1 / 25

ESPAZOS NATURAIS Gándaras de Budiño

ESPAZOS NATURAIS Gándaras de Budiño. O espazo abrangue parte do curso do río Louro e as zonas húmidas limítrofes.

felcia
Télécharger la présentation

ESPAZOS NATURAIS Gándaras de Budiño

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. ESPAZOS NATURAIS Gándaras de Budiño

  2. O espazo abrangue parte do curso do río Louro e as zonas húmidas limítrofes. A existencia das gándaras é posible porque os substratos arxilosos impermeables e o perfil chan reteñen a auga que reborda do río Louro o que da lugar a diferentes ecosistemas húmidos: lagoas, depresións inundadas (temporal ou permanentemente), zonas turbosas, prados, bosques de ribeira... As Gándaras de Budiño teñen un alto valor biolóxico pola riqueza botánica e faunística. EXTENSIÓN: 834,17 ha CONCELLOS:O Porriño, Salceda de Caselas, Tui PROTECCCIÓN: LIC, ZEPVN VALORES NATURAIS: bosque de ribeira, lagoas, flora e fauna de humidais

  3. A depresión de Budiño está incluída nunha falla que percorre Galicia de norte a sur. A súa orixe data da Era Primaria. Posteriormente, na Era Terciaria (hai uns 20 millóns de anos) a depresión activouse e produciuse a elevación dos macizos que a rodean (Serra de Galiñeiro, Monte Faro Budiño e Penedo Corucho). O clima húmido e cálido desa época favoreceu os procesos de erosión dos granitos, os depósitos de arxilas no fondo da depresión e a aparición dunha abondosa vexetación palustre que se foi carbonizando formando lignitos. Actualmente a área e os arredores está densamente explotada (barreiras, canteiras) e urbanizada. As gándaras están moi reducidas pola ocupación de terreos polo polígono industrial do Porriño.

  4. O río Louro nace no monte da Serra en Pazos de Borbén e xúntase co Miño en Tui.

  5. O Louro nas Gándaras de Budiño

  6. O Louro na ponte Orbenlle

  7. Ponte romana sobre o Louro en Tui, no límite do espazo natural, preto da desembocadura.

  8. Vista xeral das Gándaras

  9. Lagoa de orixe antrópica formada nos ocos deixados polas explotacións de arxila, moi naturalizada.

  10. Lagoa antrópica

  11. Carballeira nas beiras do Louro en Porriño

  12. Bosque na área de inundación do Louro en Tui.

  13. Nos bosques de ribeira, nas terras inundadas e nos arredores das lagoas medran ben árbores e arbustos de especies asociadas á auga como os salgueiros, amieiras, freixos, sabugueiros, sanguiños e carballos. Na auga e nas beiras atópanse carrizos, espadainas, oucas, trevo de auga, menta de auga, fentos, reinas, adelfiñas, lentellas de auga, utricularia, ambroíño, espiga de auga, platanaria, rorela, xuncos...

  14. Vexetación propia das zonas húmidas: espadanas, xuncos, salgueiros...

  15. Lysimachia vulgaris, unha planta pouco común que medra en ribeiras de lagoas e abertas en solos turbosos moi húmidos.

  16. Espiga de auga (Potamogeton natans)

  17. Lirios (Iris pseudacorus)

  18. Lúpulo (Humulus lupulus)

  19. A fauna máis representativa son as aves acuáticas: somorgullos pequenos, lavancos, charnecos, demos negros, rascóns, galiñolas, avefrías, liorteiros, biluricos, picapeixes, lavandeiras. Na lagoa da Gándara crían os alavancos (Anas platyrhynchos) a garza pequena (Ixobrychus minutus), o charneco (Anas crecca) que ten aquí o único lugar de nidificación habitual da Península, e, esporadicamente, a cegoña. Tamén é importante a representación de réptis (sapoconcho común, escáncer, cobra de colar...), anfibios (saramaganta, ra verde e patilonga, estroza, limpafontes...) e insectos. O sapoconcho riscado (Mauremys leprosa) ten nas Gándaras de Budiño unha das escasas poboacións de Galicia.

  20. Ra verde (Rana perezi)

  21. Libeliña (Orthetrum… )

  22. Galiña de rio (Gallinula chloropus)

  23. Polos de lavanco real (Anas platyrhynchos)

  24. Garza real (Ardea cinerea)

  25. Montaxe: Adela Leiro Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta

More Related