1 / 33

Realización dunha actividade da área de economía e xeografía 21 de outubro de 2009

Realización dunha actividade da área de economía e xeografía 21 de outubro de 2009. Economía Empresas Os sectores de actividade Macromagnitudes Prezos e inflacción Mercado laboral. Xeografía Estrutura da poboación Movemento natural da poboación Movementos migratorios.

easter
Télécharger la présentation

Realización dunha actividade da área de economía e xeografía 21 de outubro de 2009

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Realización dunha actividade da área de economíae xeografía21 de outubro de 2009

  2. Economía Empresas Os sectores de actividade Macromagnitudes Prezos e inflacción Mercado laboral Xeografía Estrutura da poboación Movemento natural da poboación Movementos migratorios Os contidos do portal educativo do IGE:

  3. Actividade que vamos a realizar: “Cambios na estrutura da poboación e no mercado laboral no último século”

  4. Fontes de información demográficas: • Censos de poboación • Enquisas • Enquisa de condicións de vida das familias (IGE) • Enquisa nacional de inmigrantes (INE, MTIN) • Rexistros administrativos • Padrón municipal de habitantes • Movemento natural da poboación • Movementos migratorios

  5. Fontes de información relacionadas co mercado laboral: • Censos de poboación • Enquisas • Enquisa de poboación activa (INE) • Enquisa de condicións de vida das familias (IGE) • Enquisa trimestral de custos laborais, ... • Rexistros administrativos • Paro rexistrado • Contratos • Afiliados á seguridade social • Contas de cotización, ...

  6. Investigación exhaustiva Existencia de datos moi antigos Facilitan gran cantidade de información: datos de poboación, actividade, ... Gran desagregación da información Fanse cada dez anos Desfase entre a realización do censo e a publicación dos datos Gran custo Censos de poboación VANTAXES DESVANTAXES

  7. Menor custo Datos actuais e rápidos Permiten ter datos conxunturais Menor desagregación da información Os datos que nos proporcionan son estimacións Cando o tamaño mostral non é suficiente poden darse errores de mostraxe altos Enquisas VANTAXES DESVANTAXES

  8. Aproveitase a información existente nos rexistros do Padrón, Inem, Seguridade Social, ... Non están deseñados para a explotación estatística Non recollen situacións “ilegais” Rexistros administrativos VANTAXES DESVANTAXES

  9. Fontes para a realización da actividade: “Cambios na estrutura da poboación e no mercado laboral no último século” • Censos de poboación (INE, IGE) • Padrón municipal de habitantes • Enquisa de poboación activa (INE)

  10. Problemas á hora de utilizar estas fontes: • Poboación de feito e de dereito • Distinta clasificación da poboación en relación coa actividade económica • En 1910 “parece” non existir o paro • Cambio na idade laboral • Cambian as situacións de inactividade • Para 1910 existe un importante número de traballadores que non se poden clasificar en ningún sector económico

  11. Obxectivos da actividade: • Saber como cambiou a estrutura da poboación • Analizar os cambios da poboación galega en relación coa actividade económica no último século • Estudar a incorporación da muller ao mercado laboral • Coñecer os cambios da poboación ocupada segundo o sector onde desenvolve a súa actividade económica • Analizar o diferente comportamento do mercado laboral nas catro provincias galegas

  12. Pasos a seguir: • Elaboración das pirámides de poboación • Evolución dos índices de envellecemento e recambio da poboación activa • Cálculo das taxas de actividade segundo sexo e provincia • Estudo das situacións da poboación inactiva • Calculo das taxas de ocupación segundo sexo e provincia • Distribución porcentual dos ocupados segundo sector • Distribución porcentual dos ocupados segundo sector e sexo • Distribución porcentual dos ocupados segundo sector e provincia • Cálculo das taxas de paro segundo sexo e provincia

  13. Pirámides de poboación:

  14. Observacións sobre as pirámides de poboación galegas: • Características básicas da pirámide de 1910 (expansiva) • Base ancha  Altas taxas de natalidade • Cume estreito  Alta mortalidade • Poucos homes  Emigración • Pirámide irregular  Epidemias, guerras, malas colleitas • Pirámide de 1981 (estacionaira) • Pirámide de 2001 (regresiva)  Envellecemento da poboación

  15. Índice de envellecemento: • Relación entre a poboación maior de 64 e a poboación menor de 20

  16. Índice de recambio da poboación activa: • Relación entre a poboación entre 60 e 64 anos e a poboación entre 20 e 24 anos. Mide a capacidade dunha poboación para substituír os individuos que van xubilando

  17. Clasificación da poboación en relación coa actividade económica

  18. Cambios nas taxas de actividade Fonte: INE, IGE. Censos de poboación

  19. Cambios nas taxas de actividade Taxa de actividade: Poboación activa (ocupada+parada) entre poboación total en idade laboral, multiplicado por cen Fonte: INE. Enquisa de poboación activa

  20. Observacións sobre a taxa de actividade: • A taxa de actividade feminina sempre é inferior á masculina • A principios do século pasado case a totalidade dos homes galegos estaban traballando ou dispoñibles para facelo. Na actualidade a taxa de actividade masculina situase entorno o 63% • Desde o ano 1981 a taxa de actividade feminina está aumentando de maneira significativa • As provincias atlánticas presentan taxas de actividade máis elevadas que as do interior desde o censo de 1991 Proceso de envellecemento da poboación

  21. Cambios na poboación inactiva. Galicia • En 1910 o 92% da poboación inactiva de 12 ou máis anos eran mulleres, que se dedicaban maiormente ás tarefas do fogar • Para 2001 esta porcentaxe baixa ata o 63%. Ademais baixa a porcentaxe das que se ocupan do seu fogar • Increméntase o número de estudantes e de xubilados ou pensionistas Fonte: INE, IGE. Censos de poboación

  22. Cambios nas taxas de ocupación Fonte: INE, IGE. Censos de poboación

  23. Cambios na taxa de ocupación Taxa de ocupación: Poboación ocupada entre poboación total en idade laboral, multiplicado por cen Fonte: INE. Enquisa de poboación activa

  24. Observacións sobre a taxa de ocupación: • Para 1910 case non hai diferenzas entre a taxa de ocupación e a de actividade  baixo número de parados • ¿Cal é o motivo de que Pontevedra en 1910 tivese unha taxa de ocupación feminina moito maior que a do resto das provincias? • A taxa de ocupación feminina sempre é inferior á masculina • A principios do século pasado algo máis do 90% dos homes de 12 ou máis anos estaban traballando. • Na actualidade a taxa de ocupación é do 50%, a máis alta dos últimos anos. • Existen diferencias moi importantes entre a taxa de ocupación masculina e a feminina, aínda que cada vez son menores.

  25. Cambios nos sectores de actividade. Galicia Fonte: INE, IGE. Censos de poboación

  26. Observacións sobre os sectores de actividade: • A principios do século XX case tres cuartas partes dos galegos traballaban no sector primario  Abundancia de explotación agrarias de tipo familiar • No censo de 1981 apreciase unha importante diminución na ocupación na agricultura e pesca  A mecanización da agricultura, o desenvolvemento do sector industrial e do sector servizos en España provocaron o éxodo rural • Os descensos de ocupación no sector primario levaron consigo aumentos no resto de sectores, sobre todo nos servizos • O sector servizos é o que experimentou unha maior expansión e ocupa na actualidade arredor do 63% dos traballadores galegos

  27. Cambios nos sectores de actividade. Análise por sexo. Galicia Fonte: INE, IGE. Censos de poboación

  28. Observacións sobre as diferenzas de xénero nos sectores de actividade: • Para 1910 a distribución dos ocupados por sectores é moi similar nos homes e nas mulleres, a excepción do sector da construción. • O sector primario perdeu moito peso tanto entre as mulleres coma nos homes, aínda que parece que para estes últimos o proceso foi máis rápido. • O sector da construción case non da emprego ás mulleres galegas. • A proporción de mulleres ocupadas nos servizos aumentou espectacularmente. En 2008 máis das tres cuartas partes das traballadoras galegas desempeñan a súa labor neste sector. • A proporción de galegos e galegas que traballan na industria e na construción case non variou desde o censo de 1981.

  29. Cambios nos sectores de actividade. Análise por provincias Fonte: INE, IGE. Censos de poboación

  30. Observacións sobre as diferenzas nos sectores de actividade segundo as provincias: • Ganancia de peso do sector servizos en detrimento do sector primario en todas as provincias • Lugo é a provincia con maior porcentaxe de ocupados na agricultura e pesca • Pontevedra é a provincia que ocupa unha maior porcentaxe de traballadores na industria

  31. Cambios nas taxas de paro Taxa de paro: Poboación parada entre poboación activa, multiplicado por cen Fonte: INE, IGE. Censos de poboación INE. Enquisa de poboación activa

  32. Observacións sobre a taxa de paro: • Ata os anos 70 as cifras de paro son moi baixas gran número de persoas traballaban na agricultura en pequenas explotacións familiares e emigracións dos galegos ao exterior • As mulleres son o colectivo máis afectado polo paro • Lugo e Ourense teñen as taxas de paro máis baixas Fonte: INE. Enquisa de poboación activa

  33. Contactar co IGE: • Páxina web do IGE: http://www.ige.eu • Teléfono de información estatística: 981 541589 • Peticións de información por correo electrónico: ige@ige.eu • Peticións de publicacións por correo electrónico: ige.difusion@ige.eu

More Related