1 / 29

Picasso para Celso Emilio Ferreiro

Picasso para Celso Emilio Ferreiro. Miró para Celso Emilio Ferreiro. XANEIRO 1972, II. Celso Emilio Ferreiro. O pan é máis útil que a poesía, pro ¿como comer o pan sen o compango da poesía?. A.S. Sementar : plantar algo para que floreza, para que medre

kat
Télécharger la présentation

Picasso para Celso Emilio Ferreiro

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Picassopara Celso Emilio Ferreiro

  2. Miró para Celso Emilio Ferreiro

  3. XANEIRO 1972, II Celso Emilio Ferreiro

  4. O pan é máis útil que a poesía, pro ¿como comer o pan sen o compango da poesía?. A.S.

  5. Sementar: plantar algo para que floreza, para que medre Espranza: esperanza (palabra non normativa) Noite pechada: escuridade total Anguria: angustia Abafar: afogar, non deixar respirar Surrir: sorrir (palabra non normativa) Crara: clara (palabra non normativa) A cita inicial é de Arístides Silveira (aristado: que molesta; silva: que pincha), pseudónimo do propio autor Celso Emilio Ferreiro: O pan é máis útil que a poesía, pro ¿como comer o pan sen o compango da poesía?. A.S.

  6. O nome de Moraimatráellesempre a esperanza e a paz, morrendo cando non o pronuncia. A muller é o símbolo da esperanzaHaidúas partes claras: 1 positiva con Moraima, unha negativa senMoraima1ª parte: catro estrofas paralelísticas e sinónimas (vivir)2ª parte: unha estrofa que rompe en todo coas anteriores (morrer)

  7. O esquema da rima é o mesmo na 1ª parte e diferente na 2ª. Realmente os catro primeiros versos libres non o son porque a rima abraza, envolve as catro estrofas positivas deixando libre a negativa, a 5ª coa palabra morrer (único –ér do poema)

  8. Son maioría as palabras coa vogal tónica a: claridade, sonoridade, abertura, sentimentos positivos

  9. Tamén abundan as palabras con vogal tónica i (forte, berro, son agudo) para marcar e reforzar a palabra Moraima. Menos na última na que digo/dicir está precedida de negación

  10. Se sumamos as tónicas a e as tónicas i, pouco queda e boa parte na última estrofa

  11. Outro recurso que aporta sonoridade ao poema é a continua repetición de consoantes nasais (m,n,ñ). Nisto non hai diferenzas nas dúas partes.

  12. A unidade rítmica é o par de versos, hai un continuo encabalgamento tanto na 1ª coma na 2ª partes. Mais na segunda só hai dous pares de versos, non tres.

  13. 3+3+3+3= 12,12+1= 13 Moraimas, palabra-tema, enche o poema. Nun poema de 91 palabras, 13 son Moraima

  14. O mesmo verso digo Moraimarepítese 12 veces na parte positiva e cambia na negativa rotundamente: non dicir Moraima.

  15. A anáfora (repetición da 1ª palabra no verso) é constante. A conxunción temporal cando repítese decote para dar a impresión de sempre, idea reforzada polos tempos en presente habitual

  16. Suprimido o verso repetido 12 veces, aínda temos tres series de versos paralelísticos (que repiten a mesma estrutura), menos na parte final que só se mantén a serie 1 -serie 1: vivir, soñar, chorar, sorrir // morrer-serie 2: esperanza, escuridade, angustia, claridade-serie 3: claridade, claridade, sosego, tranquilidade (achegadas por Moraima)

  17. Se suprimimos as palabras que se repiten, teremos (mantendo os artigos necesarios) un poema moi breve de 50 palabras (total 91). Así que toda a poesía está baseada na repetición

  18. Moraima converte a esperanza en alba azul, a noite en luz, a anguria en mar calma, a mañá clara en tarde mansa. Pero a súa ausencia só trae a morte e o silencio. Moraima é a vida, a súa ausencia é a morte

  19. Hai un avance temporal desde o comezo do día (da vida) ata a tarde mansa (a madurez da vida), semprena compañía da mullerMoraima. Se ela falta só quedará a morte e o silencio

  20. Finalmente, vemos unha poesía de aparente sinxeleza mais moi elaborada, cunha simplicidade final que é produto da depuración, do traballo, da selección intencionada.

  21. O poema pertence á obra Onde o mundo se chama Celanova, última de Celso Emilio Ferreiro, publicada en 1975. É o 2º da serie de poemas "de 1972“. É un canto á súamuller, Moraima, como obxecto amoroso ou como confidente da súaintimidade. É un poema lírico, subxectivo, dun poeta máiscoñecido polos seus versos de tema social e patriótico .

  22. Retrato de Moraima

  23. Celso Emilio Ferreiro (1912) coñeceu a Moraima(María LuísaMoraima Laredo Fernández) en 1938 (el era radiotelegrafista no exército e un día marcou por erro un número, o dela e de aí…)Dedícalle este poema en 1972. Cantos anos tiña Celso Emilio en 1972? Cantos anos pasaran desde que se coñeceran?

  24. Moraima e Celso Emilio o día do seu casamento

  25. FIN

  26. www.ogalego.eu • Anxo González Guerra • Vitoria Ogando Valcárcel Versiónsmusicadas en Son de poetas Versión de María do Ceo, No bico un cantar

More Related