E N D
Unha das manifestacións máis ricas e brillantes de toda a historia da cultura galega é o alto grao de desenvolvemento que acadaron as nosas letras. Desde a Idade Media, cando en galego-portugués se escribiu un dos corpus líricos máis importantes da historia da literatura europea, ata os nosos días, en que continúa o pulo iniciado polos románticos do XIX, as letras galegas constitúen un dos monumentos máis grandiosos da nosa cultura. Historia da Literatura, F. Fernández del Riego
Delimitación da literatura galega Se consideramos literatura dun país aquela que está escrita na lingua dese país, coa etiqueta “literatura galega” designaremos á formulada no código lingüístico propio de Galicia: a lingua galega CRITERIO FILOLÓXICO Ex: Seis poemas galegos de F. García Lorca Polo tanto, quedan EXCLUÍDOS textos redactados noutras linguas, aínda que: • Fosen elaborados por autores galegos. Ex: Valle-Inclán, Camilo José Cela... • Traten temas específicamente galegos. Ex: Los pazos de Ulloade Emilia Pardo Bazán
División en períodos Seguiremos a división da literatura galega en cinco grandes períodos: • AIdade Media (s. XII-XV) • Os Séculos Escuros (XVI-XVIII) • O século XIX: Rexurdimento • O século XX (ata os anos 80) • O século XXI (dende os 80 ata a actualidade)