1 / 20

Grupo Local A Coruña

Grupo Local A Coruña. O sistema financeiro. -A actividade económica non é neutral: o intercambio de cartos por bens, préstamos e hipotecas, seguros... exclúe sistematicamente a moita xente da sociedade.

darrin
Télécharger la présentation

Grupo Local A Coruña

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Grupo Local A Coruña

  2. O sistema financeiro • -A actividade económica non é neutral: o intercambio de cartos por bens, préstamos e hipotecas, seguros... exclúe sistematicamente a moita xente da sociedade. • - O sistema financeiro tradicional réxese de modo case exclusivo por criterios de beneficios e tamaño, contribuíndo a incrementar as diferenzas de renda e riqueza, a fomentar o consumo irresponsable, e consolidar a exclusión social dos sectores máis desfavorecidos.

  3. Que financian os nosos aforros? • Cando pos os teus cartos nun banco tradicional, sen ti sabelo estás apoiando e permitindo: • - a especulación; • - o tráfico de armas e as guerras; • - a escravitude infantil; • - a trata de brancas; • - a prostitución infantil; • - a desertización e destrucción do espazo natural.

  4. Outra economía é posible. • - Existen diversas aplicacións da economía á marxe do funcionamento ao que estamos afeitos na sociedade actual: • Troco, cooperativas de consumo, comercio xusto, bancos de tempo, banca ética... son outros medios de relacionarse económica e socialmente coa xente do noso entorno. • - A Banca Ética nace como unha ferramenta para satisfacer as necesidades das persoas, colectivos e movementos sociais que conciben a Economía ao servizo da transformación social.

  5. Qué é a banca ética? Principios • A Banca Ética baséase na economía solidaria e estes son os seus principios: • Equidade- Asistindo a iniciativas de inclusión de todas as persoas sen distinción de xénero, raza, nacionalidade... • Emprego- Potenciando proxectos de autonomía persoal que impulsen a creación de postos de traballo. • Medio Ambiente- Primando proxectos de sustentabilidade que impliquen a recuperación dos distintos ecosistemas. • Cooperación- Impulsando accións de reconstrución do tecido social e cultural que favorezan modos de vida harmónicos- • Sen ánimo de lucro- Concebindo a riqueza ao servizo da Comunidade

  6. Qué é a banca ética? • • A aforradora ten dereito a saber de que modo se está a utilizar os seus cartos; que proxectos, ideas ou empresas estanse a financiar con el. • • Os recursos económicos deben utilizarse cun proveito social, creando emprego, axudando á inserción sociolaboral de persoas excluídas, apoiando procesos produtivos limpos, etc. • • As promotoras dun modelo alternativo non deben centrarse unicamente na recuperación das cantidades prestadas ou invertidas, senón tamén realizar labores de apoio. • • Os recursos económicos deben invertirse en proxectos viables, de maneira que non se incurra en perdas que afecten aos/ás aforradores/as ou mermen a capacidade de reutilización dos recursos.

  7. O proxecto Fiare. Orixes. • O Proxecto Fiare nace para construír unha cooperativa de crédito que permita dirixir o aforro de persoas, familias e organizacións cara a proxectos que supoñen unha transformación da nosa sociedade. • FIARE parte dunha convicción: a actividade económica non é neutral. Non se desenvolve mediante mecanismos automáticos, involuntarios. Toda decisión económica é, en último termo, unha decisión ética cunhas consecuencias que favorecen a uns e prexudican a outros.

  8. O proxecto Fiare. Que é? (I) • O proxecto Fiare é unha rede: • A) De PERSOAS • - Que non estamos de acordo co sistema que xenera ou promove actividades económicas inxustas, nin cos bancos. • - Que tentamos tomar decisións sobre o destino dos nosos aforros, sobre as solicitudes de crédito ou os nosos investimentos baseándonos nunha información fiable e suficiente. • - Que queremos facelo participando na construcción dunha economía e dunha sociedade onde as persoas sexan o fin e a economía un medio. • - Que queremos poñer un grao de area ao servizo dunha cidadanía activa e participativa.

  9. O proxecto Fiare. Que é? (II) • B.- de ORGANIZACIÓNS SOCIAIS: • As Organizacións sociais detectan as inxustizas e as carencias da realidade que nos rodea. Ao mesmo tempo constitúen un tecido social participativo que trata de ir cambiando a realidade. Por iso, as Organizacións sociais CONSTITÚEN O PIAR DE ASENTAMENTO E DESENVOLVEMENTO DE FIARE. • 300 ASOCIACIÓNS (AQUI COMEZAMOS 14 E AGORA SOMOS 25) (3/3/2012)

  10. O proxecto Fiare. Qué é? (III) • O proxecto Fiare é unha organización alternativa dentro do mercado bancario: • - Organización: FIARE é axente exclusivo de Banca Popolare Etica, S. Coop, cooperativa de crédito que opera en Italia como banco a todos os efectos. Como tal ofrece todo tipo de produtos e servizos, sen perder as súas características de ausencia de lucro, democracia cooperativa (unha persoa, un voto) e construcción de abaixo a enriba. • Banca Popolare Etica, S. Coop opera en España sen establecemento permanente, sendo FIARE o seu axente exclusivo.

  11. O proxecto Fiare. Qué é? (IV) • No 2.011, concedéronse un total de 9.617.500 €. Algúns exemplos: • - Fundación Red de Apoyo a la Integración Sociolaboral, 230.000 € • - Associació de Paràlisi Cerebral ASPACE, 800.000 € • - Asociación educativa Barbiana, 60.000 € • Todos os créditos concedidos, • aparecen na páxina web • (www.proyectofiare.com).

  12. Estructura Territorial asociación de apoyo a fiare en euskadi fundación fiare asociación fiare galiza asociación proyecto fiare de navarra asociación fiare castilla y león asociación proyecto fiare de catalunya asociación fiarecentro asociación banca ética fiare sur grupo promotorbaleares asociación fiare xarxa valenciana asociación fiare canarias Primeros Contactos

  13. O proxecto Fiare. Estrutura. • Xunta estatal • Elaboran as directrices a nivel global. As reunións son trimestrais. • Está formada por persoas de cada territorial. • Operativa bancaria • É o conxunto de oficinas e persoas que desenvolven a ferramenta bancaria do proxecto. A nivel interno, a estrutura salarial de FIARE só contempla unha diferencia entre o soldo máis baixo e o máis alto, de 1 a 3. Na actualidade, hai 9 traballadores contratados por FIARE. • Comité de Ética • Ten como obxectivo asesorar aos órganos de goberno de FIARE e ás súas estruturas en cuestións de carácter ético. • Asociacións territoriais • Promoven a creación do proxecto FIARE como banco ético, cidadán e cooperativo e velan pola identidade do proxecto en cada territorio. • E aquí é onde se enmarca o GRUPO LOCAL DE CORUÑA

  14. Entidades en Fiare GZ • EN FIARE SOMOS 2.300 PERSOAS SOCIAS (170 ENGALICIA) (3 marzo 2012) • ADEGA, AIS “O Peto”, Altermundo, Árbore, ARELA, Asociación Amarante, Asociación Xuvenil Abertal, Cáritas diocesana Tui-Vigo, Centro Cultural Rueiro, Comité Óscar Romero de Solidariedade de Vigo, Coordinadora Galega de ONG’s para o Desenvolvemento, Coto do Frade, Dominicas e Dominicos de Vigo, Enxeñería sen Fronteiras, Irimia, NiquelArte, O Grelo Verde, Panxea, Proclade, Parroquia Cristo da Victoria de Vigo, Sociedade Galega de Educación Ambiental, Sindicato Labrego Galego Solidariedade Internacional, Verdegaia, Zocamiñoca

  15. Quen somos? O grupo local • Persoas que no noso entorno máis próximo tentamos espallar os principios de banca ética entre particulares e asociacións co fin de difundir FIARE. • Reunímonos periodicamente para planificar a formación, participación e difusión de FIARE. • Queremos construír FIARE dende abaixo.!!

  16. Grupos locais en Galiza na actualidade • Grupo local da Coruña • Grupo local de Pontevedra • Grupo local de Santiago de Compostela • Grupo local de Vigo

  17. Qu podemos facer? Formas de colaborar (I) • - Como socio/a • -> participando no traballo dos grupos locais • -> aportando capital social: • -> Persoas físicas: 300 euros • -> Persoas xurídicas: 600 euros • -> Institucións: 1.800 euros • -> aportando para os gastos de constitución e tesourería a fondo perdido • -> participar na toma de decisións

  18. Que podemos facer? Formas de colaborar (II) • - Como cliente de activo e pasivo • -> abrindo un depósito • -> solicitando un empréstimo • - Como difusor/divulgador/simpatizante • -> ter información máis detallada sobre o noso proxecto para unha mellor toma de conciencia da economía social e de FIARE • -> facer divulgación do proxecto nos teus círculos de amigos, traballo, ...

  19. GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN! • Sobre o proxecto a nivel estatal na web en http://www.proyectofiare.com • Sobre o proxecto a nivel galego no blog • http://www.fiaregz.com • Sobre o proxecto a nivel local escribindo a grupocoruna@fiaregz.com

More Related