1 / 34

O GLOBO

O GLOBO. ou: A incrible historia do coello Jarsía, tamén coñecido como “A xoia de San Tomé”. O coello ergueuse contento aquela mañán. Facía sol, corria un ventiño e, sobre todo,. iba ter todo o tempo que quixera para gozar de aquel fermoso globo que lle regalaran.

talasi
Télécharger la présentation

O GLOBO

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. O GLOBO ou: A incrible historia do coello Jarsía, tamén coñecido como “A xoia de San Tomé”

  2. O coello ergueuse contento aquela mañán. Facía sol, corria un ventiño e, sobre todo,

  3. iba ter todo o tempo que quixera para gozar de aquel fermoso globo que lle regalaran.

  4. Camiñaba feliz polo prado cando, de repente,

  5. apareceu diante dos seus ollos unha moeda. “Hoxe, sen dúbida, é o meu día de sorte” pensou.

  6. Agachouse para collela e, no descoido, o globo fuxeulle polo aire.

  7. Correu atrás del, pero o globo subía e subía tan lixeiro que nada puido facer para recuperalo.

  8. Pero case non lle dou tempo a poñerse triste porque mirou a moeda que atopara e foi correndo a mercar outro

  9. … e máis grande. Volveu de novo ao seu paseo, e volveu,de novo, a ter sorte, porque un pouco máis alá

  10. atopou, xusto diante dos pés, unha cenoria.

  11. Esta vez tomou precaucións e, antes de agacharse a collela, atou o globo ao rabo.

  12. Pero, de súpeto, un refacho de vento empurrou con tal forza, que levou consigo ao globo e ao coello que estaba amarrado a el.

  13. O vento non parou, máis ben foi gañando folgos, e levou ao globo, e ao coello, ata os montes que se vían alá ao lonxe desde a súa casa …, e máis alá dos montes…, e máis lonxe…

  14. Levouno tan lonxe que atravesou, cheo de medo, o país, o Mar Mediterráneo, Italia, Grecia, Rusia, os Países Nórdicos, outro mar, Inglaterra e Francia

  15. onde, por sorte para el, quedou enganchado na Torre Eiffel, de París.

  16. de albanel, de electricista,… En París traballou de gaiteiro,

  17. ata que xuntou os cartos suficientes para mercar un billete de tren (Non quixo volver en avión porque xa viaxara abondo polo aire, aínda ao seu pesar) e volveu á casa.

  18. A súa aventura foi recollida por todos os periódicos, case todas as revistas e a televisión;

  19. e aínda hoxe, que xa leva lentes porque non ve ben, tén un “sonotone” porque oe fatal, e anda con bastón porque as pernas non lle responden tan ben como quixera; segue a contar, día sí e día tamén, que:

  20. Dunha volta, cando aínda era novo, cun globo de cor azul, ou vermello, ou verde, ou amarelo, ou… (calquera outra cor, según o día),

  21. percorreu case todos os países de Europa ata que, ao pasar por Francia,

  22. quedou enganchado na torre Eiffel, de París.

  23. de pintor,… Alí traballou de camareiro, de músico,

  24. ata que xuntou cartos para pagar un billete de tren (Estaba canso de voar) co que volveu á casa,

  25. e foi recoñecido, e saeu nos periódicos, e nas revistas, e na televisión;

  26. e aínda agora que xa vai vello, e leva lentes porque non ve ben, e tén un audífono porque oe fatal, e camiña coa axuda dun bastón porque as pernas non lle responden como deberan, conta, un día sí e outro tamén, que:

  27. Hai moito tempo, cando aínda era novo, cun globo de cor laranxa, ou violeta, ou das cores do arco da vella; con forma de estrela, ou de avión, ou bolboreta; amarrado ao rabo,

  28. percorreu unha morea de países do mundo

  29. ata que bateu coa torre Eiffel

  30. de pallaso, e alí, en París, traballou de mecánico, de vendedor,…

  31. ata que xuntou os cartos para mercar un billete de tren (Non lle gustaba viaxar polo aire) e volveu á casa convertido en famoso,

  32. e saeu nos periódicos, nas revistas e na televisión;

  33. e aínda hoxe, que xa vai bastante vello e usa lentes porque non ve ben, leva un “sonotone” porque oe fatal e usa bastón porque as pernas non lle responden como a el lle gustaría, segue a contar, día sí e día tamén, que:

  34. Hai xa ben de anos… Cousiñas feitas na casa Mon Daporta

More Related