1 / 35

A POESÍA ÉPICA LATINA: Virxilio e a “Eneida”

A POESÍA ÉPICA LATINA: Virxilio e a “Eneida”. ÍNDICE: · Definición de poesía épica · Características da épica · A poesía épica en Roma antes de Virxilio despois de Virxilio Virxilio e a Eneida. 1º.- Definición de poesía épica.

sissy
Télécharger la présentation

A POESÍA ÉPICA LATINA: Virxilio e a “Eneida”

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. A POESÍA ÉPICA LATINA: Virxilio e a “Eneida” ÍNDICE: · Definición de poesía épica · Características da épica · A poesía épica en Roma antes de Virxilio despois de Virxilio Virxilio e a Eneida.

  2. 1º.- Definición de poesía épica

  3. To\ e)/poj -ouj: narración e)(poj > épico

  4. Con que relacionamos en literatura o adxectivo “épico” ? A) A Celestina B) O Lazarillo C) Rosalía de Castro D) Poema de Mio Çid

  5. Entón, que é un poema épico?

  6. Unha composición poética extensa, de carácter narrativo e temática heróica ou mitolóxica. COMPOSICIÓN EXTENSA EN VERSO NARRA HISTORIAS DE HEROES OU DEUSES

  7. 2º.- Características

  8. Ten a súa orixe en narracións de carácter oral. Emprega unha versificación maxestuosa e lenta; os autores gregos e romanos empregaron fundamentalmente o hexámetro. Narra as fazañas dos heroes, ou asuntos relacionados coas divinidades. Hexametrica: An online introduction to Latin hexameter verse

  9. O primeiro poeta épico con nome propio foi Homero: a Ilíada e a Odisea exerceron unha enorme influencia na creación e desenvolvemento deste xénero literario.

  10. Apoesía épica latina ten certas peculiaridades NON NACE DA POESÍA ORAL: É UNHA IMITACIÓN CULTA DA ÉPICA GREGA. O SEU CARÁCTER PATRIÓTICO.

  11. 3º.- A poesía épica en Roma

  12. Antes de Virxilio Livio Andronico (III a.C.) Escribiu a Odussia, unha tradución da Odisea de Homero ao latín. Nevio (III a.C) É o autor do Bellum Poenicum, poema no que narra a victoria dos romanos na 1ª Guerra Púnica. Ennio (III-II a.C) Era considerado como o gran poeta épico romano antes de que Virxilio escribise a súa Eneida. A obra de Ennio titúlase Annales e conta a historia de Roma desde as súas orixes.

  13. Despois de Virxilio Ovidio (I d.C.) É o autor das Metamorfoses, un mosaico de historias mitolóxicas que teñen como punto común o feito de que en todas elas ten lugar unha transformación prodixiosa. Lucano (I d.C) Poetizou na Farsalia a guerra civil na que se enfrontaron Xulio César e Pompeio. Silio Itálico (I d.C) No seu poema titulado Punica narrou as guerras entre romanos e cartaxineses.

  14. VIRXILIO

  15. 70 a.C. Nace nunha pequena aldea cerca de Mantua Edúcase en Cremona, Milán e Roma. 48 a.C Chega a Nápoles, onde pasará boa parte da súa vida. 19 a.C Morre en Bríndise cando regresaba dunha viaxe por Grecia. Foi sepultado en Nápoles. A vida do gran poeta romano non foi moi apaixoante...

  16. A grandeza de Virxilio hai que buscala na súa obra... Antes da Eneida, Virxilio escribira dúas obras importantes... 42-39 a.C. Bucólicas 36-29 a.C. Xeórxicas

  17. As Bucólicas é unha obra de te- mática pastoril. Nun ambente idí- lico, namorados pastores cantan as súas preocupacións e os seus amores.

  18. As Xeórxicas falan da vida do agricultor, do traballo dos campos. Esta obra está adicada a Mecenas, o poderoso amigo de Augusto.

  19. Pero a obra máis coñecida de Virxilio é a Eneida, obra á que o poeta adicou os dez últimos anos da súa vida...

  20. A Eneida fora un encargo que o príncipe Octaviano lle fixera a Virxilio. Cando éste, pouco antes de morrer, pediu que a Eneida fose destruida, Octaviano impediuno.

  21. Quen era Octaviano, e por que estaba tan interesado na redacción e conservación da Eneida?

  22. Durante os últimos setenta anos, Roma vivira un período convulso de guerras civis, intrigas políticas e asesinatos.

  23. Guerra Social Guerra civil entre Pompeio e César Guerra civil e dictadura de Sila Rebelión de Espartaco Bruto e Casio contra Marco Antonio e Octaviano Octaviano contra Marco Antonio e Cleopatra

  24. Finalmente, despois da morte de Marco Antonio e o suicidio de Cleopatra, Octaviano convertérase no amo absoluto da República Romana.

  25. Para xustificar ante o pobo romano o seu poder absoluto, Octaviano iniciou, coa axuda de Mecenas, unha intensa campaña propagandística destinada á auto-glorificación e a lexitimación do seu reximen. Octaviano necesitaba demostrar que estaba ao frente de Roma por vontade dos deuses, e que tiña a misión sagrada de salvar a República.

  26. Por vontade do Senado, concédeselle o apelativo de “Augusto”.

  27. Os poetas do círculo de Mecenas colaboraron na sacralización da figura de Augusto, o salvador de Roma. O ti, nacido dos bondadosos deuses, eximio protector da liñaxe de Rómulo: estás ausente xa fai demasiado tempo; Volve. Devolve a luz, bo caudillo, á túa patria. (Horacio)

  28. Para reforzar a súa imaxe de novo Rómulo, Augusto necesitaba un novo poema épico que substituise ao de Ennio e que fose símbolo dunha nova Roma que renacía das súas cinsas. Virxilio, que xa era un poeta de éxito, foi o elexido para levar a cabo ese traballo. A Eneida foi o resultado. Durante os últimos dez anos da súa vida, Virxilio adicou todos os seus esforzos a ese proxecto que finalmente non chegou a rematar.

  29. Na Eneida, Virxilio toma como protagonista a Eneas,un héroe da antiga guerra de Troia. A elección dese tema permitíalle presentar o seu poema como unha especie de continuación dos poemas épicos de Homero. Hai que ter en conta que Virxilio non se dirixe só aos romanos, senón a todos os lectores cultos do Imperio, que coñecían ben a Ilíada e a Odisea.

  30. Estrutura e argumento da Eneida Está dividida en 12 libros: - Os seis primeiros narran as viaxes de Eneas ata chegar ao Lacio. - Os seis últimos narran as guerras que Eneas tivo que manter en Italia. Os seis primeiros libros lembran á Odisea, os seis últimos á Ilíada.

  31. Libro I: A causa dunha tormenta, as naves de Eneas chegan a Cartago. Alí atopan á raíña Dido. Libros II e III: Durante a cea, Eneas narra a destrución de Troia e a súa chegada a Cartago. Libro IV: Nunha cacería, Dido e Eneas gorécense da choiva nunha cova. Confésanse o seu amor. Poucos días despois, por mandato dos deuses, Eneas parte de Cartago e Dido suicídase. Libro V: Eneas chega a Sicilia, onde organiza uns xogos en memoria do seu pai Anquises, morto durante a viaxe. Libro VI: Eneas descende ao Hades acompañado pola Sibila de Cumas. Alí, Anquises cóntalle o futuro da súa estirpe.

  32. Libro VII: Eneas chega ao Lacio. O rei Latino promételle a man da súa filla Lavinia. Turno decláralle a guerra. Libro VIII: Alianza de Eneas con Evandro. Vulcano fabrica para Eneas un escudo no que se representa o futuro de Roma. Libros IX, X e XI: Guerra entre Turno e Eneas Libro XII: Eneas mata a Turno.

  33. Na Eneida, Virxilio deixa claro que o destino de Roma estaba escrito desde antes da súa fundación. Utiliza elementos tradicionais como a guerra de Troia e a lenda da chegada de Eneas ao Lacio, pero aporta o uso da profecía para falar do futuro do pobo romano.

  34. Ao converter a Eneas en personaxe central do destino de Roma favorecía a imaxe de Xulio César e do seu herdeiro, Octaviano. a lenda dicía que a gens Iulia descendía de Iulo, o fillo de Eneas.

  35. Aínda que Virxilio non puido darlle os retoques finais, a Eneida é unha obra de excepcional calidade literaria. O amor de Dido, o descenso de Eneas ao Hades ou o relato da destrución de Troia inspiraron a poetas e artistas de todos os tempos.

More Related