1 / 23

PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E ATENCIÓN Á DEPENDENCIA

PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E ATENCIÓN Á DEPENDENCIA. DEFINICIÓNS. ■ Autonomía :

dagmar
Télécharger la présentation

PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E ATENCIÓN Á DEPENDENCIA

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E ATENCIÓN Á DEPENDENCIA

  2. DEFINICIÓNS

  3. ■ Autonomía: Capacidade de controlar, afrontar e tomar, por propia iniciativa, decisións persoais acerca de cómo vivir de acordo coas normas e preferencias propias así como  de desenvolver as actividades básicas da vida diaria.

  4. ■ Dependencia. Estado de carácter permanente no que se atopan as persoas que, por razóns derivadas da idade, a enfermidade ou discapacidade, e ligadas á falta ou á perda de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, precisan da atención ou de outra ou outras persoas ou axudas importantes para realizar actividades básicas da vida diaria ou, no caso das persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental, de apoios para a súa autonomía persoal

  5. ■ Actividades Básicas da Vida Diaria (ABVD): As tarefas máis elementais da persoa, que lle permiten desenvolverse cun mínimo de autonomía e independencia, tales como: o coidado persoal, as actividades domésticas básicas, a mobilidade esencial, recoñecer persoas e obxectos, orientarse, entender e executar ordes sinxelas.

  6. ■ Necesidades de apoio para a autonomía persoal: As que requiren as persoas que teñen discapacidade intelectual ou mental para facer efectivo nun grao satisfactorio de autonomía persoal no seo da comunidade.

  7. ■ Coidados non profesionais: A atención prestada a persoas en situación de dependencia no seu fogar, por persoas da familia ou do seu contorno, non vinculadas a un servizo de atención profesionalizada. ■ Coidados profesionais: Os prestados por unha institución pública ou entidade, con ou sen ánimo de lucro, ou profesional autónomo entre cuxas finalidades se encontre a prestación de servizos a persoas en situación de dependencia, xa sexan no seu fogar ou nun centro.

  8. ■ Asistencia persoal: Servizo prestado por un asistente persoal que realiza ou colabora en tarefas da vida cotiá dunha persoa en situación de dependencia, de cara a fomentar a súa vida independente, promovendo e potenciando a súa autonomía persoal.

  9. ■ Terceiro sector: Organizacións de carácter privado xurdidas da iniciativa cidadá ou social, baixo diferentes modalidades que responden a criterios de solidariedade, con fins de interese xeral e ausencia de ánimo de lucro, que dan pulo ao recoñecemento e ao exercicio dos dereitos sociais.

  10. ¿QUE REGULA A LEI? A lei regula as condicións básicas que garantan a igualdade á promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, mediante a creación dun Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, coa colaboración e participación de todas as Administracións Públicas e a garantía pola Administración Xeral do Estado dun contido mínimo común de dereitos para todos os cidadáns en calquera parte do territorio do Estado español. O SAAD configurarse como unha rede de utilización pública, que integra, de forma coordinada, centros e servizos, públicos e privados, debidamente acreditados.

  11. TITULARES DE DEREITO • Tódolos españois que se encontren en situación de dependencia en algún dos graos establecidos pola Lei. • Non importa a idade das persoas, pero establecense peculiaridades  para os menores de tres anos. • DEREITO FUNDAMENTAL • Dereito a acceder, en condicións de igualdade, ás prestacións e servizos.

  12. CONSELLO TERRITORIAL • É o instrumento de cooperación para a articulación do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia. • Composición: • Titular do MTAS • Un representante, competente na materia, por cada Comunidade Autónoma. • Representantes de outros Ministerios.

  13. EVALUACIÓN DO GRAO DE DEPENDENCIA

  14. BAREMOInclúe especificidades dos diferentes tipos de discapacidades (física, psíquica, mental ou intelectual) para valorar a posible dependencia dos cidadáns. Este baremo identifica o nivel e os problemas de desempeño que poidan ter os cidadáns no seu entorno habitual para a realización das ABVD, así como o grao de supervisión e apoio de outra persoa requerido para estas terefas.

  15. - Comer e beber. Regulación da micción/defecación. Lavarse. Outros cuidados corporais. Vestirse. Mantemento da saúde. Transferencias corporais: Sentarse Tumbarse Poñerse en pé …. Desplazarse dentro do fogar. Desplazarse fora do fogar. Tomar decisións. O baremo valorará:

  16. PUNTUACIÓN • GRADO I: de 25 – 49 puntos (DEPENDIENTES MODERADOS) • Nivel I: 25-39 • Nivel II: 40-49 • GRADO II: de 50 – 74 puntos (DEPENDIENTES SEVEROS) • Nivel I: 50-64 • Nivel II: 65-74 • GRADO III: 75 – 100 puntos (GRANDES DEPENDIENTES) • Nivel I: 75-89 • Nivel II: 90-100

  17. SERVIZOS E PRESTACIÓNS QUE RECIBIRÁN OS CIDADÁNS

  18. SERVIZOS • Servizo de Prevención das Situacións de Dependencia • Servizo de Teleasistencia • Servizo de Axuda a Domicilio • Atención das necesidades do fogar • Cuidados persoais • Servizo de Centro de Día e de Noite • Centro de día para maiores • Centro de día para menores de 65 anos • Centro de día de atención especializada • Centro de Noite • Servizo de Atención Residencial • Residencia de persoas maiores dependentes • Centro de atención a persoas en situación de de dependencia con varios tipos de discapacidade.

  19. PRESTACIÓNS ECONÓMICAS • Prestación económica vinculada á contratación do servizo • Compensación económica por coidados no entorno familiar • Prestación de asistencia personalizada • Aseguramento privado de dependencia

  20. Revisión do grao ou nivel de dependencia • O grao ou nivel de dependencia será revisado: • A instancia do interesado • A instancia dos seus representantes • Ou instancias das Administracións Públicas competentes • Motivos da revisión: • Mellora ou empeoramento da dependencia • Erro no diagnóstico ou na aplicación do baremo • As prestacións poden ser extinguidas ou modificadas en función da situación persoal do beneficiario.

  21. FINANCIACIÓN DO SAAD ADMON. PÚBLICA = ADMON. CC.AA. Os BENEFICIARIOS tamén perticiparán na financiación do servizo recibido, en función da súa capacidade económica. Ningún beneficiario deixará de recibir atención por falta de recursos. A aportación concreta dos beneficiarios será establecida polo Consello Territorial.

  22. CALENDARIO DE IMPLANTACIÓN DA LEI • 2007: Atención aos Grandes Dependentes • 2008: Atención aos Dependentes severos nivel 2 • 2009: Atención aos Dependentes severos nivel 1 • 2011: Atención aos Dependentes mederados nivel 2 • 2013: Atención aos Dependentes mederados nivel 1 • 2015: Finaliza o proceso de implantación do Sistema de Dependencia.

  23. GRAZAS POLA SUA ATENCIÓN MARTA LÓPEZ PIÑEIRO TRABALLADORA SOCIAL

More Related