1 / 8

Dous discípulos ían camiño de Emaús, falando de todo canto pasara.

Dous discípulos ían camiño de Emaús, falando de todo canto pasara. E resulta que mentres parolaban e discutían, Xesús, en persoa, camiñaba con eles. Pero os seus ollos estaban incapacitados para o recoñeceren.

trapper
Télécharger la présentation

Dous discípulos ían camiño de Emaús, falando de todo canto pasara.

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Dous discípulos ían camiño de Emaús, falando de todo canto pasara.

  2. E resulta que mentres parolaban e discutían, Xesús, en persoa, camiñaba con eles. Pero os seus ollos estaban incapacitados para o recoñeceren.

  3. Entón preguntoulles: ‑ ¿De que estades falando? Detivéronse cun aspecto moi tristeiro, e Cleofás, un deles respondeulle: ‑ ¿Seica es ti o único forasteiro en Xerusalén, que non te enteraches de canto sucedeu alí durante estes días? El preguntou: ‑ ¿De que? Eles contestaron. - Do asunto de Xesús de Nazaret, que foi un profeta poderoso en obras e palabras, ante Deus e ante todo o pobo, de como os nosos sumos sacerdotes e demais xefes o condenaron a morte e o crucificaron. Nós esperabamos que El era quen ía liberar a Israel, pero xa van alá tres días desde que ocorreron estas cousas.

  4. Claro que algunhas mulleres das nosas déronnos un susto, porque foron de madrugada ó sepulcro, e, ó non atoparen o corpo, volveron falando dunha visión de anxos, que lles aseguraron que El vive. E algún dos nosos alá foron ó sepulcro, atopando todo como as mulleres dixeran; pero a El non o viron. Entón díxolles: ‑ ¡Que parvos e pesados sedes para crer todo o que anunciaron os profetas! ¿Non era necesario que Xesús padecera todo esto, antes de entrar na súa gloria? E comenzando por Moisés e tódolos profetas, foilles interpretando o que as Escrituras falaban del.

  5. O entraren na aldea a onde ían Xesús fixo como que quería seguir para adiante. Pero eles porfiáronlle, dicindo: ‑ Quédate connosco, porque se fai tarde, e a noite bótase enriba. Quedouse con eles. E mentres estaban na mesa, colleu o pan, bendiciuno e repartiuno entre eles.

  6. Entón abríronselle os ollos e recoñecérono; pero El desapareceu.

  7. E dixéronse entre si: ¿Non ardía o noso corazón cando nos falaba polo camiño, interpretándonos as Escrituras? E levantándose no intre, volveron a Xerusalén.

  8. Alí atoparon ós Once reunidos cos seus acompañantes, que dicían: - É certo, o Señor resucitou e aparecéuselle a Simón Pedro. Eles tamén contaron o que lles pasara polo camiño e como o recoñeceron ó partir o pan.

More Related