1 / 62

Cousas das cousas VI

Cousas das cousas VI. (ou cousas das cousas III, segunda volta). máis adiviñas coas palabras.

lionel
Télécharger la présentation

Cousas das cousas VI

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Cousas das cousas VI (ou cousas das cousas III, segunda volta). máis adiviñas coas palabras.

  2. Como me fixo graza a primeira liada volvín sobre o tema e, estruchando o diccionario e máis os miolos, emprendín esta nova, e derradeira, aventura; unha segunda parte que, como tódalas segundas partes, está privada da curiosidade da primeira e do seu efecto, quedando só nunha simple ampliación da anterior.

  3. Pode ser un moble, o traballador dun oficio ou ser un becho curioso que anda sobre a auga do río.

  4. moble zapateiro oficial zapateiro zapateiro insecto

  5. Tela na punta dos dedos, tamén a teñen os ovos, e das que teñen as plantas e de onde saen os gomos.

  6. xema do dedo xema do ovo xema de árbore

  7. A mesma palabra, que queres que che diga, no río é atranco e no plato comida.

  8. tosta no Ulla tosta no plato

  9. Á parte de abaixo do pé, ao ser vivo vexetal, aos niveis dun edificio e a instalación industrial, sen parecérense en nada, tamén se chaman igual.

  10. planta do pé planta, vexetal edificio de seis plantas planta industrial

  11. A cada parte dun todo, ao que se caza ou se pesca, a unha obra musical e a un anaco de tea. A todos se lles nomea coas mesmas catro letras.

  12. peza de puzle peza de caza peza de pesca peza musical peza de tea

  13. O obreiro sen cualificar, a persoa que vai a pé, o xoguete que se fai danzar e a peza menor do xadrez, o mesmo nome che ten.

  14. peón de obra peóns, camiñantes peón , trompo peón de xadrez

  15. A caixiña dos aforros, a peza que tapa o peito, ao paxaro que fura nos toros co seu peteiro e á bulsa que vai na roupa chámanse do mesmo xeito.

  16. peto de aforrar peto de vestir peto peto da roupa

  17. A pedra redonda e lisa, coio, canto, callau, e a persoa de poucas luces, tamén se chaman igual.

  18. pelouros

  19. O que foi e xa non é, o murcho, o podre, o gastado, e o cociñado de máis, igual son cualificados.

  20. tempo pasado froita pasada flores pasadas comida pasada

  21. Á persoa que manda o barco, ao modelo que se segue e ao protector dun lugar, dun oficio ou dunha xente; noméanse aos tres igual aínda que son diferentes.

  22. patrón de barco patróns de vestidos procesión do patrón

  23. Ao valo que atranca o río, ao que cabe nunha man, á víctima, e á que esta na cadea… ás catro se lle chama igual.

  24. presa de río presa de terra presa , víctima presa, cautiva

  25. Abertura na parede, peza coa que se tapa e lugar para entrar e saír, do mesmo xeito se chaman.

  26. PORTA

  27. Disque hai unha palabra que serve para todo esto: nomea o mellor e o peor, o máis novo e o derradeiro. Pensa ti, a ver cal é que a min cústame creelo.

  28. O último, última moda O último, o derradeiro, tigre de Tasmania

  29. Con mudar tan só unha letra no medio Pasas de ser calvo a sobrarche pelo.

  30. can pelado can peludo

  31. Ao número sen divisores, ao crédulo, ao infeliz e ao curmán, aínda que non o sexa, tamén se lle chama así.

  32. 13 número primo primo, crédulo

  33. Se é macho é un furado, se é femia un xogo ou un ganso.

  34. oco, furado oca xogo oca, ganso

  35. Chámanse igual os apuntes, os signos gráficos musicais, os comunicados breves e as cualificacións que che dan.

  36. nota notas musicais notas escolares nota de prensa

  37. O que cobras polo traballo e o papel que conta o que pasa, chámanse co mesmo nome. Ai que ver que cousas pasan!

  38. xornal laboral xornal informativo

  39. Faise para o traballo en común, cómese se é tropical, pero a máis coñecida só se usa para queimar.

  40. piña para o traballo piña tropical piña para queimar

  41. As dos bares son de vidro, as dos campeóns de metal, as das árbores de ponlas e follas, e as tres se chaman igual.

  42. copas de bar copa de campeóns copa de árbore

  43. A folla que ao ir e vir polas cousas, fai un corte chámase da mesma maneira que unha ringleira de montes.

  44. serra, ferramenta de corte serra, aliñación de montañas

  45. Sinal que axuda a atopar, camiño que non chega a estrada e espazo de facer deporte , da mesma forma se chaman.

  46. seguindo unha pista pista forestal Pista de atletismo

  47. A ver se acertas que cousa é mellor tela que dala, non gusta nada cumplila e ás veces anima pagala.

  48. ten pena da pena cumple pena paga a pena

  49. Se ten uñas e rabuña é un animal coñecido. Se picas unha roda do coche e o aparello socorrido.

  50. gato animal gato mecánico

More Related