1 / 8

La Fragua de Vulcano

La Fragua de Vulcano. Cristina Pereiro Rey  4º B. INFORMACIÓN.

quilla
Télécharger la présentation

La Fragua de Vulcano

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. LaFraguadeVulcano Cristina Pereiro Rey  4º B

  2. INFORMACIÓN

  3. A fragua de Vulcano é unha obra de Diego de Velázquez realizada despois da súa primeira viaxe a Italia en 1629, os críticos están de acordo en fechar a obra en 1630 ao mesmo tempo que o seu cadro “A túnica de Xosé". Semella ser que ámbolos cadros fixéronse sen o encargo do rei, anque sí pasaron a formar parte de coleccións reais ao pouco tempo. Actualmente se encontra no Museo do Prado.

  4. TEMÁTICA O cadro describe o momento no que o deus Apolo, coronado de loureiro visita o lugar onde Vulcano se atopa fabricando armas para a guerra. A coroa de loureiro sobre a cabeza permite identificar ao personaxe coma Apolo. O deus Apolo comunica a Vulcano o adulterio da súa muller Venus con Marte, deus da guerra, por esa razón todos os personaxes miran con cara sorprendida ao deus que acaba de presentarse no estudo, incluso algún deles abre a boca e os ollos para indicar este xesto de sorpresa. Velázquez se inspirou para realizar esta obra nun grabado de Antoni Tempesta, modificándoo amplamente e centrou a acción narrativa nos xestos e expresións, mediante un estilo clasicista barroco que non recorda nada tenebrismo. Destaca a interese polo desnudo, como influencia da estatuaria grecorromana e da corrente clasicista de Guido Reni. De Reni podería provir tamén a composición a modo de friso. A Guercino recorda, por outro lado, os tons claros da figura de Apolo. Esta obra a realizou en Roma sen mediación de encargo a instancias do pintor Pedro Pablo Rubens que visitara España aquel mesmo ano de 1629. Velázquez realiza dous grandes lenzos na casa do embaixador español. Son dous lenzos que constitúen parella e que se trae coa súa equipaxe de volta a España: A túnica de Xosé y A fragua de Vulcano.

  5. ANÁLISE O asunto elexido para este lenzo é unha escena sacada da mitoloxía romana, en concreto de As metamorfosis de Ovidio. Velázquez a interpreta nunha versión estrictamente humana, con personaxes contemporáneos. Apolo vese envolto nun manto que deixa ao descuberto o seu torso desnudo. Vulcano, neste caso, é simplemente un herreiro, ao igual que os cíclopes que o axudan, que son homes do pobo que coñecen o oficio. Vulcano lle contempla con ollos atónitos despois de escoitar a mala nova sobre o adulterio da súa muller co deus Marte a quen lle estaba a forxar neses momentos unha armadura. A caverna onde o deus herreiro forxa as armas dos demais deuses é no cadro unha herrería de tantas como Velázquez puido ver en España ou en Roma. Coa maestría que lle caracteriza, pinta ademais unha serie de variados artefactos propios dunha fragua. Non é estraño a interese de Velázquez polo desnudo, desde que chegou a Madrid en 1623 comeza a dar mostras delo, pero este desnudo se acrecenta nas súas obras despois da súa primeira viaxe a Italia entre os anos 1629-1631. Da súa viaxe italiana non só recolle a súa interese polo desnudo se non tamén a influencia da pintura veneciana, que podemos apreciar na utilización da cor para pintar, como se ve na chamativa túnica laranxa do deus Apolo. Do seu paso por Roma recolle a influencia de Miguel Ánxel á hora de facer figuras moi fortes e moi masivas. A musculatura de Vulcano y de outros personaxes que o rodean non é desdeñable, son figuras atléticas que mostran sen pudor a súa fortaleza, incluso forzan a súa posición para que se noten máis os músculos. Por outro lado Velázquez sempre estivo obsesionado por acadar profundidade nas súas obras. Neste caso comeza a utilizar o que se denomina «emparedados de espacio», é dicir, enfronta unhas figuras a outras para que na nosa mente exista esa sensación de profundidade. Logra a profundidade do espazo desa maneira, e non tanto pola paisaxe da fiestra situada ao fondo da estancia.Por último é destacable, como en moitas das súas obras, a calidade fotográfica dos obxetos que aparecen no cadro, neste caso principalmente metálicos, armaduras, o xunque, os martelos ou o mesmo ferro candente mostran un gran realismo levado ao extremo. Ao fondo, na parte superior da dereita, se ven diversos obxetos sobre unha repisa que forman un bodegón por sí mesmos, o que é característico das primeiras obras de Velázquez. Como bo pintor español as súas personaxes son populares, non están idealizadas como nas pinturas italianas. Vulcano incluso chega a ser bastante feo e o deus Apolo, anque ten un aura que o diferencia dos demais, non nos permite xulgar a idealización do seu rostro.

  6. -Velázquez. Diego Rodríguez de Silva Velázquez -Nacionalidade: España -Sevilla 1599 - Madrid 1660 -Pintor -Estilo: Barroco Español -Escola: Barroco sevillano, Escola Española

  7. Diego Rodríguez de Silva e Velázquez, pintor barroco español, naceu en Sevilla en 1599. Aos once anos inicia a súa aprendizaxe no taller de Francisco Pacheco onde permanecerá ata 1617, cando xa é pintor independente. Ao ano seguinte, con 19 anos, se casa con Juana Pacheco, filla do seu mestre, feito habitual naquela época, con quen terá dúas fillas. Entre 1617 e 1623 se desenrola a etapa sevillana, caracterizada polo estilo tenebrista, influenciado por Caravaggio, destacando como obras O Aguador de Sevilla ou A Adoración dos Magos. Durante estos primeiros anos obtén bastante éxito coa súa pintura, o que lle permite adquirir dúas casas destinadas a aluguer. En 1623 se traslada a Madrid onde obtén o título de Pintor do Rei Felipe IV, gran amante da pintura. A partir dese momento, empeza o seu ascenso na Corte española, realizando interesantes retratos do rei e o seu famoso cadro Os Borrachos. Tras ponerse en contacto con Peter Paul Rubens, durante a estancia deste en Madrid, en 1629 viaxa a Italia, onde realizará a súa segunda aprendizaxe ao estudar as obras de Tiziano, Tintoretto, Miguel Ánxel, Rafael e Leonardo. En Italia pinta A Fragua de Vulcano e A Túnica de Xosé, regresando a Madrid dous anos despois. A década de 1630 é de gran importancia para o pintor, que recibe interesantes encargos para o Pazo do Bo Retiro como As Lanzas ou os retratos ecuestres, e para a Torre da Parada, como os retratos de caza.A súa pintura se fai máis colorista destacando os seus excelentes retratos, o de Martínez Montañés ou A Dama do Abanico, obras mitolóxicas coma A Venus do Espello ou escenas relixiosas coma o Cristo Crucificado. Paralelamente á carreira de pintor, Velázquez desenrolará unha importante labor coma cortesano, obtendo varios cargos: Axudante de Cámara e Aposentador Maior de Palacio. Esta carreira cortesana lle restará tempo a súa faceta de pintor, o que motiva que a súa producción artística sexa, desgraciadamente, máis limitada. En 1649 fai a súa segunda viaxe a Italia, onde demostra as súas excelentes calidades pictóricas, trunfando ante o papa Inocencio X, ao que fai un excelente retrato, e toda a Corte romana. Regresa en 1651 a Madrid con obras de arte mercadas para Felipe IV. Estos últimos anos da vida do pintor estarán marcados pola súa obsesión de acadar o hábito da Orde de Santiago, que supoñía o ennoblecemento da súa familia, polo que pinta moi pouco, destacando As Hilandeiras e As Meninas. A famosa cruz que exhibe neste cadro a obterá en 1659. Tras participar na organización da entrega da infanta María Teresa de Austria ao rei Luis XIV de Francia para que se unisen en matrimonio, Velázquez morre en Madrid no ano 1660.

More Related