170 likes | 363 Vues
Os minerais. OURO. Atópase na natureza puro (ouro nativo) en escamas ou grans, ou formando aliaxes con prata, cobre, ferro, estano, chumbo... COR: amarela intensa BRILLO: metálico DENSIDADE: 19,3 DUREZA: 3 (brando) Dúctil, maleable, Bó condutor da calor e da corrente eléctrica.
E N D
Os minerais OURO
Atópase na natureza puro (ouro nativo) en escamas ou grans, ou formando aliaxes con prata, cobre, ferro, estano, chumbo... COR: amarela intensa BRILLO: metálico DENSIDADE: 19,3 DUREZA: 3 (brando) Dúctil, maleable, Bó condutor da calor e da corrente eléctrica. Non se altera. É o metal menos reactivo. ouroen escamas da praia de Barraña
USOS: -Xoiería, arte -Electrónica: utilízase nas soldaduras de precisión de aparellos electrónicos polas súas cualidades de bo condutor e inalterabilidade -En naves espaciais, en aparellos delicados -Como valor: reserva, moeda… Reservas de ouro en forma de lingotes nun banco. Circuito electrónico
A pureza do ouro mídese en quilates. O máis fino é puro é de 24 quilates. Os demais exprésanse como fracción de 24. Un obxecto de 18 quilates contén 18/24 ou 3/4 de ouro fino.
O ouro galego aparece nunha banda de terreo que atravesa parte de Portugal, Ourense, Lugo e Asturias en filóns de seixo aurífero ceibe ou asociado a piritas (Corcoesto, Vilarcovo, Zas, Covas, O Irixo, Maside, Brués, O Rosal, O Caurel, Carballo, Abegondo...). Os materiais destas formacións erosionados e arrastrados pola auga pasaron a formar parte dos sedimentos dos ríos (placeres) en forma de pepitas, en pó ou en escamas en proporcións de entre 1 e 10 gramos por tonelada. Os placeres máis coñecidos son os dos ríos Sil, Miño, Lor, Camba e Bibei. Sedimentos con ouro, en Salvaterra.
A existencia de ouro en Galicia era coñecida polos fenicios, pero foron os romanos os que lle tiraron o maior proveito. Plinio cita na súa historia que no século I os romanos explotaron ata 500 minas no Noroeste (Astúrica, Gallaecia e Lusitania) das que levaban a Roma 7 toneladas de ouro anuais. Pezas de ouro da época castrexa
Os romanos explotaban xacementos aluviais mediante o lavado e bateo de sedimentos (Cuncas do Sil, Miño, Bibei...), xacementos filonianos con excavacións a ceo aberto ou galerías (Corcoesto, Courel, Carballiño...) e as terrazas aluviais polo método de “ruína montium” (Viana do Bolo, Montefurado...) . Para realizar estas extraccións facían grandes obras e movían enormes cantidades de terra. Pozo do Lago (Maside). Calcúlase que os romanos moveron 100.000 toneladas de terra para extraer ouro.
Montefurado. Os romanos desviaron o curso do río Sil para aproveitar o ouro das areas. No leito do río Sil as aureanas da comarca de Valdeorras seguiron a realizar o lavado das areas ata a metade do século XX.
Nas Médulas do Bierzo e Viana do Bolo os romanos remexeron uns 500 millóns de m3 de terra destruíndo os montes con inxección de auga.
A extracción do ouro dos placeres dos ríos facíase polo sistema do bateo para o que se utilizaban cuncos de madeira. Para aproveitar as partículas máis finas de ouro facíase o azogue, mesturando o material recollido con mercurio. A amalgama (ouro e mercurio) quentábase para que o mercurio se evaporase e deixase libre o ouro. Bateadores no Xallas.
Na actualidade non existen explotacións que se adiquen á extracción de ouro, pero a súa presenza como acompañante dos materiais de aluvión, areas e gravas, fai rendible, nalgúns casos (Salvaterra), o seu aproveitamento, xunto co de outros minerais densos (ilmenita, circón, granates). Están en proxecto a reanudación de explotacións en Corcoesto (A Coruña) e San Xoan de Río (Ourense). Graveira con aproveitamento de ouro. Salvaterra.
Mesa de separación por densidades. Neste detalle pódese apreciar a concentración dos minerais máis densos, entre os que se atopa o ouro.
MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Internet. DEBUXOS: Mon Daporta