180 likes | 323 Vues
Presentación da Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil. Indice. Antecedentes da Plataforma : ClusTEX Que e a Plataforma Obxectivos da Plataforma Por que crear a Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil Beneficios da creación da Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil
E N D
Indice • AntecedentesdaPlataforma: ClusTEX • Que e a Plataforma • ObxectivosdaPlataforma • Porquecrear a PlataformaTecnolóxicaGalega do Téxtil • BeneficiosdacreacióndaPlataformaTecnolóxicaGalega do Téxtil • Integrantes da Plataforma Tecnolóxica Galega do Têxtil • Fases de constitucióndaPlataformaTecnolóxicaGalega do Téxtil • Tarefas a desenvolver dentro da Plataforma Tecnolóxica Galega do Têxtil • Metodoloxía de traballo • Estrutura de xestón • Coordinacióncon outras Plataformas • Prioridades da Agenda Estratégica de Investigación de la Plataforma Estatal • Especial atención as TIC
A Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil AntecedentesdaPlataforma: ClusTEX Qué e a AEI? UnhaAgrupación de Empresas Innovadoras ou cluster e un conxunto de empresas interrelacionadas, pertencentes a un espazo xeográfico, que desenvolven a súa actividade de xeito principal o complementario entorno a un mesmo produto o servizo. Cal e a súa misión? Fomentar a formación do seu capital humano. Innovación de produtos e servizos. Impulso de proxectos colaborativos. Cales son os seus obxectivos? Maximizar a competitividade e os éxitos empresariais aproveitando as oportunidades nas cadeas de valor dos produtos. Cal e a estrutura? Toda a cadea de valor do sector téxtil.
A Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil Que e a Plataforma? A Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil do defínese como un lugar de encontro e diálogo de todos os axentes relacionados co Sector Téxtil e o seu futuro depende en grande medida da capacidade de manter e crear vantaxes competitivas mediante o desenvolvemento de actividades de investigación e innovación.
A Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil Obxectivo da Plataforma? O obxectivo da Plataforma e o de fomentar e producir sinerxías entre os axentes galegos interesados no deseño, produción e comercialización no téxtil galego para participar na planificación do I+D+I do sector na Comunidade Autónoma de Galicia e posicionalo como líder entre os sectores estratéxicos galegos.
A Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil Por que crear a Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil? • Polas desvantaxes procedentes da situación de mercado (carencia de bens de equipo, dificultades financeiras, reducido tamaño das empresas, carencia de factores innovadores) • Pola atomizacióndas empresas. • Polo escaso investimento en I+D+I.
A Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil Beneficios da creación da Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil • Incrementar a produtividade das empresas. • Incrementar a capacidade de innovar. • Estimular a creación de novas empresas. • Fortalecer o papel do cluster como promotor do I+D+i no sector. • Analizar e informar ao cluster sobre o estado das tecnoloxías aplicadas. • Fomentar o diálogo habitual entre os axentes que operan a distintos niveis na cadea de valor. • Apoiar o desenvolvemento de proxectos de I+D+i e de mellora tecnolóxica a través da procura de finanzamento. • Fomentar a internacionalización da I+D+i galega. • Elaborar e manter a Axenda Galega de Investigación.
A Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil Integrantes da Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil • Empresas de tódolos eslavóns do cluster • Administración pública. • Grupos de Investigación das Universidades Galegas • Centros de formación especializada • Institucións galegas • Instituto de DesarrolloCaixanova • Entidades financeiras. • Socios Tecnolóxicos • Etc
A Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil Fases de constitución da Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil Fase creación: atracción de axentes necesarios para a súa constitución. Fase concreción: capacidades e prioridades do I+D+I . Fase desenvolvemento: Documento de Visión 2020 e definición de iniciativas e prioridades Axenda Estratéxica de Investigación (AEI). Fase difusión: Plan de divulgación e comunicación da plataforma.
A Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil Tarefas a desenvolver dentro da Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil Recompilación de información sobre as actividades de I+D+I no sector téxtil Elaboración dun mapa de axentes relacionados coa I+D+I dentro do sector Creación e animación dun grupo de empresas referentes dentro do sector Diagnose das capacidades e necesidades do sector en materia de I+D+I Redacción do documento de diagnose das capacidades de I+D+I no sector téxtil Identificación das liñas estratéxicas de I+D+I Redacción dos documentos Vision 2010 e Axenda Estratéxica de Investigación Plan de Difusión
A Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil Metodoloxía de traballo A metodoloxía de traballo para o desenvolvemento da Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil inclúe a rigorosidade no diagnóstico , o fomento da participación de todos os axentes do sector e unha forte orientación á acción.
A Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil Estrutura de xestión da Plataforma A estrutura de xestión da plataforma deberase conformar como unha organización funcional que permita un proceso de decisión eficaz, fluído e á vez controlado polos membros, e que non xere solapamentos con estruturas intermedias xa creadas en Galicia.
A Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil Coordinación con outras Plataformas A Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil pretende complementar os esforzos que se están a realizar a nivel estatal coa plataforma promovida polo ConsejoIntertextil.
A Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil Prioridades da AgendaEstratégica de Investigación de la Plataforma Estatal • Novas fibras especializadas e compostas para produtos téxtiles innovadores • Funcionalización de materiais téxtiles e procesos relacionados • Biomateriais, biotecnoloxías e procesos respectuosos co medioambiente • Novos produtos téxtiles para aplicacións técnicas (transporte, construción, xeotéxtiles...) • Novos produtos téxtiles para mellora da actividade humana • Personalización de produtos téxtiles para o cliente para a súa fabricación masiva • Novos conceptos e tecnoloxías para mellorar o proceso de deseño e desenvolvemento do produto • Ciclo de vida dos produtos téxtiles e de confección. Xestión da súa calidade
A Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil Especial atención as TIC A Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil conta entre as súas liñas estratéxicas prioritarias de actuación o fomento da introdución das novas tecnoloxías da información e a comunicación nas empresas dos sectores que representan. No marco desta liña de traballo, COINTEGA, como promotora da Plataforma Tecnolóxica, formalizou recentemente unha alianza estratéxica co Cluster INEO, que permitirá impulsar novos proxectos de colaboración entre empresas do sector TIC e do téxtil que faciliten a incorporación destas novas tecnoloxías.
A Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil Especial atención as TIC Este proxecto xorde por parte da patronal téxtil galega, COINTEGA, que conta entre as súas liñas estratéxicas prioritarias de actuación o fomento das novas tecnoloxías da información e a comunicación nas empresas do sector téxtil galego, tanto para a mellora dos seus procesos de xestión como da relación cos puntos de venda e clientes finais.
A Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil Especial atención as TIC • Resultado dos primeiros traballos identificáronse proxectos naquelas áreas consideradas como prioritarias: • Proxecto 1: Mellora no intercambio de datos entre fabricante e tenda multimarca. • Proxecto 2: Venda directa a través de tendas virtuais. • Proxecto 3: Implantación dun Cadro de Mando Integral nas empresas do sector. • Proxecto 4: Incorporación de novas tecnoloxías no punto de venda. • Proxecto 5: Posta en marcha dunha intranet para rede comercial.
A Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil Especial atención as TIC Dende a plataforma galega se prentende concentrar os esforzos en todas as liñas de I+D+i en canto a relación das marcas co punto de venta e o punto final, mediante a identificación daquelas aplicacións e solucións tecnolóxicas críticas para o desenvolvemento do modelo de negocio, a súa estandarización e implementación no sector de forma que os axentes independentes (tendas multimarca e fabricantes ) podan actuar cunha eficiencia similar a das grandes cadeas integradas verticalmente.