1 / 9

Ver todos

Os métodos de separación están baseados nas diferentes propiedades físicas (como a densidade, a temperatura de ebullción, a solubilidade, o estado de agregación , etc.) das substancias que compoñen a mestura. A continuación, veremos algúns dos métodos máis utilizados:.

lara
Télécharger la présentation

Ver todos

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Os métodos de separación están baseados nas diferentes propiedades físicas (como a densidade, a temperatura de ebullción, a solubilidade, o estado de agregación , etc.) das substancias que compoñen a mestura. A continuación, veremos algúns dos métodos máis utilizados: Métodos de separación en mesturas heteroxéneas Métodos de separación en mesturas homoxéneas Ver todos Actividades

  2. Métodos de separación en mesturas heteroxéneas Filtración Esta técnica está baseada no diferente tamaño das partículas das sustancias que compoñen a mestura. Utilízase para separar un sólido dun líquido no cal non é soluble. Para iso, faise pasar a mestura por un material poroso, como papel, teas, etc., que retén as partículas da mestura cuxo tamaño sexa maior ca o tamaño do poro. No laboratorio adóitase empregar un papel de filtro colocado nun embude. Area e auga Preparación dun papel de filtro area Area e auga auga auga auga

  3. Métodos de separación en mesturas heteroxéneas Decantación Este método está baseado na diferente densidade de dous líquidos que non forman unha mestura homoxénea; é dicir, de dous líquidos inmiscibles. Para separar ambos os líquidos, botámolos nun embude de decantación e deixámolo repousar o tempo suficiente para que o líquido menos denso flote sobre a superficie do outro líquido. Cando se separaron os dous líquidos, abrimos a chave do embude e o líquido máis denso recóllese nun vaso de precipitados ou nun matraz, como se mostra na figura. O líquido menos denso sacámolo pola parte superior do embude despois de volver pechar a billa. Aceite Auga Auga

  4. Métodos de separación en mesturas heteroxéneas Separación magnética Esta técnica está baseada nas propiedades magnéticas dalgunhas substancias. Consiste en aplicar un campo magnético (un imán) para extraer da mestura as substancias que son atraídas por el. Utilízase habitualmente este método de separación nas plantas de tratamento de residuos para separar os metais dos lixos.

  5. Métodos de separación en mesturas heteroxéneas Sedimentación Este método baséase, ao igual que a decantación, na diferente densidade das substancias que compoñen a mestura. A diferenza é que a sedimentación permite separar sólidos de líquidos. Consiste en deixar repousar a mestura o tempo suficiente ata que os sólidos vaian ao fondo pola súa maior densidade. Este proceso pódese acelerar utilizando unha centrifugadora (coma a mostrada na fotografía), na cal se fai xirar a mestura a gran velocidade para que os sólidos se depositen no fondo rapidamente.

  6. Métodos de separación en mesturas homoxéneas Destilación Este método está baseado na diferente temperatura de ebulición das substancias que compoñen unha mestura e serve para separar líquidos miscibles. Para realizar a destilación, quéntase a mestura nun matraz. Os vapores formados corresponden á substancia con menor temperatura de ebulición, xa que se vaporiza primeiro. Estes vapores pasan polo refrixerante, que é un tramo de tubo mergullado nunha corrente de auga fría, e condénsanse, o que nos permite recollelos nun matraz. Termómetro Refrixerante Ao desaugadoiro Vapores de alcohol Alcohol + Auga Auga fría Alcohol

  7. Métodos de separación en mesturas homoxéneas Cristalización Mediante esta técnica, baseada na diferente solubilidade que teñen os compoñentes dunha mestura ao variar a temperatura, podemos separar un sólido disolto nun líquido. Para iso, quentamos a disolución para eliminar parte da auga e deixámola en repouso nun recipiente de vidro de gran superficie, denominado cristalizador; pasado un tempo, o líquido arrefriará e o sólido, ao diminuír a súa solubilidade, formará cristais no fondo.

  8. Métodos de separación en mesturas homoxéneas Cromatografía Esta técnica está baseada na diferente velocidade con que os compoñentes dunha disolución se moven a través dun medio poroso cando son arrastrados por un disolvente en movemento. Unha forma de realizala consiste en introducir un extremo dun papel de filtro no vaso que contén a disolución. O disolvente, ao mollar o papel de filtro e ascender por el, arrastra os compoñentes da disolución que, ao moverse a distintas velocidades, deixarán franxas de distinta cor no papel de filtro.

  9. Actividades • Como separarías unha mestura de limaduras de frro e serraduras? • Botaches sal nun vaso con auga. É posible recuperar o sal? Indica o procedrmento que seguirías para facelo. • Recollemos unha mostra de lodo e aceite. Indica como procederías para separar os compoñentes. • En que consiste a destilación? • Idea un procedenento para determinar se a tinta dun rotulador o udun bolígrafo é unha substancia pura ou unha mestura. Nota: ten en conta que a tinta se disolve en alcohol, non en auga.

More Related