1 / 22

Tema 3 : “A CALOR E A TEMPERATURA”

Tema 3 : “A CALOR E A TEMPERATURA”. IDEAS PREVIAS. * Son sinónimos os conceptos de Calor e Temperatura ? * Son correctas as expresións “ Fai moito calor ” ou “ Teño moito frio” ?. TEORÍA CINÉTICA.

diamond
Télécharger la présentation

Tema 3 : “A CALOR E A TEMPERATURA”

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Tema 3:“A CALOR E A TEMPERATURA”

  2. IDEAS PREVIAS * Son sinónimos os conceptos de Calor e Temperatura? * Son correctas as expresións “Fai moito calor” ou “Teño moito frio”?

  3. TEORÍA CINÉTICA Segundo a Teoría Cinética todas as partículas están en movemento, polo tanto todas teñen enerxía cinética. Segundo o estado da sustancia: • Sólidos: as partículas están moi preto e so poden oscilar. • Líquidos: as partículas están máis separadas e móvense algo máis. • Gases: as partículas están moi separadas e móvense moito ocupando todo o recipiente.

  4. 1. ENERXÍA TÉRMICAou axitación térmica: é a enerxía cinética media (velocidade media) das partículas que forman a materia. 2. TEMPERATURA(T): é a magnitude que mide a enerxía térmica. Mídese en: ->C (Centígrados ou Celsius) -> K (Kelvin) ->F (Fahrenheit) 3. TERMÓMETRO: é o instrumento que mide a temperatura.

  5. ESCALAS DE TEMPERATURA Hai 3 escalas de temperatura • Escala Celsius: expresa a temperatura en graos Celsius (C). 0ºC é a Tª de conxelación da auga e 100ºC é a Tª de ebulición. • Escala Kelvin ou Absoluta: é a escala científica e expresa a temperatura en graos kelvin (K). A equivalencia entre estas escalas é: • Escala Fahrenheit: expresa a temperatura en graos Fahrenheit (F) 32ºF é a Tª de conxelación da auga e 212ºF é a Tª de ebulición. K = ºC + 273

  6. Exercicios: Ex. 2 (páx. 49) Ex. 29 (páx. 64)

  7. 4. CALOR (Q) É a enerxía que flúe dun corpo con maior temperatura a outro con menor temperatura, ata que ambas se igualan e se alcanza o equilibrio térmico. Tamén se pode definir como a cantidade de enerxía térmica que se pode transferir. No S.I. mídese en xulios, J, pero tamén se pode medir en calorías, cal. A conversión entre elas é: 1 cal = 4,18 J

  8. Información Nutricional Se observas a etiqueta de calquera alimento, verás que nela dáse información sobre a enerxía, expresada tanto en quilocalorías como en quiloxulios. Actividade: Busca dous etiquetas de distintos alimentos na casa, recórtaas e pégaas na libreta. Anota a enerxía que marca, tanto en quilocalorías como en quiloxulios, e comproba que o cambio de unidades é correcto. Fai uso para elo do factor de conversión correspondente.

  9. 5. EQUILIBRIO TÉRMICO Estado no que dous corpos alcanzan a mesma temperatura, xa que un deles cede calor e o outro absorbe ese calor. Exemplo: Cando vas tomar un vaso de leite e está demasiado quente, é dicir, a unha temperatura moi alta; engádeselle leite frío, ou mellor dito, con menos temperatura, ata alcanzar a temperatura que desexas e, polo tanto, chegar así ao equilibrio térmico.

  10. Exercicios: Ex. 38 (páx. 64) Ex. 41 (páx. 64)

  11. Consideraciones sobre Calor e Tª • Os corpos non conteñen calor, teñen enerxía térmica. • A calor depende da variación da Tª. • A calor depende da masa. • A calor provoca cambios de Tª (dependen do material). • Científicamente o termo frío non existe, senón que o que temos é ausencia de calor. Exemplo: Tocas un anaco de madeira e outro de metal á mesma Tª. Ao tocar o metal síntelo máis frío porque a transferencia de calor é moi rápida, en cambio ao tocar a madeira non a sintes fría porque a transferencia de calor é máis lenta.

  12. Os efectos da calor • Variacións de Tª: cando flúe calor cara un corpo aumenta a súa temperatura. • Produce cambios de estado: Estes cambios poden ser: • Progresivos: absorben calor. Son: Fusión – Vaporización – Sublimación • Regresivos: ceden calor. Son: Solidificación – Sublimación - Condensación

  13. As leis que regulan os cambios de estado son: • Durante o cambio de estado a temperatura permanece invariable (excepto na evaporización). • Os cambios de estado de cada unha das substancias puras prodúcense sempre á mesma temperatura. Por exemplo, a auga ferve sempre a 100ºC e o alcol a 78ºC.

  14. Dilatación: É o aumento de volume que experimenta un corpo cando absorbe calor. • Nos gases: observamos a dilatación cando as paredes do recipiente non son ríxidas. (exemplo: nun globo) • Nos líquidos: observamos sempre a dilatación, independientemente do recipiente. Dilátanse o líquido e o recipiente. (exemplo: funcionamento dos termómetros) • Nos sólidos: observamos sempre a dilatación, independientemente do recipiente. Para medila úsase o anel de Gravesande. (exemplo: as vías do tren) * Dilatación lonxitudinal: se o sólido ten forma de barra o que máis aumenta é a lonxitude. * Dilatación superficial: se o sólido ten forma de lámina o que máis aumenta é a superficie. * Dilatación volumétrica: se as tres dimensións do sólido son similares o que aumenta é o volume.

  15. Exercicios: Ex. 44 (páx. 65) Ex. 45 (páx. 65) Ex. 46 (páx. 65)

  16. Calor e Traballo. Máquinas térmicas O calor e o traballo son dous formas de transmitir enerxía duns corpos a outros. Exemplo: ao fregar as mans cando fai frío realizas un traballo que se transforma en calor, aumentando así a temperatura das túas mans. As máquinas térmicas transforman o calor en traballo. A primeira máquina térmica foi a “máquina de vapor”. A relación entre o calor e o traballo é: 1 cal = 4,18 J 1 J = 0,24 cal

  17. A propagación da calor A calor propágase de 3 formas distintas: • Condución: Éo modo no que a calor se propaga nos sólidos. As partículas dun sólido que estean máis preto dun corpo con maior temperatura aumentan a súa velocidade e polo tanto a súa temperatura. Ao aumentar a súa velocidade chocan coas partículas máis próximas facendo que estas tamén aumenten a súa velocidade. Deste xeito propágase o movemento das partículas.

  18. 2. Convección: Éo modo no que a calor propágase nos fluídos. As substancias menos densas (com maior Tª) soben e as máis densas (com menor Tª) baixan. É o que ocontece no interior da Terra). 3. Radiación: Éo modo no que a calor propágase no baleiro, aínda que todos os corpos emiten calor por radiación. A enerxía do Sol chega a Terra por radiación. Dependendo de como se comportan os materiais fronte a calor, éstes clasifícanse en: • Conductores: conducen ben a calor. Ex: os metáis. • Illantes: son malos conductores da calor. Ex: madeira.

  19. A percepción da calor. A pel A pel divídese en 3 capas: 1. Epiderme: é a capa exterior. Nela hai: * Queratina - substancia que protexe a pel de substancias nocivas. * Melanocitos - que producen melanina (pigmento que absorbe as radiacións solares e nos protexe das queimaduras) 2. Derme: está debaixo da epiderme. Contén: * Receptores sensoriais * Glándulas sebáceas * Glándulas sudoríparas * Folículos pilosos * Vasos sanguíneos 3. Hipoderma: é a capa máis interna da pel e está formada fundamentalmente por graxa.

  20. Funcións da pel: • Actúa como barreira protectora. • Mantén íntegras as estruturas do noso organismo. • Actúa como sistema de comunicación do organismo co medio. • Segrega substancias (glándulas sudoríparas e sebáceas). • Axuda a regular a Tª corporal, manténdoa arredor de 36´5ºC. Isto faino mediante: • a dilatación dos vasos sanguíneos (para baixar a Tª) producindo suor que ao evaporarse toma calor do corpo e así diminúe a Tª corporal. • a contracción dos vasos sanguíneos (para aumentar a Tª). Un exemplo son os calafríos, movementos musculares involuntarios que fan que o corpo xere calor.

  21. Exercicios: Ex. 13 (páx. 59) Ex. 49 (páx. 65) Ex. 51 (páx. 65)

  22. Fin!!!

More Related