170 likes | 462 Vues
As Irmandades da Fala. O primeiro terzo do século XX. Galicia a comezos do século XX. Cambios sociais máis salientables. Caída da fidalguía: Producida pola desaparición do sistema foral O campesiño accede á propiedade da terra Isto foi posible polas remesas de cartos da emigración
E N D
As Irmandades da Fala O primeiro terzo do século XX
Cambios sociais máis salientables • Caída da fidalguía: • Producida pola desaparición do sistema foral • O campesiño accede á propiedade da terra • Isto foi posible polas remesas de cartos da emigración • Auxe da burguesía industrial e comercial • Industria conserveira, construción naval, comercio e banca • Paso da actividade agrícola e pesqueira á industrial, comercial e sector servizos • Medra a industria en cidades (Vigo e A Coruña) • Aparecen sindicatos obreiros
As Irmandades da Fala • Xorden en1916 promovidas por Antón Vilar Ponte • Obxectivo principal: reivindicar a lingua e cultura de Galicia • Estendéronse por todo o país • Sumáronse a elas intelectuais e escritores (Cabanillas, Pedrayo, Castelao, Risco,…) • 1918: I Asemblea Nacionalista Galega en Lugo nace o nacionalismo galego (“Nós nomeámonos, de hoxe para sempre, nacionalistas galegos”)
Os principais obxectivos das Irmandades son: • Cooficialidade lingüística entre galego e castelán • Ampla autonomía para resolver os problemas económicos e sociais • Fomento da cultura propia de Galicia • Federalismo con Portugal • Había 2 tendencias: • Partidaria de participar na vida política • Partidaria de centrarse na actividade cultural (Risco). Impúxose esta na Asemblea de Monforte (1921)
A realización das Irmandades da Fala • Traballo a prol do emprego do galego na vida pública: ensino, administración, actos culturais e políticos… • Potenciación da actividade cultural: • Crean o xornal A Nosa Terra • Fundan editoriais (Céltiga, Lar, Nós) • Promoven a narrativa breve popular e os estudos lingüísticos sobre o galego. • Promoven o teatro • Fundan o Conservatorio Nacional de Arte (compañía e escola de actores)
Seminario de Estudos galegos • Creado en 1923 • Institución científica constituída por estudantes e algúns profesores da Universidade de Santiago • Realizan un valioso traballo de investigación científica sobre diferentes aspectos da realidade galega • Dividido en seccións: xeografía, etnografía, historia de Galicia • Todo se realizaba en galego (publicacións, conferencias…)