1 / 32

A HISPANIA ROMANA

A HISPANIA ROMANA. Índice. Introdución Conquista de Hispania Influencia de Roma en Hispania Apartacións de Hispania a Roma Asentamentos romanos. INTRODUCIÓN.

suzuki
Télécharger la présentation

A HISPANIA ROMANA

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. A HISPANIA ROMANA Lidia de Pedro López

  2. Índice • Introdución • Conquista de Hispania • Influencia de Roma en Hispania • Apartacións de Hispania a Roma • Asentamentos romanos Lidia de Pedro López

  3. INTRODUCIÓN Os romanos tardaron dous séculos en conquistar a Península Ibérica (Hispania). Esta provincia pasou a ser a máis importante do imperio romano. O proceso que tivo lugar despois da conquista chamouse romanización. Sobre este proceso vou a falar. Acueducto de Segovia Lidia de Pedro López

  4. Conquista de Hispania Tradicionalmente circulaban por todo o Mediterráneo as lendas fenicias sobre as abundantes riquezas de Tartesos (nome con que os gregos coñecían a primeira civilización do Occidente situada no sur de Hispania); e como as expedicións comerciais regresaban das costas hispanas cargadas de prata. Loxicamente estas historias contribuían a incrementar o interese das potencias mediterráneas pola Península ibérica. Tras a derrota na Primeira Guerra Púnica (guerra entre a República romana e a cartaxinesa), Cartago viuse agobiada pola perda de importantes mercados e polos impostos que debía pagar a Roma como compensación pola guerra. Para poder saír desta situación decidiron expandirse polas costas de Iberia que naqueles momentos estaban fora da área de influencia romana. Cartago quería obter beneficio rápido e explotou as minas de prata de Carthago Nova (Cartaxena) e do litoral andaluz, extraendo importantes cantidades deste metal para financiar parte da Segunda guerra púnica e a campaña italiana de Aníbal. Lidia de Pedro López

  5. Por este motivo, entre outros, un dos primeiros obxectivos estratéxicos de Roma ó invadir a península foi arrebatar a Cartago as minas de Carthago Nova. En parte debido a perda destes recursos e a causa do illamento en que se quedara, Aníbal tivo que renunciar a guerra en Italia no 206 a. C. Lidia de Pedro López

  6. Roma comezou a invadir Hispania no 218 a.C. tardando 200 anos (19 a.C) en conquistala. Estes douscentos anos podemos dividilos en tres períodos:    Primer período (218 ó 133 a.C.) As tropas romanas dirixidas por Escipión desembarcan en Ampurias para cortarlle a retaguardia a Aníbal, pero chegan tarde. Entón adicanse a conquistar os territorios que dominan os cartaxineses en Hispania (o Mediterráneo e Andalucía). No 206 a.C conquistan Cádiz. No ano 197 a.C os romanos dividen o territorio conquistado en dúas provincias: A Citerior (a costa, desde os Pirineos ata Andalucía) e a Ulterior (Andalucía) Escipión Lidia de Pedro López

  7. Segundo período (133 o 29 a.C) Prodúcense expedicións a Galicia e o Norte de Portugal. O resto das operacións militares non son de conquista senón que forman parte das guerras civís que agobian a Roma por ese anos. Lidia de Pedro López

  8. Tercer período (29 ó 19 a.C) O emperador Augusto decide rematar coas andanzas dos cántabros e ástures pola meseta e organiza o ataque ó Norte.   Ataca por separado os cántabros, ástures e Galaicos; o mesmo tempo unha flota desembarca na costa. As operacións dirixidas polo emperador en persoa e logo por Agripa foron un éxito. No ano 19 a.C. remata a conquista de Hispania. Lidia de Pedro López

  9. Un dos puntos básicos para a conquista de Hispania foi o exército romano. O exército romano estaba formado por homes de tódalas partes do seu dominio. Os seus membros eran soldados profesionais que se adicaban exclusivamente a loitar e defender Roma. Nun principio só os propietarios das terras podía servir no exército. Pero a partires do século I a.C calquera podía unirse. Os soldados debían permanecer no exército durante 25 anos como mínimo. Se un soldado destacaba no campo de batalla, e sabía ler e escribir, podía chegar a ser Centurión, a cargo duns 80 soldados que eran os lexionarios. Os lexionarios eran a base deste exército. Lidia de Pedro López

  10. Un grupo de 80 lexionarios recibía o nome de Centuria. Cada 59 centurias formaban unha lexión; e todo o exército romano estaba formado por 30 lexións. Dentro dunha lexión, un home comezaba como simple soldado (miles). Despois de varios anos de servizo e para soldados con oficio, o primeiro ascenso era de miles a inmunis (aínda que tiña o mesmo salario non tiña que facer as rutinas dos demais). O primeiro ascenso verdadeiro convertía ó soldado en principal , dos que existían dúas clases: os que cobraban paga e media (sesquiplicarií) e os que recibían dobre paga (duplicarii). O seguinte grao era o de centurión, onde os máis veteranos e experimentados (primi ordines) formaban parte da primeira cohorte, e os máis antigos deles (primus pilus) tiña dereito a asistir os consellos de guerra. Lidia de Pedro López

  11. Os soldados romanos debían ser fortes xa que tiñan que camiñar uns 30 km o día levando a armadura ademais do seu escudo, comida e equipo para acampar. A armadura estaba feita de bandas de ferro superpostas e un casco de metal na súa cabeza. Tamén levaban un gran escudo rectangular que tiña curvas para protexer mellor o seu corpo. Lidia de Pedro López

  12. Como armas levaban unha espada corta para apuñalar e unha lanza chamada pilum. O pilum tiña unha punta de ferro e un eixe feito de metal. Cando a lanza golpeaba o escudo dun adversario, dobrábase dificultando poder sacala. O eixe da lanza quedaba arrastrándose polo chan, molestando o seu inimigo, que tiña que desfacerse eventualmente do seu escudo. Lidia de Pedro López

  13. Estes soldados entraban en batalla formando unha liña cos seus escudos unidos. Se o inimigo disparaba frechas os soldados detrás da liña de fronte levantaban os seus escudos sobre as súas cabezas formando un teito que servía de proteción. Esta formación estratéxica chamábase testudo (tartaruga). Lidia de Pedro López

  14. Ademais do exército tamén influíu que a súa civilización era máis avanzada que as distintas culturas que había na península. Por iso tiñan medios para poder establecerse onde querían. Entre estes medios estaban: • A creación de obras para mellorar as comunicacións e a conservación as súas conquistas Ponte do río Bibei Calzada romana Boiro Lidia de Pedro López

  15. Baños romanos de Toledo • A mellora nas cidades ademais dos servizos públicos descoñecidos ata ese momento na península . Algúns destas melloras foron acuedutos, alcantarillado, termas, anfiteatro,etc. Acueducto romano Mérida • Teatro romano de Cartagena Lidia de Pedro López

  16. A recompensa para as tropas eran terras, ademais de darlle grandes extensións as familias ricas procedentes de roma ou familias de aquí que adoptaban os costumes romanas. Visto como foi a conquista de Hispania imos falar da influencia que tivo Roma en Hispania e ó revés. Lidia de Pedro López

  17. Influencia de Roma en Hispania • Unha das influenzas máis importantes de Roma en Hispania foi a acuñación (fabricación) de moedas que facilitaron o intercambio comercial. Ata entón os pobos da península realizaban o troco de produtos. Aínda que nalgunhas zonas se acuñaba. Os romanos impuxeron o seu uso chegando moitos pobos da península a facer as súas propias moedas. Lidia de Pedro López

  18. O dereito é unha das aportacións máis grandes do pobo romano e unha das aportacións máis valiosas a toda a civilización occidental; chegando ó punto de que aínda seguen existindo leis baseadas neste dereito. • Os romanos construíron na península numerosas pontes, acuedutos e complexos termais dos que máis tarde falarei. Os romanos conseguen tamén a unificación lingüística. • O latín acabou por impoñerse na península ibérica. Do latín vulgar deriva o noso idioma (galego, catalán….) • Grazas a paz romana comezan a contruirse urbes que darán orixe a moitas cidades actuais. • Introdución de cultivos como a vide e os castiñeiros. Lidia de Pedro López

  19. Aportacións de Hispania a Roma O máis importante nun principio para Roma foi a extracción de minerais. Os minerais que maior interese tiveron foron a prata, cobre e ferro aínda que tamén se extraían outros minerais como ouro (Médulas), mercurio (Almadén). O traballo da minería efectuábase nunhas condicións terribles xa que non había seguridade, nin horario. Para un escravo o destino das minas constituía o peor que lle podía tocar. Utensilios das minas Médulas Lidia de Pedro López

  20. Dentro da agricultura destacaba o cultivo da aceituna, especialmente na zona mediterránea aínda que tamén se cultivou noutras zonas como en Quiroga (dentro da nosa comunidade) A maior parte da produción de aceite ía a Roma. • Tamén se cultivaba a vide (proviña de Roma) tendo gran importancia o viño e sendo algúns deles moi apreciados en Roma. Outros de menor calidade eran para consumo de todo o mundo. Olivar de Granada Lidia de Pedro López

  21. Durante o período romano había un comercio de salazóns procedentes da Bética, Tarraconense e a Carthaginense. Producían pescado en salazón, unha salsa chamada garum que se producía mediante un proceso de maceración das tripas dos peixes. Factoría de salazóns Lidia de Pedro López

  22. Asentamentos romanos Agora falarei de cidades e monumentos que aínda temos na actualidade Aínda que a influencia romana tivo gran repercusión nas cidades xa existentes na península, os maiores esforzos foron nas cidades de nova construción como Tarraco, Emérita Augusta ou Itálica. As cidades romanas concibíanse como imaxes da capital en miniatura. Muralla de Lugo Lidia de Pedro López

  23. Tarraco A Tarraco (actual Tarragona) romana tivo a súa orixe no campamento militar establecido por dous irmáns, Cneo e Publio Cornelio Escipión no 218 a. C. Tarraco Anfiteatro Tarraco Lidia de Pedro López

  24. Emérita Augusta Emérita Augusta (Mérida) foi fundada por Publio Carisio no 25 a. C como representante do emperador Octavio Augusto como lugar de asentamento das tropas licenciadas dalgunhas lexións. Co tempo converteuse nunha cidade moi importante en Hispania. Teatro romano Mérida Lidia de Pedro López

  25. Itálica Itálica está situada onde hoxe está Santiponce na provincia de Sevilla. Foi a primeira cidade puramente romana fundada en Hispania. Itálica nace como hospital de campaña para os feridos da Batalla de Ilipa para posteriormente converterse en cidade. Adriano manda construír a nova urbe, (cidade nova) que tivo certa actividade durante os séculos II e III. Anfiteatro Itálica Mosaico Itálica Lidia de Pedro López

  26. Adriano naceu probablemente en Itálica, no seo dunha familia acomodada oriúnda de Piceno (Italia) e establecida a finais do século III a.C en Itálica. Era sobriño segundo por liña materna de Trajano, que aínda que non o nomeou como herdeiro deulle mostras de preferencia. Foi emperador do Imperio romano (117-138a. C). Durante o seu reinado o Imperio acadou a maior extensión territorial da historia. Destacou pola súa afición a filosofía. No seu ascenso o trono intentou obter o apoio dos soldados.Durante o seu reinado non houbo moitas guerras e favoreceu a cultura. Busto de Adriano Lidia de Pedro López

  27. Trajano Trajano foi o primeiro emperador romano nacido fora de Italia. Concretamente en Itálica (Hispania). Home traballador que ascendeu na escala do exército romano. Converteuse en emperador a idade de 45 anos. Construíu numerosos edificios públicos e deixou moitos monumentos. Trajano Columna de Trajano Lidia de Pedro López

  28. Carthago nova Carthago nova é a actual Cartaxena. Fundada no ano 227 a.C polo xeral cartaxinés “Asdrúbal el Bello “foi tomada polo xeral romano “Escipión el Africano” no ano 209 a.C. Durante o mandato do emperador Augusto levouse a cabo un ambicioso programa de urbanización que incluíu a construción dun teatro romano, o augusteum (edificio de culto imperial) e un foro. Teatro romano Carthago nova Lidia de Pedro López

  29. Monumentos • Murallas. O redor de campamentos estables disporíanse murallas para poder defender eses núcleos. • Os acuedutos servían para levar auga as cidades. Muralla Lugo Acueducto Segovia Lidia de Pedro López

  30. As pontes romanas eran indispensables xa que permitían cruzar ríos que na Península Ibérica eran moi anchos. • As termas ou baños públicos eran lugares de reunión onde se bañaban. Ponte romano Ourense Termas romanas Lugo Lidia de Pedro López

  31. O teatro era unha das actividades de ocio favoritas dos hispanorromanos. • Nos anfiteatros tiña lugar a loita dos gladiadores (a maioría deles eran escravos) Teatro romano Mérida Anfiteatro Itálica Lidia de Pedro López

  32. Autora : Lidia de Pedro López Lidia de Pedro López

More Related