do outro. Falamos tanto que perdemos o cine. - “Sairei contigo outra vez, pero só se me deixas invitar," díxome miña nai cando a levei á súa casa. Sentina, biqueina e abraceina. - “Como estivo a cita?” Quixo saber a miña esposa cando cheguei aquela noite. - “Moi agradable, graciñas. Moito máis do que imaxinei”, contesteille.

  8. Días máis tarde miña nai morreu dun infarto masivo, todo foi tan rápido, non puiden facer nada. Ao pouco tempo recibín un sobre do restaurante onde cearamos miña nai e mais eu e unha nota que dicía: “A cea está pagada por anticipado, estaba case segura que non podería estar alí, pero igual paguei para dous, para ti e a túa esposa, xamais poderás entender o que aquela noite significou para min. ÁMOTE”! Nese momento comprendín a importancia de dicir a tempo “ÁMOTE” e de darlles aos nosos seres queridos o espazo que se merecen. Nada na vida será máis importante que Deus e a túa familia, dálles tempo porque eles non poden esperar.

  9. Se vive túa nai............... Gózaa. Se non vive .................. Lémbraa. Se tes nai....................... Reenvíao. De certo que farás reaccionar a alguén que teña un pouco esquecida a ese ser marabilloso que é A NAI.... e lembra sempre: Deus perdoa, pero o tempo nunca perdoa. !!!!!!!!!! Nin se pode revolver atrás.

More Related