Download
tt 9211 n.
Skip this Video
Loading SlideShow in 5 Seconds..
TT/9211 PowerPoint Presentation

TT/9211

100 Vues Download Presentation
Télécharger la présentation

TT/9211

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - E N D - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Presentation Transcript

  1. TT/9211 Na procura da verdade das nosas orixes

  2. Fai xa milenios que se ven discutindo sobre a controversia que os exemplares do Mecanoscrito da Segunda Orixe levantaron ao saír á luz. Daquela nin Raures ou Dalmasas tiñan datos abondo para afirmar ou negar sobre a súa veracidade e todo o que podían facer eran conxecturas. Mais en TT/7137 os galaxonautas deron cun planeta, Vòlvia, que confirmaba moitos dos datos do Mecanoscrito.

  3. …Aínda así non foi suficiente. Hai un ano que os nosos galaxonautas atoparon Galivia e que sabemos que os habitantes de Vòlvia non chegaron a extinguirse daquela. Algúns deles conseguiron instalarse neste planeta e nos seus arquivos gardan a información que nos faltaba.

  4. Efectivamente estiveron a piques de desaparecer e para asegurar a súa supervivencia, os que se sobrepuxeron á epidemia, dividíronse: algúns poboaron Galivia

  5. …e outros foron á Terra. Por algún motivo estes últimos morreron ao pouco de se instalar ou mesmo pode que nunca o chegaran a facer…

  6. Os galivianos tiñan hipóteses ao respecto pero non sabían nada de certo da desaparición dos seus conxéneres na Terra. O que si atopamos rexistrado son as discusións que tiveron lugar entre os seus máximos dirixentes nas datas en que precisaban establecerse. Unha facción importante, encabezada por un dos máis célebres científicos do seu planeta, mantiña que a mellor opción era Galivia, no canto da Terra, e demostrábao con cálculos e explicacións… As présas non foron boas e só os incondicionais do científico lle fixeron caso. Os seus descendentes case chegaron aos nosos días… mágoa que a segunda grande epidemia rematase cos derradeiros da súa especie.

  7. A importancia de todo o que agora sabemos fainos remontar a Alba e mais Dídac, os rapaces que, ao cabo, resultan ser os nosos “pais”. Que extraordinario testemuño e que privilexiados nos podemos considerar ao gardar tan especial documento…

  8. Penso que a atopamos Raquel Fontán Míguez