1 / 48

ESPAZOS NATURAIS Serra do Xistral

ESPAZOS NATURAIS Serra do Xistral. EXTENSIÓN: 22.480,96 ha CONCELLOS: As Pontes, Abadín, Muras, Alfoz, Ourol, O Valadouro, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro, Cervo, Mondoñedo. PROTECCCIÓN: LIC, ZEPVN VALORES NATURAIS: turbeiras, fragas, acibeirais, ríos, flora e fauna específicas.

eamon
Télécharger la présentation

ESPAZOS NATURAIS Serra do Xistral

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. ESPAZOS NATURAIS Serra do Xistral

  2. EXTENSIÓN: 22.480,96 ha CONCELLOS: As Pontes, Abadín, Muras, Alfoz, Ourol, O Valadouro, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro, Cervo, Mondoñedo. PROTECCCIÓN: LIC, ZEPVN VALORES NATURAIS: turbeiras, fragas, acibeirais, ríos, flora e fauna específicas...

  3. Inclúe as Serras da Carba, do Xistral, parte dos montes do Buio e A Toxiza e as cabeceiras dos ríos Eume, Landro, Masma, Ouro e varios afluentes do Miño. Neste espazo podemos atopar diversos ecosistemas: turbeiras de montaña e de val, cursos altos de ríos, mato de monte baixo, bosques autóctonos e bosques de repoboación. Ten un gran interese xeolóxico e ecolóxico por acoller un dos mellores conxuntos de turbeiras de Europa e especies únicas ou moi escasas e de gran valor. Unha parte da área está incluída na Reserva da Biosfera “Terras do Miño”. Moitos dos cumes destas serras están coroados por aeroxeradores.

  4. Val de Viveiró e serra do Xistral desde o Guriscado. A presenza de nubes que achegan a humidade necesaria para a formación das turbeiras, é unha constante na serra do Xistral.

  5. Serra do Xistral É unha serra con orientación NNE-SSO que limita a Terra Cha polo norte, nos concellos de Muras, Vilalba e Abadín. Está formada por materiais xistosos, pelitas e rochas carbonatadas, que lle dan un perfil suave, con afloramentos de granito nas partes altas. Os picos máis altos son o Cadramón (1.056 m), o Chao de Lamoso (1.039 m), o Xistral (1.032 m), e o Seixo Branco (1.015 m). O Xistral desde Abadín

  6. O Cadramón

  7. O Pedrido, nas proximidades do Cadramón

  8. Granitos no Cadramón

  9. Cume do Xistral

  10. Cume do Xistral antes de ter aeroxeradores.

  11. Vista desde o cume do Xistral cara a Ourol.

  12. Carballeiras en Ourol

  13. O Xistral en Abadín

  14. O Xistral ten un grande interese xeolóxico. Destacan os restos periglaciares, acumulacións de bloques de lousas, xistos e cuarcitas que amosan sinais de seren fragmentados, levantados e trasladados polo xeo.

  15. Serra da Carba Está situada ao Sur do Xistral, sobre a marxe esquerda do río Eume. Está formada esencialmente por cuarcitas do Cámbrico cunha zona de metaconglomerados de cantos de cuarcita e de turmalina. Ten un afloramento importante de gneis e outro de metabasitas. O cume máis representativo é Pena Goia ou Peñote (871 m) cun perfil escarpado de forma piramidal labrado en cuarcitas que contrastan coas formas máis redondeadas do resto da serra. O punto máis alto é a Carba con 908 m.

  16. O Pau da Vella, entre a Serra do Xistral e os Montes do Buio. No cume conflúen os concellos de Viveiro, Xove, Cervo e O Valadouro.

  17. O Peñote (871 m).

  18. Cuarcitas, rochas metamórficas compostas fundamentalmente de seixo. A súa dureza fai que persista onde outras máis brandas foron erosionadas, polo que aparece habitualmente coroando os montes ou formando cristas de resistencia.

  19. Seixo

  20. Serra da Toxiza É un macizo formado por unha gran masa de granodioritas. Acada 838 m de altura máxima. A erosión do granito formou espectaculares bolos e penedos. A maioría do terreo está repoboado con piñeiros e consérvanse pequenas masas de carballos. Destacan as turbeiras.

  21. Vista da serra da Toxiza. Á esquerda o pico da Toxiza, no centro o mirador da Toxiza e á dereita as cristas rochosas do Pombeiro.

  22. Turbeiras na Toxiza

  23. Penedos graníticos

  24. Vista do Xistral desde A Fragavella, na Toxiza.

  25. Río Masma Nace entre os Picos de Seixo Branco e Cadramón (Serra do Xistral) e desemboca na ría de Foz despois dun percorrido de 46,2 km No seu tramo superior chámase Pedrido e forma un estreito val rodeando a Toxiza, dentro do espazo protexido

  26. Fervenzas no rego de Figueiras (afluente do Masma), en Viloalle (Mondoñedo) e nun dos regos que caen nel desde os penedos da Toxiza.

  27. Río Ouro Nace no Pico do Cadramón (Serra do Xistral) e desmboca en Fazouro. Fervenza do Escouridal en Frexulfe, nunha das cabeceiras do Ouro que baixan do Xistral.

  28. Río Eume Nace no Seixobranco (Serra do Xistral) e nesta área recolle as augas de numerosos regos que baixan das serras do Xistral e A Carba. Desemboca en Pontedeume, na ría de Ares.

  29. Os ecosistemas máis destacados do Xistral son as turbeiras ou tremoais, medios permanentemente saturados de auga nos que as condicións de asolagamento permanente provocan unha diminución do nivel de osíxeno e a inactivación dos microorganismos descompoñedores que viven no solo, polo que as achegas de materia vexetal non se mineralizan e acumúlanse en forma de turba.

  30. No Xistral podemos atopar varios tipos de turbeiras: as máis interesantes son as de cobertor que recobren os cumes dos montes máis altos, por riba dos 900 m, e as que ocupan os fondos dos vales onde a auga non evacúa suficientemente, que poden acadar grandes dimensións. Os mellores exemplos están nos nacementos do Eume, Landro e Ouro. Vista desde o cume do Xistral sobre o val onde nace o Eume, con turbeiras de cobertor e de val.

  31. O Xistral contén o maior sistema de turbeiras de cobertor da Península Ibérica e das mellores de Europa, debido ás condicións de humidade xunto con temperaturas frescas durante case todo o ano. Tremoal da Pena Vella no Cadramón, en Abadín.

  32. Nalgúns puntos a turba acada os 3 m de espersor, co que considerando a súa velocidade de formación, dalle unha antigüidade de máis de 7.000 anos.

  33. Turba na beira do Eume.

  34. A vexetación máis abundante é o mato con algunhas manchas de bosque caducifolio no que predominan os carballos, as árbores de ribeira (salgueiros, freixos, amieiras, ulmeiros...) e zonas repoboadas con piñeiro bravo e eucalipto. As zonas húmidas de transición ás turbeiras están cubertas dun mato de toxo manso (Ulex gallii), queirugas (Erica ciliaris, Calluna vulgaris, Daboecia cantabrica e Erica cinerea), Cirsium filipendulum (endemismo ibérico), Molinia caerulea, Agrostis curtisii, Danthonia decumbens...

  35. No Xistral rexístrase un alto nivel de humidade ambiental debido as frecuentes chuvias (ata 2.500 l/m2) e ás abundantes néboas que producen precipitacións horizontais que fai posible a pervivencia de especies arbustivas enriba das pedras.

  36. Carballeiras en Ourol

  37. A Nas turbeiras hai esfagnos, rorellas, pinguícolas, violeta (Viola palustris) hipérico das brañas (Hypericum helodes), herba das brañas (Nardus stricta), xunca de algodón (Eriophorum angustifolium), Narcisus triandrus e os endemismos Arnica montana subsp. atlantica, Carex durieui e Ranunculus bulbosus subsp. gallaecicus.

  38. Breixo de turbeira (Erica tetralix). Só se atopa en medios con alto nivel de humidade.

  39. Vexetación típica de turbeira

  40. Brións (Esfagnos). No Xistral atópase a maior poboación de Sphagnumpylaesi da Península e unha das poucas que existen no mundo. Segundo os expertos, nas turbeiras do Xistral e do Cadramón atópanse o maior número de especies de brións (esfagnos) de toda a Península ibérica e 26 especies de plantas consideradas en perigo de extinción.

  41. Rorela (Drosera rotundifolia). Unha planta carnívora típica de espazos asolagados pobres en nutrintes.

  42. Xuncas de algodón (Eriophorum angustifolium), unha especie típica de solos asolagados coas envolturas florais (perianto) formadas por finas febras brancas, de até 5 cm de lonxitude, que lle dan un aspecto característico.

  43. Thelypteris palustris. Un fento pouco común que aparece en lugares moi húmidos co rizoma asolagado.

  44. A fauna do Xistral é moi rica e variada. Destaca a presenza de varios endemismos mundiais como as bolboretas Erebia triariapargapondalense e Erebia epiphron xistralensis, e especies pouco comúns como a toupa de auga ou furapresas (Galemys pyrenaica) e a lagartixa das turbeiras (Lacerta vivipara). Toupa de auga ou furapresas (Galemys pyrenaica), un pequeno mamífero que vive nos cursos altos dos ríos de montaña.

  45. Libeliñas (Orthetrum…) copulando

  46. Saramaganta (Chioglosa lusitanica). No Xistral atópanse 13 especies de anfibios.

  47. Coenonympha glycerion, bolboreta de espazos húmidos e abertos.

  48. Montaxe: Adela Leiro Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta

More Related