1 / 37

Como organizar un discurso

Como organizar un discurso. A COMUNICACIÓN VERBAL: COMO FALAR EN PÚBLICO Xosé López García xose.lopez.garcia@usc.es Universidade de Santiago de Compostela (USC). Obxectivos do tema. 1.-Saber organizar un discurso 2.-Elaborar unha introducción e unha conclusión eficaz

aideen
Télécharger la présentation

Como organizar un discurso

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Como organizar un discurso A COMUNICACIÓN VERBAL: COMO FALAR EN PÚBLICO Xosé López García xose.lopez.garcia@usc.es Universidade de Santiago de Compostela (USC)

  2. Obxectivos do tema 1.-Saber organizar un discurso 2.-Elaborar unha introducción e unha conclusión eficaz 3.-Coñecer a maneira de realización dun diagrama como último paso de preparación da exposición.

  3. A oratoria 1.-A oratoria é unha parte da retórica que consiste na arte de falar con elocuencia, é dicir, utilizando a eficacia que teñen a palabra e os xestos para convencer, conmover e persuadir, e que se concreta en discursos, conferencias, exposicións…

  4. A oratoria 2.-A oratoria considérase que naceu en Siracusa (Sicilia) e se desenvolveu fundamentalmente en Grecia, onde foi considerada un instrumento para alcanzar prestixio e poder político.

  5. A oratoria 3.-Isócrates creou unha famosa escola de orotaria en Atenas que tiña un conceto máis amplo e patriótico da misión do orador -debía ser un home instruído e movido por altos ideais éticos a fin de garantir o progreso do Estado-.

  6. A oratoria 4.-De Grecia, a oratoria pasou á república romana, onde Marco Tulio Cicerón (106-43ª.C.) a perfeccionou. Os seus discursos e tratados de oratoria chegáronnos case completos. Durante o imperio, a oratoria entrou en crise pola pouca utilidade nun entorno dominado polo emperador.

  7. A oratoria. Hoxe 5.-Hoxe na sociedade existen constantes oportunidades de falar en público. Esto fai do dominio da oratoria unha ferramenta imprescindible de traballo e de relación. É unha habilidade importante porque permite destacar, potenciar a autoestima ou influir sobre outras persoas.

  8. A oratoria. Hoxe 6.-Unha intervención ten que ir encamiñada para captar –e manter- a atención do público e para facilitar a comprensión da mensaxe. É preciso ter unha meta clara, unha presentación organizada que leve ao público á meta, e un claro entendemento da situación.

  9. A oratoria. Hoxe 7.-Hoxe é preciso analizar a audiencia, planear a presentación, organizar a información e practicar o discurso. O orador ten que cuidar o ritmo da súa intervención, tratando de manter a emoción e a atención do público durante toda a intervención, evitando momentos de gran intensidade, seguidos de momentos de escaso interese.

  10. A oratoria. Hoxe 8.-Hoxe é preciso ser moi consciente de que, cando falamos, amais de utilizar unha linguaxe verbal -o que se dice, como se dice, vocabulario, entonación, énfase…-, tamén utilizamos unha linguaxe corporal que o público capta con igual claridade –xestos, movementos, expresións, posturas…-.

  11. A oratoria. Hoxe 9.-Hoxe falar en público é unha capacidade que se pode cultivar. Calquera persoa, co adestramento adecuado, é capaz de facer un papel neste terreo. Un discurso ben estruturado, con palabras adecuadas, entonación e acentuación oportunas, é algo que se pode aprender.

  12. A oratoria. Hoxe 10.-Hoxe, aínda que non o parece, a mellor improvisación para falar en público segue sendo a “improvisación preparada”. Na maioría dos casos, os grandes discursos dos bos oradores son o resultado de longos anos de prática.

  13. A organización da presentación. O público. • 1.-Coñecer a audiencia permítenos adoptar o noso discurso as súas características. • Sempre que sexa posible debemos solicitar información para coñecer o seu perfil, características e peculiaridades (intereses, obxectivos…). • As decisións que temos que adoptar, en xeral, son: de léxico –máis ou menos técnico-; de selección de exemplos; de anécdotas; de preguntas posibles…

  14. A organización da presentación. A estrutura xeral. • 2.a.-En xeral, as presentacións ou discursos organízanse arredor dunha estrutura de tres partes: introducción ou presentación, corpo ou desenvolvemento e conclusión. • Sempre se dixo que un discurso debe transmitir ao público o que lles vas contar –introducción-, o que lle dices –corpo- e comunicarlle o que lle acabas de mencionar –conclusión-.

  15. A organización da presentación. A estrutura xeral. • 2.b.-Cada unha das tres partes é necesaria e ten unha función. • Introducción: oportunidade do orador para captar a atención do público e darlle razóns para escoitalo. • Corpo: é a sustancia, o nudo e emprégase para argumentar e demostrar. É a parte máis larga e detallada. Por iso hai que organizala ben para que o público a siga ben e entenda o contido. • Conclusión: Última oportunidade de impresionar ao público e para que recorde a mensaxe central.

  16. A organización da presentación. O corpo do discurso • 2.c.-Hai varias formas habituais de organizar o corpo do discurso. Sete son básicas: • Cronolóxica, narrativa, espacial, temática, comparativa, con base en causa e efecto, e con base en problema e solución. • A elección da estratexia depende do tema do discurso. Moitos temas preéstanse para o uso de máis dunha estruturas.

  17. A organización da presentación. O corpo do discurso • 2.c.1.-Cronolóxica.-Organiza o discurso arredor de etapas ou secuencias de tempo. • Pódese utilizar o tempo de moitas maneiras –nos discursos acerca da historia dunha persoa, dun lugar ou dun evento-. • Un discurso de proceso descubre como realizar ou facer algo ó enumerar os pasos esenciais do proceso na orde temporal, do primeiro ao último.

  18. A organización da presentación. O corpo do discurso • 2.c.2.-Narrativa.-Organiza o discurso arredor dunha ou máis historias. Habitualmente cóntase unha historia en orde cronolóxico cun inicio, unha parte media e un final. Con frecuencia, inclúese algún dilema ou conflicto que se resolve ó final. • Algunhas veces os oradores utilizan historias persoais e o tratamento do problema como corpo das sús presentacións.

  19. A organización da presentación. O corpo do discurso • 2.c.3.-Espacial.-Organiza o discurso arredor de relacións básicas co contexto espacial, como cerca ou lexos, arriba ou abaixo… • Na maioría dos casos, estes discursos acompáñanse coa axuda de material audiovisual que mostra as relacións espaciais e que axuda ao público a seguir a estrutura do discurso.

  20. A organización da presentación. O corpo do discurso • 2.c.4.-Temática.-Organiza o discurso arredor de clases ou categorías. A maioría dos temas suxiren clasificacións naturais que dividen o tema de forma lóxica. • Un discurso sobre medios de comunicación, pode organizarse por soportes; por tipos de información temática…

  21. A organización da presentación. O corpo do discurso • 2.c.5.-Comparativa.-Organiza o discurso arredor de comparar ou contrastar os diferentes aspectos do tema. • Para comparar, o orador debe seleccionar dous ou máis aspectos distintivos de comparación ou características que resalten as similitudes e diferencias.

  22. A organización da presentación. O corpo do discurso • 2.c.6.-Estruturación con base en causa e efecto.-Organiza o discurso arredor das causas dalgúns fenómenos e os efectos que resultan deles. • Un orador que fala da crise dos medios de comunicación, pode falar das causas da crise e dos efectos desa crise para os xornalistas e para os cidadáns.

  23. A organización da presentación. O corpo do discurso • 2.c.7.-Estruturación con base a problema e solución.-Organiza a información arredor dun ou máis problemas, e unha ou máis solucións para eses problemas.

  24. A organización da presentación. O corpo do discurso • 2.d.-Logo de organizar o corpo do discurso –os principais puntos- dunha maneira lóxica, hai que desenvolver cada idea con recursos de apoio que explican as ideas e engadan detalles aos conceptos centrais. • A estrutura básica é o esquelete -sostén a presentación- e os recursos de apoio actúan como texido muscular. • Os testimonios apoian unha idea; as estadísticas reforzan; as definicións precisan; as analoxías…

  25. A organización da presentación. Comezo e final • 2.e.-A introducción –que capta a atención do público e visualiza os principais puntos do discurso-, actúa como un entrante dunha comida, que deixa deseos de máis, mentres o final é a última oportunidade para impactar, para concluir e deixar clara a mensaxe.

  26. A organización da presentación. Os apoios ou as guías • 2.f.-O diagrama é unha sinopse concisa que mostra a estrutura e forma en que se relacionan as ideas e conceptos do discurso. • As formas habituais de organizar un diagrama son por temas, por oracións completas e por conceptos clave. • Hoxe, coas tecnoloxías actuais, tamén hai distintos medios de apoio-guía.

  27. A comunicación responsable • 3.-Un orador responsable trata ao público con cuidado e respeto. • Emprega o sentido do humor de xeito adecuado; evita ridiculizar; alónxase das formas fortes… • De tódolos xeitos, non esquezamos que a maioría das intervencións orais buscan informar e/ou persuadir aos demais.

  28. A comunicación responsable • 3.1-O discurso informativo é o tipo máis común de presentación. • Consiste en proporcionar información de tal maneira que se volva particularmente interesante e útil para o público. • Dos moitos tipos existentes, destacaremos: os descritivos, demostrativos, explicativos e narrativos.

  29. A comunicación responsable • 3.2-Os descritivos poden considerarse os máis directos. Proporcionan detalles respeto a un obxecto ou a un concepto. • Os demostrativos informan explicándolle ao público como facer algo. • Os explicativos enseñan algo ou aclaran un acontecementos ou un desenvolvemento. • Os narrativos empregan o relato ampliado para proporcionar información.

  30. A comunicación responsable • 4.1-Os discursos persuasivos, aínda que inclúen algún elemento informativo, teñen como obxectivo central mudar a conducta do receptor. • Cada un dos catro tipos de discursos informativos –descritivo, demostrativo, explicación e narración- poden trasladarse ao discurso persuasivo. • O que fan é que acentúan os mecanismos para que o público acepte as actitudes ou creencias do orador.

  31. A comunicación responsable • 4.2-Os principais discursos persuasivos son: de reforzo, de convencemento, e de pro-acción. • Os primeiros buscan reforzar as actitudes e as creencias preexistentes; os segundos impulsan aos ouvintes a que acepten feitos discutibles, a que evalúen creencias ou a que apoien accións; e os terceiros piden accións e susténtanse no apoio que o orador gañou para mover ao público a actuar de determinada maneira.

  32. A comunicación responsable • 4.3-O discurso persuasivo que emprega unha secuencia motivada ten cinco etapas: atención, -chamar a atención-, necesidade –responde a porqué debe importarme o tema-, satisfacción –ofrece solucións para resolver o problema-, visualización –mostra os beneficios de facer caso-, e acción –dicir que cousas hai que facer para que as executen de xeito inmediato-.

  33. A comunicación responsable • 5.-Hai que recordar que os abogados están xeralmente ao final das listas da xente na que se confía, pois vincúlase esta profesión -tamén xornalistas, políticos…- coa manipulación, coas presións… • Esto é consecuencia de feitos do pasado e dos efectos de discursos persuasivos que se utilizan de maneira equivocada e que, polo tanto, poden ser engañosos e manipuladores.

  34. A comunicación responsable En definitiva, hai recursos para construir discursos orais responsables –tanto informativos como persuasivos- e discursos orais con consecuencias negativas. Escoitar ao público da sempre ideas para buscar solucións renovadas e compartidas que permitan facer presentacións informativas e persuasivas de futuro e con futuro.

  35. Moitas grazas pola súa atención Xosé López García xose.lopez.garcia@usc.es Universidade de Santiago de Compostela (USC)

More Related