1 / 57

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ. UNIDADE DIDÁCTICA LETRAS GALEGAS 2008 4º ESO Autora: Ana Martins CPI Alcalde Xosé Pichel Coristanco. OBXECTIVOS. Coñecer a traxectoria vital do autor. Afondar no contexto histórico e social da vida do autor.

salena
Télécharger la présentation

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ UNIDADE DIDÁCTICA LETRAS GALEGAS 2008 4º ESO Autora: Ana Martins CPI Alcalde Xosé Pichel Coristanco

  2. OBXECTIVOS • Coñecer a traxectoria vital do autor. • Afondar no contexto histórico e social da vida do autor. • Coñecer a obra poética de Xosé María Álvarez Blázquez. • Coñecer a obra narrativa en galego. • Coñecer os seus proxectos editoriais. • Coñecer o labor de Álvarez Blázquez como intelectual total. • Valorar o contributo poético e intelectual deste autor á literatura galega. • Valorar o compromiso lingüístico, literario e político do autor en tempos difíciles.

  3. CONTIDOS • Biografía dirixida do autor a través da súa obra literaria. • Contexto social e histórico da vida do autor. • Obra poética en galego. • O seu labor como investigador e editor literario. • O seu labor como historiador e arqueólogo. TEMPORALIZACIÓN 5 ou 6 sesións (50 minutos).

  4. CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR • 1915: Nace en Tui

  5. CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR • O autor nace en 1915. En 1917 ten lugar a creación dunha institución importante para as nosas letras e para o labor de recuperación do noso idioma. Cal é? Procura información na seguinte web. • Fai un resumo sobre a súa historia e o seu programa ideolóxico.

  6. CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR • En 1923 xorde outra institución que procuraba a investigación nas nosas letras, historia, arte, etc. Cal? Infórmate neste sitio. • Indica cales foron os seus membros fundadores e cales eran os seus obxectivos.

  7. CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR En 1931 créase o Partido Galeguista. O autor entra a formar parte primeiro das Mocidades Galeguistas e máis tarde do propio partido durante a súa estadía en Pontevedra mentres estudaba Maxisterio. Unha figura importante do galeguismo da época animouno a participar nestas actividaes políticas. Quen foi? A ver se o averiguas nesta páxina. • Investiga un pouco sobre a historia desa personaxe aquí. • Le aquí palabras de Álvarez Blázquez sobre o discurso que pronunciou nun acto das Mocidades Galeguistas en 1934. Cal é o título? Que aniversario se conmemoraba?

  8. CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR • Co golpe militar franquista de 1936 moitos galeguistas, republicanos e liberais progresistas foron encarcerados, fusilados ou, no mellor dos casos, tiveron que exiliarse fóra de Galiza. Algún familiar do autor tamén sufriu estas represalias, De quen se trata? Pescuda aquí.

  9. CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR • Rematada a Guerra Civil española apenas se publicaron libros en Galiza e moito menos en galego. A edición, igual que a resistencia política e cultural, desenvolveuse neste período principalmente en América. En 1949 publicouse en Pontevedra a colección de poesía “Benito Soto” promovida por Sabino Torres, Manuel Cuña Novás, Emilio Álvarez Negreira, curmán do autor, e Celso Emilio Ferreiro. Polas mesmas datas saíron os primeiros títulos de Bibliófilos Gallegos, e máis a Editorial Monterrey, da man de Luís Viñas Cortegoso e o propio Xosé María. • Un proxecto xurdido en 1950 consolidouse, de entre todas eles, como o máis estábel e o de máis continuidade, e constituíu a referencia obrigada do rexurdimento da actividade intelectual na Galiza interior. Cal é? Procura aquí. • Cal foi o primeiro libro publicado nesta editora?

  10. CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR • En 1975 morre o ditador Francisco Franco. Isto supuxo o lento espertar das liberdades e o camiño cara a restauración da democracia. Le o seguinte fragmento recollido na obra biográfica do fillo do poeta, Xosé María Álvarez Cáccamo, onde relato como seu pai recibiu a boa nova:

  11. CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR • Tanto devecía o meu pai pola chegada dese momento liberador, tantas veces imaxinaría a verbalización do suceso intanxíbel que, cando se viu obrigado a transmitir a noticia aos seus alumnos da Escola Náutico-Pesqueira de Vigo, ficou subitamente mudo. Sentiu a conmoción de corenta anos de noxo como unha coitelada eléctrica e fría a percorrerlle o camiño da columna vertebral. Os alumnos decatáronse da súa repentina palidez e algún achegouse para atendelo. Unha vez superado o transo, o profesor non foi quen de explicarlles os íntimos motivos da súa emoción. E ficou coa dúbida de se a atribuirían a razóns de solidariedade co defunto. Álvarez Cáccamo: Memorias do poeta

  12. CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR • En 1985, ano da morte do poeta Galiza vivía xa en democracia e as cousas mudaran favorabelmente para o noso idioma e as nosas letras. Imos ver que tal estás de cultura xeral. Responde as seguintes preguntas. Podes pescudar nas seguintes webs: • Día das Letras Galegas • Loia • Xunta de Galicia

  13. CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR • 1. Quen era o presidente da Xunta de Galiza en 1985? • 2. Coa chegada da democracia Galiza tivo por fin o ansiado Estatuto de autonomía. En que ano se aprobou? • 2. Uns anos antes o Parlamento galego aprobara por unanimidade unha importante lei para a normalización da nosa lingua. Cal? En que ano se aprobou? • 3. A que autor se lle dedicaron as letras galegas ese ano? E no teu concello, • 4. Quen era o alcalde daquela?

  14. BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA • 1915: Nace en Tui,no número 11 da Rúa Elduayen (hoxe Paseo da Corredoira). É o terceiro dos seis fillos varóns que tiveron o médico pontevedrés Darío Álvarez Limeses e María Blázquez Ballester, nada en Matanzas (Cuba) e filla de cubana e levantino. Xa o seu pai proviña dunha familia de intelectuais progresistas. Nesta web poderás atopar os nomes dalgúns dos seus familiares máis destacados na causa galeguista e no cultivo das nosas letras. Quen eran e son?

  15. BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA • Vive nunha casa moi grande, propiedade do pai, que tiña alí a consulta médica, cunha horta onde cantaban os paxaros nas mañás do verán. Alí estuda o bacharelato. Xa de ben neno escribía poemas coma estes seguintes. Fachada actual da casa natal en Tui.

  16. QUEIXAS Soíña nesta terra eu sempre vivo, soíña nesta vida eu sempre estou, de min nadie se lembra nesta mundo, de min nadie no mundo se lembrou. Non teño pai nin mai, nin teño fillos, non sei o que é quererse nin que é amor, non teño nesta terra compañía, nin topo neste mundo compasión. Eu soia para sempre xa me encontro, eu soia para sempre xa estarei, a min nadie me quere nesta vida, e a nadie nesta vida eu quererei. Tui, 24 de decembro de 1927 A CAMPANA DA MIÑA IGRESIA Campana da miña igresia, non sei que che pasará que cando tocas a morto poste a chorar. Tocas nos días de festa, tocas para ir a rezar co teu son sempre contento cal non o hai. Pero si tocas a morto poste a chorar. Eu ben sei por que ti choras tanto hoxe coma mañán. Choras por aquelas almas que se van. Ademais ti ben o sabes Que todos somos irmáns, e por eso cando tocas A morto , poste a chorar. Tui, 22 de xuño de 1928 BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

  17. BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA Durante a súa infancia o poeta pasa cos irmáns e a nai as tempadas de verán nunha casa na parroquia de Baión, en Vilanova de Arousa. Isto lembra nalgún dos seus poemas. Foto de Baión

  18. BAIÓN Torno a ti, meu Baión, terra louvada, terra do meu corazón, amante miña, onde os meus pais me diron ista anguria de estar morrendo arreo pola terra. Cando xa non coidei que máis t evise, torno para adormentarme no teu colo, para me quencer na morna terra túa por onde van as veas do meu soño. Aquil andar decote pola vida sin ter os pés no mundo, coma os ventos que nascían nas frgas de Sovilas e iñan bater no lombo de lantaño. Aquil tremulecer de follateiras, Por onde asubiaban os paxaros As cantigas que tiñan deprendido De nós, os seis irmáns de ollos acesos. E logo aquil miragre, sempre novo, De atopar nos camiños donicelas E lagartos arnaus, postos na terra Para ledicia dos nenos, acotío! Todo torna de sócato arestora, Cando xa non coidei que máis volvese o pálpito segredo dunha anguria Que é estar morrendo arreo pola terra. Terra dunha nenés que tiña cores E adobíos de festa polo vranhe, cando á mañán andaban antres os millos as pegas rabilongas e os coellos. E osm ouros estorniños no tellado, coas súa frauta de panidos meles, escorrentaban a perguiza nosa: Espertade, rapaces,espertade! Agora ben me lembro distas cousas, terra do meu Baión, terra amantiña, onde durme a nenés dun home canso que non pode chorar porque xa é tarde… BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

  19. BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA Neste poema autobiográfico publicado en Canle segredo (1976) o autor, xa home adulto, lembra con nostalxia os fermosos tempos da infancia. a) Estabelécense dous eixos temporais no poema. Sinálaos. b) Pan é o símbolo do bucolismo. Este poema está ambientado nun espazo bucólico. Que elementos da natureza se converten na fotografía da infancia do poeta? c) No poema recóllense elementos dialectais, algúns propios da zona de Vilanova de Arousa, outros non; e mais popularismos. Sinálaos.

  20. BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA 1932: Publica o poemario Abril en castelán. Funda con Xoán Vidal a revista Cristal, onde publica o seu primeiro texto en galego “O merlo poeta”, incluído máis tarde en Poemas de ti e de min (1949). Podes lelo aquí. Nestes anos o poeta trasládase a vivir a Pontevedra para cursar estudos de Maxisterio. Vive co seu tío Xerardo Álvarez Limeses, sogro de Alexandre Bóveda. Será este último unha das persoas influentes que animen a Xosé María a ingresar no ano 1933 nas Mocidades Galeguistas. As ideas galeguistas e progresistas estaban agromando no estudante universitario que xa manifestaba o seu espírito de fraternidade democrática e de amor ao pobo traballador en poemas coma este dedicado aos mariñeiros da Moureira, antigo barrio pontevedrés, que escribiu con 18 anos:

  21. INMENSIDÁ Levaime convosco, homes da Moureira levaime convosco onde o vento queira: tanto se me dá mar amigo ou fosco. Irmáns mariñeiros, levaime convosco na proa arriscada da vosa gamela, poñeime na fronte a esquencida estrela que por esquencida roubácheis ao ceu, e contai coa renda diste espirito meu. Dareivos, en troques, a lene poesía do serán, do abrente, da noite e do día, do río e a estrela, do monte e do val, do roibo meniño e o merlo lanzal. Toda a poesía heivos de dicir que vos presentides na alma bulir, coma o peixe bule nas molladas redes: poesía sinxela, que non comprendedes, feitos, coma estades, na inmensa poesía das inmensidades. Mais, irmáns, levaime onde o vento queira e daime o meigallo que vivís na xeira cando peiteáde-la testa do mar coas redes, que o leixan para namoricar. Dádeme a poesía que sabedes vós, a poesía anterga dos vosos avós. Irmáns mariñeiros, pouco se vos dá que na miña alma haxa imensidá! BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

  22. BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA a) Neste saúdo entusiasta aos mariñeiros, ofrécelles a súa poesía a cambio de cousas intanxíbeis que lle poden dar os mariñeiros. Que lles pide? b) Sinala os elementos da paisaxe mariña e do traballo do mar que atopes no poema, ás veces en forma de preciosas comparacións e metáforas.

  23. BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA En 1934, fai prácticas na escola de Tui, que aproba en 1935, ano no que toma posesión na escola de nenos da Guarda. En 1936 é trasladado á súa parroquia natal de Pazos de Reis (Tui). Finalmente gañará a praza de mestre para Coia (Vigo) en 1937. Neste mesmo ano publica o libro de relatos Os ruíns na editora de Ánxel Casal, quen nesa altura é fusilado polas tropas franquistas. Tamén seu pai é fusilado o 30 de outubro por participar nas loitas da resistencia republicana en Tui. Por causa da súa pertenza ao Partido Galeguista, o propio Xosé María foi inhabilitado e suspendido de emprego e soldo e desterrado a unha escola zamorana en Coreses. Alí escribe, en 1941, este angustiado fermoso poema neotrobadorista. Sinala os trazos que che lembran á poesía medieval:

  24. Que lonxe vivo, ai madre! Que lonxe estou. Unha anduriña, madre, que non tornou. Virán os tempos, madre? Virá San Xohán? Eu xa cavilo, ai madre! Que non virán. Mais se viñeren, madre, irei daquela matar a sede, ai madre, da nosa arela. Irei daquela, madre, coma anduriña que en vello niño, ai madre, tardeiro aniña. Ai, madriña! Coreses, 20-VI-41 Poemas de ti e de min (1949)

  25. BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA Mais axiña se había librar deste desterro, porque en 1942 élle concedida unha excedencia voluntaria alegando unha doenza falsa que seu irmán Darío, médico coma o pai, certificou. Nese ano trasládase a Vigo, onde se mudara toda a familia para fuxir da persecución fascista que aínda os asediaba en Tui. En Nigrán instalaron unha telleira familiar que durou até 1945, cando por mor dun accidente, se arruinaron. Xosé María consegue entón un traballo administrativo na Confraría de Pescadores de Vigo, no Berbés, o que lle permite sosterse economicamente e poderse dedicar asemade á investigación literaria e histórica. O contacto cos mariñeiros inspirará o seu Romance do pescador peleriño, que publica en 1954,co que gaña o Premio Pondal do Centro Galego de Bos Aires, e do que podes escoitar aquí un fragmento musicado por Suso Vaamonde.

  26. En 1946 casa con María Luísa Cáccamo Frieben, nai dos seus 6 fillos e que reside aínda hoxe na rúa Gran Vía de Vigo. Este amor puido ser o que inspirou poemas neotrobadoristas coma este. Nao Velaí vén pola ribeira a barca dos namorados. Ai, amor! como camiña lixeira. Nin trai remos nin trai velas, a barca dos namorados ai, amor! que a gobernan as estrelas. Abule, que veleí vén a barca dos namorados, ai, amor! para nos levar tamén. Sabarís, 1951 BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

  27. BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA En 1945 publícase a novela en castelán En el pueblo hai caras nuevas, novela policíaca ambientada en Francia que gozaría de varias reedicións na época e que mesmo foi empregada, en edición anotada en francés, no país galo como manual para o ensino do español. Esta novela foi traducida por Alfonso Álvarez Cáccamo, fillo do poeta, ao galego como Na vila hai caras novas. Coa versión en castelán o autor resultou finalista da primeira edición do prestixioso Premio Nadal no ano 1944. Mais, cal foi a novela gañadora nesa edición? Procura información aquí.

  28. BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA En 1947 estréanse dúas obras de teatro escritas en colaboración co seu irmán Emilio:El zapato de Cristal, estreada no Teatro García Barbón, e Los pazos altivos, estreada no Teatro Jovellanos. Aquí tes fotos destes dous teatros. En que cidades os podemos atopar?

  29. BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA 1948: Dedícase ao comercio do libro antigo e abre a Librería Monterrey xunto cun amigo bibliófilo e inspector de Ensino Primario. Cal é o seu nome? Procúrao aquí. En maio dese mesmo ano nace a súa primeira filla María Luísa, que é coñecida por un curioso alcume e á que lle dedica o poemario infantil Roseira do teu mencer (1950). Queres saber cal é ese alcume? Pois le o seguinte poema e coñece a María Luísa con dous aniños da man de seus pais.

  30. BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA Ao ver que non tiñas nome maxinamos que serías ventureiriña do monte. Froleciña ventureira que- ao millor- nasceu co orballo nunha luzada de estrelas. Como andabamos a rir -ventureiriña do monte!- chamámoste “Colorín”. Roseira do teu mencer (1950)

  31. BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA 1949: Publícase Poemas de ti de min. Aquí enriba podes ver a portada… ou as portadas. Como é que pode haber un libro co mesmo título asinado por dous escritores diferentes? E quen é ese da foto, é realmente Xosé María? En que colección se publicou o libro? A ver se atopas as respostas aquí.

  32. FOGUETE Rube o foguete ás alturas facendo sega de estrelas. dourado outono de gachos! colleita de luces secas! Como pedradas os tira o labrego fogueteiro, escachando con estrondo o vidro do outo ceo Beira do río, os tellados empúrranse a coller canas, e con medo de rapaces engorripan as espaldas. No queipo do val caeran xa serodios, os luceiros, como os acios de albariño nas vendimas de setembro. Aló, no lonxe da ría, o aldeán vento mareiro, botando escumas de foula, arremeda o fogueteiro Amado Carballo Proel FOGUETES Foguetes na noite azur frolecida de lembranzas; foguetes riba dos campos, foguetes riba das augas… (Os estouridos da festa a ecoar dentro da ialma!) Quen fora esguío foguete que na noitiña estoupara, dempois de rubir ao ceu e non degorar máis nada. A cana na terra: o corpo. O fume no ar: a ialma X.M. Álvarez Blázquez Poemas de ti e de min BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

  33. BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA Estes son dous poemas imaxinistas. O imaxinismo é unha corrente poética de comezos do século XIX que se caracteriza, entre outras cousas, pola creación de imaxes novidosas a aprtir de elementos cotiás ou da paisaxe que por veces aparece humanizada. a) Nestes poemas retrátanse os foguetes estourando no ceo. Sinala os elementos comúns nos dous. b) No poema de Álvarez Blázquez o eu poético identifícase cos foguetes nunhas fermosas metáforas. Sinálaas.

  34. ROMANCE DO AFIADOR Velaí vén o afiador asubía que asubía; co seu carro de unha roda é coma a besta xuncida. Trai unha caixa de ferros e unha pedra onde il afía: unha pedra condanada que bota raios e chispas. Vén para acá, afiador; afía a navalla miña. Teño na festa da Virxe de facer trinta feridas. - Xa fican poucas navallas, rapaz, para maliaxe miña; róubaas a Garda Cevil aos mozos na romarías. xa rematou a tormenta de trebóns, raios e chispas. a testa do afiador foi a Terra onde caíran. -Afiador, peleriño de corredoiras e vilas: cando non ten que afiar que fai? Afío cantigas. Álvarez Blázquez: Poemas de ti e de min BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

  35. REYERTA En la mitad del barranco, las navajas de Albacete, bellas de sangre contraria, relucen como los peces (…) Juan Antonio el de Montilla rueda muerto la pendiente, su cuerpo lleno de lirios y una granada en las sienes. Ahora monta cruz de fuego, carretera de la muerte. El juez con la Guardia Civil por los olivares viene (…) Señores guardia civiles: aquí pasó lo de siempre. Han muerto cuatro romanos y cinco cartagineses. García Lorca: Romancero gitano ROMANCE DE LA PENA NEGRA Las piquetas de los gallos cavan buscando la aurora, cuando por el monte oscuro baja Soledad Montoya. Cobre amarillo, su carne, huele a caballo y a sombra. Yunques ahumados sus pechos, gimen canciones redondas. Soledad, ¿por quién preguntas sin compaña y a estas horas? Pregunte por quien pregunte, dime: ¿a ti que se te importa? Vengo a buscar lo que busco Mi alegría y mi persona. García Lorca: Romancero gitano BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

  36. BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA a) O “Romance do afiador” é un poeta de clara influencia lorquiana. Lendo os fragmentos dos poemas de Lorca podes observar certas similitudes na ambientación e na escolla de campos léxicos nos poemas dos dous autores: as navallas, os metais, as mortes violentas, a Garda Civil, o lume e os seus elementos. Localiza as semellanzas. b) Igualmente comparten o tipo de estrofa. Cal é? Que rima presenta? c) Hai tamén semellanzas no modo de presentar a personaxe que aparece chegando de algures. Como se expresa no poema do afiador e no Romance de la pena negra. d) Nos tres poemas introdúcese tamén voces dialogando. Como se explicita en cada un deles? Localiza os fragmentos dialogados. e) É moi propio da poesía de Lorca inspirarse en coplas populares. Nestes non vemos ningunha, mais si no poema de Álvarez Blázquez. Cal é?

  37. BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA En 1949 tamén é nomeado Comisario de Escavacións Arqueolóxicas de Vigo, que marcou o inicio da súa carreira pública de arqueólogo. Álvarez Blázquez esculca, descobre e salva en diferentes espazos, localizados fundamentalmente no sur da provincia de Pontevedra, aras, estelas e outros obxectos de valor do pasado remoto galego, que son albergadas no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo.Procura aquí o nome dalgunha obra súa sobre arqueoloxía.

  38. BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA 1950: Funda a editorial Monterrey, cuxo selo tes á dereita, e nela publica algunhas das súas propias obras de poesía. Cales? Aquí tes información. Esta editora ten tres coleccións principais nas que se publican obras de importantes autores para as nosas letras. Nomea tres das coleccións. Pódelas atopar aquí.

  39. BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA Na década de 50 leva a cabo un importantísimo labor investigador e ven a luz varios estudos literarios, sobre todo sobre poesía galega. Indica o nome desas obras que podes atopar aquí. Para alén disto, participa activamente das diversas empresas intelectuais do galeguismo e publica numerosos artigos en diferentes cabeceiras da prensa escrita. Indica algunhas logo de ler esta esta páxina.

  40. BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA Xa sabes cales foron as obras publicadas polo autor na súa propia editora. Unha delas é Roseira do teu mencer, poemario infantil dedicado ao nacemento da súa filla Colorín. Le algún deses tenros poemas, que son como xogos infantís.

  41. A Era un airiño soave que se ergueu pola mañán e viña de non se sabe. Era un recendo de rosas de roseira de ningures, que se meteu pola porta. Era unha cantiga leda que nascía non sei onde e petaba na fiestra. Era unha gracia sotil que baixaba das estrelas... Eras ti! B O sol polas eiras, o orballo no prado, a gracia de Dios nos ares prendida e ti pequeniña. Nos ares prendida, na iauga da fonte, nas follas do souto, nas herbas frolidas, e ti pequeniña. Nas herbas frolidas a gracia de Dios, a voz dos paxaros nos ares prendida, e ti pequeniña! C: O año pitaño D: Arco da vella, vaite de aí BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

  42. E Vinde todos ollar a miña nena: vai co escriño de millo prás galiñas, e as condanadas, véndoa tan pequena, encírrana con bulras e rapiñas. O galo mandarín chégalle ao peito -ollos de vidro, crista de sandía e na fachenda do pescozo ergueito cruces e bandas de outa fidalguía-. A galiña pedrés que nunca pon é a que máis cacarexa; o malandrín do pito novo faise o valentón e todos andan tras meu “Colorín”… Ela non pode máis e berra: Non! tira co escriño e vén chorando a min. F A ver, mamá, A túa neniña, que cociñará? Cunha presa de murrunchos, unha folla de loureiro e un brazadiño de funchos, que comidiña fará? Ela di que vai facer uns melindres para min e para ti! BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

  43. G Durme neniña, durme, meu ben; túa nai ten sono, teu pai tamén. Non penses máis no cabalo Que andaba a fuxir do dono; mira ises cen cabaliños que acarrexan o teu sono! O meu arrolo que nadie o escoite. Dúrmete, nena, que xa é de noite. Aquil cabaliño ledo está tamén a durmir; non o chames, que non pode, meu ben, anque queira, vir. Dúrmete logo, meu año manso; túa nai sospira, teu pai vai canso. O cabalo no che escoita e nin olla como acenas, pois mañán ten de ir á vila levar un carro de nenas. Durme, neniña, co meu arrolo que xa me estafa, terte no colo. BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

  44. BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA ANÁLISE DOS POEMAS A-F a) O poema A é a expresión da ledicia do pai polo nacemento da súa filla primoxénita mediante unha gradación que transcorre desde a maior incerteza á certeza absoluta. Con que metáforas se vai modulando este sentimento? b) Este poema é moi sensorial. Para ir graduando a alegría vai expresando varias sensacións percibidas por diferentes sentidos. Indícaas. c) No poema B atopamos a presenza do refrán ao estilo neotrobadoresco. Ademais, recolle no cuarto e sétimo verso o final dos versos segundo e quinto anteriores. A que recurso estilístico da poesía medieval che lembra isto?

  45. BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA ANÁLISE DOS POEMAS A-F d) O poema C é unha sucesión de versos cun ton popular a modo de refrán infantil. Como se chaman estes versos que riman de dous en dous? e)Arco da vella/ vaite de aí/ que as nenas bonitas/ non son para ti é unha copla popular que abre este poema que semella unha canción infantil para acompañar os xogos dos nenos. Nel prodúcese unha intensificación repetitiva. Con que recursos se consegue? f) O poema E é un poema narrativo que conta como unha nena se achega para lles dar millo ás galiñas, mais asústase delas e vai correndo cara o/a pai/nai. Empregando a voz dun narrador protagonista en primeira persoa verte este poema á prosa indicando cales serían os pensamentos e sentimentos da nena medosa nese momento.

  46. BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA ANÁLISE DOS POEMAS A-F g) O poema F é de novo unha brincadeira que os pais poden usar para xogaren cos fillos. Mais esta nena saíu cociñeira. Cos ingredientes que ten, escribe ti un texto instrutivo coa receita dos melindres. Non esquezas que son parte importante da receita unha boa presada de “diminutivos”. h) O poema G é unha canción de berce para arrolar os meniños para durmilos. Aquí é o cabalo a figura empregada para acompañar a nena nos seus soños. Na cultura popular galega hai unha chea de personaxes que ben son os que traen o sono, como Pedro Chosco, ou ben os que asustan os nenos se pasan a noite en vela, como o Coco, o Sacaúntos, etc. Procura na rede e preguntando aos teus familiares historias destas personaxes. Se tes moita sorte até podes recoller ditos populares coma este: E durme, neniño, que vén o cocón; vai levar o neno, que non dorme, non! Esta web pode serche interesante.

  47. BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA En 1953 Álvarez Blázquez dá a coñecer o Cancioneiro de Monfero, libro que contiña só oito cantigas e mais un limiar e a reprodución facsimilar do que sería a presentación do frade Ramón Pazos, responsable no século XVII de copiar as cantigas. A obra teríana atopado “entre uns vellos papeis destinados ao muíño” o propio Álvarez Blázquez e mais o seu socio da editorial Monterrei, Lois Viñas Cortegoso. Mais cal é o curioso desta publicación? A ver que atopas por esta páxina

  48. BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA Agora xa que sabes que o Cancioneiro foi unha brincadeira que Xosé María lles quixo gastar aos intelectuais da época, e non un verdadeiro cancioneiro medieval. • Nomea algúns dos trobadores que o autor recompila na obra. • Le as seguintes cantigas e di cal delas pertencen aos seguintes xéneros: cantiga de maor, cantiga de amigo e cantiga de escarnio.

  49. RIANDIÑO, IOGRAR Amigas, quando vier meu amigo demandar por mi, que vaia veer se estarey ante o altar de Santa Comba, ú m’él viu o dia que se partíu. Quando quiser meu amigo amigas, fillar perfía por trebellar ora migo, nembrádelli a romaría de Santa Comba, ú m’él viu o dia que se partíu. Amigas, digades quando ora vos él preguntar, veja se estarey chorando dos olhos ante o altar de Santa Comba, ú m’él viu o dia que se partíu. c) Xoga ti tamén a ser trobador. Tenta refacer esta cantiga co teu propio estilo BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

  50. Desque vos vi en cas d’El Rei, señor, mesquiño quedei, e agora vivo coitado como home desconortado con grande amor que vos ei. Con grande amor que vos ei señor, mesquiño quedei e non me val ja conorte se non vós, que soys mía morte desque vos vi en cas d’El Rei. FERNAND’ESQUÍO Quen vos deu ese capelo, don pai, de coór marelo, feito da pel dun novelo que non tiía pai nen nai? Quén volo deu, don Pai que atán mal vos cai? Quén vos donou ese abano, feito de tan negro pano que non saben doutro ogano os mouros que o demo trai? Quén volo deu, don Pai que atán mal vos cai? Quén volo deu ese calçon de bragal, come pendón, e mays o verde cordón que a tal calça non lli vai? Quén volo deu, don Pai que atán mal vos cai? BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

More Related